A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa fixo entrega, na Facultade de Comunicación da Universidade da Coruña (UDC), dos premios aos mellores Traballos de Fin de Grao (TFG) de Temática Galega do curso 2023/2024 nas carreiras de Comunicación Audiovisual e Creación Dixital, Animación e Videoxogos. Os dous Traballos de Fin Grao foron galardoados con 250 euros cada un son "Arraigo e Larapegas". Estes recoñecementos poñen de relevancia a vinculación da Cátedra Vegalsa-Eroski con Galicia.
Aula Jurídica de Economía Circular abre o prazo de inscrición e matrícula para o taller de "Elaboración de ordenanzas fiscales y de xestión de residuos conforme a Lei 7/2022" que se realizará o vindeiro 20 de setembro de 2024.
Cumprindo co compromiso cunha á formación de alto nivel dos/as futuros/as graduados/as da facultade de Informática (FIC) da UDC e a Escola de Enxeñería Informática (ESEI) da UVigo, ponse en marcha o primeiro ciclo de charlas "Aplicación práctica de las TIC en la empresa".
Maripaz Mateo Orenes, doutora en Química pola Universidade de Málaga e profesora titular da Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Ferrol da UDC, é a directora da Cátedra Epifanio Campo. Compartiu na entrevista de La Voz de Galicia, o 26 de novembro de 2023, as principais liñas de actuación que marcaron o funcionamento da Cátedra Epifanio Campo desde o seu nacemento e os seus proxectos de futuro. Na entrevista destacou que «El emplo verde tiene muy buena perspectiva de futuro».
A Universidade da Coruña, a través do grupo de investigación Computer Graphics & Visual Computing (Xlab), participa nun proxecto de asesoramento para o deseño e implementación dun banco de imaxes DICOM (Dixital Imaging and Communications in Medicine) que permita a xestión eficiente e segura de imaxes médicas, facilitando o seu acceso e uso no ámbito educativo e clínico. O proxecto, liderado polo profesor Francisco Javier Pena Taibo, da Facultade de Informática e membro activo do grupo de investigación, contribúe ao fortalecemento da rede de centros de excelencia e apoiando os obxectivos de modernización e dixitalización mediante financiamento europeo, cuxos traballos levaránse a cabo entre xaneiro e xullo de 2025.
Os profesores Enrique Blanco Lorenzo e Patricia Sabín Díaz, da E.T.S. de Arquitectura (ETSAC), están inmersos nas obras de restauración da Iglesia de San Jorge de Torres de Vilarmaior en A Coruña, un ben catalogado situado ás portas dun camposanto, rodeada dun murete perimetral. O seu labor inclúe a redacción, execución e dirección das obras de restauración, co obxectivo de garantir a conservación e protección dos bens de interese patrimonial e que permitirá impulsar o seu valor patrimonial e cultural. Os traballos desenvolveranse por un período de 2 anos, ata xuño de 2026.
O docente Guillermo Franganillo Parrado, da Facultade de Ciencias da Comunicación e membro do grupo de investigación de Visualización Avanzada e Cartografía (Videalab/Cartolab) da UDC, participou na produción dunha obra audiovisual. Os traballos, desenvoltos en decembro de 2024, centráronse en proporcionar asesoramento en relación á produción sonora.
O grupo de investigación AQUATERRA avanza nos traballos da quinta fase do estudo de Hidroxeoloxía e modelos de balance hidrolóxico, modelos de fluxo subterráneo e transporte de contaminantes nos emprazamentos afectados por INQUINOSA, en Sabiñánigo (Huesca), co obxectivo de mellorar a xestión de contaminantes e protexer os recursos hídricos na zona afectada.
O Concello de Santiago de Compostela e a Fundación Universidade da Coruña asinan en decembro de 2024 un convenio de 6 meses de duración, para a realización dun estudo xurídico, social e económico financeiro sobre o modelo de xestión do ciclo integral da auga no termo municipal. A UDC, a través das cátedras Institucionais: a Cátedra Emalcsa-UDC, coordinadora dos traballos, e a Cátedra de Dereito Local, o Grupo de Enxeñaría da auga e do Medio Ambiente (GEAMA) e o grupo de investigación en Regulación, Economía e Finanzas (GREFIN), colaboran na análise da situación do ciclo integral da auga de Santiago de Compostela co fin de incrementar as súas capacidades nesta materia, continuar as liñas de investigación e achegar o seu coñecemento experto e interdisciplinar.
A Universidade da Coruña e Tetra Pak reforzan a súa colaboración co desenvolvemento de novas aplicacións de produtos, mediante a revalorización de residuos e outros produtos poliméricos, co obxectivo de contribuír á construción dun futuro máis sostible e aliñado cos obxectivos de desenvolvemento sostible establecidos pola comunidade internacional. Os traballos, desenvolvidos baixo a dirección de Ana Isabel Ares Pernas, docente da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e membro activo do grupo de Polimeros, céntranse no desenvolvemento de formulacións para inxección a partir de polyal. Os traballos teñen unha duración de 3 meses, a desenvolver entre decembro de 2024 e marzo de 2025.
A UDC, a través do Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente (GEAMA) colabora con diversas entidades en proxectos de investigación no campo da enxeñaría da auga. Os traballos levados a cabo entre decembro 2024 e xaneiro de 2025, dirixidos por Ricardo Juncosa Rivera, profesor da E.T.S. de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos e coordinador do grupo de investigación, están promovidos por Inverpuente e Cobre San Rafael.
O Grupo Integrado de Enxeñería do Campus de Ferrol participa en tres proxectos enerxéticos internacionais. Aowinde, Flores e Shorewinner son as tres iniciativas nas que está implicado o GII, unha unidade de investigadores con 25 anos de experiencia e 43 profesionais que foi fundada no Campus Industrial de Ferrol e que coordina o catedrático do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información Richard Duro. A eólica mariña é unha das ramas ás que se agarra a transición enerxética, un campo de actividade que en Galicia captou a atención dunha vintena de proxectos promovidos por compañías nacionais e internacionais, en distintas fases de tramitación. Le aquí a noticia completa de Quincemil.
A UDC a través do grupo de Construción (gCONS) adscrito ao CITEEC, participa en proxectos para entidades no ámbito de I+D+i, co obxectivo de contribuír á mellora da integridade estrutural en proxectos de enxeñería civil. Durante o segundo semestre do ano 2024 colabora no desenvolvemento de varios proxectos, impulsados por Nordex e Ronautica Quality Marinas. Os traballos, dirixidos polo investigador Fernando Martínez Abella, supoñen un investimento de 35.000 euros.
A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, pon en marcha en 2025 a 7ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para adultos maiores da Costa da Morte. Este proxecto conta coa financiación da Xunta de Galicia e a colaboración do Grupo de Desenvolvemento Rural “Costa da Morte” e o Concello de Zas, e desenvolverase entre febreiro e marzo no Centro Sociocultural de Baio (Zas). A inscrición, gratuíta, estará aberta desde hoxe, día 24 de xaneiro, ata o 5 de febreiro; e poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://universidadesenior.org/costa-da-morte/) ou presencialmente a través dos Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) dos concellos participantes. Para máis información preme aquí.
O grupo de investigación Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL) adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da UDC, lidera un proxecto de investigación para o desenvolvemento dun electrolizador alcalino de H2Ou integrado en sistemas de enerxía distribuída para a descarbonización (H2‐ OG ‐ hidróxeno Off Grid). Os traballos, desenvolvidos baixo a dirección do profesor José Manuel Amado Paz, teñen o obxectivo de avanzar na transición cara a unha economía baixa en carbono.
O profesor da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) da UDC, Rodrigo Martínez Rodríguez, dirixe un proxecto de asesoramento nos procesos de ecodiseño no ámbito da valorización de materiais, no marco do proxecto europeo POCTEC GREEN-HUB: “Centro de excelencia na economía circular da Euro-Rexión do Norte de Portugal e Galicia”, impulsado pola Axencia Galega de Innvovación (GAIN). Os traballos, desenvoltos entre novembro e decembro de 2024, teñen por obxectivo a identificación e desenvolvemento de solucións eficaces que optimicen o uso de recursos e minimicen a xeración residuos, fomentando a creación dun centro virtual de excelencia en economía circular, onde compartir experiencias, boas prácticas e innovacións.
O investigador Diego Crespo Pereira, Doutor en Enxeñería Industrial e membro do Grupo Integrado de Enxeñería da UDC, lidera varios proxectos de xemelgo dixital no ámbito da enxeñaría e no ámbito hospitalario. Os traballos, iniciados en decembro de 2024, contan cun orzamento próximo aos 10.000 euros.
O grupo de investigación Democracia e Dereitos na Contorna Dixital (DDD) da Universidade da Coruña, en colaboración coa Consultoría Tirant O Blanch, colaboran nun proxecto de asesoramento no proceso de implementación da Carta Iberoamericana de Principios e Dereitos en Contornas Dixitais (CIPDED). Os traballos, liderados por Ana María Aba Catoira, profesora da Faculdad de Dereito e membro activo do grupo de investigación, a desenvolver entre outubro de 2024 e setembro de 2025, teñen por obxectivo fortalecer o marco de dereitos dixitais en Iberoamérica, asegurando que a dixitalización se realice de maneira ética e responsable, en liña cos principios establecidos na carta.
O grupo de investigación en bioloxía evolutiva (GIBE) da UDC desenvolve proxectos no ámbito da xenética de poboacións e evolutiva. Os traballos, desenvoltos entre novembro e decembro de 2024, inclúen o desenvolvemento dun estudo para a identificación de lepidópteros nocturnos e as súas plantas nutricias, baixo a dirección de Marta Vila Taboada, profesora na Facultade de Ciencias da UDC e coordinadora do grupo de investigación e o asesoramento no estudo de amebiosis en peixes planos, baixo a dirección de Natalia Mallo Seijas, investigadora no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) e membro activo do grupo de investigación.
O profesor da Facultade de Economía e Empresa da UDC, Félix Puime Guillén, colabora con varias para desenvolver proxectos de asesoramento no ámbito económico-financeiro. Os traballos, desenvoltos entre decembro de 2024 e febreiro de 2025, teñen como obxectivo principal ofrecer unha análise exhaustiva da contabilidade de de unha sociedade e a análise dos rendementos na elaboración de produtos lácteos. En ambos proxectos, o obxectivo final é a emisión dun informe que servirá para a toma de decisións estratéxicas baseadas en datos analíticos precisos nas empresas.
O proxecto Talentos Inclusivos, promovido por ASPACE Coruña e o CITIC da Universidade da Coruña, dá o salto a Europa a través do programa Erasmus + para dotar a docentes doutros países das competencias necesarias para desenvolver programas e actividades que fomenten a inclusión a través dos ensinos STEM (siglas en inglés das competencias en ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemática) entre o seu alumnado. O proxecto, baixo o nome de Edigit (Education and Dixital Literacy to Grow Inclusive Talents), que se desenvolverá ata finais de 2027 , foi unha das 34 iniciativas seleccionadas de máis de 200 solicitudes presentadas nos fondos europeos na categoría de "Asociaciones de cooperación en educación escolar". Le aquí a noticia completa publicada por Quincemil.
O maratón de programación de software libre HackUDC 2025 está organizado pola asociación universitaria vencellada a UDC, GPUL, e terá lugar na Facultade de Informática do 21 ao 23 de febreiro deste ano. Este ano participarán neste encontro tecnolóxico máis de 250 estudantes, resolvendo retos propostos por empresas líderes do sector e competindo por premios que superan os 3.000 €. Como en edicións anteriores, o HackUDC conta co apoio de empresas como Gradiant, Denodo ou Noma Systems, Sngular a través da Cátedra CICAS para o fomento da Ciencia Aberta a través do Software, entre outras. Amplia no seguinte enlace máis información.
Os profesores da Facultade de Educación Física e Deportiva da Universidade da Coruña e codirectores da Cátedra SXD Galicia Activa, Eliseo Iglesias Soler e Manuel Avelino Giráldez García, falan sobre os beneficios dos adestramentos de pesas para o crecemento en mozos sempre que se fagan baixo a supervisión dun profesional da saúde e individualícense as sesións, no artigo publicado por Quincemil o 24 de setembro de 2024. Le aquí a noticia completa
O grupo de investigación Dereito Público Global colabora con diversas entidades no desenvolvemento dunha vintena de proxectos do ámbito xurídico durante o ano 2024. Os traballos, coordinados por Juan José Pernas García, Carlos Ignacio Aymerich Cano, José Antonio Blanco Moa, Pilar Álvarez Barbeito, Almudena Fernández Carballal, Carlos Alberto Amoedo Souto, Francisco Javier Sanz Larruga, profesores da facultade de dereito e membros do grupo de investigación, supoñen un investimento próximo aos 400.000 euros.
O grupo de investigación Experiencia Turística (Exper.Turs) recibe un encargo en outubro de 2024 para a realización dunha formación en técnicas de xestión sostible de aloxamentos turísticos. A actividade formativa titulada “Sostenibilidad Turística aplicada al sector del Ecoturismo” está dirixida polo profesor Manuel Martínez Carballo, pertencente ao Departamento de Empresa da Facultade de turismo, e experto en calidade e sustentabilidade turística.
A profesora da Facultade de Ciencias da UDC, María Cristina Piñeiro Corbeira, membro activo do grupo de investigación BIOCOST, lidera proxectos de I+D en biodiversidade no medio rural. Entre setembro e outubro de 2024 abordou un proxecto para a realización dun estudo do impacto ambiental da senda ciclable de Valdoviño, co obxectivo de contribuír á conservación dunha contorna de gran valor ambiental e mellora da mobilidade sostible da comarca.
O profesor Fernando Peña López da Facultade de Dereito da UDC e membro do grupo de investigación Empresa, Consumo e Dereito (ECD) dirixiu un proxecto entre novembro e decembro de 2024 no ámbito xurídico, en colaboración cunha entidade local. Os traballos centráronse en labores de asesoramento e asistencias técnicas en asuntos relativos a seguros, xestión de riscos empresariais, contratos civiles e mercantís, contratos internacionais e dereito da construcción.
O grupo de investigación Dereito Público Global, liderado por Jaime Rodriguez-Arana Muñoz, participa durante o cuarto trimestre de 2024 en proxectos con varias entidades, coordinados por Juan José Pernas García, Carlos Amoedo Souto e Carlos Ignacio Aymerich Cano. José Pernas participa na elaboración dun anteproxecto de Lei de transición climática de Galicia, entre outubro e decembro de 2024; Carlos Amoedo leva a cabo labores de asesoramento en materia de formalización dunha comunidade enerxética local, vinculada ao proxecto CELRURAL, entre outubro e decembro de 2024 e Carlos Aymerich participa na elaboración dun informe xurídico sobre a internacionalización completa do servizo de biblioteca do Concello da Coruña, entre decembro de 2024 e xaneiro de 2025, así como labores de asesoramento e asistencia xurídica no ámbito xurídico administrativo, por un período de 12 meses.
O Grupo de aprendizaxe e control do movemento humano en actividade física e deporte (ACoM) da UDC, en colaboración coa Federación Galega de Natación, colaboran nunha iniciativa que busca integrar a investigación académica coa práctica deportiva, proporcionando ferramentas e recursos que optimicen a preparación física e técnica dos atletas galegos. Os traballos, dirixidos por Virginia López Alonso, profesora de INEF e membro activo do grupo de investigación, inclúen a análise, seguimento e mellora do rendemento deportivo da selección galega de natación artística, a desenvolver entre decembro de 2024 e xullo de 2025.
O Centro de Investigación Básica e Aplicada (CITENI) e Eco Bierzo Composite colaboran nun proxecto relacionado coa economía circular. As investigadoras da UDC, Rebeca Bouza Padín, profesora no departamento de Física e Ciencias da Terra e coordinadora do proxecto; Maite Rico Varela, profesoara no departamento de Física e Ciencias da Terra; e Zoia Haholkina, investigadora postdoutoral, abordan un proxecto de asesoramento para a análise de mostras de interese para a empresa, co fin de reutilizar os residuos e dar unha segunda vida ao produto. Os traballos, iniciados en decembro, teñen unha duración de 12 meses.
Os investigadores Margarita Novales Ordax e Alfonso Orro Arcay, coordinadora e membro do grupo de investigación de Ferrocarrís e Transportes da UDC (FERROTRANS), dirixen un proxecto desde xullo de 2024 para a redacción do informe “Nova Mobilidade de Galicia”. Os traballos inclúen a realización de estudos da situación actual e tendencias de futuro, así como solucións para a mobilidade do longo percorrido (incluíndo transporte privado, autobús, ferrocarril convencional e de alta velocidade, aéreo…). O proxecto ten unha duración de 1 ano e conta cun orzamento de 18.000 euros.
O profesor Química Analítica da UDC e membro do Grupo de Investigación QANAP, José Manuel Andrade Garda renova como responsable do proxecto. O equipo de traballo leva a cabo os traballos de investigación do ámbito científico establecidos no acordo asinado entre a Universidade da Coruña e REPSOL. A colaboración iniciada en decembro de 2020 e renovada ata finais de 2024, ampliase ata finais de 2025 e conta cun orzamento de 90.000 euros.
A UDC, a través do grupo de investigación en regulación, economía e finanzas (GREFIN) colabora co Concello da Coruña na elaboración dun informe pericial sobre o transporte público. Os traballos, desenvolvidos baixo a dirección dos profesores da Facultade de Economía e Empresa, Ángel Fernández Castro e María América Álvarez Dominguez en xullo de 2024, inclúen a análise exhaustiva e rigorosa sobre a información financeira, análise de tarifas e a súa aplicación práctica no marco legal.
AENOR e a UDC colaboran no desenvolvemento dunha decena de proxectos no ámbito de I+D+i no ano 2024. Os profesores Juan Ramón Rabuñal Dopico, da Facultade de Informática; Maria Jose Abad López, da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e Alicia Munín Doce, da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), participan en varios proxectos entre xullo e decembro de 2024.
A Universidade da Coruña, a través do grupo investigación de Estudos Territoriais (GET) traballa na elaboración dun inventario de recursos turísticos para a comarca do Eume, iniciativa impulsada por Green Drop Global Consulting. O equipo de traballo, liderado por Iria Caamaño Franco, da Facultade de Turismo e membro activo do grupo investigación, leva a cabo entre setembro e decembro de 2024 un amplo estudo dos recursos turísticos da comarca e clasificación para a súa posta en valor do patrimonio natural e cultural.
Os Investigadores Alba Mon, Acacia Naves, Bruno Pisani e Brais Sobral, baixo a dirección de Javier Samper, membros do grupo de investigación Aquaterra, adscrito ao Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da UDC, traballan desde setembro de 2024 nun estudo hidroxeolóxico do terreo en que se construirán os túneles polos que discorrerá o Porto Exterior de Coruña en Punta Langosteira. A duración do proxecto é de 3 meses e conta cun orzamento de case 24.000 euros.
A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa convocou a terceira edición do premio ao mellor Traballo Fin de Máster con temática relacionada con criterios ASG (ambientais, sociais e de gobernanza) e propósito corporativo, á que se presentaron un total de 24 traballos defendidos por estudantes das tres universidades galegas nos anos 2023 e 2024 que obtiveron unha cualificación de sobresaliente.
O grupo de investigación Terapia celular e medicina rexenerativa (Tcmr) da UDC participa nun estudo clínico sobre a incidencia do COVID-19 nas persoas que realizaron tratamento termal nos Balnearios de Galicia e no deseño de programas preventivos con augas mineromedicinales. Os traballos, dirixidos pola investigadora da Facultade de Ciencias da Saúde e directora da aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas, Rosa Meijide Failde, desenvolvéronse no marco do Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal de xuño a decembro de 2024.
A profesora da UDC e investigadora do Grupo de investigación Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento da UDC, Nuria Calvo Babío, dirixe o Proxecto GEM España 2024/2025, que centra a súa actividade no estudo da actividade emprendedora de España. O estudo desenvolverase entre xullo de 2024 e xullo de 2025 e contan cun orzamento de 25.000 euros.
O grupo de Investigación Saúde e Podoloxía (GISAP) da UDC colabora en proxectos con varias entidades para a promoción da saúde no ámbito da otorrinolaringoloxía. Os traballos, coordinados polo Dr. Óscar Álvarez-Calderon Iglesias, inclúen a realización de actividades (charlas, coloquios, conferencias, campañas de saúde), así como a realización de tarefas de consultoría e asesoramento no campo en pacientes de Todosaúde Clínica Integral e a análise do impacto da patoloxía na calidade de vida e funcionalidade de pacientes do servizo de ORL nos Centros HM Hospitales. O prazo durante o que levarán a cabo os traballos é dun ano, ata xuño de 2025.
O proxecto será desenvolvido pola Universidade da Coruña (UDC) baixo a dirección do Profesor Manuel Escourido Calvo, coordinador do Grao en Xestión Industrial da Moda en Ferrol, en colaboración coa Asociación Sociocultural ASCM Galicia, na organización de xornadas e estudos relacionados coa moda inclusiva, financiada con cargo ao “programa Partires II: Participación Inclusiva e respiro familiar”.
Os investigadores Ramón Doallo e Juan Touriño, do grupo de investigación de arquitectura de computadores (GAC) da FIC da UDC veñen de renovar por 2 anos máis, ata xullo de 2026 a colaboración coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento do sistema de información de apoio na xestión do Banco de Terras de Galicia (SITEGAL). Os traballos inclúen o desenvolvemento de novas funcionalidades na plataforma SITEGAL, con especial atención ao deseño de novas estratexias de explotación de datos, mediante a utilización de tecnoloxías que melloren a dispoñibilidade e escalabilidade da plataforma.
O proxecto será desenvolvido pola Universidade da Coruña (UDC) baixo a dirección do Profesor da Facultade de Ciencias e membro activo do grupo de investigación Reactividad Química y Fotorreactividad (REACT!), Manuel Castiñeira Soto. Os traballos, iniciados en xuño de 2024, inclúen o estudo de viabilidade e pre-deseño dunha instalación de compostaxe para residuos orgánicos de Hornos de Lamastelle, co obxectivo de determinar o posible tratamento por compostaxe e o dimensionamento das instalación, incluída a elección do sistema máis axeitado e maquinaria necesaria. A duración estimada do traballo é de 8 meses, ata febreiro de 2025.
A Universidade da Coruña, a través do grupo de investigación de Estruturas Arquitectónicas (GEA), aborda proxectos de arquitectura. Os traballos desenvolvidos abril e xullo de 2024 foron liderados polos investigadores Manuel José Freire Tellado, encargándose da redacción dun proxecto e dirección da execución de reparación dunha fachada dun edificio, e Pablo Guindos Bretones, encargouse do deseño da estrutura e cálculo dunha vivenda de CLT(Cross Laminated Timber), tamén chamado TCL (tableiro contralaminado).
Investigadores do Grupo de Enxeñería da auga e Medio Ambiente (GEAMA), adscrito ao CITEEC da UDC, participan en iniciativas en colaboración con varias entidades no ámbito da enxeñería hidraúlica, cun enfoque na sustentabilidade e mellora da xestión de recurso hídricos. Nos proxectos, iniciados entre febreiro e decembro de 2024, participan os profesores Joaquín Suárez López, Juan Alfredo Jácome Burgos, José Anta Álvarez, Luis Cea Gómez e Ricardo Juncosa Rivera, cun investimento de 96.000 euros.
O profesor Carlos Aymerich Cano, especializado en Dereito Administrativo e membro activo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da UDC, colabora desde marzo ata decembro de 2024 con varias entidades locais en proxectos do ámbito xurídico, cun investimento de 60.000 euros. Entre os proxectos coordinados figuran traballos de asesoramento xurídico-administrativo no proceso de elaboración, negociación e aprobación da nova Relación de Postos de Traballo (RPT), a elaboración dun informe xurídico e económico sobre o rescate da autoestrada AP-9, a elaboración dun informe acerca da legalidade do decreto 30/2024, do 15 de febreiro, sobre subministración de medicamentos de uso exclusivo hospitalario a profesionais de veterinaria e diversas consultas do ámbito xurídico.
A Universidade da Coruña amplía a súa colaboración con Btwice mediante un novo proxecto titulado "Asesoramento na Determinación Experimental de Propiedades e Comportamento Térmico de Motores Eléctricos”. Os traballos están coordinados polo profesor Francisco Javier González Varela da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol e coordinador do grupo de investigación Laboratorio de Enxeñería Mecánica (LIM) desde o ano 2022. Durante o desenvolvemento desta investigación, realizaranse unha serie de experimentos destinados a recompilar datos sobre como os motores eléctricos reaccionan baixo distintas condicións térmicas. Este asesoramento permitirá optimizar os seus deseños e procesos, contribuíndo a innovacións na tecnoloxía de motores eléctricos.
O profesor José Antonio Seoane Rodríguez, especialista en Filosofía do Dereito na Universidade da Coruña (UDC) e membro activo do Grupo de Investigación "Filosofía, Constitución e Racionalidade", lidera un proxecto de asesoramento no ámbito da ética aplicada á intervención social. Os traballos desenvolvidos teñen por obxectivo orientar de maneira ética e eficaz nas intervencións sociais. A duración do traballo está prevista para 10 meses, estendéndose ata febreiro de 2025 e conta cun orzamento de preto de 14.000 euros.
Como resultado da colaboración da FUAC coa Revista Pocomaco, lanzamos un novo artigo en novembro de 2024 (nº39), baixo o título "La Consellería de Política Social e Igualdad de la Xunta de Galicia y la UDC colaboran en un programa, financiado por Fondos Europeos, pionero en la atención terapéutica a menores en riesgo o desamparo". Artigo dispoñible aquí.
O plan estratéxico da agrupación empresarial Ribeira Sacra Next botou a andar coa firma do contrato de asistencia técnica para a súa elaboración en abril de 2024. A redacción do traballo correrá a cargo da Universidade da Coruña, e será coordinado polo profesor José Pablo Abeal da Facultade de Economía e Empresa da UDC e membro activo do grupo de investigación en regulación, economía e finanzas (GREFIN).
O profesor de arquitectura Manuel José Freire Tellado, destacado académico e profesional no campo da arquitectura, atópase actualmente involucrado nun importante proxecto de rehabilitación da cúpula de Nosa Señora da Antiga, situada no Colexio do Cardeal de Monforte de Lemos. Freire Tellado é profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña e forma parte do grupo de investigación de estruturas arquitectónicas (GEA), o que reflicte o seu compromiso co ensino e a investigación neste ámbito.
A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolleu o sábado, 23 de novembro de 2024 a xornada 'Muller, exercicio e deporte nas diferentes etapas do ciclo vital', organizada pola Xunta de Galicia e a Cátedra SXD Galicia Activa da UDC, no marco do proxecto PID2021-124277OB-I00, financiado por MICIU/ AEI/10.13039/501100011033 e por FEDER (UE).
A Universidade da Coruña, a través do Grupo Integrado de Enxeñería (GII), colabora con varias entidades para o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas en sectores como o Naval, Off-Shore, Enerxía, Servizos Avanzados, Industria ou Loxística. Os traballos promovidos desde o mes de marzo de 2024 inclúen o asesoramento técnico na instalación de eólica flotante cazalote, proxecto liderado por Vicente Díaz Casás, profesor da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF), actividades formativas en flexim e de asistencia técnica en modelado e o desenvolvemento de xemelgo dixital en melaninas, proxectos liderados por Diego Crespo Pereira, profesor da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF). As 3 iniciativas, sumadas ás postas en marcha desde principios de ano e ata marzo do presente ano, supoñen un investimento que rolda os 140.000 euros.
Os docentes Joaquín Enriquez Díaz, Verónica Crespo Pereira, Jose María Losada López, Eva Sánchez Amboage e Begoña Alvarez García, docentes da Facultade de Economía e Empresa da UDC, colaboran na organización do evento. Os traballos, levados a cabo entre abril e xullo de 2024, están liderados por Jose María Losada López e inclúen o delineado das estratexias de xestión, administración e comunicación que se implementarán para garantir o éxito do evento "O Talentiño Ferrolterra 2024. Esta iniciativa, organizada polo Concello de Ferrol e producida por D. Xabier Pérez Vízcaíno, ten como obxectivo fomentar o talento local e promover a cultura da rexión.
A Universidade da Coruña a través do grupo de investigación Propiedades térmicas y reológicas de materiais (PROTERM) participa nun proxecto para o asesoramento e realización de ensaios para a avaliación do tempo de inducción oxidativa de xeosintéticos de polietileno de alta densidade de acordo as normas ASTM D5885 e UNE en ISO 1357-6. Os traballos, iniciados en outubro de 2024, están dirixidos polo docente Ramón Artiaga Díaz, da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, permitirán obter información sobre o comportamento dos xeosintéticos baixo condicións de oxidación, contribuindo ao desenvolvemnento de productos máis seguros e duradeiros.
O profesor da UDC Jose María Mesías Lema, coordinador do grupo de Investigación en procesos artísticos contemporáneos, patrimoniais e de mediación cultural en contextos educativos (ARTE-FACTO) dirixe un proxecto sobre o comisariado “A táctica do colibrí”, cuxos traballos se desenvolverán durante 12 meses.
A UDC a través do grupo de Construción (gCONS) adscrito ao CITEEC, participa en proxectos para entidades no ámbito de I+D+i. Durante o primeiro semestre do ano 2024 levaron a cabo dous proxectos, dirixidos polo investigador Fernando Martínez Abella, un con Aquatica Enxeñería o proxecto Ports4.0 – Steel Free Heavy Pontoons e outro con Nordex, que supoñen un investimento de 164.000 euros.
«El ejercicio físico y los hábitos de vida saludable son esenciales para la prevención del cáncer y para potenciar el bienestar de los pacientes oncológicos», é o principio que inspira a creación da Cátedra AECC-UDC Exercicio Contra o Cancro. Unha iniciativa que dará forma a unha «red de exercicio» contra esa enfermidade, cuxa base é «la humanización de la atención a pacientes y sus familiares», resalta o doutor Manuel Giráldez, profesor da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña (UDC) e coordinador do proxecto, que acaba de recibir da Fundación Científica da Asociación Española contra o Cancro (AECC) unha axuda de 150.000 euros en tres anos.
A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible colabora por sexto ano consecutivo na edición do curso “A economía circular no marco da Axenda Mundial 2030 e o cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 12”, que terá lugar na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña os días 15, 22 e 29 de novembro de 2024.
O investigador do grupo de Dereito Público Global e coordinador da Cátedra de Dereito Local, Carlos Amoedo, lidera varios proxectos no eido local no ano 2024 por un importe de 18.000 euros. Durante o ano 2024 colaborou co Concello de Xermade, ofrecendo asesoramento en materia xurídica nun proxecto pioneiro en Galicia, para a formalización e posta en funcionamento dunha comunidade enerxética local, traballos que iniciaron en xuño, por un período de 4 meses e que facilitarán así a veciñanza un acceso máis barato e máis eficiente a estas fontes de enerxía, e un segundo proxecto para a elaboración nun borrador da convivencia na cidade de Santiago de Compostela e análise do seu impacto normativo, no que se atopa traballando desde outubro.
A Facultade de Dereito da Universidade da Coruña tomou un paso decisivo na modernización da normativa ambiental en Galicia. Baixo a dirección do catedrático Francisco Javier Sanz Larruga, un equipo de expertos en Dereito Público atópase na fase de elaboración do borrador do anteproxecto da Lei de Administración Ambiental Simplificada de Galicia, unha lei que busca proporcionar maior seguridade xurídica aos operadores e promotores de actividades que requiren avaliación e control ambiental, facilitando o desenvolvemento de proxectos da rexión. Este proxecto, que levará entre os meses de novembro a decembro de 2024, está coordinado polo profesor titular de Dereito Administrativo, Juan José Pernas García e ten como obxectivo principal previr e minimizar os conflitos xudiciais interpretativos que emerxen na aplicación de normas ambientais.
A profesora da Facultade de Informática, Laura Milagros Castro Souto, a través do grupo de investigación Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial (DIGI), colabora con entidades locais en varios proxectos do ámbito das TIC no ano 2024. Un dos proxectos de consultoría técnica e formativa en tecnoloxías Erlang/OTP, e outro para avaliar o risco das TIC, levando a cabo unha auditoría de seguridade informática. Para avaliar o nivel de seguridade, Laura Castro, levará a cabo a análise, estudo e revisión de bases de código, incluíndo un informe final coas conclusións extraídas. Os traballos, iniciados en abril e outubro de 2024 respectivamente, teñen unha duración prevista de 2 meses cada un.
A cuarta edición do Encontro Galego de Ciberseguridade. CIBER.gal, organizado polo Nodo Gallego de Ciberseguridade e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), coa colaboración do Colexio de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) abriu as súas portas o mércores, 6 de novembro, con 2.600 rexistrados. Más de 60 expertos abordarán, hoxe e mañá na Cidade da Cultura de Galicia, os retos da ciberseguridade a través de paneis, conferencias e talleres con contidos para a cidadanía, as administracións públicas e tecido empresarial.
O vindeiro sábado, 23 de novembro de 2024, en horario de 9:00 a 14:30h e de 16:00 a 19:00h, terá lugar no Auditorio Neira Vilas na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a IV Xornada, organizada pola Cátedra SXD Galicia Activa de la Universidade da Coruña, en colaboración con la Xunta de Galicia, no marco do proxecto PID2021-124277OB-I00, financiado por MICIU/ AEI/10.13039/501100011033 e por FEDER (UE) que leva por título "Muller, exercicio e deporte nas diferentes etapas do ciclo vital".
As investigadoras da UDC, Ana Isabel Ares Pernas, María José Abad López, María Victoria González Rodríguez y Paula Martínez Tojeiro, a través do Grupo de Polímeros da UDC adscrito ao Centro de investigación e Tecnoloxías Navis e Industriais (CITENI), traballan no uso de novas aplicacións e produtos, mediante a revalorización residuos e outros produtos poliméricos, co obxectivo de ofrecer alternativas viables, con maior durabilidade, máis eficientes e que reduzan os custos de mantenemento.
A Aula Xurídica de Economía Circular abre o prazo de inscrición e matrícula para a nova edición do taller de "Elaboración de ordenanzas fiscales y de xestión de residuos conforme a Lei 7/2022" que tiña previsto realizarse o 7 de xaneiro de 2025, posponse ata o 7 de febreiro de 2025. As persoas interesadas en participar poden reservar a súa praza ata o 6 de febreiro de 2025 a través da seguinte ligazón (pica aquí).
O docente da Facultade de Economía e Empresa e membro do grupo de investigación Regulación, Economía e Finanzas (GREFIN), Fernando Ruiz Lamas, traballa no asesoramento en consolidación contable local. Os traballos, levados a cabo entre setembro e outubro de 2024, contan cun orzamento de preto de 14.000 euros.
A docente da Facultade de Dereito da UDC e membro activo do grupo de Dereito Público Global, Almudena Fernández Carballal, desenvolve traballos de asesoramento e colaboración xurídica no ámbito do Dereito Administrativo e Dereito Urbanístico. Os traballos incluen a realización de informes, así como a asistencia xurídica que sexa requirida pola entidade por un período de 12 meses.
A Cátedra Ghenova de Industria 4.0, Ghenova e Universidade da Coruña organizan unha xornada dedicada a abordar os desafíos e solucións no ámbito da ciberseguridade no sector naval o martes 29 de outubro na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol as 18:00h
O profesor de Botánica da Facultade de Ciencias da UDC e investigador no CICA do grupo BIOCOST, Jaime Fagúndez, impartiu unha conferencia baixo o título: “Avances no coñecemento das especies exóticas invasoras de Galicia” na “Xuntanza naturalista”, celebrada o 14 de xuño de 2024 no Museo de Historia Natural de Ferrol. Durante a conferencia explicou algúns casos de especies invasoras de Galicia e como traballa en diferentes liñas de investigación para mellorar o coñecemento e propoñer medidas de xestión que mitiguen os efectos negativos que producen.
A Cátedra NTT Data en Diversidade e Tecnoloxía colabora nas “III Xornadas Intelixencia Artificial. Nesgos de Xénero e Oportunidades para a Igualdade”, que se celebrarán na Facultade de Dereito os días 6 e 7 de novembro e organizadas pola profesora Laura Morán Fernández, da Facultade de Informática, como parte das actividades do proxecto “Dereito de Marcas e Intelixencia Artificial” (MARIA), financiado pola Axencia Estatal de Investigación.
AENOR e a UDC colaboran no desenvolvemento de proxectos no ámbito de I+D+i. Os profesores/as Blanca Laffon Lage, da Facultade de Psicoloxía e Javier Pereira Loureiro, da Facultade de Ciencias da Saúde, participan en varios proxectos durante o primeiro semestre do ano 2024.
O proxecto Talentos Inclusivos do CITIC da Universidade da Coruña acaba de recibir un novo recoñecemento polo seu traballo á hora espertar vocacións STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics) entre a mocidade e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos expostos por persoas con parálise cerebral. Nesta ocasión o proxecto do CITIC foi galardoado co primeiro premio ex aequo na categoría “Ciencia e Valores Humanos” do certame internacional Ciencia en Acción. Trátase dun concurso internacional dirixido a estudantes, profesorado, persoal investigador e de divulgación da comunidade científica. Durante a pasada semana, as inicitivas finalistas exhibíronse en formato en liña, e a entrega de premios tivo lugar este pasado sábado.
Os profesores Rodolfo Barreiro Lozano, coordinador do grupo de investigación BIOCOST e Jaime Fagundez Díaz, membro activo do grupo de investigación BIOCOST, ambos os profesores da Facultade de Ciencias da UDC, lideran 5 proxectos de I+D en biodiversidade no medio rural durante os meses de xaneiro a xullo de 2024, cun investimento próximo aos 47.000 euros.
Os profesores Carlos Aymerich Cano e José Antonio Blanco Moa, membros do grupo de investigación Dereito Público Global, participan no desenvolvemento dun proxecto no ámbito xurídico. Os traballos, iniciados en xullo, teñen por obxecto a elaboración dun informe xurídico e económico sobre o rescate da autoestrada AP-9.
O grupo de investigación Dereito Público Global, liderado por Jaime Rodriguez-Arana Muñoz colabora con varias entidades desde abril e ata agosto de 2024 para o desenvolvemento de proxectos en materia xurídico-administrativa. Os traballos foron coordinados polos profesores Carlos Ignacio Aymerich Cano, Juan José Pernas García, Pilar Alvarez Barbeito, Carlos Alberto Amoedo Souto, e supoñen un investimento de 96.000 euros.
A Cátedra Aldaba-WIB(Women, ICT & Business) entregou un dos premios do VII Congreso XoveTIC, celebrado o 17 e 18 de outubro no CITIC, que contou coa participación de 120 investigadores júnior. O evento busca dar visibilidade ao talento das novas xeracións de investigadoras e investigadores da área das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
A especialista en Nutrición, Alma Prieto Tenreiro falará sobre alimentación saudable para adultos maiores, nunha conferencia impartida o próximo 23 de outubro de 2024 na Universidade Senior, o o marco das actividades da UDC Saudable.
El VII Congreso XoveTIC, organizado por el Centro de Investigación en Tecnologías de la Información y las Comunicaciones de la Universidade da Coruña finalizó este viernes con la entrega de premios, tras dos jornadas de intensa actividad.
La Cátedra NTT Data ha colaborado en el VII Congreso XoveTIC, celebrado en el CITIC y la Facultad de Informática de la UDC los días 17 y 18 de octubre de 2024, financiando uno de los premios a los trabajos mejor valorados por el comité científico, presentados por jóvenes investigadores del ámbito de las TIC.
A Cátedra Epifanio Campo continúa realizando accións formativas na área do tratamento de residuos. Así, esta semana organizou unha visita ás instalacións de PMA (Proteción Medio Ambiental) na que participaron alumnos da materia de Enxeñaría Ambiental, que se imparte no segundo curso dos graos de Enxeñaría Mecánica e en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol.
As profesoras Carmen Costa Sánchez e Iria Veiga Ramos impartirán un ano máis o Seminario "Saúde, (des)información e redes sociais", organizado pola Universidade Sénior en colaboración coa Cátedra Vegalsa Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa.
Os premios ‘Galicia Renovable’ buscan visibilizar proxectos que contribúan ao proceso de descarbonización en Galicia. Catro estudantes da UDC e da USC foron galardoados cos seus respectivos Traballos de Fin de Grao e de Fin de Máster.
O investigador Juan José Pernas García, profesor da Facultade de Dereito e membro activo do grupo de investigación Dereito Público Global da UDC colabora con varias entidades en proxectos para o desenvolvemento dunha labor no ámbito xurídico. De abril a xuño de 2024, colaborou no desenvolvemento dun proxecto sobre o cuarto informe sobre a situación da economía circular en España: "Novidades regulamentarias en materia de residuos na UE, España e as Comunidades Autónomas en 2022 e 2023", para a revisión e actualización da ordenanza reguladora do servizo de recollida de residuos da Mancomunidade de Servizos de Valle Norte de Lozoya e elaboración de ordenanzas tipo para os concellos que integran a mesma, e desde o mes de setembro, colabora nun segundo proxecto coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), para a elaboración, tramitación e aprobación de ordenanzas fiscais en materia de residuos de acordo con a lei 7/2022 de residuos e chans contaminados para unha economía circular.
Neste primeiro libro, dedicado ao ODS número 5 e baixo a autoría de Inmaculada Postigo Gómez e Malely Linares Sánchez (coordinadoras.), reúne as miradas de investigadoras de España e Latinoamérica, poñendo o foco en diferentes perspectivas metodolóxicas en materia de xénero e nunha pluralidade de experiencias situadas desde a comunicación feminista. A colección Comunicación e Axenda 2030 estará composta por un total de 17 títulos nos que se poñerá o foco na contribución da Comunicación a cada un dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030 de Nacións Unidas (ONU), todo iso dirixido pola doutora e directora da Cátedra, Carmen Costa e publicado pola Editorial UOC. Esta mañá tivo lugar a presentación institucional deste primeiro libro colectivo, celebrada no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña (UDC).
A Cátedra Luis Fernández Somoza para a Internacionalización dos Estudos de Economía e Empresa da UDC organiza o 11 de outubro de 2024, ás 13:30 horas no salón de actos da Facultade de Economía e Empresa a conferencia de apertura do curso a cargo do Conselleiro Delegado de INDITEX, Óscar García Maceiras.
A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa organiza o vindeiro venres 11 de outubro de 2024 a xornada "Comunicación e Igualdade de Xénero"
A Cátedra HR-UDC abre o prazo de convocatoria da terceira edición do premio Cátedra Hijos de Rivera-UDC á mellor Tese Doutoral en Desenvolvemento Sostible, dotado dun premio de 5.000 euros.
A investigadora María José Abad López da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e coordinadora do Grupo de Polímeros da UDC lidera proxectos para o desenvolvemento de solucións de materiais plásticos máis sostibles. O euipo de traballo desenvolve proxectos de deseño dunha carcasa de protección de batería de ferroníquel para aplicacións estacionarias, dunha Tobeira Híbrida Sostible, para a súa produción na industria galega e un proxecto de deseño de mobiliario para interiores a base do taboleiro laminado de plástico reciclado. Os tres proxectos, inciados en abril de 2024, teñen unha duración de 5 meses e medio e contan cun orzamento de 38.000 euros.
A profesora Estefanía Calo García da Facultade de Socioloxía, e membro activo do Grupo de investigación de Estudos Territoriais da UDC, recibe un encargo do Concello de Santiago de Compostela para desenvolver un estudo da situación do mercado residencial no municipio de Santiago de Compostela. O proxecto ten entre os seus obxectivos a análise da situación e problemáticas residenciais da cidade. Os traballos, que comenzaron en xullo de 2024, teñen unha duración de 6 meses e conta cun orzamento de 12.100 euros.
O profesor José Ramón Méndez Salgueiro da Escola Universitaria de Diseño Industrial (EUDI), e membro activo do grupo de investigación Observatorio para o deseño e innovación en mobilidade, medios de transporte e automoción (ODIMTA) da UDC, dirixe proxectos de investigación para o desenvolvemento de novos conceptos de deseño industrial. O equipo de traballo, liderado por Jose Ramón Méndez, traballa actualmente en dous proxectos, un para o desenvolvemento de gamas de produtos de iluminación decorativa para hoteis 5*, e outro para o deseño de mobiliario urbano, composta por gamas de produto, que incluirán bancos, papeleiras e aparcabicis. Os traballos teñen unha duración de 8 meses e medio, ata maio de 2025, e contan cun orzamento de 24.000 euros.
O grupo de investigación Equipo Sociedades en Movemento (ESOMI) colabora no desenvolvemento de proxectos do ámbito das migracións desde unha perspectiva sociolóxica. Desde o mes de abril de 2024 o equipo de traballo, liderado pola profesora de Socioloxía Laura Oso Casas, e membro activo do grupo de investigación ESOMI, colabora nun proxecto para o estudo das desigualdades sociais desde un enfoque interseccional, desenvolto no marco do proxecto "CRUCE DE CAMIÑOS: Espacios Rurais de Diálogo Intercultural". Este proxecto piloto aspira a transformar contornas rurais en espazos inclusivos e libres de discriminación, mediante un enfoque participativo e unha visión integral dos desafíos e oportunidades. Os traballos teñen unha duración de 8 meses e contan cun orzamento estimado de 37.000 euros.
O profesor Jose Manuel Busto Lago da Facultade de Dereito da UDC e membro do grupo de investigación Empresa, Consumo e Dereito (Ecd) participa en proxectos de asesoramento xurídico. Actualmente dirixe un proxecto de asesoramento xurídico, asistencia técnica e estudos en materias propias da ordenación do patrimonio empresarial e familiar e de contratación nacional e internacional. O proxecto ten unha duración de 24 meses, ata setembro de 2024, e conta cun investimento de 65.000 euros.
A Cátedra R en Ciberseguridade, dirixida na UDC polo investigador do CITIC Carlos Dafonte, convoca os VI Premios aos Mellores Traballos Académicos e de Investigación en Ciberseguridade Dixital. O obxectivo principal destes premios é “a promoción e difusión da actividade docente e investigadora no ámbito da ciberseguridade”.
Durante estes días, reúnense na UDC preto de 50 participantes do proxecto, procedentes de cinco países mediterráneos. O proxecto terá un orzamento total de 8,6 millóns de euros, cunha contribución da Unión Europea que acada os 8,4 dos que a UDC recibirá 915.000 €.
A Facultade de Dereho da UDC acolleu o venres 13 de setembro un foro para a exposición e análise das distintas perspectivas xurídicas sobre o Recoñecemento Extraxudicial de Crédito (REC). Mediante a combinación de perspectivas por parte de xuristas especializados no control das Administracións Locais, buscouse definir a mellor forma de interpretar esta técnica de corrección das patoloxías dá contratación administrativa local.
A Cátedra de Dereito Local da Universidade da Coruña coordinada polo Dr. Carlos Alberto Amoedo Souto, patrocina a ‘II Xornada Economía circular Local’ baixo o lema “Contratación pública estratéxica de xestión de residuos municipais: recomendacións e boas prácticas”, que terá lugar os días 23 e 24 de setembro, no Edificio Cersia en Santiago de Compostela.
A Doutora Adriana Thompson Barquero foi beneficiaria da bolsa de formación de 8.000 euros no curso 2023-2024 da Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte da UDC. Esta bolsa ofrece a licenciados en medicina con interese na Traumatoloxía do Deporte a posibilidade de realizar unha formación específica neste campo nun centro de referencia nacional e internacional. Thompson destacou durante a súa estancia que: "De manera general ha sido una gran experiencia formar parte de este equipo de trabajo, desde la aportación de cada uno de los miembros del mismo en el crecimiento profesional que he tenido".
A Facultade de Dereito da Universidade da Coruña acollerá o vindeiro13 de setembro de 2024 a xornada baixo o título “O recoñecemento extraxudicial de créditos no ámbito local: problemas e propostas de solución”, organizada pola Cátedra de Dereito Local en colaboración co Consello de Contas de Galicia.
A directora da Cátedra Vegalsa-Eroski, Carmen Costa, concedeu o 11 de agosto de 2024 unha entrevista á súa compañeira, Leticia Rio, para falar sobre o futuro da comunicación.
Co obxectivo de potenciar as relacións docentes-internacionais no ámbito da internacionalización a Cátedra Luis Fernández Somoza convoca axudas para estudantado da Facultade de Economía e Empresa da UDC que programas de mobilidade Erasmus+ ou Bilateral SM de fins de estudo e estudantes en prácticas ou recentemente titulados en prácticas no marco do Programa Erasmus+ SMT durante o curso académico 2024-2025, co fin de potenciar a colaboración entre a Facultade de Economía e Empresa da UDC e universidades estranxeiras.
O pasado venres, 5 de xullo, finalizou a última quenda da segunda edición do ALDABA-TIC CAMP celebrado de forma simultánea nas instalacións da Facultade de Informática da Universidade da Coruña no campus de Elviña e na Escola de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo no campus de Ourense.
Aula Jurídica de Economía Circular abre o prazo de inscrición e matrícula para o taller de "Elaboración de ordenanzas fiscales y de xestión de residuos conforme a Lei 7/2022" que se realizará o vindeiro 20 de setembro de 2024.
Como resultado da colaboración da FUAC coa Revista Pocomaco, lanzamos un novo artigo baixo o título "Tecnología y conocimiento desde la Universidad para la mejora de calidad de vida de colectivos vulnerables". Artigo dispoñible aquí.
Segundo os datos lanzados polo BBG-TIC (Barómetro da Brecha de Xénero nos estudos TIC) – unha ferramenta web gratuíta (wib.aldaba.es/bbg-tic), desenvolta pola Cátedra ALDABA-WIB, que incorpora os novos datos de matriculación, resultados académicos, etc. do Grao de Enxeñería Informática na Coruña e Ourense - o número de mulleres que cursan estudos relacionados coa tecnoloxía está a aumentar, aínda que este Grao continúa sendo un dos que rexistran unha menor matriculación de mulleres.
Este luns arrincou simultaneamente na Escola Superior de Enxeñería Informática do campus de Ourense e na Facultade de Informática do campus da Coruña a segunda edición do campamento de verán Aldaba-TIC Camp, destinado a fomentar as vocacións tecnolóxicas e contribuír á igualdade de xénero neste campo. Participan nesta iniciativa 60 nenas e nenos na Coruña e 30 en Ourense, todos eles entre 6 a 12 anos, sendo as 80% mulleres. A razón subxacente é que as nenas poidan percibirse como maioría e o naturalicen como unha situación que pode darse na realidade, en contraposición ao que acontece nas aulas das escolas onde se imparte o Grao de Enxeñería Informática.
O evento foi organizado por Ghenova xunto á Autoridade Portuaria De Ferrol e co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica, ACLUNAGA e a Cátedra Ghenova-UDC, onde expertos do sector naval reúnense para analizar os retos de ciberseguridade no século XXI durante estas xornadas.
O I Foro Cátedra NTT DATA Diversidade e Tecnoloxía terá lugar mañá xoves, 13 de xuño de 2024 a partir das 9:30h en Reitorado da Universidade da Coruña.
A Cátedra CICAS polo impulso á ciencia aberta a través do software, financiada pola empresa Sngular, acaba de conceder catro axudas económicas para a realización de Traballos de Fin de Grao (TFG) do Grao en Enxeñaría Informática e o Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos e do Traballo de Fin de Mestrado (TFM) do Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (MUEI) da Facultade de Informática da UDC.
A Cátedra de Traumatoloxía do Deporte da UDC lanza a II convocatoria do premio á mellor publicación científica do ano 2023 en Traumatoloxía do Deporte.
A convocatoria diríxese ao alumnado do Sistema Universitario Gallego (SUG) que presenten o seu traballo de fin de Grao (TFG) ou traballo de fin de Máster (TFM) entre o 27 de setembro de 2023 e o 20 de setembro de 2024. O prazo de candidaturas está aberto ata o próximo 31 de xullo de 2024 (ampliado o prazo de inscrición ata o 20 de setembro de 2024) e as persoas interesadas poderán presentar os seus traballos a través a web da cátedra. As persoas interesadas poderán presentar os seus traballos a través da web da cátedra.
A proposta de “Integración de estándares de reportes “ESG” para empresas europeas” e a unidade didáctica “¿Es el suelo un ecosistema?” foron as propostas gañadoras desta segunda edición. Nesta convocatoria participaron máis dunha vintena de traballos das tres universidades públicas galegas. A entrega de premios tivo lugar esta mañá no Reitorado da UDC. Os traballos recoñecidos contan cunha dotación económica de 2.000 euros.
Investigadores da Universidade da Coruña descubriron unha nova especie invasora, a primeira cita na Península Ibérica. Propoñen a súa vixilancia e medidas de actuación para evitar a súa expansión.
A Cátedra ALDABA-WIB pon en marcha unha segunda edición do ALDABA-TIC CAMP, o campus tecnolóxico de verán para nenas e nenos nadas/os entre os anos 2012 e 2018, ambos incluídos. O obxectivo deste CAMP é espertar vocacións tecnolóxicas en mozas en idades temperás, darlles a coñecer o mundo TIC e axudarlles a desenvolver habilidades dunha maneira divertida. En liña cun dos principais obxectivos da Cátedra ALDABA WIB – fomentar as vocacións TIC entre nenas e mozas – resérvase un 80% das prazas para nenas. Nestá edición poñemos en marcha unha segunda misión coa que queremos explorar o fondo do mar: Misión nas Profundidades.
O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol acolleu o venres 10 de maio o acto conmemorativo do 25 aniversario do Grupo Integrado de Enxeñería da Universidade da Coruña, un evento no que as empresas, as institucións así como as persoas que o integran tiveron un especial protagonismo e que culminou coa entrega de máis de 30 galardóns. O reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, e a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, foron os encargados de abrir un acto que reuniu a máis de 100 persoas no campus ferrolán.
"Todo Comunica" é un novo espazo da Catedra adicado a divulgar a importancia da xestión da comunicación e o xornalismo na nosa sociedade.
A cátedra CICAS co obxecto de potenciar o desenvolvemento de Traballos de Fin de Grao (TFG) no eido de actuación das TIC lanza unha convocatoria de axudas para a realización de TFG do Grao en Enxeñaría Informática (GEI) ou do Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos (GECD), así como do Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática Informática (MUEI) da Facultade de Informática da UDC. Esta iniciativa lévase a cabo con cargo ao orzamento da cátedra CICAS, financiada pola empresa Sngular.
Aquí unha nova edición das nosas COMversacións, conversando no cuardo dos encontros con Cristina García de Esmerarte Industrias Creativas (etiquetar) sobre os eventos como ferramenta de comunicación e a importancia das estratexias de comunicación e marketing para os festivais de música.
A Cátedra ALDABA WIB foi unha das cinco cátedras da Universidade da Coruña seleccionadas, para expoñer máis polo miúdo a súa experiencia e xeito de traballar na Xornada de Cátedras e Aulas Institucionais da UDC que tivo lugar o venres 26 de abril no Reitorado da Universidade da Coruña.
"Todo Comunica" é un novo espazo da Catedra adicado a divulgar a importancia da xestión da comunicación e o xornalismo na nosa sociedade.
A Facultade de Informática da UDC deu a coñecer este xoves 25 de abril, durante a Feira de Prácticas e Emprego (FepeFIC), ao gañador do Noveno Premio ao Mellor Traballo Fin de Grao Aplicado da FIC, que foi Jesús Mosteiro pola súa TFG ‘Paralelización dun algoritmo de aprendizaxe automática multi-vista baseado en grafos’.
O Campamento Volemos!, organizado polo Campus Industrial de Ferrol conta nesta edición con 60 prazas para niñ@s de entre 6 e 16 anos e desenvolverase do 24 oa 28 de xuño en horario de 9:00h a 14:00h. O prazo de inscrición para o envío de solicitudes permanecerá aberto desde o mércores 1 de maio ata o 29 de maio de 2024.
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (FEE) e a Comisión de Medio Ambiente do Programa Campus Verde, coa colaboración da Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible, organizou un concurso de fotografía en relación co tema do cambio climático e as súas consecuencias no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.
A Cátedra ALDABA-WIB colabora un ano máis na Feira de Prácticas e de Emprego (FePEfic 2024), que organiza a Facultade de Informática da UDC durante os días 23, 24 e 25 de abril e na que colaboran unha vintena de empresas do sector TIC.
Os próximos días 23, 24 e 25 de abril celebrarase unha nova edición da Feira de Prácticas e Emprego (FepeFIC), na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC). Un punto de encontro para que os estudantes coñezan de primeira man como traballan as entidades do sector TIC, que operan na Coruña, nas que poderán realizar prácticas durante os seus estudos e estas descubran as inquietudes do estudantado do centro.
A Cátedra NTT Data participará na Feira de Prácticas e de Emprego (FePEfic 2024), que organiza a Facultade de Informática da UDC, os días 23,24 e 25 de abril. Un evento destinado ao alumnado que o próximo curso académico realizarán prácticas curriculares en empresas como vía para iniciar o seu camiño profesional nun mercado altamente dinámico e demandante de perfís cualificados.
A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa organiza un curso de Social Media, ‘De seguidores a fans. Como crear os cimentos dá túa estratexia en redes sociais’, impartido pola experta en comunicación e marketing, Lucía González.
A alcaldesa, Inés Rey, impartiu esta mañá unha conferencia-coloquio na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, no marco do ciclo de conferencias sobre Economía e Internacionalización da Cátedra Luis Fernández Somoza, sobre o proxecto de xestión social e económica da Coruña. Rey puxo en valor o traballo realizado dende o Concello para a proxección da Coruña. "O modelo de cidade que presentamos é o dunha Coruña que avanza e que está chamada a ser referencia internacional" sinalou.
María Teresa Costa-Campi, catedrática emérita de Economía e directora da Cátedra de Sustentabilidade Enerxética e Ambiental da Universidade de Barcelona, ofreceu hoxe unha conferencia sobre os principais retos do proceso de descarbonización. Costa-Compi incidiu na importancia da innovación tecnolóxica no proceso de transformación cara á industria neta cero. Subliñou que este proceso precisará da colaboración público-privada para lograr que a transición enerxética sexa xusta.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, impartirá o venres 12 de abril unha conferencia na Universidade da Coruña, onde falará sobre “Un proxecto de xestión social e económica na cidade da Coruña”.
"Todo Comunica" é un novo espazo da Catedra adicado a divulgar a importancia da xestión da comunicación e o xornalismo na nosa sociedade.
O Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da UDC participa nun proxecto de asistencia técnica para o desenvolvemento dunha ferramenta de seguimento e supervisión de programas rurais do Banco Interamericano de Desenvolvemento (BIC). O proxecto, renovado por 3 meses máis, está liderado polo investigador e director do grupo de investigación CARTOLAB, Alberto Varela, e ten por obxectivo facilitar un manexo máis eficiente de datos xeoespaciais vinculados a programas do BID. Os traballos, levados a cabo desde setembro de 2023, teñen prevista a súa finalización en maio de 2024.
A directora da Cátedra de Sustentabilidade Enerxética da Universidade de Barcelona, María Teresa Costa-Campi, participa nunha xornada organizada pola Cátedra Greenalia-UDC para a Transición Enerxética. A través da súa conferencia, baixo o título “Retos e Oportunidades da Transición Enerxética: Fundamentos económicos, sustentabilidade e selección de investimentos”, explicará a situación actual do ámbito enerxético desde unha perspectiva económica e de sustentabilidade.
O grupo de investigación Dereito Público Global, liderado por Jaime Rodriguez-Arana Muñoz, participou durante o primeiro trimestre de 2024 no desenvolvemento de 5 proxectos en materia xurídico-administrativa. Os traballos foron coordinados polos profesores Carlos Ignacio Aymerich Cano, Juan Jose Pernas Garcia e Jose Antonio Blanco Moa e supoñen un investimento de 27.000 euros.
O profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura e membro activo do grupo de investigación de Estruturas Arquitectónicas (GEA) da Universidade da Coruña, José Antonio Vazquez Rodríguez, aborda un proxecto de conservación e restauración da Capela de San Roque no Concello de Sada. Os traballos, iniciados en marzo, teñen unha duración de dous meses e consisten na elaboración do proxecto técnico do sistema de acodalamiento e estabilización da fachada do edificio da sala de exposicións “Capela de San Roque”.
A profesora da Facultade de Fisioterapia e membro activo do grupo de investigación Intervención Psicosocial e Rehabilitación, Sonia Souto Camba, dirixe un proxecto de investigación en Fisioterapia e Rehabilitación funcional, impulsado polo Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (COFIGA). Os traballos, iniciados en marzo de 2023, teñen unha duración de 12 meses e inclúen a elaboración de informes e proxectos de intervención profesionais e a análise da situación investigadora na área da fisioterapia.
Investigadores do CITEEC, liderados polo docente e investigador do grupo de investigación GEAMA, Joaquín Suárez López, están inmersos nun proxecto desenvolvido no marco da xestión dos desbordamentos de sistemas de saneamento unitario e o seu impacto sobre as masas de augas naturais, o proxecto Life RUBIES, que ten por obxectivo desenvolver ferramentas de toma de decisións para limitar a contaminación das masas de auga.
O equipo de traballo, que está a levar a cabo os traballos de asesoramento no desenvolvemento do proxecto as microcredenciales como unha oportunidade de aprendizaxe para persoas en situación de vulnerabilidade, está dirixido por Laura Ouso, Catedrática da Universidade na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e coordinadora do ESOMI. Os traballos inclúen a proxección, elaboración e posta en marcha da microcredencial centrada no sector do fogar e os coidados, avaliación e difusión das aprendizaxes obtidas no seu desenvolvemento. O proxecto, cuxos traballos deron comezo en marzo de 2024, ten unha duración de 10 meses.
Os traballos, liderados polo investigador Carlos Aymerich Cano, especializado en Dereito Administrativo e membro activo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da UDC desde febreiro de 2024, teñen por obxectivo o asesoramento xurídico-administrativo no proceso de elaboración, negociación e aprobación da nova Relación de Postos de Traballo (RPT) para unha entidade local. Os traballos, iniciados en febreiro de 2024, teñen unha duración de 12 meses e contan cun orzamento que ascende a 18.000 euros.
Investigadores do Grupo de Investigación Redes de Neuronas Artificiais e Sistemas Adaptativos - Imaxe Médica e Diagnóstico Radiolóxico (RNASA-IMEDIR) da Universidade da Coruña levan a cabo traballos de asesoramento para a xestión de imaxe médica dixital, co obxectivo de mellorar a eficiencia do traballo dos profesionais clínicos e facerlles chegar ferramentas necesarias dunha forma amigable. Os traballos, iniciados en febreiro e liderados polo profesor da Facultade de Informática e membro activo do grupo de investigación RNASA-IMEDIR, Julián Dorado da Rúa, desenvolveránse por un período de 5 meses.
"Todo Comunica" é un novo espazo da Catedra adicado a divulgar a importancia da xestión da comunicación e o xornalismo na nosa sociedade.
O profesor da Facultade de dereito e membro do grupo de investigación Dereito Público Global, Jose Antonio Moa, participa no proxecto POCTEC Aldealix, levando a cabo labores de asesoramento xurídico para a constitución e posta en marcha de Comunidades Enerxéticas de ámbito rural. Os traballos, iniciados en febreiro de 2024, teñen prevista a súa finalización en xuño de 2024.
Como resultado da colaboración da FUAC coa Revista Pocomaco, lanzamos un novo artigo baixo o título "Inteligencia Artificial para mejorar la vida de las personas". Artigo dispoñible aquí.
Na UDC as rapazas representan xa o 18% das incorporacións, e na UVIGO o 19%. A desigualdade de xénero existente na nosa sociedade non só afecta ao 50% das persoas que a forman, senón que frea o desenvolvemento en todos os ámbitos: económico, cultural, tecnolóxico, …, porque no deseño e a creación de novas obras, produtos e solucións estamos a perder a riqueza intelectual que achega a diversidade de xénero. Conscientes diso, a Universidade da Coruña (UDC) e a Universidade de Vigo (UVigo) puxeron en marcha diversas iniciativas para pór de relevo a existencia dunha fenda de xénero en diferentes ámbitos educativos e profesionais, e tamén medidas para reducilas ou palialas.
O foro “Perfís profesionais na cadea de valor da Enerxía”, organizado pola Cátedra Greenalia-UDC para a Transición Enerxética, tivo lugar na mañá de onte en Ferrol. No marco deste evento, púxose de manifesto que especialistas en dixitalización, en finanzas verdes e sustentabilidade ou enxeñería de deseño, son algunhas das cualificacións máis demandadas polo sector .
O Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente (GEAMA) da Universidade da Coruña colabora en proxectos de investigación no campo da enxeñaría da auga. Os traballos, iniciados entre decembro de 2023 e xaneiro de 2024 levados a cabo polo investigador do CITEEC e coordinador do grupo de investigación Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente da Universidade da Coruña, Ricardo Juncosa Rivera, supón unha inversión de preto de 80.000 euros. As liñas de investigación dos 4 proxectos céntranse na realización de estudos hidráulicos e hidrolóxicos para Inverpuente e Zifra Ingeniería, de caracterización química das augas termais de prexigueiro e de análises químicas e microbiolóxicas para Cobre San Rafael.
O docente da Facultade de Economía e Empresa e membro do grupo de investigación Regulación, Economía e Finanzas (GREFIN) da Universidade da Coruña, Fernando Ruiz Lamas, dirixe un proxecto de asesoramento en matería económica sobre contabilidade e operacións societarias. Os traballos levaronse a cabo entre xaneiro e febreiro de 2024.
A Cátedra Epifanio Campo, adscrita á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, situada no Campus Industrial da Ferrol da Universidade da Coruña, reafirma un ano máis o seu compromiso co fomento da divulgación e a formación no ámbito da economía circular e a xestión de residuos industriais. No balance anual de actividades destacan fitos tan reseñables como o acto de entrega do I Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo, a convocatoria e entrega dos II Premios de Investigación Epifanio Campo ou a participación na I Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente.
Os docentes Jose Luis Calvo Rolle e Esteban Jove Pérez, do Grupo de Investigación Ciencia e Técnica Cibernética (CTC), que forma parte da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña, lideran os traballos levados a cabo polo equipo de investigación, consistentes no desenvolvemento dun programa de vixilancia radiolóxica ambiental a nivel nacional. O proxecto, promovido polo Consello de Seguridade Nuclear e a Universidade da Coruña, ten unha duración de 4 anos e conta cun orzamento de 480.000 euros.
Os docentes José López Rodríguez e Jose María Losada López da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña colaboran nun proxecto de asesoramento sobre a pegada de emprego. Os traballos, levados a cabo desde marzo, teñen unha duración de 12 meses e inclúen a supervisión e validación dunha ferramenta que permite ao consumidor coñecer canto do que paga ao comprar un produto ou servizo vai para o emprego.
"Todo Comunica" é un novo espazo da Catedra adicado a divulgar a importancia da xestión da comunicación e o xornalismo na nosa sociedade.
A Cátedra NTT Data, na cuarta edición da convocatoria de bolsas para a realización do Traballo de Fin de Grao en colaboración con ONGs, concede a bolsa para o traballo “Desafíos éticos e técnicos na loita contra a discriminación algorítmica e ou nesgo sistémico”, en colaboración con Ecos do Sur.
Baixo o título “Perfís profesionais na cadea de valor da Enerxía”, a Cátedra Greenalia UDC para a Transición Enerxética organiza un foro sobre os retos da transición enerxética e os novos perfís académicos que serán necesarios para abordar os cambios que se producirán nos próximos anos dentro da cadea de valor do sector enerxético. Terá lugar o vindeiro martes 12 de marzo no Salón de Actos do Campus Industrial UDC de Esteiro (Ferrol).
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (FEE) e a Comisión de Medio Ambiente do Programa Campus Verde, coa colaboración da Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible, organizan un concurso de fotografía en relación co tema do cambio climático e as súas consecuencias no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.
O investigador Juan José Pernas García, profesor da Facultade de Dereito e membro activo do grupo de investigación Dereito Público Global da Universidade da Coruña, lidera proxectos en materia de Dereito Ambiental. Durante os meses de xaneiro e febreiro de 2024 abordou tres proxectos, un sobre asesoramento xurídico sobre o método de cálculo de custo de emisión dos gases de efecto invernadoiro , un segundo proxecto de asesoramento xurídico sobre o uso de envases e residuos de envases e un terceiro en materia xurídica sobre a consideración dun dosificador como envase aos efectos do Real Decreto 1055/2022, do 27 de decembro, de envases e residuos de envases.
O profesor da Facultade de Informática e membro activo do grupo de investigación de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións (GTEC) da Universidade da Coruña, Oscar Blanco Novoa, colabora en proxectos tecnolóxicos de formación sobre "Internet de las cosas (IoT)". Os traballos, iniciados en xaneiro de 2024, inclúen a organización e impartición de actividades de formación dirixidas a profesionais interesados de perfis diversos, como enxeñeiros/as ou persoal técnico en activo, graduados en enxeñaría ou titulados en formación profesional de grao superior, co obxectivo de mellorar os coñecementos en materia de IoT, en colaboración con Tokio School. A data prevista de finalización da formación será en xullo de 2024.
O profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura e membro activo do grupo de investigación de Estruturas Arquitectónicas (Gea) da Universidade da Coruña, Manuel Jose Freire Tellado, participou durante os meses de xaneiro e febreiro de 2024 en tres proxectos de asesoramento en proxectos de estruturas para entidades de ámbito nacional.
Os investigadores Richard Duro Fernández e Diego Crespo Pereira do Grupo Integrado de Enxeñaría da UDC lideran proxectos de I+D+i. Richard Duro, Doutor en Física e Coordinador do Grupo Integrado de Enxeñería, colabora desde xaneiro de 2024 nun proxecto promovido por Navantia Australia, para o deseño de vehículos aéreos de superficie autónomos. Pola súa banda Diego Crespo, Doutor en Enxeñería Industrial e membro do Grupo Integrado de Enxeñería, participa nun proxecto para o estudo do impacto económico social e ambiental da rede de tranvía de Metrotenerife, cuxos traballos se iniciaron en xaneiro de 2024. Os traballos teñen unha duración de 15 e 4 meses respectivamente e contan cun orzamento de 130.000 euros.
O profesor da Facultade de Economía e Empresa da UDC, Félix Puime Guillén, lidera durante o primeiro semestre do ano 2024 3 proxectos de asesoramento no ámbito económico-financeiro. Dous dos proxectos iniciáronse en febreiro, cunha duración de 12 meses o primeiro proxecto e 2 meses o segundo proxecto e un terceiro proxecto, iniciado en abril, para a elaboración de informe pericial entre abril e maio. Os traballos supoñen un investimento de 19.000 euros
A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa organizou a xornada “O cinema dende o compromiso” na Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC. Jaione Camborda é a primeira directora española en gañar a Cuncha de Ouro do Festival de San Sebastián, que recibiu pola película de produción galega O Corno.
A Facultade de Informática da Universidade da Coruña acollía do 16 ao 18 de febreiro a segunda edición de HackUDC, o maior hackathon de Galicia, que reuniu a preto de 150 estudantes para desenvolver proxectos tecnolóxicos baixo un límite de tempo, achegando ideas e tamén desenvolvendo os prototipos funcionais para demostralas. A participación global superou mesmo asa 200 persoas, inluíndo a voluntarios e patrocinadores do evento, triplicando así a asistencia con respecto á edición do ano 2023. Así o confirman os datos facilitados polos organizadores do encontro, o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) da FIC, quen amosan a súa inmensa satisfacción co resultado do evento. Entre os patrocinadores do evento atópanse Codee, Bizaway, Gradiant, Disashop, Denodo, Igalia, InditexTech, a Cátedra Cicas, a Cátedra NTT Data, Roommatik, Duacode e Bahía.
Máis información no seguinte enlace: https://www.udc.es/gl/novas/Exito-rotundo-na-segunda-edicion-do-HackUDC-celebrado-a-pasada-fin-de-semana-na-Facultade-de-Informatica-da-Universidade-da-Coruna-FIC/
O obxectivo deste primeiro estudo é sentar as bases para obter unha guía de boas prácticas para a integración paisaxista de parques eólicos, especialmente en Lugo e A Coruña.
A Cátedra NTT Data presenta unha colaboración con Ecos do Sur, entidade sen ánimo de lucro en forma de catro proposta para TFGs, que será dirixida por profesorado da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. O prazo de presentación de solicitudes iniciaráse despois da asignación de TFGs por parte do centro.
O pasado 16/F celebrouse a feira divulgativa eXXperimienta en feminino no Campus de Ourense, que pretende espertar vocacións femininas no campo CTEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) realizando cos asistentes experimentos con protagonismo das científicas e tecnólogas do campus. Pola mañá participaron máis de 300 estudantes procedentes de oito centros da provincia de Ourense e arredores. Pola tarde a feira estivo aberta ao público en xeral.
O pasado venres 19 de febreiro celebrouse nas instalacións do CITEEC os INTERLABS, son pequenos encontros nos que varias persoas, nas etapas iniciais da súa carreira investigadora, expoñen brevemente o seu traballo en diferentes campos relacionados coas áreas extratéxicas da Axenda Científica do CITEEC, fomentando así o coñecemento entre os diferentes grupos e o xurdimento de posibles liñas de investigación interdisciplinares, con gran éxito de participación e asistencia.
A Cátedra Luis Fernández Somoza, financiada pola empresa Cartesón, acaba de conceder 18 bolsas de formación por valor 10.000 euros para a mobilidade internacional de estudantes da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña. Estas bolsas están dirixidas ao estudantado que está a cursar graos únicos universitarios ou programas de dobre titulación (graos universitarios) e que participan en programas de mobilidade Erasmus ou internacional de fins de estudo durante o curso académico 2023-2024, Erasmus+ ou Bilaterais SM, distribuidos entre diferentes países de Europa, Medio Oriente e Asia Oriental.
Faino promovendo a xornada “O cinema dende o compromiso”, un encontro con Jaione Camborda, directora e gañadora da Cuncha Douro do Festival de San Sebastián pola película de produción galega “O Corno”. A xornada, que está aberta ao público de forma gratuíta previa inscrición, terá lugar o xoves 22 de febreiro ás 17:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC. Esta acción enmárcase no obxectivo que promove a Cátedra ao redor da comunicación con conciencia, responsable e con valores que axude á creación dunha contorna máis sostible e dunha sociedade máis comprometida.
A Cátedra NTT DATA patrocina a segunda edición do hackathon estudantil HackUDC, que se celebrará na Facultade de Informática da UDC do 16 ao 18 de febreiro. Nesta competición participarán máis de 130 estudantes de todos os niveis coa finalidade de mellorar e aprender novas habilidades no ámbito da tecnoloxía.
Os INTERLABS son pequenos encontros nos que varias persoas, nas etapas iniciais da súa carreira investigadora, expoñen brevemente o seu traballo en diferentes campos relacionados coas áreas extratéxicas da Axenda Científica do CITEEC, fomentando así o coñecemento entre os diferentes grupos e o xurdimento de posibles liñas de investigación interdisciplinares.
O equipo da Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF) adscrita á Facultade de Enfermaría e Podoloxía do Campus Industrial de Ferrol traballou nun proxecto para a construcción dun instrumento de valoración de situación de vulnerabilidade e desamparo da infancia no contexto dos servizos sociais de protección á infancia no Principado de Asturias durante 12 meses. Os traballos, iniciados en novembro de 2022 foron liderados polo profesor da Facultade de Enfermaría e Podoloxía do Campus Industrial de Ferrol, Valentín Escudero.
O profesor Ángel Rodríguez Pallas, da Facultade de Turismo da UDC, está realizando o deseño e implementación da estratexia comercial da empresa B travel en Galicia e Asturias.
O HackUDC é o maior hackathon estudantil de Galicia, que reunirá do 16 ao 18 de febreiro na Facultade de Informática da UDC a máis de 130 estudantes de todos os niveis para mellorar e aprender novas habilidades no ámbito da tecnoloxía e crear un proxecto Open Source en equipo.
O profesor Química Analítica da UDC e membro do Grupo de Investigación QANAP, José Manuel Andrade Garda renova como responsable do proxecto. O equipo de traballo leva a cabo os traballos de investigación do ámbito científico establecidos no acordo asinado entre a Universidade da Coruña e REPSOL. O acordo asinado o 20 de decembro de 2020 e renovado en decembro de 2022 ata o 31 de decembro de 2023, foi renovado ata decembro de 2024 e conta cun orzamento de 90.000 euros.
O profesor da Facultade de Economía e Empresa da UDC, Félix Puime Guillén, dirixe un proxecto de asesoramento económico-financeiro para a elaboración dun informe pericial. Para levalo a cabo fará unha análise inicial e da evolución da información financeira, unha análise do sector e valoración do plan de negocios da empresa. Os traballos teñen unha duración de 3 meses, ata abril de 2024.
O profesor Alberto Cotillo Pereira da Facultade de Socioloxía e coordinador do Grupo de Análise e Prospectiva Sociopolítica (LAPSO) da UDC dirixe un proxecto de investigación social, onde explorará e analizará datos cuantitativos para a elaboración dun informe posterior. Os traballos teñen unha duración de 2 meses e conta cun orzamento de 30.000 euros.
O equipo de investigación, liderado polo investigador do CITEEC e membro activo do grupo de investigación GEAMA, Enrique Peña, traballa nun proxecto pioneiro no mundo, para o deseño en 3D dun modelo físico do observatorio submarino “Peiraos de Solpor”, co que se pretende potenciar a biodiversidade mediante o uso de sistemas artificiais que xeren hábitat nos portos, pero, á vez, cun obxectivo que sirva de concienciación e permita o gozar e coñecemento por parte da cidadanía.
Os traballos, liderados polos profesores da Facultade de Economía e Empresa da UDC María Carmen Gago Cortés e Jose María Losada López, inclúen o estudo e asesoramento sobre as medidas de apoio e emprendemento, autoemprego e apoio á economía social e responsabilidade social e plans de igualdade das empresas en Galicia, así como no proceso de creación de empresas. Os traballos, iniciados en decembro de 2023, teñen unha duración de 4 meses.
A Universidade da Coruña e Aquatica Ingeniería Civil impulsan o proxecto Ports4.0 – Steel Free Heavy Pontoons. O equipo, liderado polos profesores Fernando Martínez Abella e María Belén González Fonteboa membros do grupo de Construción (GCONS) e do departamento de Enxeñaría Civil da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Caminos, Canais e Portos (ETSI) da UDC, estudará a viabilidade de Pantaláns flotantes de formigón, modulables, realizados con chasis de polímeros reforzados con fibras (PRF), co obxecto de demostrar que esta tecnoloxía é válida para as pequenas embarcacións de traballo e, nese caso, implantar no mercado esta tecnoloxía. Os traballos teñen unha duración de 12 meses e conta cun orzamento de 67.000 euros.
A profesora da Facultade de Fisioterapia da UDC, a Dra. Esther Carmen Fernández nomeada investigadora principal nun proxecto para proporcionar asesoramento médico no ámbito do exercicio, a saúde e as patoloxías. Os traballos, iniciados en xaneiro de 2024, inclúen atención en consulta e prescrición de tratamentos no ámbito da Educación Física e o Deporte por un período de 2 anos.
A Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña e a Fundación da Universidade da Coruña asinaron en decembro de 2023 un convenio para o desenvolvemento das accións do Plan Cultura Marítima-Horizonte 2030, co obxectivo de dar continuidade ao Plan da Cultura Marítima Horizonte 2030, como instrumento capaz de favorecer a xestión integral, posta en valor e activación da cultura marítima de cara ao futuro.
CoreMarine e o Grupo Integrado de Enxeñería (GII) da UDC colaboran no asesoramento dun proxecto de enerxía eólica offshore. Os traballos, levados a cabo polo equipo investigador ata decembro de 2024, inclúen traballar na simulación de plataformas flotantes destinadas a enerxía renovable mariña axustadas con código para a dinámica de liñas de fondeo. O proxecto ten unha duración de 12 meses e está liderado por Vicente Díaz Casás, profesor da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) e membro activo do Grupo de Investigación GII da UDC e ten por obxectivo a elaboración de informes relativos aos resultados de simulación e validación de códigos axustados tipo CFD co código de dinámica de liñas de fondeo MOORDYN.
Os alumnos do programa Espazo Compartido da Universidade da Coruña visitaron onte o Eroski Center de Vioño no marco de actividades que ambas as entidades poñen en marcha anualmente a favor da inserción laboral das persoas con discapacidade. Nesta primeira cita, os alumnos puideron coñecer Vegalsa-Eroski e os seus valores corporativos, así como achegarse ao sector da distribución alimentaria. O programa complementarase ao longo do ano con actividades para comprender a realidade do sector desde a práctica empresarial e como afrontar un proceso de selección.
A Cátedra CICAS polo impulso á ciencia aberta a través do software, financiada pola empresa Sngular, acaba de conceder tres axudas económicas para a realización de Traballos de Fin de Grao (TFG) do Grao en Enxeñaría Informática e o Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos da Facultade de Informática da UDC.
Investigadores da Universidade da Coruña participan en proxectos de investigación para a formación na área de control de calidade, centrada no uso de cartas de control de calidade, análise práctica de datos e incerteza, incertezas, microbiológicos e de augas. O equipo de traballo, liderado polo profesor dá UDC e membro do grupo de investigación QANAP, José Manuel Andrade Garda, leva a cabo o desenvolvemento e impartición de cursos de formación técnica desde o ano 2022, cunha orientación eminentemente práctica e orientados ao persoal da multinacional automobilística Stellantis. Os traballos do último proxecto, iniciados en xaneiro de 2024, teñen unha duración de 12 meses.
A investigadora Mª Teresa Rodríguez Blas da Facultade de Ciencias da UDC e membro activo do grupo de investigación Metais no medio Ambiente e Medicina (METMED) da UDC lidera proxectos de investigación no ámbito da química. Os proxectos, un está centrados no estudo de propiedades físico-químicas de tellas cerámicas, cunha duración de 24 meses, ata setembro de 2024 e un segundo proxecto, cuxos traballos desenvolvidos desde xaneiro de 2024 polo equipo investigador, consisten na identificación e análise de péptidos funcionais en cereais por un período de 12 meses.
O profesor Jaime Fagundez Díaz, profesor da área de Bioloxía da Facultade de Ciencias e membro activo do grupo de investigación Bioloxía Costeira (BIOCOST), lidera un proxecto para o estudo dos hábitats de interese comunitario (THIC) presentes en Galicia por un período de 18 meses, ata mediados de 2025. Os traballos teñen por obxectivo a determinación do estado de conservación, redacción de medidas de conservación e deseño dun sistema de seguimento para hábitats de interese comunitario, característico de formacións herbosas, dentro e fóra da Rede Natura 2000. Para levar a cabo os traballos conta cun orzamento de 54.000 euros.
O profesor Fernando Peña López da Facultade de Dereito da UDC e membro do grupo de investigación Empresa, Consumo e Dereito (ECD) lidera un proxecto de asesoramento xurídico en asuntos relativos a seguros, xestión de riscos empresariais, contratos civís e mercantís, contratos internacionais e dereito da construcción, ata outubro de 2023. Os traballos desenvolveronse por un período de 12 meses, cun investimento de 42.000 euros.
O profesor da Facultade de Economía Financeira e Contabilidade e membro activo do Grupo de investigación en regulación, economía e finanzas (GREFIN) da Universidade da Coruña Fernando Ruiz Lamas, dirixe un proxecto sobre asesoramento e asistencia técnica na área de consolidación contable de entidades locais. Os traballos, iniciados en decembro de 2023, teñen unha duración dun mes.
O alumnado do programa formativo de Espazo Compartido da Universidade da Coruña participará o próximo 22 de xaneiro de 2024 na II edición da xornada "Compartindo ou espazo da empresa". Trátase dun taller de emprego, organizado no marco das actividades da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC e que terá lugar nas instalacións da empresa na Grela, sobre a temática da contratación de persoas con capacidades diferentes.
Os investigadores do CITEEC Enrique Peña González, José Sande González-Cela e Andrés Figuero Pérez, e membros activos do grupo de investigación GEAMA da UDC, dirixen durante o ano 2023 traballos para o proxecto ELISA, con especial atención no estudo experimental en Dársena de Oleaje de la solución ELISA MV.
A Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte da UDC resolveu a convocatoria de bolsas de formación para o curso 2023-2024, que ofrece a licenciados en medicina con interese na Traumatoloxía do Deporte a posibilidade de realizar unha formación específica neste campo nun centro de referencia nacional e internacional.
A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa convocou a segunda edición do premio ao mellor Traballo Fin de Máster con temática relacionada con criterios ASG (ambientais, sociais e de gobernanza) e propósito corporativo, á que se presentaron un total de 23 traballos defendidos por estudantes das tres universidades galegas nos anos 2022 e 2023 que obtiveron unha cualificación de sobresaliente.
O proxecto, liderado polo Dr. Óscar Álvarez-Calderón Iglesias, profesor da Facultade de Ciencias da Saúde e membro do grupo de investigación Saúde e Podoloxía (GISAP) da UDC, inclúe a realización de tarefas de consultoría e asesoramento, así como a realización de diversas actividades de promoción da saúde no ámbito da Otorrinolaringoloxía, tales como charlas, coloquios, conferencias e campañas de saúde por un período de 12 meses.
O investigador Diego Crespo Pereira, Doutor en Enxeñaría Industrial e membro do Grupo Integrado de Enxeñería da UDC lidera proxectos de I+D+i para unha entidade local en materia simulacións e optimización de procesos industriais. Os traballos inclúen o desenvolvemento dun modelo de simulación en Flexsim que sexa capaz de simular o funcionamento dunha planta e do sistema de picking integrado nun almacén, co obxectivo de optimizar o seu funcionamento e mellorar a súa taxa de produción, diminuír tempos mortos, minimizar custos, mellorar a distribución en planta, etc. Os traballos levarán a cabo ata marzo de 2024.
O profesor Felix Puime Guillen de Economía e Empresa da UDC será o encargado do asesoramento na estratexia financeira da empresa Xestión de Reclamacións Xudiciais. Os traballos comezaron en setembro de 2023 e teñen unha duración de 12 meses.
As investigadoras Rebeca Bouza Padín da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e María José Abad López da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e coordinadora do Grupo de Polímeros da UDC lideran proxectos para o desenvolvemento de solucións de materiais poliméricos máis sostibles. O equipo de traballo liderado pola investigadora Rebeca Bouza Padín leva a cabo un estudo de Materiales Biopolimericos, por período de dous anos, ata novembro de 2024 e o equipo de traballo liderado pola investigadora María José Abad López desenvolve un estudo na área de ensaios clínicos con materiais poliméricos por un período de catro anos, ata xuño de 2027.
A profesora Marta García Pérez da Facultade de Dereito da UDC, traballa en proxectos de asesoramento en ámbito xurídico durante o ano 2023. Durante o mes de xullo participou na análise xurídica de cuestións sobre a costa e o litoral e de novembro a decembro prestou asesoramento sobre o impacto da nova normativa de protección dos dereitos e benestar dos animais de compañía en Galicia e á normativa aplicable aos animais de caza.
Os profesores María José Servia García e Jaime Fagundez Díaz, profesores da área de Bioloxía da Facultade de Ciencias, lideran proxectos de I+D en biodiversidade no medio rural. Os traballos desenvolvidos durante o ano 2023 teñen como obxectivo o acompañamento científico-técnico e traballos de campo na avaliación de estratexias emerxentes e ambientais sostibles, para o control de pragas nos cultivos (velutina, paxaros, jabalíes), o deseño dun proxecto de Cooperación Leader 2022-2023 sobre polígonos vitícolas e frutícolas para identificar a problemática do viñedo, analizar as posibles alternativas de loita con métodos sostibles fronte á velutina, jabalíes e aves e deseñar posibles cultivos de interese, ambos dentro do proxecto “Polígonos vitícolas e frutícolas, viño e froita” e o deseño dun proxecto de Cooperación Leader 2022-2023 para o proxecto “Conectando Biodiversidade”, co obxectivo de identificar posibles actuacións a desenvolver e áreas de conectividade ecolóxica na área da Coruña.
O profesor de enxeñaría civil José Ramón Salgueiro da EUDI da UDC, dirixe un proxecto de investigación para o deseño de novos conceptos de deseño industrial, centrada no deseño de paneis de mando para o control de maquinaria de cuberta de embarcacións. Os traballos levados a cabo polo equipo de investigadores desde novembro de 2023 teñen unha duración de 8 meses e medio e conta cun orzamento que ascende a 6.000 euros.
O grupo de investigación Dereito Público Global, liderado por Jaime Rodriguez-Arana Muñoz, participou durante o último semestre, ata decembro de 2023 no desenvolvemento de proxectos en materia xurídico-administrativa. Os traballos foron coordinados polos profesores Carlos Ignacio Aymerich Cano e Carlos Amoedo Souto e supoñen un investimento de 30.000 euros.
Os profesores Iria Caamaño Franco, Carlos Rodriguez Carro e Jose Pablo Abeal Vázquez da Facultade de Turismo da Universidade da Coruña reciben en decembro de 2023 un encargo para o desenvolvemento dun estudo sobre o sector turístico de Galicia durante o período 2016-2023 para a definición do Plan Estratéxico de Galicia 2024-2030.
Maripaz Mateo Orenes, doutora en Química pola Universidade de Málaga e profesora titular da Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Ferrol da UDC, é a directora da Cátedra Epifanio Campo. Compartiu na entrevista de La Voz de Galicia, o 26 de novembro de 2023, as principais liñas de actuación que marcaron o funcionamento da Cátedra Epifanio Campo desde o seu nacemento e os seus proxectos de futuro. Na entrevista destacou que «Vamos a poner en marcha un centro de interpretación de residuos industriales».
O equipo de investigación composto por membros do Grupo de Arquitectura de Computadores (GAC) baixo a dirección do profesor Dr. Juan Touriño Domínguez traballan nun proxecto no campo da enxeñería informática para a organización de bases de datos e procesamento de información no marco do convenio do Observatorio de Movilidad de Terras, no que participan entre outras entidades, a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela. O proxecto ten por obxectivo dar soporte técnico ao grupo LaboraTe (USC) na creación, organización, procesamento e explotación de bases de datos para a elaboración de informes. O prazo durante o que se desenvolverán os traballos será de 8 meses, a contar desde novembro de 2023.
O investigador Pablo Lixeiro Martinez Risco da Facultade de Ciencias da UDC dirixe un proxecto de investigación de maridaxe molecular de cervexas Estrela Galicia. Os traballos, iniciados en novembro de 2023 teñen unha duración de 1 ano e conta cun orzamento que ascende a 33.000 euros.
Os profesores María Jesús Andrade Suárez, Manuel Docampo e Maria Elvira Lezcano Gonzalez e Antonia Perez Garcia da UDC colaboran en proxectos de urbanismo e socioloxía, cun investimento de 29.000 euros durante o ano 2023. A profesora María Jesús Andrade Suárez da Facultade de Socioloxía, coordina un proxecto para o desenvolvemento dun estudo da dimensión territorial e turística do Camiño a Fisterrra-Muxía, co obxectivo de realizar un estudo do peregrino; Manuel Docampo García da Facultade de Socioloxía coordina un proxecto para o desenvolvemento dun estudo socieconómico de parques eólicos e Maria Elvira Lezcano Gonzalez e Antonia Perez Garcia da Facultade de Turismo coordinan un proxecto para o desenvolvemento dunha plataforma de comunicación de datos turísticos na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas.
O grupo de investigación Saúde e Podoloxía recibe encargos para o desenvolvemento de proxectos de I+D relativo ás Ciencias Médicas. O proxecto está coordinado polo profesor Dr. Luis López López da Facultade de Enfermería e Podoloxía e coordinador do grupo de investigación Saúde e Podoloxía (GISAP), consiste na prestación de asesoramento técnico na biomecánica, cirurxía e disección anatómica do pé, por un período de 2 anos. Os traballos, iniciados en novembro de 2023, inclúen a valoración dos casos e supervisión e tutorización dos procedementos.
O grupo de investigación en bioloxía evolutiva (GIBE) da UDC recibe encargos para proxectos de I+D na área da botánica e a xenética. Os proxectos, un coordinado polo profesor Andrés Martínez Lage da Facultade de Ciencias por un período de dous anos, cuxos traballos están centrados na obtención de metafases para un estudo citogenético, iniciados en novembro de 2022 e un segundo proxecto coordinado polo profesor Manuel Pimentel Pereira da Facultade de Ciencias por un período de 1 ano, consistente na análise e caracterización da diversidade xenética dos lúpulos silvestres de Galicia, traballos iniciados en outubro de 2023.
O estudo "Plastic debris in lakes and reservoirs", publicado na revista Nature do mes de xullo, no que participan varios investigadores da Universidade da Coruña, vén de ser incluído por Gciencia entre os dez avances científicos máis importantes do ano 2023.
Os investigadores Rodrigo Montoto-Meijide, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela; Rosa María Meijide Failde, do Grupo de Investigación en Terapia Celular e Medicina Regenerativa, Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e directora da Aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas da UDC; Silvia María Díaz Prado, do Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas da UDC e Universidade da Coruña e Antonio Montoto-Marqués, do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) publican un novo artigo onde estudan terapias con células nai mesenquimales en lesións traumáticas da medula espinal na Revista Internacional de Ciencias Moleculares titulado "Mesenchymal Stem Cell Therapy in Traumatic Spinal Cord Injury: A Systematic Review". Fai click aquí para ler o artigo.
Como resultado da colaboración da Fundación Universidade da Coruña coa Revista Pocomaco, lanzamos un novo artigo baixo o título "La Cidade das TIC refuerza la posición de A Coruña como referente de innovacion digital al servicio de la sociedad". Artigo dispoñible aquí.
A profesora Carmen Veiga Barbazán da Facultade de Ciencias e coordinadora do grupo de investigación Bioingeniería Ambiental e Control de Calidade (BIOENGIN) UDC lidera un proxecto de enxeñaría para a determinación do contido de ácidos graxos en mostras de diferente orixe, co obxectivo de axudar a mellorar a produtividade, a economía e o impacto ambiental da produción. Os traballos, iniciados en novembro de 2023, teñen unha duración de 5 anos.
O profesor Ángel Vales Rodríguez da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física encargado do asesoramento en desenvolvemento e implementación de estratexias e protocolos para a avaliación e optimización do rendemento nos equipos profesionais do R.C.Deportivo da Coruña. Os traballos inclúen a avaliación do rendemento competitivo dos equipos, a monitorización do modelo de xogo e adestramento do primeiro equipo masculino e o desenvolvemento de recursos tecnolóxicos para a elaboración de informes técnicos de avaliación do rendemento, por un período de tres anos.
A investigadora María José Abad López da Escola Universitaria de Deseño Industrial e coordinadora do Grupo de Polímeros da UDC recibe encargos para liderar proxectos financiados con cargo ao programa “Deseña Peme” de LEDISSON LIGHTING, relacionado co proxecto LUMI-NON-Ao, cuxo obxectivo é o deseño de deseño dunha nova luminaria inspirado na iconografía da contorna e da cultura do Camiño de Santiago e de ADIDRON, relacionado co proxecto ADIDRON, cuxo obxectivo é o deseño dunha embarcación non tripulada fabricada por impresión 3D.
O profesor da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña e membro activo do grupo de investigación en regulación, economía e finanzas (GREFIN), Fernando Ruiz Lamas, recibe en outubro de 2023 un encargo dunha entidade local para a realización de asesoramento en técnicas de valoración de empresas. Os traballos inclúen tarefas de documentación da información financeira, análise e aplicación práctica das metodoloxías de valoración de empresas.
AENOR e a UDC colaboran no desenvolvemento de proxectos no ámbito de I+D+i. Os profesores/as Javier Pereira Loureio da Facultade de Ciencias da Saúde, Juan Rabuñal Dopico da Facultade de Informática (FIC), Alfonso Loureiro Montero da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) e Manuel Francisco Herrador Barrios, Luis Esteban Romera Rodríguez e Ahitor Baldomir García da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos (ETSI) participan nunha decena proxectos durante o segundo semestre do ano 2023.
A profesora Patricia Muñiz Núñez da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC colabora no proxecto de investigación “Da emerxencia á recuperación. Plan de resposta diferenciada ás necesidades de vivenda transicional na crise humanitaria de Cabo delgado”. O proxecto ten por obxectivo analizar as necesidades dos distintos grupos de poboación desprazada e xerar solucións arquitectónicas diferenciadas, adaptadas e integrais en materia fundamentalmente de transición. Os traballos iniciados en outubro de 2023 teñen unha duración de dous meses e medio.
O laboratorio de Enxeñaría Cartografía da UDC está colaborando nun proxecto de asistencia técnica para o desenvolvementeo dunha ferramenta de seguemento e supervision de programas rurais do Banco Interamericao de Desenvolvemento (BIC). O proxecto, liderado polo investigador e director do grupo de investigación CARTOLAB, ten por obxectivo facilitar o manexo máis eficiente de datos xeoespaciais vencellados á programas do BID. Os traballos, iniciados en setembro de 2023, teñen unha duración de 5 meses
Os investigadores Margarita Novales Ordax e Alfonso Orro Arcay, coordinadora e membro do grupo de investigación de Ferrocarrís e Transportes da UDC (FERROTRANS), dirixen un proxecto sobre mobilidade sustentable e planificación do transporte público da Cidade da Coruña. Os traballos inclúen a realización de estudos sobre melloras de sistemas de transporte público da cidade, análise dos estudos e diferentes propostas de mellora. O proxecto ten unha duración de 2 meses e conta cun orzamento de 18.000 euros.
Investigadores do Grupo Integrado de Enxeñaría da UDC participan no proxecto REPERA 2. Os traballos, liderados polo investigador Vicente Díaz Casás, inclúen a realización de simulacións no ámbito da Enxeñaría. Os traballos, levados a cabo entre novembro de 2022 e xuño de 2023, contan cun orzamento de 62.000 euros.
O profesor Fernando Agrasar Quirosa, do Departameneto de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Universidade da Coruña, colabora nun proxecto de asesoramento no deseño dunha vivenda.
O profesor e membro do grupo de investigación RNASA-IMEDIR da UDC Juan Ramón Rabuñal dirixiu proxectos de desenvolvemento de solucións tecnolóxicas no ano 2023 para Certificación y Confianza Cámara.
Os investigadores Mª Teresa Rodríguez Blas e Jose Luis Barriada Pereira da Facultade de Ciencias e membros do grupo de investigación Metais no medio Ambiente e Medicina (METMED) da UDC , dirixen proxectos por un importe de 65.000 euros para o proceso de elaboración da cervexa. Os traballos, iniciados en agosto de 2022 teñen unha duración inicial de 16 meses, e consisten no desenvolvemento dun estudo de avaliación do contido de proteína de diferentes variedades de fermento e un estudo da influencia de parámetros industriais no comportamento de moléculas funcionais na elaboración de cervexa.
As profesoras Laura Castro Santos e Almudena Filgueira Vizoso, ambas as profesoras titulares de universidade da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), pertencentes ao Campus Industrial de Ferrol lideran o proxecto SEASUN para a Caracterización dun software para determinar a folla de roteiro da enerxía solar mariña na costa español, co obxectivo de planificar as localizacións da enerxía solar mariña en España en termos da súa viabilidade económica e estratéxica.
A coordinadora do grupo de investigación ESOMI colabora no desenvolvemento de proxectos do ámbito das migracións desde unha perspectiva sociolóxica. Os traballos, que comezaron en outubro de 2023, inclúen a elaboración dun informe que recolle a evolución dos movementos migratorios, o perfil da poboación migrante en Galicia e o impacto positivo que está a ter no territorio. O proxecto ten unha duración de tres meses.
O acto contou coa presenza do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey; a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana; o reitor da UDC, Julio Abalde; o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo; e a directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo; ademais do director xeral do grupo Rodonita Medio Ambiente, Antonio Roncero; e distintos representantes de institucións, empresa e eido universitario. O primeiro premio foi para o traballo desenvolvido polo Grupo de investigación de Estradas, Xeotecnia e Materiais, liderado polo doutor Ignacio Pérez, e o segundo premio para o grupo de investigación Bioenxeñaría Ambiental e Control de Calidade, dirixido pola profesora María Carmen Veiga.
O Campus de Ferrol acolle hoxe o foro de debate “O futuro do hidróxeno verde desde a perspectiva galega: Retos e oportunidades”, organizado pola Cátedra Greenalia UDC para a Transición Enerxética. Unha xornada na que se abordará a oportunidade económica, investigadora e industrial que se abre co desenvolvemento do hidróxeno verde en Galicia.
A xornada tivo lugar este martes 28 de novembro no Campus Industrial de Ferrol e tamén se emitiu vía streaming. O acto estivo conformado por unha conferencia inaugural e tres mesas redondas nas que se trataron diversos temas relacionados coa descarbonización onde os relatores destacaron o atractivo de Galicia para converterse en referencia en proxectos de hidróxeno.
A Cátedra NTT Data presenta unha colaboración con tres entidades sen ánimo de lucro en forma de catro propostas para TFGs, que serán dirixidas por profesorado da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. O prazo de presentación de solicitudes iniciaráse despois da asignación de TFGs por parte do centro.
Recibiron o premio, na liña temática de Sustentabilidade, as docentes María José Servia, co proxecto “Etoloxía e Sociedade”, e Patricia Carballal Miñán, co traballo “Ecoliteratura circular: da universidade á escola”.
A cátedra CICAS co obxecto de potenciar o desenvolvemento de Traballos de Fin de Grao (TFG) no eido de actuación das TIC lanza unha convocatoria de axudas para a realización de TFG do Grao en Enxeñaría Informática (GEI) ou do Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos (GECD) da Facultade de Informática da UDC.
Os profesores Fernando Peña López e Natalia Alvarez Lata da Facultade de Dereito da UDC e membros do grupo de investigación Empresa, Consumo e Dereito (ECD) dirixen proxectos de asesoramento xurídico, cunha duración de 12 meses cun investimento de 95.000 euros. Fernando Peña López dirixe un proxecto de asesoramento e asistencias técnicas en asuntos relativos a contratación nacional e internacional, dereito inmobiliario e da construción, conflitos en mercados financeiros e de seguros, relacións de alta; e Natalia Alvarez Lata un proxecto de Asesoramento en Dereito Civil.
A xornada terá lugar no Campus de Ferrol o próximo 28 de novembro. A inscrición, gratuíta, poderá facerse a través da páxina web da cátedra.
María José Servia García e Marta Vila Taboada, profesoras da área de Bioloxía da Facultade de Ciencias, participan nun proxecto para a asistencia técnica e asesoramento para o censo de polinizadores en viñedos e áreas de cultivo.
A grupo de investigación AQUATERRA colabora no desenvolvemento de proxectos no ámbito de I+D+i. O investigador Javier Samper Calvete da Escola de Camiños lidera un proxecto en materia de hidroloxía. Os traballos, que comezaron en outubro de 2023, inclúen a realización da actualización dos modelos 2D de fluxo e transporte de HCH a través de grávalas do aluvial do Rio Gállego e cálculo dos fluxos másicos de descarga dos sedimentos de colmatación cara ao Encoro de Sabiñanigo. O proxecto ten unha duración de 12 meses y cuenta con un presupuesto de 14.000 euros.
O profesor Felix Puime Guillen de Economía e Empresa da UDC recibe encargos de proxectos de proxectos de consultoría financeira. Os traballos liderados durante o último ano inclúen a elaboración de informes periciais de valoración, estudos económicos e asesoramento a empresas na súa estratexia financeira e supoñen un investimento de 23.000 euros.
O profesor da Facultade de Ciencias da educación da Universidade da Coruña José María Mesías lidera un proxecto de investigación artística e con fins de educación ao redor da Exposición e a figura e traxectoria do fotógrafo Helmut Newton. A exposición, que está impulsada pola Fundación Marta Ortega (MOP) poderá visitarse entre o 18 de novembro de 2023 e o 1 de maio de 2024 no peirao de Batería da Coruña
Os profesores Ángel Santiago Fernández Castro e Alejandro Manuel Fernández Castro, do Grupo de investigación en Regulación, Economía e Finanzas (GREFIN) tomaron parte recentemente nun proxecto para a actualización da avaliación da viabilidade económico-financeira dun proxecto de creación dun establecemento hostaleiro que se situará na Ribeira Sacra.
A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo celebrou o pasado venres 3 de novembro, en conmemoración do Día Internacional das Reservas da Biosfera, unha xornada de difusión sobre os proxectos ambientais levados a cabo durante os 10 anos como reserva, entre eles o de Cooperación Leader 'Conectando Biodiversidade'.
O alumnado de Enxeñaría Medioambitental da EPEF (Graos en Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais) visitou a semana pasada a planta de tratamento de residuos industriais de Sogarisa (As Somozas). A visita foi promovida pola Cátedra Epifanio Campo.
A investigadora María Josefa Formoso Barro, do grupo de Filosofía e Metodoloxía das Ciencias do Artificial (FMCCA) colabora co Clúster Audiovisual Galego nun proxecto sobre incubación de proxectos audiovisuais. O proxecto está a desenvolverse entre os meses de xullo e novembro de 2023.
Os profesores Fernando Agrasar Quiroga e Antonio Santiago Río Vázquez do Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Universidade da Coruña colaboran coa Autoridade Portuaria da Coruña na realización dun estudo documental do patrimonio arquitectónico do Porto da Coruña.
O grupo de investigación do Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL) adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da UDC, lidera proxectos de investigación baseados na aplicación da tecnoloxía láser. Os traballos teñen por obxecto asesorar ás empresas no tratamento e análise de materiais con láseres pulsados e aplicacións industriais de láseres de potencia, realizando cursos de formación e desenvolvendo actividades de divulgación para promover o coñecemento científico na sociedade. Os traballos desenvolvidos durante o ano 2023, dirixidos polo coordinador do grupo de investigación LAIL, Armando Yañez Casal e os investigadores Ana Jesús López Díaz e Alberto Ramil Rego, supoñen un investimento que ascende a 25.000 euros.
A Universidade Senior da UDC acolleu o venres 27 de outubro de 2023 nas instalacións da Universidade Senior da UDC (Paseo de Ronda 47 1º, A Coruña). a conferencia “Dieta Atlántica: Saúde, Sustentabilidade e Cultura”, impartida pola Coordinadora do Estudo Galiat-Galicia, Alimentación Atlántica, a Dra. Mar Calvo Malvar, na que asistiron un centenar de persoas interesadas en coñecer algo máis sobre #alimentacion saudable, organizada pola Cátedra Vegalsa Eroski en colaboración coa Universidade Sénior da Coruña no marco das actividades de Outubro Saudable 2023.
O tribunal destaca a calidade dos traballos presentados, nos que participaron preto de 40 investigadores da Universidade da Coruña con interesantes propostas sobre intelixencia artificial, enxeñaría química, física ou bioloxía costeira. O primeiro premio foi para o traballo desenvolvido polo equipo de investigación CGM e liderado polo doutor Ignacio Pérez, que plantexa a obtención de materias primas para a pavimentación de estradas e outras infraestruturas a partir de diversos residuos industriais e o segundo premio foi para o equipo BIOENGIN, co proxecto dirixido pola profesora Mª Carmen Veiga, consistente no emprego de bacterias para producir plásticos biodegradables a partir de diferentes tipos de residuos como o soro de leite, o bagazo de cervexa, lodos de depuradora ou algas, dotado dun total de 10.000 euros.
As profesoras Carmen Costa Sánchez e Iria Veiga Ramos impartirán o Seminario "Saúde, (des)información e redes sociais", organizado pola Universidade Sénior en colaboración coa Cátedra Vegalsa Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa.
O alcalde de Xenebra, Alfonso Gómez, impartiu este venres 27 de outubro a charla inaugural do ciclo de conferencias sobre Economía e Internacionalización da Cátedra Luis Fernández Somoza. A sesión levou por título“La gestión de una gran ciudad europea: una visión social y ambiental” e tivo lugar na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.
O grupo de investigación Performance and Health Group da UDC está desenvolvendo un proxecto para a creación dun curso de formación específica en programas de actividade e exercicio físico saudables para o colectivo de educadores físicos e deportivos, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, coa finalidade de ampliar a oferta formativa de cursos propios da UDC. No proxecto, liderado polo investigador e director da Cátedra SXD Galicia Activa, Eliseo Iglesias Soler, participan os investigadores Manuel Giráldez García, Xurxo Dopico Calvo, María Rúa Alonso, Juan Fariñas Rodríguez, Jessica Rial Vázquez e Ivan Nine, da UDC; Javier Rico Díaz, da USC e Roberto Barcala Furelos, da UVigo.
O arquitecto e membro do grupo de investigación en Histora da Arquitectura da Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) da UDC, Antonio Rio Vázquez, elixido polo Concello da Coruña como Comisario da Exposición "Antonio Tenreiro Brochon. Obra Arquitectónica e Pictórica Reunidas". A exposición, que formou parte do abano das diversas mostras gráficas para a celebración da Semana da Arquitectura 2023, celebrada do 29 de setembro ao 8 de outubro e que conmemora o medio século de vida da ETSAC da UDC, rende tributo ao arquitecto e pintor coruñés co motivo do centenario do seu nacemento, viaxa pola vida e obra de Tenreiro Brochón, que vislumbrou a construción como unha vía para interconectar a arquitectura, a pintura e a escultura. O seu traballo é recoñecido case que de forma popular polo deseño da fonte das Paxariñas, no barrio de Elviña, mais o seu selo tamén pervive a día de hoxe en numerosos locais comerciais da cidade da Coruña, así como nos murais da Casa Enrique, da rúa Compostela.
A directora da Cátedra pola UDC, Virginia Mato, participou o pasado 24 de outubro de 2023 no programa de radio número 321 de "A fume de Carozo" de Cuac FM sobre Orientación Académica e Profesional sobre Enxeñería Informática e Graos afíns. O programa, que leva emitíndose semanalmente desde o 5 de maio de 2009, está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
O grupo de investigación Aquaterra (Xestión Sostible dos Recursos Hídricos e do Solo) está a realizar unha monitorización dunha serie de xacementos arqueolóxicos costeiros de Galicia afectados polo cambio climático, coa finalidade de levar a cabo un control da erosión litoral que afecta negativamente as súas estruturas arqueolóxicas. O traballo foi encargado polo Servizo de Arqueoloxía da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.
A Cidade das TIC, a antiga fábrica de armas, prepárase para acoller un estudio de grandes dimensións de realidade virtual, pero xa está a funcionar como set grazas a serie de Amazon Prime Operación Marea Negra, da que se estreou este luns a segunda tempada na TVG. O estudio está a construírse desde hai semanas con fondos da Deputación da Coruña e axudas europeas e aspira a converterse nunha instalación de referencia na industria audiovisual nacional. Pero a Universidade da Coruña (UDC), promotora da Cidade das TIC xunto ao Clúster TIC de Galicia, e o Clúster Audiovisual Gallego promoven tamén a creación doutros dous estudios tradicionais para a gravación e produción de series para televisión nas mesmas instalacións do futuro parque tecnolóxico situado na antiga fábrica de armas.
Alfonso Gómez, alcalde de Xenebra (Suíza), impartirá unha conferencia enmarcada no ciclo de conferencias sobre Economía e Internacionalización da Cátedra Luis Fernández Somoza. A charla leva por título “A xestión dunha gran cidade europea: unha visión social e ambiental” e terá lugar o 27 de outubro a partir da 13:00 h no salón de actos da Facultade de Economía e Empresa da UDC.
A Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña acollerá o 19 e 20 de outubro de 2023 as VII Xornadas de Orientación Profesional en Ciencias Sociais. As xornadas desenvolveranse no Salón de Graos da Facultade.
A Universidade Senior da UDC en colaboración coa Cátedra Vegalsa Eroski organizan a actividade "Almorzo Saudable" que terá lugar o venres, 27 de outubro de 2023, no marco do programa de actividades do Outubro Saudable 2023 na Universidade Sénior da Coruña.
A investigadora Luz Paz Agras, do Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica y Patrimonio (GICAP), lidera o proxecto “Arquitectura e oficios en Galicia. Unha ollada contemporánea”, a través do cal se elaborará un informe técnico sobre o estado actual dos oficios na arquitectura galega.
O Museo Centro Gaiás da Cidade de Cultura de Galicia en Santiago de Compostela acolleu o 6 de outubro de 2023 a cuarta entrega da edición do Premio de Rehabilitación da Xunta de Galicia, onde once proxectos destacaron sobre o resto de participantes. Entre eles destacan varios proxectos nos que participaron profesores da Universidade da Coruña: un proxecto do Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio (GICAP), realizado por Fernando Agrasar Quiroga (UDC), Luz Paz Agras (UDC) e Marta Marcos Maroño, confeccionaron a rehabilitación do Pazo de Lóngora, no concello de Oleiros, A Coruña; un proxecto realizado polos arquitectos Juan José Creus Andrade (UDC) e Covadonga Carrasco López, realizaron unha rehabilitación dunha das casas máis antigas do Centro histórico de Corcubión e un proxecto realizado por Óscar Fortes Dopico (UDC) e Iago Fernández, idearon a rehabilitación do estaleiro tradicional Ciprián para convertelo nun espazo museístico da carpintería no Concello de Outes.
Un equipo de investigadores da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) participan nun proxecto coa empresa GSR Tech Control para o asesoramento e realización de ensaios para a avaliación do tempo de indución oxidativa de mostras de xeosintéticos de polietileno de alta densidade (PEAD), de acordo coas normas ASTM D 5885 e UNE EN ISO 11357-6. O equipo está formado por Jorge José López Beceiro (director), Ana María Díaz Díaz e Ramón Pedro Artiaga Díaz, membros do grupo de investigación PROTERM.
O Grupo de Arquitectura de Computadores (GAC) da UDC colabora co Grupo Economía Agroalimentaria e Ambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC) da USC no proxecto “Asistencia técnica para a organización de bases de datos de información relacionada con políticas de desenvolvemento rural”.
Co obxectivo de potenciar as relacións docentes-internacionais no ámbito da internacionalización a Cátedra Luis Fernández Somoza convoca axudas de mobilidade para profesorado para impartir docencia en universidades estranxeiras durante o curso académico 2023-2024, co fin de potenciar a colaboración entre a Facultade de Economía e Empresa da UDC e universidades estranxeiras.
A Cátedra NTT Data en Diversidade e Tecnoloxía colaborou nas “II Xornadas Intelixencia Artificial. Nesgos de Xénero e Oportunidades para a Igualdade”, celebradas na Facultade de Dereito os días 4 e 5 de outubro e organizadas polas profesoras Laura Morán Fernández, da Facultade de Informática, e Mª Teresa Piñeiro Otero, da Facultade de Ciencias da Comunicación, como parte das actividades do proxecto “Dereito de Marcas e Intelixencia Artificial” (MARIA), financiado pola Axencia Estatal de Investigación.
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) ven de premiar un total de nove investigacións no ámbito das TIC dentro da VI Edición do XoveTIC, que tivo lugar os pasados 5 e 6 de outubro. Ao remate do evento, no transcurso do cal se presentaron 55 traballos -entre comunicacións orais e pósteres-, outorgáronse os galardóns en diversas categorías para recoñecer a destacados profesionais e investigadores nos eidos da IA, a ciberseguridade, a enxeñaría de datos, a computación de altas prestacións ou a big data. Preme aquí para obter máis información dos gañadores.
A Cátedra Aldaba-WIB entregou un dos premios do VI Congreso XoveTIC, celebrado o 5 e 6 de outubro no CITIC, que reuniu na cidade a investigadores de Galicia e Portugal. O evento busca dar visibilidade ao talento das novas xeracións de investigadoras e investigadores da área das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
A Cátedra NTT Data colaborou no VI Congreso XoveTIC, celebrado no CITIC e a Facultade de Informática da UDC os días 5 e 6 de outubro, financiando un dos premios aos traballos mellor valorados polo comité científico, presentados por novos investigadores do ámbito das TIC.
Baixo o lema Compartir experiencias e coñecementos, chega a Carballo por primeira vez (en Zas e outros puntos leva cinco anos) a Universidade Sénior, un programa de «democratización do coñecemento» para maiores de 50 anos, aos que non se lles pide ningún requisito máis que a idade e o interese por saber.
Javier Cudeiro Mazaira, director da cátedra HM-UDC, catedrático de Fisioloxía da UDC e director do Centro de Estimulación Cerebral de Galicia, é o comisario da exposición temporal “Os labirintos do cerebro” que acolle o MUNCYT da Coruña, e coordinador do ciclo de conferencias que se celebran como complemento á exposición. A exposición poderá visitarse ata o 30/06/2024 durante o horario de apertura ao público.
O VI Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC da Universidade da Coruña, celebrarase os días 5 e 6 de outubro de 2023 no CITIC e na Facultade de Informática da UDC. O evento ten a finalidade de dar visibilidade ao talento das novas xeracións de investigadoras e investigadores da área das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
Nesta sexta edición do Congreso XoveTIC a Cátedra NTT DATA entregará un dos premios a aqueles traballos mellor valorados por parte do Comité Científico, atendendo á súa calidade, excelencia e orixinalidade. A entrega de premios terá lugar durante o congreso XoveTIC, que se celebrará os días 5 e 6 de outubro de 2023 no CITIC e na Facultade de Informática da UDC.
Completáronse os primeiros traballos promovidos pola Cátedra NTT DATA en Diversidade e Tecnoloxía, dentro do programa “TFGs solidarios”.
Arrinca o terceiro curso da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa e faino coa convocatoria da súa segunda edición do premio ao mellor Traballo Fin de Máster en base a criterios ASG (ambientais, sociais e de gobernanza) e propósito corporativo. Poderán optar a el todas aquelas persoas tituladas que defendesen o seu Traballo Fin de Máster en calquera das universidades galegas durante os anos 2022-2023 cunha cualificación de sobresaliente. Outorgaranse dous premios, un dotado con 1.500 euros para a persoa autora do Traballo Fin de Máster que resulte gañador, e un segundo premio, dotado con 500 euros.
Os premios “Galicia Renovable”, que buscan visibilizar proxectos que contribúan ao proceso de descarbonización en Galicia, recaeron nesta I edición en tres estudantes da UDC.
A Cátedra Greenalia-UDC para a Transición Enerxética entregará este mércores 27 de setembro os premios “Galicia Renovable”, nun acto que terá lugar ás 11 horas na Reitoria da Universidade da Coruña. Os premios buscan visibilizar proxectos que contribúan ao proceso de descarbonización en Galicia, recoñecendo traballos realizados por estudantes de Grao e de Máster do Sistema Universitario de Galicia.
A Cátedra R en Ciberseguridade, dirixida na UDC polo investigador do CITIC Carlos Dafonte, convoca os V Premios aos Mellores Traballos Académicos e de Investigación en Ciberseguridade Dixital. O obxectivo principal destes premios é “a promoción e difusión da actividade docente e investigadora no ámbito da ciberseguridade”.
A Cátedra HM-UDC colaborou no evento de presentación do libro “Camino da inclusión”, realizado por ANHIDACORUÑA (Asociación de Nenos con Déficit de Atención con/sen Hiperactividade). O acto tivo lugar o xoves 21 de setembro na Sede Afundación e contou coa participación de Marcelo Castelo Rivas, comunicador diverxente con TDAH, e Javier Cudeiro Mazaira, especialista en Neurofisioloxía e Catedrático de Fisioloxía da UDC.
A Cátedra de Traumatoloxía do Deporte da UDC lanza unh nova convocatoria de bolsas de formación para licenciados en medicina especializada en traumatoloxía do deporte. O obxectivo das becas é favorecer á formación de médicos con interese na Traumatoloxía do Deporte que non tivesen unha formación específica dentro do seu programa de estudos de Medicina nin nas diferentes especialidades médicas vía M.I.R.. O prazo de recepción de solicitudes permanecerá aberto ata o 15 de novembro de 2023.
Un equipo de investigadores do Laboratorio de Mecánica de Rocas da Universidade da Coruña (LaMeRoc), liderado polo profesor Jorge Delgado Martín, participa nun proxecto de Repsol en colaboración con LafargeHolcim, para investigar a integridade das vainas a base de cemento para aplicacións de almacenamento de CO2. LaMeRoc proporcionará o soporte técnico para desenvolver unha serie de tarefas experimentais enfocadas á investigación dos mecanismos de fallo da vaina de cemento baixo ataque de CO2 en condicións de fondo de pozo.
O profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol da UDC Urbano Lugrís Armesto dirixe proxectos relacionados cos ámbitos prioritarios do Deseño Industrial, os Materiais e Procesos Industriais, a Intelixencia Artificial, o Modelado e Simulación, as Tecnoloxías de Información e Comunicacións (TIC), así como calquera outra especialidade, afíns ao deseño e construción naval e os sistemas asociados. Os traballos, que comezaron en xullo, teñen unha duración de 18 meses e conta cun investimento de 49.000 euros.
A UDC asinou un acordo de colaboración co Concello de Xermade para a realización do proxecto para o impulso da rehabilitación das reitorais de Xermade e Roupar, que serán destinadas a usos socioculturais e asistenciais. A profesora Luz Paz Agras, do Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio (GICAP) da UDC é a directora técnica do proxecto.
A Universidade da Coruña (UDC), por medio da Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación e da Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente, fai pública a convocatoria dos III Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da Universidade da Coruña. Nesta ocasión, contamos tamén coa inestimable colaboración da Cátedra Hijos de Rivera-UDC de sostenibilidade. A dotación económica total destinada a este fin é de 3.000 € e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 29 de setembro de 2023.
O Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio (GICAP) da Universidade da Coruña está desenvolvendo a investigación “Sistemas artesanais en Galicia. Perspectivas de futuro”, encargada polo Consello Económico e Social de Galicia. A profesora Luz Paz Agras actúa como investigadora principal.
Co obxectivo de potenciar as relacións docentes-internacionais no ámbito da internacionalización, a Cátedra Luís Fernández Somoza convoca axudas para estudantado da Facultade de Economía e Empresa da UDC que participe en programas de mobilidade Erasmus ou internacional durante o curso académico 2023-2024, co fin de potenciar a colaboración entre a Facultade de Economía e Empresa da UDC e universidades estranxeiras.
O profesor Juan Jesús Raposo Arceo, da Facultade de Dereito da UDC traballa nun proxecto de asesoramento en ambito urbanistico e profesional, co obxectivo de levar a cabo un estudo en materia urbanística, lexislación e informes. Os traballos, que comezaron en maio de 2023, teñen prevista a súa finalización en decembro de 2026 e conta cun orzamento anual de 15.000 euros.
O investigador e membro do grupo de investigación Dereito Público Global, Francisco Javier Sanz Larruga, coordina os traballos para a realización dun informe sobre a relevancia da ordenación e xestión integrada do litoral como política autonómica de Galicia, levados a cabo entre xuño e xullo de 2023.
O investigador Jose Antonio Blanco Moa, membro do grupo de investigación Dereito Público Global, dirixe varios proxectos de asesoramento xurídico co obxectivo de favorecer a súa aplicación práctica polos concellos do territorio da Reserva de Biosfera Mariñas. Os traballos, levados a cabo por membros do grupo de investigación, iniciáronse en xuño e teñen prevista a súa finalización en novembro de 2023.
O grupo de investigación Dereito Público Global, liderado por Jaime Rodriguez-Arana Muñoz, participou ata xuño de 2023 no desenvolvemento dunha decena proxectos no ámbito xurídico, réxime xurídico do litoral e dereito ambiental. Os traballos foron realizados polos profesores/as Francisco Javier Sanz Larruga, Juan Jose Pernas García, Carlos Ignacio Aymerich Cano, María del Carmen Rodríguez Martín-Retortillo, Carlos Amoedo Souto e Jose Antonio Blanco Moa da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña e supoñen un investimento de 92.000 euros.
O grupo de investigación de Enxeñería da auga e Medio Ambiente (GEAMA), adscrito ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (Citeec), lidera proxectos de investigación no campo da hidrología. Os traballos iniciados no segundo trimestre do ano 2023 están dirixidos polos profesores Ricardo Juncosa Rivera e Jordi Delgado Martín da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canles e Portos e supoñen un investimento de 92.000 euros.
As profesoras Nuria Calvo Babío e Marta Rey García da Facultade de Economía e Empresa da UDC dirixen estudos ao redor da viabilidade e sustentabilidade económica cun investimento de 34.000 euros. Nuria Calvo dirixe un estudo estudo de viabilidade polígono industrial de Lamas por un período de 5 meses; e Marta Rey dirixe un estudo de caracterización de agrupacións industriais das organizacións de plena inclusión dirixido á acción estratéxica desde maio ata decembro de 2023, co obxectivo de propoñer liñas de acción estratéxica axustadas aos distintos perfís de membros identificados á entidade.
O profesor Juan Jesús Raposo Arceo, da Facultade de Dereito da UDC renova como director de proxectos para a Asociación Eólica de Galicia e de Vento Verde S.L.O encargo da Asociación Eólica de Galicia (EGA) ten por finalidade a asistencia xurídica en materia de ordenación do territorio, urbanismo, medio ambiente, montes e normativa sectorial de dereito público e a súa incidencia no sector eólica, e doutra banda, o encargo de Vento Verde S.L.céntrase na asistencia xurídica e urbanística para a instalación de fibra óptica en concellos de Galicia. Os traballos desenvolveranse durante 12 meses, desde outubro do 2022 a setembro de 2023.
Seaplace o Grupo Integrado de Enxeñaría –GII da UDC colaboran no asesoramento do proxecto Portwind sobre a implementación en FlexSim do proceso produtivo de eólica flotante en Porto. Os traballos, liderados polo investigador Diego Crespo Pereira, inclúen o desenvolvemento do modelo conceptual, o deseño parametrizado do modelo, e a programación do xemelgo dixital de procesos e actualización dos parámetros de rendemento dos diferentes elementos produtivos. Os traballos levaranse a cabo ao longo de 12 meses, ata abril de 2023, e conta cun orzamento de 85.000 euros.
O profesor Felix Puime Guillen de Economía e Empresa da UDC aborda traballos de asesoramento para a elaboración dun informe pericial de valoración. Os traballos teñen unha duración de 3 meses, ata xullo de 2023.
O programa de Avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco e desamparo é froito dun convenio entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña foi prorrogado para do ano 2023 ao 2026, o que dá a oportunidade aos menores que se atopan no contexto de Protección á Infancia para recibir atención terapéutica personalizada.
GALCORE e a UDC colaboran no desenvolvemento de proxectos no ámbito de I+D+i. O profesor Ramón Arriaga Díaz da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) liderou un proxecto sobre asesoramento e colaboración no desenvolvemento e mellora tecnolóxica e realización de ensaios de autocontrol no primeiro cuadrimestre do ano 2023.
AENOR e a UDC colaboran no desenvolvemento de proxectos no ámbito de I+D+i. Os profesores/as Javier Pereira Loureio da Facultade de Ciencias da Saúde, Juan Rabuñal Dopico da Facultade de Informática (FIC), Alicia Munin Doce e Vicente Diaz Casas da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e Blanca Laffon Lage da Facultade de Ciencias da Educación participan en 15 proxectos durante o primeiro semestre do ano 2023.
A Axencia Galega da Industria Forestal adxudica ao profesor de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña, Juan José Pernas, un proxecto para o asesoramento para a elaboración dunha guía técnica de referencia sobre a compra pública sostible no sector da madeira, dirixida á administración local. Tratase dunha proposta de circular dirixida ao sector público galego para favorecer o uso da madeira nos contratos de obra e a elaboración dun informe xurídico sobre a súa adecuación á Lei 9/2017 de contratos do sector público, por un importe de 8.800 euros.
O encargado do proxecto para a realización do curso de formación sobre Creación de Plans de Xestión de Crise, dirixido ás Administracións de Turismo de Belize, Guatemala e Honduras é o investigador Jakson Renner Rodrigues Soares, coordinador do grupo de investigación en Experiencia Turística da Universidade da Coruña. O equipo docente, formado polo Dr. Jakson Renner, o Dr. Ángel Rodríguez Pallas, a Dra. María Sánchez e o Dr. Javier Fernández, levará a cabo as diversas actuacións para a organización e realización do curso. O proxecto ten unha duración de 8 meses, ata o 31 de decembro de 2023, e conta cun un orzamento de 8.200 euros.
O investigador Fernando González Laxe, director do Instituto Universitario de Estudios Marítimos, leva a cabo un proxecto de análise dos cambios post-Covid do consumo de pescado. Para o desenvolvemento do traballo analizarase a estrutura e determinantes de consumo en tres momentos de tempo: pre-pandemia, pandemia e post-pandemia. O proxecto ten unha duración de 6 meses, ata outubro de 2023, e conta cun orzamento de 15.000 euros.
Como resultado da colaboración da Fundación Universidade da Coruña coa Revista Pocomaco, lanzamos un novo artigo baixo o título "La Cidade das TIC refuerza la posición de A Coruña como referente de innovacion digital al servicio de la sociedad". Artigo dispoñible aquí.
A investigadora do Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio da UDC Luz Paz Agras, colabora nun proxecto de rehabilitación dunha vivenda en Vilalba (Lugo), como encargada da dirección de obra. Os traballos, que comezaron no principio do ano 2023, teñen unha duración de 12 meses. O orzamento ascende a 3.600 euros.
Juan José Pernas, profesor de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña e membro activo do Grupo de Investigación "Derecho Público Global" recibe un encargo dunha entidade municipal para a formación e asesoramento xurídico nas actuacións financiadas con fondos Next Generation. Encargarase de impartir docencia e asesorar sobre a aplicación concreta do DNSH nos procediemientos de preparación contractual na execución dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, por un período de 10 meses. Conta cun orzamento que ascende a 18.000 euros.
O investigador Armando Yañez Casal, coordinador do grupo de investigación Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL) será o encargado dirixir o proxecto para a realización dun curso de formación sobre “LASER CLADDING DE MATERIALES CERAMICOS DE MATRIZ METALICA”. O curso ten unha duración de 15 horas, distribuído en tres xornadas e impartirase por profesores do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais(CITENI) da Universidade da Coruña.
O investigador Fernando Martínez Abella, membro do Grupo de Investigación de Construcción (GCONS) adscrito ao Centro de Innovación CITEEC, será o encargado de dirixir o proxecto sobre o estudo do comportamento de anclaxe en hormigón. Os traballos, que serán levados a cabo por investigadores do grupo GCONS, incluen: a asistencia técnica, fabricación de especímenes do ensaio, ensaios e elaboración dun informe. O proxecto ten unha duración de 6 meses e conta cun orzamento de 8.500 euros.
As profesoras Iria Caamaño Franco e Antonia Perez García da Facultade de Turismo da Universidade da Coruña, reciben encargos para levar a cabo un estudo demoscópico sobre a demanda turística no Camiño Inglés. Os traballos, que comezaron en xuño, inclúen a análise do perfil, motivacións e grao de satisfacción dos turistas e peregrinos Sigüeiro e Santiago de Compostela do Camiño Inglés no ano 2023. O proxecto ten unha duración de 6 meses e conta cun orzamento que ascende a 12.000 euros.
O coordinador do grupo de investigación Ciencia e Técnica Cibernética (CTC) da Universidade da Coruña, José Luis Calvo Rolle lidera un proxecto para a Medición de parámetros radiactivos en mostras da contorna das centrais nucleares de Trillo y Zorita. Os traballos, que deron comezo en abril de 2023, serán desenvolvidos por un investigadores da Universidade da Coruña e incluen a monitorización e medición da radiación en centros de traballo. O proxecto ten unha duración de 24 meses.
O Dr. Javier Muñiz, coordinador do Grupo de investigación cardiovascular GRINCAR da Universidade da Coruña lidera un proxecto de investigación sobre as diferenzas no manexo temperá e posterior a alta despois dun infarto de miocardio. Os traballos inclúen o asesoramento no deseño, plan de análise e xestión e análise de datos do estudo por un período de 24 meses, ata marzo do 2025.
O profesor Carlos Aymerich da Facultade de Dereito e membro activo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da UDC, cun importe 7.800 euros recibe dous encargos para o asesoramento e asistencia técnica no ámbito xurídico-administrativo no primeiro semestre do ano 2023, un deles cunha duración de 6 meses, ata setembro de 2023 e outro de 12 meses de duración, ata xullo de 2024.
Membros dos grupos de investigación Reactividade Química e Fotorreactividad React! eCiencia e Técnica Cibernética (CTC) da Universidade da Coruña traballan nun proxecto sobre sobre "Asesoramento en procura de sensores indirectos para a xeración de alertas temperás sobre contaminación e aparición de anomalías en EDAR". Os encargados do desenvolvemento do proxecto son Moisés Canle López, especializado en Química física e Jose Luís Calvo Rolle, especializado en Enxeñaría de Sistemas e Automática. O proxecto ten unha duración de 27 meses e conta cun orzamento que ascende a 54.000 euros.
O investigador Ramón Arriaga Díaz, coordinador do grupo de investigación Propiedades térmicas e reológicas de materiais (PROTERM) da UDC, adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) dirixe os traballos dun ensaio con materiais xeosistéticos.
"La creación de las universidades de A Coruña y Vigo fueron un paso decisivo para el progreso de Galicia"
Antes de rematar o presente curso académico el presente curso académico 2022-2023, o profesor Fernando González-Laxe, catedrático de Economía Aplicada na Facultade de Economía e Empresa da UDC, impartiu o 10 de maio a súa última clase baixo o título "De la economía a la resiliencia y la atractividad regional" tras 45 años de docencia e de servizo público prestado desde as aulas e desde os numerosos cargos exercidos na súa faceta política. Nesta entrevista anima á comunidade universitaria e especialmente ao alumnado a “pensar por sí mismos y de manera permanente” e a apostar con decisión polo desenvolvemento da creatividade, e o fomento do talento e a tolerancia. Da un consello á clase política: “a los puestos públicos hay que ir estudiado, y no a estudiar”.
A Fundación Universidade da Coruña oferta dous postos de traballo de encargados/as para o servizo de limpeza da área de operacións. O prazo de presentación de solicitudes comeza o 27 de xullo ata o 10 de agosto de 2023. As persoas interesadas en presentarse poderán facelo no seguinte enlace (pica aquí).
A sala de prensa da Universidade da Coruña, na Reitoría, acolleu o 26 de xullo ás 10:00h o acto de entrega dos III Premios da Cátedra Emalcsa - UDC aos mellores Traballos de Fin de Máster defendidos polo alumnado da UDC no curso 2021-2022, relacionados coa xestión sustentable da auga urbana. O acto foi presentado polo vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, contou coa asistencia da alcaldesa da Coruña e presidenta de Emalcsa, Inés Rey, o director Xeral de Emalcsa, Jaime Castiñeira de la Torre; e o director da Cátedra Emalcsa-UDC, o profesor Moisés Canle.
O acto contou coa presenza do alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo; o director xeral de Rodonita Medio Ambiente, Antonio Roncero e a directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo. O obxectivo fundamental desta formación é introducir ao alumno nos coñecementos e competencias básicas necesarias no ámbito da xestión de residuos industriais. O claustro de profesores estivo composto por profesionais altamente cualificados, cunha longa traxectoria nos distintos aspectos da materia.
Roberto Bao, Rafael Carballeira e Moisés Canle, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA), e Jordi Delgado e José Luis Cereijo, do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC), participan no traballo liderado por Verónica Nava e Barbara Leoni, da Universidade de Milán-Bicocca, un estudo internacional "Plastic debris in lakes and reservoris", que se acaba de publicar na revista Nature, e ocupa a súa portada.
Os profesores da Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña e membros do grupo de investigación interpretación psicosocial e rehabilitación funcional, Ramón Fernández Cervantes y Antonio Souto Gestal participan nun proxecto co obxectivo de mellorar a coordinación asistencial, docente e investigadora de fisioterapia. O proxecto, liderado por Ramón Fernández Cervantes, ten unha duración de dous anos e conta un investimento aproximado de 12.100 euros. Os traballos incluen a coordinación dos recursos metodolóxicos, técnicos e humanos destinados á prestación da atención asistencial; a avaliación, diagnóstico e prescrición de procedementos fisioterapéuticos de asesoramento en proxectos do ámbito sociosanitario e colaboración en actividades de formación.
O pasado venres, 30 de xuño, finalizou a primeira edición do ALDABA-TIC CAMP celebrado de forma simultánea nas instalacións da Facultade de Informática da Universidade da Coruña no campus de Elviña e na Escola de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo no campus de Ourense.
Laura Castro Santos, investigadora da UDC e profesora da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) da UDC, é experta en enerxías renovables mariñas. Compartiu na entrevista de La Voz de Galicia, o 2 de xullo de 2023, o seu coñecemento no ámbito das enerxía renovables mariñas e a súa importancia nos próximos anos na economía galega, especialmente no ámbito de Ferrolterra. Na entrevista destacou que "Actualmente as empresas da zona demandan moitos perfís profesionais con este tipo de coñecementos, e soamente estamos exportando plataformas. Nos próximos anos, cando os parques se comecen a instalar nas nosas costas, esas necesidades multiplicaranse".
Autor da imaxe José Pardo (La Voz de Galicia)
O alumnado dos másteres impartidos na Facultade de Economía e Empresa da UDC recibiron o pasado venres 30 de xuño os diplomas acreditativos da finalización dos seus estudos, nun acto presidido pola decana Carmen Lema.
O vindeiro mercores 12 de xullo celebrarase na Facultade de Ciencias da Universidade a xornada "Humidais construídos para a depuración de augas residuais", organizada por Humigal-Sedaqua (spin-off da UDC) e o grupo de investigación EnAmb-React! en colaboración da Cátedra Emalcsa-UDC.. Se estás interesado en asistir podes inscribirte neste enlace ata o 9 de xullo de 2023.
O 30 de xuño de 2023 celebrouse na ETS Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos da Universidade da Coruña a gradación da V Promoción de Espazo Compartido 2021-2023.
A Sala de Prensa da Reitoría da Universidade da Coruña acolleu esta mañá a presentación do segundo volume do Anuario de Estudos Marítimos, do Instituto Universitario de Estudos Marítimos. Á presentación asistiu o reitor, Julio Abalde, xunto cos profesores da UDC Fernando González Laxe e María José Rodríguez Docampo, codirectores da publicación e que ostentan os cargos de director e secretaria do Instituto. O volume aporta así unha visión actual, en tanto ao uso de novas tecnoloxías, políticas medioambientais, sustentabilidade e impacto económico nos últimos anos. Consulta aquí a noticia completa
Preto de 70 nenos e nenas de entre seis e 16 anos participan ao longo desta semana no Campamento Tecnolóxico de Verán que promove o Campus Industrial de Ferrol. Coa axuda e baixo a supervisión do alumnado e profesorado da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) a cativada tratará de resolver do xeito máis rápido e divertido posible diversos desafíos tecnolóxicos vinculados coa robótica, coa impresión 3D, coa programación e o mundo dos videoxogos, coa construción naval, coa electricidade ou mesmo coa mecánica.
Este luns arrancou simultaneamente na Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense e na Facultade de Informática do campus da Coruña o campamento de verán Aldaba-TIC Camp, destinado a fomentar as vocacións STEM e contribuír á igualdade de xénero neste eido. En cada una das cidades participa nesta iniciativa 36 nenas e nenos de 6 a 12 anos, o 80% mulleres.
A directora da Cátedra pola UDC, Virginia Mato, participou o pasado 21 de xuño no acto de clausura do programa Inspira STEAM Coruña 2023 celebrado no CITIC. O programa educativo Inspira STEAM, promovido pola Universidade de Deusto e coordinado na Coruña pola investigadora Verónica Bolón, ten como obxectivo fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre os estudantes, especialmente entre as nenas.
A Cátedra Epifanio Campo convoca os II Premios de Investigación Epifanio Campo, inspirados na figura do empresario e seguindo o seu legado de responsabilidade ambiental e compromiso coa economía circular. A finalidade dos Premios é a de impulsar e premiar a investigación relacionada coa xestión e valorización dos residuos xerados pola actividade industrial, como parte dunha economía circular que axude á protección do medio ambiente.
O VI Encontro Intercongresual do Comité de Investigación de Socioloxía do Traballo da Federación Española de Socioloxía (FES) celebrarase os días 29 e 30 de xuño de 2023 na Universidade da Coruña, na Facultade de Socioloxía. Este encontro é un espazo de aprendizaxe e intercambio onde teñen cabida tanto os resultados de investigacións xa concluídas como aqueles traballos que se atopan “en proceso” de elaboración. O prazo de inscrición e matrícula está aberto ata o 15 de xuño de 2023 a través da seguinte ligazón.
A Cátedra CICAS prácese en anunciar a resolución das bolsas convocadas para a realización de Traballos Fin de Grao. Desde a dirección da Cátedra, trasládase o máis sincero agradecemento a todas as e os estudantes que amosaron o seu interese por esta convocatoria e presentaron a súa solicitude. A calidade, interese e relevancia das propostas recibidas foi moi alta.
A plataforma dixital para un consumo responsable, KAPURA, e un traballo sobre a transparencia en sustentabilidade en Galicia foron os dous gañadores desta primeira edición, na que participaron un total de 26 traballos das tres universidades públicas galegas. A entrega de premios tivo lugar esta mañá no Reitorado da UDC, coincidindo co Día Internacional do Medio Ambiente. Os traballos recoñecidos contan cunha dotación económica de 2.000 euros.
Volve a Feira de Emprego, a Cámara organiza a XIII Edición da Feira de Emprego que terá lugar o próximo 30 de maio de 2023 no Fórum Carballo. Un ano máis a FUAC participará como en anteriores edicións. Esperámosvos!!
A convocatoria está dirixida ao alumnado do Sistema Universitario Galego (SUG) que presenten o seu traballo de fin de Grao (TFG) ou traballo de fin de mestrado (TFM) durante o actual curso académico 22/23 ou os dous anos anteriores. O prazo de candidaturas está aberto ata o próximo 31 de xullo. As persoas interesadas poderán presentar os seus traballos a través da web da cátedra.
A Universidade da Coruña abriu ata o 15 de xuño o prazo de inscrición ao Campus de Verán Gallaecia, unha iniciativa que se celebra por primeira vez este ano e que está financiada pola Fundación ONCE. A actividade, de carácter gratuíto, está impulsada desde o programa Espazo Compartido que dirixe a profesora Thais Pousada, da Facultade de Ciencias da Saúde. O obxectivo deste Campus é crear un espazo de convivencia e participación para a formación e o lecer das persoas con discapacidade intelectual, e contribuír, á vez, ao seu desenvolvemento persoal, profesional e social das persoas participantes.
O campamento Aldaba-TIC Camp, destinado a nenas e nenos entre os 6 e os 12 anos, desenvolverase nos campus de Ourense e A Coruña na última semana de xuño (do 26 a 30) en horario de 9 a 14 horas, con servizos opcionais de comedor. Será impartido por monitoras y monitores de PlayCodeAcademy e contará coa participación das investigadoras Patricia Concheiro e Carmen Miranda (UDC) e Lorena Otero e María Encarnación González (UVigo).
A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso social, Comunicación e Reputación corporativa anunciou o gañador da primeira edición do "Premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo Fin de Mestrado (TFM)”, que recaeu no proxecto KAPURA da Universidade da Coruña, de Daniel Alejandro Castrillón Cano, Alejandra Ceballos, Francisca Pacheco e Sara Silvar). O segundo premio foi outorgado ao traballo “Rendición de contas e transparencia en materia de sustentabilidade en Galicia. Tendencias e perspectivas. Ano 2022” da Universidade de Vigo, de Anahi Iglesias Gualati.
O subdirector do Laboratorio de Innovación e Novas Narrativas de RTVE falará sobre o labor levado a cabo por esta entidade e o papel que xoga na investigación e desenvolvemento de novos formatos en materia de comunicación. Terá lugar o próximo 8 de maio ás 11:00h no salón de actos da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. Os interesados poden inscribirse de forma gratuíta ata completar aforo no sitio web: https://www.fundacion.udc.es/vegalsa-eroski/. A iniciativa enmárcase no programa da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa, creada para contribuír ao benestar da nosa sociedade a través de accións educativas, divulgativas e de investigación
O eurodeputado e ex ministro de Exteriores subliñou a importancia da promoción exterior nun mundo máis globalizado, e con máis razón nunha unión económica e monetaria na que compiten as empresas pero tamén os sistemas.
O eurodiputado e ex ministro de Exteriores José Manuel García-Margallo impartiu o 28 de abril de 2023 na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, unha conferencia baixo o título "La política exterior y su contribución al desarrollo económico de España". Xa está disponñble a conferencia completa.
A Cátedra Greenalia UDC para a Transición Enerxética organiza un foro sobre os retos da transición enerxética e os novos perfís académicos que serán necesarios para abordar os cambios que se producirán nos próximos anos dentro do sector enerxético. O foro, aberto, especialmente para o alumnado universitario, terá lugar o vindeiro luns 8 de maio a partir das 11 horas no Salón de Actos do Campus Industrial UDC de Esteiro (Ferrol).
A Fundación Deporte Galego e a Universidade da Coruña renovan o convenio de colaboración que regula a Cátedra SXD Galicia Activa, o que permitirá seguir potenciando o intercambio de coñecemento e experiencias no ámbito docente, investigador e cultural.
Este 6 de Maio terá lugar o Women Techmakers Galicia 2023, unha iniciativa promovida por Google para dar visibilidade á muller no mundo da tecnoloxía, buscando xerar unha comunidade máis diversa e inclusiva. A Cátedra CICAS figura entre as entidades patrocinadoras deste evento que se celebra na Fundación Luis Seoane, na Coruña.
A Universidade da Coruña acollerá o vindeiro 8 de maio ás 11:00h a conferencia de Juan Manuel Cúellar baixo o título "Propuestas de innovación en Comunicación El LAB de RTVE", organizada pola Cátedra Vegalsa Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa en colaboración coa Cátedra RTVE-USC dentro do Ciclo COMversaCIÓNS.
A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sustentable leva catro anos traballando coa Fundación Galicia Sustentable no Concello da Laracha sobre modelos baseados nos principios da agricultura sintrópica para a rexeneración de solos. A súa investigación demostra que se pode recuperar a vida no solo e a produtividade agroalimentaria de plantacións intensivas de eucalipto en monocultivo a través de técnicas de agricultura rexenerativa.
A charla, de asistencia libre, terá lugar o venres 28 de abril ás 13:00 horas na Facultade de Economía e Empresa.
O salón de actos da Facultade de Economía Empresa da UDC acollerá o luns 24 de abril, ás 9:30 horas, a conferencia “Estrategia empresarial y Objetivos de Desarrollo Sostenible: del alineamiento a la certificación”, organizada pola Cátedra Hijos de Rivera-Universidade da Coruña de Desenvolvemento Sostible.
A Cátedra Interuniversitaria ALDABA-WIB (Women, ICT & Business), consciente de que a etapa de bacharelato é crucial para o desenvolvemento vocacional, está a impartir entre marzo e maio charlas en varios colexios de Ourense, A Coruña e arredores.
O plan de actividades da Cátedra Greenalia UDC para a Transición Enerxética arrinca este trimestre coa organización de diferentes iniciativas entre as que destaca a organización dun foro sobre enerxías renovables e os novos perfís formativos e a convocatoria dos premios “Galicia Renovable”, dirixidos a alumnado egresado de grao e máster das universidades do SUG.
A Cátedra NTT Data participou na Feira de Prácticas e de Emprego que organiza a Facultade de Informática da UDC, un evento destinado ao alumnado que o próximo curso académico realizarán prácticas curriculares en empresas como vía para iniciar o seu camiño profesional nun mercado altamente dinámico e demandante de perfís cualificados.
As cátedras ALDABA WIB, CICAS (Sngular-CoruNet) e NTT Data deron a coñecer o Premio ao mellor Traballo Fin de Grao do curso 2021-22, que recaeu en Pablo Mariño Boga polo seu TFG “Desarrollo de un dispositivo para la monitorización de marcadores de calidad ambiental”.
A Cátedra ALDABA-WIB colaborou un ano máis na Feira de Prácticas e de Emprego que organiza a Facultade de Informática da UDC, un evento destinado ao alumnado que o próximo curso académico realizarán prácticas curriculares en empresas.
A Cátedra Ghenova de Industria 4.0 finalizou a segunda edición do curso de Introdución ao Xemelgo Dixital con AMESIM, impartido por Pedro José Trueba Martínez, Enxeñeiro Informático e Doutor pola Universidade da Coruña e Jaouad Ezzannouny Hakam, Enxeñeiro Naval e Oceánico pola Escola Politécnica Superior de Ferrol.
A Facultade de Informática da Universidade da Coruña, acollerá o mércores 19 de abril, a partir das 11:30 horas, a VIII edición do Premio ao Mellor Traballo de Fin de Grao (TFG) Aplicado do Grao en Enxeñaría Informática. O CITIC, xunto coa Fundación Universidade da Coruña, colaboran nestes premios, que contan ademais co patrocinio das cátedras institucionais, Aldaba WIB (Women, ICT & Business) , NTTData e SNGULAR.
A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible, no seu obxectivo de contribuir a fomentar unha actividade económica competitiva e sostible, con especial atención ao sector agrario galego, organiza o luns 24 de abril ás 9:30h no Salón de Actos da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, baixo o título: "Estrategia empresarial y Objetivos de Desarrollo Sostenible: del alineamiento a la certificación".
A cátedra CICAS co obxecto de potenciar o desenvolvemento de Traballos de Fin de Grao (TFG) no eido de actuación das TIC lanza unha convocatoria de axudas para a realización de TFG do Grado en Enxeñaría Informática (GEI) ou do Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos (GECD) da Facultade de Informática da UDC.
O grupo de investigación AQUATERRA desenvolve a cuarta fase do estudo de Hidroxeoloxía e modelos de balance hidrolóxico, e modelos de fluxo subterránero e transporte de contaminantes nos emprazamentos afectados por INQUINOSA, en Sabiñánigo (Huesca). O catedrático de Hidráulica e Hidroloxía da área de Enxeñaría do terreo, Francisco Javier Samper Calvete, será o responsable de dirixir os traballos levados a cabo polo equipo de investigación. Os traballos, iniciados no mes de xaneiro, incluen: a actualización dos modelos de fluxo e transporte realizados na fase anterior, cuantificación do fluxo dos contaminantes e a realización de modelos numéricos dos ensaios hidráulicos e de trazadores. O proxecto ten unha duración de 20 meses e conta cun financiamento de 35.000 euros.
O equipo de investigación composto por dous membros do Grupo de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións(Gtec) da UDC baixo a dirección do profesor Tiago Manuel Fernández Caramés, levan a cabo actuacións para varios proxectos de desenvolvemento e impartición de cursos sobre "Internet de las cosas (IoT)". Os traballos inclúen a organización e impartición de actividades de formación dirixidas a profesionais interesados de perfis diversos, como enxeñeiros/as ou persoal técnico en activo, graduados en enxeñaría ou titulados en formación profesional de grao superior, co obxectivo de mellorar os coñecementos en materia de IoT, en colaboración con Comunidad Campus e Tokio School. A data prevista de finalización dos cursos será en xuño de 2023.
Os investigadores do Laboratorio de Enxeñaria Mecánica (LIM) adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), Francisco Javier Gonzalez Varela e Manuel Jesús González Castro, lideran tres proxectos de I+D+i entre decembro de 2022 e maio de 2023. Dous dos proxectos están centrados na investigación das propiedades de motores eléctricos, e o terceiro no deseño e verificación de columnas e báculos de iluminación.
O profesor da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña e membro activo do grupo de investigación en regulacion, economía e finanzas (GREFIN), Fernando Ruiz Lamas, recibe en xaneiro de 2023 un encargo dunha entidade local para a realización de asesoramento en técnicas de valoracion de empresas. Os traballos, que se levaron a cabo ao longo dun mes, incluen tarefas documentación da información financeira, análise e aplicación práctica das metodoloxías de valoración de empresas.
O fisioterapeuta e doutor pola Universidade da Coruña, Antonio José Souto Gestal, dirixe un proxecto de investigación, cuxo obxectivo é mellorar o ámbito sociosanitario na especialidade de fisioterapia en procesos de dor complexa de orixe nociplástico. A duración do proxecto denominado "Asesoramiento en asistencia e investigación en fisioterapia" é de catro anos.
O profesor da Facultade de Informática da Universidade da Coruña e membro do grupo de investigación RNASA-IMEDIR, Julián Dorado de la Calle, lidera proxectos na área da intelixencia artificial e desenvolvemento de aplicacións software para o diagnóstico asistido en entornos médidos. Na actualidade participa en dous proxectos, cun orzamento estimado de 23.600 euros. Un dos traballos sobre a realización dun informe sobre indicadores dentro do proxecto de investigación TACTICS, e o outro sobre asesoramento na aplicación de técnicas de visualización de alta calidade para imaxe médica en dispositivos de alta resolución gráfica. Os traballos teñen unha duración de seis meses.
O grupo de investigación de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA), adscrito ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (Citeec), lidera proxectos de investigación no campo da hidroloxía. Os traballos iniciados no primeiro trimestre do ano 2023 son: un estudo hidrolóxico para Greeenalia Wind Power Campelo, cunha duración dun mes, e un proxecto de análises químicas e microbiolóxicas para Cobre San Rafael, cunha duración de 9 meses. O encargado de levalos a cabo é o profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñaría del Camiños, Canais e Portos e coordinador do grupo de investigación GEAMA, Ricardo Juncosa Rivera. Supoñen unha inversión que ascende a 67.000 euros.
O profesor da Facultade de Turismo da Universidade da Coruña, Javier Luis Fernández Fernández dirixe o proxecto de asesoramento no estudo sobre a publicidade exterior en Galicia. Os traballos teñen unha duración de 24 meses.
Un dos gañadores da Olimpíada Informática Galega 2023, Óscar Carballo Puebla, estudante de formación profesional do CPR Plurilingüe Liceo La Paz da Coruña e natural de Castro de Rei (Lugo), conseguiu unha medalla de bronce na XXVII Olimpiada Informática Española (OIE) que se celebrou esta fin de semana en Madrid, situándose no posto número 11 con 446 puntos (outorgáronse catro medallas de ouro, outras catro de prata e outras tantas de bronce).
A Cátedra Hijos de Rivera–UDC de Desenvolvemento Sostible continúa co seu compromiso de fomentar a actividade económica competitiva e sostible, neste caso impulsando un proxecto de investigación baseado no aproveitamento dos subprodutos e residuos procedentes da actividade industrial para transformalos, mediante procesos químicos e biolóxicos, noutros produtos de alto valor engadido.
O reitor, Julio Abalde, e o director de Asuntos Corporativos da Corporación Hijos de Rivera, Antonio Vello, entregaron o Premio á Mellor Tese de Doutoramento en Desenvolvemento Sostible da Cátedra Hijos de Rivera-Universidade da Coruña. A investigación céntrase en materiais que usados como refrixerantes evitan o uso de fluídos nocivos para o medio ambiente. Como resultado da investigación desta tese, descubríronse novos materiais cuxo uso en refrixeración ou calefacción foi patentado. O doutor premiado traballa actualmente como investigador en SINTEF, unha das maiores organizacións independentes de investigación europeas, en Trondheim (Noruega).
O investigador do CITEEC, Enrique Peña, coordina proxectos para a realización do estudo integral e análise de datos da ondada in-situ, para o desenvolvemento e mellora de ferramentas de predición e toma de desiciones na operatividade portuaria que poidan minorar a axitación interior da ondada e melloren a maniobrabilidade das embarcacións. O equipo de investigación levará a cabo, como fin dos traballos, diversas actuacións para transferencia tecnolóxica, con especial atención nos pantaláns mexilloeiros do Porto de Xufre - Illa de Arousa en Pontevedra e no Porto Exterior de Ferrol na Coruña.
AENOR e a UDC colaboran no desenvolvemento de proxectos no ámbito de I+D+i. Os profesores/as Juan Rabuñal da Facultade de Informática (FIC) e Alicia Munin da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) participan en 6 proxectos durante o primeiro trimestre do ano 2023.
O coordinador do grupo de investigación Ciencia e Técnica Cibernética (CTC) da Universidade da Coruña, José Luis Calvo Rolle dirixe varios proxectos de asesoramento da medición da radiación ambiental. O equipo de investigación levará a cabo a monitorización e medición da radiación en centros de traballo. As investigacións, que comezaron en febreiro, estímase unha duración inicial de 12 meses para un dos proxectos e no segundo de 24 meses.
O profesor Química Analítica da UDC e membro do Grupo de Investigación QANAP, José Manuel Andrade Garda renova como responsable do proxecto. O equipo de traballo leva a cabo os traballos de investigación do ámbito científico establecidos no acordo asinado entre a Universidade da Coruña e REPSOL. O acordo asinado o 20 de decembro de 2020, foi renovado en decembro de 2022 ata o 31 de decembro de 2023 e conta cun orzamento de 90.000 euros.
A Cátedra NTT Data, na segunda edición da convocatoria da bolsa para a realización do Traballo de Fin de Grao en colaboración con ONGs, concede a bolsa para o traballo "Análise e visualización de datos de prestación de servizos á terceira idade en Cruz Vermella”. O beneficiario da bolsa, estudante do Grao en Ciencia e Enxeñería de Datos da FIC, contará coa axuda do profesor da Facultade de Informática, Óscar Pedreira, para elaboralo. Preme aquí para ler a noticia completa.
O investigador Jordi Delgado, será o encargado do proxecto, impulsado por HCC. Os traballos inclúen a realización de ensaios geomecánicos de materiais da Cimentación da Presa do Eume (A Coruña), tanto en formigón, como en rocas. A duración dos traballos é de seis meses e conta cun orzamento de 35.000 euros.
O investigador e membro do grupo de investigación Dereito Público Global, Francisco Javier Sanz Larruga, coordina os traballos sobre a tramitación, transferencia e divulgación do anteproxecto de Lei de Ordenación do Litoral de Galicia. Os traballos para desenvolver inclúen un servizo de apoio no asesoramento xurídico durante o procedemento de tramitación, actividades de transferencia e divulgación con colectivos interesados no anteproxecto de lei, e celebración dun simposio de expertos e expertas no Litoral. O proxecto ten unha duración de 4 meses e conta cun orzamento de 18.000 euros.
O investigador e membro do Grupo de Investigación BIOCOST, Jaime Fagundez Diaz está inmerso nun proxecto sobre o estudo da presenza e estado de conservación de habitats de interese comunitarios(HICs) nunha área en Calvos de Randin (Ourense) desde o mes de marzo. Durante tres meses realizará traballos de campo co obxectivo de identificar, localicar, delimitar e valorar o estado de conservación dos HICs da zona.
Trátase dunha formación gratuíta dirixida aos alumnos matriculados en 4º curso do grao de Enxeñería Naval ou Enxeñería Industrial, ou en 2º curso do Máster de Enxeñería Industrial ou Enxeñería Naval, que se impartirá os días 21 e 28 de marzo e 11 de abril de 2023 de 9:00 a 12:00 na Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol. Aula de informática 2. Campus de Esteiro.
Máis de cincuenta persoas (maiores de 50 anos) procedentes de 7 concellos da Costa da Morte acudiron o mércores 22 de febreiro de 2023 á apertura dos cursos da quinta edición da Universidade Senior en Baio. O acto inaugural correu a cargo da directora da Universidade Senior da UDC, Matilde García; a directora de Planificación Académica, Nancy Vázquez; a adxunta á dirección, Susana Iglesias; e o alcalde de Zas, Manuel Muíño. O plan formativo, que conta con 55 alumnos nesta edición, está composto por tres módulos de arte e sociedade, ciencia e tecnoloxía e saúde e benestar onde se tratan asuntos moi variados, desde Goya a geobotánica e nutrición. Le aquí a noticia completa.
O Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría de Informática de España outorgou, nesta primeira edición, o premio nacional na categoría de "Humanismo e Compromiso Social" ao Centro de Investigacións TIC da Universidade da CoruñaCoruña(CITIC) polo seu programa Talentos Inclusivos. O director do CITIC, Manuel F. González Penedo, quen participou onte no acto de entrega, xunto co reitor, Julio Abalde, na Real Academia de Enxeñaría en Madrid, agradeceu este recoñecemento, que, segundo dixo “vén premiar a esencia do proxecto e tamén o labor dun centro, o noso, que traballa e evoluciona conectado coa sociedade e as súas necesidades”. Le aquí a noticia completa.
O profesor da Facultade de Socioloxía e membro do grupo de investigación interdisciplinar de Estudos Territoriais (GET), Manuel Docampo García, é o encargado de liderar un estudo sobre o Impacto Social das plantas de enerxía eólica na área da Costa da Morte. Os traballos desenvolvidos entre febreiro e marzo de 2023 céntranse na medición do impacto sociodemográfico e económico dos polígonos eólicos da poboación da zona.
A Cátedra NTT Data presenta unha colaboración cunha entidade sen ánimo de lucro en forma dunha proposta para TFG dentro do Grao en Ciencia e Enxeñería de Datos, que será dirixida por profesorado da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. O prazo de presentación solicitudes iniciarase despois da asignación de TFGs por parte do centro e finalizará 15 días máis tarde.
A Universidade da Coruña organiza o martes 7 de marzo un coloquio sobre o traballo das mulleres no ámbito tecnolóxico para celebrar o Día Internacional da Muller, seguindo o tema das Nacións Unidas “Por un mundo digital inclusivo: innovación y tecnología para la igualdad de género”.
A alcaldesa, Inés Rey, presenta o Observatorio Turístico como unha ferramenta clave para “facer da Coruña unha das grandes potencias do sector”. O estudo en marcha permite monitorizar en tempo real diferentes datos de interese para implantar melloras e potenciar os puntos mellor valorados.
Imaxe xerada por IA
A Cátedra HM-UDC lanza unha nova convocatoria de bolsas de formación para licenciados en medicina especializada en traumatoloxía do deporte e convoca o premio á mellor publicación científica do ano 2022 en Traumatoloxía do Deporte. O prazo de recepción de solicitudes da bolsa de formación está aberto ata o 15 de maio de 2023 e para presentarse ao premio á mellor publicación ata o 30 de maio de 2023.
O investigador Feliciano Fraguela Díaz, da Escola Superior de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña, lidera un proxecto para o asesoramento en servizos técnicos e científicos do ámbito naval. Os traballos, iniciados en febreiro de 2024, teñen por obxectivo a optimización do mantemento naval e industrial mediante a análise de indicadores e parámetros co obxectivo da redución de custos, redución e mellor anticipación de avarías e incremento da vida útil dos equipos. O proxecto ten unha duración dun ano e conta cun orzamento de 22.000 euros.
HackUDC é o primeiro hackathon ("Hack" + "Marathon") universitario da Universidade da Coruña, celebrado os días 24 e 25 de febreiro na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Esta é a primeira edición e o obxectivo deste evento é proporcionar un espazo para que os estudantes de todos os niveis poidan mellorar e aprender novas habilidades, coñecer xente incrible e pasalo en grande creando un proxecto Open source cos seus compañeiros de equipo.
A Cátedra Epifanio Campo celebrou o acto de entrega do Primeiro Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo no Salón de Actos do Campus de Ferrol. O acto contou coa presenza do alcalde de Ferrol, Ángel Mato; o reitor da UDC, Julio Abalde; o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo, e a directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo. O obxectivo principal deste galardón é promover a investigación e o coñecemento no ámbito da economía circular dentro do colectivo universitario.
O instituto Ramón Menéndez Pidal de Zalaeta conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e na Tecnoloxía cun ciclo de chalas para o alumnado. O ciclo conta con profesionais de referencia, especialmente no ámbito universitario e investigador, entre as que se atopa a directora da Cátedra ALDABA WIB, Virginia Mato Abad, quen impartirá o martes 14 de febreiro unha charla sobre enxeñaría informática, contribuindo así a dar visibilidade ás aportacións das mulleres no eido das TIC, xerar referentes e espetar o interese das necas e rapazas nas carreiras tecnolóxicas.
As profesoras de Comunicación da Universidade da Coruña, Nereida Rodríguez e Iria Santos impartirán o Seminario "Fotogragía mobil e redes sociais", organizado pola Universidade Sénior en colaboración coa Cátedra Vegalsa Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa. A inscrición será de balde, puidendo realizarse a través da seguinte ligazón do 13 ao 28 de febreiro de 2023.
No día de onte a coordinadora do Grupo de Estudos Territoriais da UDC, María Andrade xunto con Maite Parga e Xaime Díaz guiaron pola localidade de Carballo(A Coruña) unha visita turístico-urbanística que se enmarcaba dentro das actividades do ciclo de percorridos pola provincia pertencentes ao I Seminario Galaico-Brasileiro “Pontes que unen patrimonios”, encontro entre o Centro de Ensino Unificado de Brasília (CEUB) e a UDC, que se celebrou durante esta semana na Facultade de Socioloxía e na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. No roteiro por Carballo participaron unha vintena de participantes, á que tamén asistiron o profesor da Facultade de Socioloxía da UDC, Manuel Docampo; o director da ETSAC da UDC, Plácido Lizancos; ou a coordinadora de paisaxe, Cristina García. Na programación de hoxe está programada unha conferencia impartida por Plácido Lizancos sobre "A Escola de Arquitectura de Galiza. Unha escola para construir un país". Enlace á noticia.
O Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades públicas galegas, a Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVigo), organiza a Olimpíada Informática Galega 2023, que da acceso á XXVII Olimpíada Informática Española (OIE). Conta co apoio da Cátedra NTT DATA, DXC Technology, Dinahosting, GDI our vision our hope, Sixtema, Aws, Asper cloud services, Mindata, Minsait, Veritas y el Ayuntamiento de Coruña.
Baixo o título “A Xunta de Galicia, planificación e orzamentos”, a sesión será presidida polo reitor Julio Abalde e terá lugar mañá venres 10 de febreiro ás 13:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Economía e Empresa.
A visita terá lugar mañá xoves 9 de febreiro ás 12:30 horas no Reitorado da Universidade da Coruña.
O instituto Ramón Menéndez Pidal de Zalaeta conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e na Tecnoloxía cun ciclo de chalas para o alumnado. O ciclo conta con profesionais de referencia, especialmente no ámbito universitario e investigador, entre as que se atopa a directora da Cátedra ALDABA WIB, Virginia Mato Abad, quen impartirá o martes 14 de febreiro unha charla sobre enxeñaría informática, contribuindo así a dar visibilidade ás aportacións das mulleres no eido das TIC, xerar referentes e despertar o interese das nenas e rapazas nas carreiras tecnolóxicas.
A Real Academia Galega de Ciencias falla os premios de Investigación Ernesto Vieitez Cortizo 2022, que recoñecen o labor de investigadores sénior e mozos da nosa comunidade. Están destinados a promover e recoñecer a investigación no eido das matemáticas, física e ciencias de computación; química e xeoloxía; bioloxía e ciencias da saúde; ciencias técnicas; e ciencias económicas e sociais. A academia concedeu na 32ª edición unha mencion honorífica na modalidade de traballo de investigación a un proxecto centrado na aplicación dos residuos de depuración de bibalvos en Galicia para a recuperación dos ecosistemas mariños mediante a creación de arrecifes artificiais. É un proxecto multidisciplinar coordinado polo profesor da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol da Universidade da Coruña, Luis Carral. Enlace a noticia da RAGC.
Xa está aberto o prazo de inscrición para os Cursos en liña de Nutrición Básica, Curso de Cronodieta. Os reloxos da alimentación, Curso de alerxias e intolerancias alimentarias e Curso de Actualización en melatonina ata o 31 de decembro de 2023, organizados pola aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas.
Investigadores e docentes expertos en urbanismo e territorio están reunidos hoxe no Museo de Belas Artes de Coruña no 4º Encontro AUoT organizado pola Área de Urbanística e Ordenación do Territorio, integrado no Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. Está tendo lugar a mesa de debate “Paisaje y emergencia climática: las ciudades portuarias como ejemplo” na que participan, por parte da ETSAC, os arquitectos Enrique Seoane Prado e Cristina García Fontán; pola Escola Politécnica Superior de Alicante, a arquitecta Clara García Mayor; e pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Málaga, a arquitecta Juana María Sánchez Gómez.
Expertos en urbanismo e territorio destacan a importancia de incluír a emerxencia climática no redeseño das cidades portuarias. Os actuais procesos de humanización das fachadas marítimas deben ter en conta os obxectivos de desenvolvemento sostible e as novas axendas urbanas orientadas a acadar cidades máis sostibles, inclusivas, seguras e resilientes. O quinto encontro AUoT do profesorado da área de Urbanística e Ordenación do Territorio celebraráse o ano que ven en Málaga.
A Área de Urbanística e OT do Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC organiza mañá xoves 26 e o venres 27 o 4º Encontro AUoT de Profesorado da Área de Urbanística e Ordenación do Territorio.
O plan "Adestra a túa saúde", que nace co obxectivo de abranguer a toda a comunidade, leva algo máis dun ano implantado a modo de proba piloto nos concellos coruñeses nos servizos de atención primaria dos concellos de Arteixo e Abegondo e preténdese que durante este 2023 se faga oficial noutros municipios.
Á convocatoria ao Mellor Traballo de Fin de Máster relacionados cos criterios ASG (ambientais, sociais e de gobernanza) e o propósito corporativo presentáronse 26 traballos, sendo todos presentados validados e admitidos por cumprir as condicións da convocatoria.
O Museo de Belas Artes de Coruña acollerá o vindeiro 26 e 27 de xaneiro de 2023 o 4º Encontro AUoT de profesorado da área Urbanística e Ordenación do Territorio, organizado polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos Urbanismo e Composición (DPAUC) da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña e do grupo de investigación Galicia, Ciudad e Territorio (GCeT). Estas xornadas científicas, nas que participan docentes e investigadors da área de Urbanística e Ordenación do Territorio a nivel nacional, están dirixidas a docentes e investigadores da área de Urbanística e Ordenación do Territorio, así como a amantes da arquitectura. O prazo de inscrición para asistir en modalidade presencial ou en liña está aberto ata o xoves 19 de xaneiro.
A Cátedra de Dereito Local, a Deputación e a Universidade da Coruña organizou hoxe a xornada sobre "As políticas enerxéticas das entidades locais: novos escenarios" baixo a dirección do coordinador da Cátedra, Carlos Alberto Amoedo Souto.
A xornada terá lugar mañá venres na Facultade de Dereito e abordará as posibles políticas públicas no ámbito do municipalismo para contribuír á subministración accesibl de enerxía eléctrica nos fogares nun escenario de crecente encarecemento deste recurso por mor da invasión rusa de Ucraína e da transición enerxética cara a combustibles non fósiles. A inauguración correrá a cargo de Xulio Ferreiro Baamonde, Decano, e Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña, entidade financiadora da Cátedra de Dereito Local.
O proxecto, dirixido pola investigadora da Facultade de Ciencias da Saúde e directora da Aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas, Rosa Meijide, céntrase no estudio das caracterísicas termihidroxeoquímicas e terapéuticas das augas mineromedicinais e termais en Galicia. O obxectivo de dito estudio é elaborar unha proposta de recomendacións en relación aos usos das augas. O prazo durante o que se desenvolveron os traballos é de 4 meses, cun orzamento de 10.769 euros.
A investigadora e coordinadora do grupo de investigación, Margarita Poza, leva a cabo tarefas de asesoramento en ultrasecuenciación da rexión 16s rARN bacteriano. Os traballos inclúen a extracción e purificación de ADN bacteriano nas mostras, a amplificación da rexión de 16s rRNA bacteriano, a construción de librerías xenómicas e secuenciación de ADN bacteriano e a análise bioinformática do microbioma das mostras. Os traballos leváronse a cabo por un período de 6 meses.
O investigador do grupo de Dereito Público Global e coordinador da Cátedra de Dereito Local, Carlos Amoedo, é o encargado de realizar un informe xurídico sobre a articulación administrativa da subvención concedida ao Concello de Santiago de Compostela para a creación dunha plataforma loxística de última milla. Entre os traballos a realizar atópase o estudo das opcións xurídicas dispoñibles relativos á execución de subvencións concedidas, por un importe de 9.680 euros. Os traballos teñen unha duración de 3 meses.
O coordinador do Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente (GEAMA), Ricardo Juncosa, adscrito ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (Citeec) dirixe proxectos de investigación no campo da hidroloxía que supoñen unha inversión de 8.470 euros entre marzo e xuño de 2022. A liñas de investigación céntranse na realización de estudos hidráulicos e hidrolóxicos en Vilarchao e Santa Comba.
As profesoras dos departamentos de Socioloxía e Humanidades dirixen un proxecto, en colaboración coa Asociación Rural de Desenvolvemento Ría de Muros Noia. O proxecto ten entre os seus obxectivos o deseño e a implantación dun modelo de xestión integral das oficinas de turismo do Xeodestino Ría de Muros-Noia. O orzamento para a súa realización ascende a 5.000 euros.
Como resultado da colaboración da FUAC coa Revista Pocomaco, lanzamos un novo artigo baixo o título "Las cátedras y aulas institucionales, claves para crear valor e impulsar el desarrollo sostenible de nuestra sociedad desde la colaboración público-privada". Artigo dispoñible aquí.
O plan da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo para o control do cangrexo americano no encoro de Abegondo-Cecebre suma dous importantes aliados: as Cátedras da Universidade da Coruña con Emalcsa e Hijos de Rivera. As tres entidades colaborarán co desenvolvemento da iniciativa, segundo recolle o acordo alcanzado entre as tres entidades que se selou en Abegondo.
Virginia Mato Abad, informática e codirectora da Cátedra ALDABA-WIB, compartiu na entrevista da Voz de Galicia o 26 de decembro de 2022 o que está ocorrendo coa presenza das mulleres nas titulacións da área TIC. Na entrevista destacou que «Tenemos que evitar que las mujeres queden al margen de este progreso».
O profesor Fernando de Llano foi designado director da Cátedra Greenalia-UDC para a Transición Enerxética, cuxo principal obxectivo é a investigación, divulgación e transferencia de coñecementos sobre o impacto do cambio climático, o proceso de descarbonización e a transición enerxética, con especial atención aos seus efectos en nosa CCAA.
A Reitoría acolleu esta mañá a presentación do Barómetro da fenda de xénero nos estudos TIC (Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) desenvolvida pola Cátedra ALDABA-WIB (Women, ICT & Business) das universidades da Coruña e Vigo, nun acto presidido polos reitores Julio Abalde, UDC, e Manuel Reigosa, UVigo; xunto o socio-director de ALDABA, Enrique Fernández; as codirectoras da Cátedra, Virginia Mato, pola UDC, e Alma Mª Gómez, pola UVigo; a directora da área de Igualdade da UVigo, Águeda Gómez; e a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte da UDC, Cristina López.
A Facultade de Dereito Local da Universidade da Coruña acollerá o vindeiro 13 de xaneiro a xornada “Las políticas energéticas de las entidades locales: nuevos escenarios”, organizada pola cátedra.
Na reportaxe participaron dez docentes da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Entre estas dez docentes hai unha premio nacional de informática, unha académica da Real Academia de Ciencias Exactas, investigadoras galardoadas con premios como o Ada Byron, unha vicedecana, referentes na súa área de traballo ou creadoras de empresas pioneiras. Darlles visibilidade é un dos retos para captar máis alumnas.
Ramón Martul, exalumno da Universidade da Coruña e actualmente director de actividades de Stonex, foi o encargado de abrir a sesión da bolsa Euronext Amsterdan, con motivo da saída en bolsa da compañia Stonex.
Profesores da Facultade de Economía e Empresa da UDC, en colaboración con profesores de universidades estranxeiras, realizaron proxectos de investigación a través da convocatoria de axudas que a Cátedra Luís Fernández Somoza destina á internacionalización dos estudos de Economía e Empresa. O financiamento deste programa enmárcase no convenio subscrito entre a UDC e a empresa Cartesón.
A nova sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) situarase na Coruña.
O proxecto foi desenvolvido polo equipo da Universidade da Coruña dirixido polos investigadores María José Servia e Jaime Fagúndez, coordinado pola Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e financiado pola Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sustentable. A proposta inclúe a creación de nodos e conectores que favorezan a continuidade, o reforzo da estrutura mediante a restauración dun bosque de dúas ringleiras, e a eliminación selectiva de invasoras.
É o resultado das actividades da FUAC desenvolvidas durante os anos 2020 e 2021 pola Fundación Universidade da Coruña. Consulta aquí a memoria de actividades 2021.
Os investigadores Xose Picatoste, Anabela Mesquita e Fernando González-Laxe veñen de publicar un artigo sobre precariedade laboral e fenda dixital de xénero, co apoio da CRUE-CSIC e a cátedra Luis Fernández Somoza. O estudo parte dos cambios socioeconómicos da situación post-COVID, con novas formas de relacionarse nas organizacións e na sociedade. Consulta aquí o artigo.
A Cátedra NTT Data resolveu as solicitudes de bolsas para levar a cabo Traballos Fin de Grao en colaboración con Ong por parte de estudantes da Facultade de Informática da UDC.
O 26 e 27 de xaneiro de 2023, o Museo de Belas Artes da Coruña acollerá o 4º Encontro (AUoT) de profesorado da Área de Urbanística e Ordenación do Territorio.
Destacan entre elas a colaboración coa Asociación Española do Videoxogo (AEVI) e o Máster Interuniversitario de Ciberseguridade, ademáis de 28 xornadas, eventos ou congresos.
Un grupo de usuarios e amantes do marketing digital organiza unha charla gratuita de escritura persuasiva, celebrada na Universidade Senior-Campus de Ferrol o venres 25 de novembro de 2022.
A Cátedra de Empresa Familiar da UDC organiza unha mesa redonda titulada “Xestión en feminino: logros e retos”, que será moderada por Berta Rivera, directora da cátedra, e terá lugar mañá venres 25 ás 10:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.
O tribunal destacou a calidade dos traballos presentados, nos que participaron 60 estudantes de grao, máster e programa de doutoramento da Universidade da Coruña con interesantes propostas. Concedéndolle o Primeiro Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo ao traballo desenvolvido por Adela Ríos Gómez, da Universidade da Coruña, e recoñeceu con tres accésits a orixinalidade, a capacidade de divulgación e a calidade técnica doutras tres propostas.
A Cátedra Vegalsa-Eroski da Universidade da Coruña e a UOC editarán a colección de libros titulada “Comunicación y Agenda 2030”. A colección conformarana dezasete títulos, onde se ofrecerán reflexións, análises ou experiencias desde temáticas e puntos de vista diferentes.
A cátedra CICAS co obxecto de potenciar o desenvolvemento de Traballos de Fin de Grao (TFG) no eido de actuación das TIC lanza unha convocatoria de axudas para a realización de TFG do Grado en Enxeñaría Informática (GEI) ou do Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos (GECD) da Facultade de Informática da UDC.
A Cámara de Comercio de A Coruña dedica unha nova xornada á Formación Profesional Dual desde a perspectiva dos centros e das empresas que xa apostaron por esta modalidade formativa. A xornada tivo lugar o mércores 16 de novembro de 2022 en formato virtual.
O recoñecido xurista asegurou que España debe sair de modo máis proactivo ao exterior nas súas relacións económicas, facendo unha política de atracción con países relevantes como Estados Unidos, China, India e Xapón, e desenvolvendo unha política exterior máis clara e comprometida. Antonio Garrigues Walker durante a súa intervención destacou que: “En España olvidamos que hay que cuidarse de defender nuestra imagen y resaltar nuestros valores. Tenemos unos pudores injustificados".
O equipo de traballo, dirixido pola investigadora e profesora de Física e Ciencias da Terra da Universidade da Coruña Ana Ares Pernas, encargaráse de levar a cabo as actuacións de: formacion, identificación e separación de plásticos, recomendacións de uso do material reciclado e asesoramento durante todo o proceso de transformación dos residuos mariños. As actividades teñen prevista unha duración de 4 meses e medio.
Un dos máximos referentes da abogacía e figura destacada da vida social, empresarial e política da historia recente de España, expicará os factores que poidan axudar as relacións económicas do noso país con grandres empresas estadounidenses, nunha charla coloquio co director da Cátedra Luis Fernández Somoza, Carlos Estévez Mengotti. A charla, de asistencia libre ata completar aforo, será moderada polo director da Cátedra Luis Fernández Somoza, Carlos Estévez Mengotti, e terá lugar o mércoles 16 de novembro ás 13:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.
A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sustentable colabora por quinto ano concecutivo na edición do curso “La economía circular en el marco de la Agenda Mundial 2030 y el cumplimiento del Objetivo de Desarrollo Sostenible número 12”, que terá lugar na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña os días 4, 11 e 18 de novembro de 2022.
As profesoras Carmen Costa Sánchez e Iria Veiga Ramos impartirán o Seminario "Saúde, (des)información e redes sociais", organizada pola Universidade Sénior en colaboración coa Cátedra Vegalsa Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa.
A Cátedra HM-UDC lanza unha nova convocatoria de bolsas de formación para licenciados en medicina especializada en traumatoloxía del deporte. O prazo de recepción de solicitudes está aberto ata o 22 de decembro de 2022.
A sesión co socio responsable da Zona Noroeste en Deloitte España terá lugar mañá, 4 de novembro, ás 18.30 horas no marco do Taller de Directivos del MUDAE-MBA.
A Cátedra NTT Data presenta unha colaboración con cinco entidades sen ánimo de lucro en forma de cinco propostas para TFGs, que serán dirixidas por profesorado da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. O prazo de presentación de solicitudes iniciaráse despois da asignación de TFGs por parte do centro e finalizará 15 días máis tarde.
A vitalidade deste mecanismo de interrelación universidade e a sociedade reflíctese no notable aumento dos últimos anos, cun crecemento medio anual do 23% sostido dende 2017 que supón acadar, cun total de 28 cátedras e aulas institucionais, a posición de liderado no Sistema Universitario Galego. O entorno que se está a desenvolver supón un valor engadido á consideración de Galicia como sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA).
A Facultade de Informática da Universidade da Coruña acolleu do 19 ao 23 de outubro a LVII Asemblea Xeral Ordinaria de RITSI (Reunión de Estudantes de Enxeñerías Técnicas e Superiores en Informática) así como a XI Asemblea Xeral Extraordinaria, eventos que contaron coa colaboración das cátedras Aldaba, NTT Data e Corunet, entre outras entidades.
A Facultade de Informática da Universidade da Coruña acolleu do 19 ao 23 de outubro a LVII Asemblea Xeral Ordinaria de RITSI (Reunión de Estudantes de Enxeñerías Técnicas e Superiores en Informática) así como a XI Asemblea Xeral Extraordinaria, eventos que contaron coa colaboración das cátedras NTT Data, Aldaba e Corunet, entre outras entidades.
O encontro celebrarase en outubro de 2023 e suporá unha ponte marítima entre Europa e América, promovendo a industria naval entre ambos os dous continentes. Será o cuarto congreso destas características que se organice desde 1977.
O prazo de inscrición atópase aberto desde o 17 de outubro de 2022 ata o 18 de novembro de 2022. O curso impartirase en formato semipresencial, con parte da fomación online.
A Cátedra interuniversitaria R en Ciberseguridade organiza os premios aos mellores traballos académicos, de investigación en ciberseguridade, dotados de 400 euros cada traballo de Fin de Grao, 600 euros cada traballo de Fin de Máster, 800 euros no caso da Tese Doutoral e de investigación en colaboración coa empresa. O prazo de presentación das candidaturas estará aberto ata o luns 31 de outubro de 2022.
A Cátedra HR-UDC abre o prazo de convocatoria da segunda edición do premio Cátedra Hijos de Rivera-UDC á mellor Tese Doutoral en Desenvolvemento Sostible, dotado dun premio de 5.000 euros.
O profesor da Facultade de Ciencias de Educación da Universidade da Coruña, José María Mesías Lema, é o encargado de dirixir e comisariar a exposición de Santiago Fernández Mosquera "Diez años de travesía y lugares de Daca". O Centro Ágora acollerá ao longo do mes de outubro a exposición, que recolle a experiencia dun recorrido ao longo de dez anos polos lugares de Daca.
A Universidade da Coruña acollerá o vindeiro 26 de outubro ás 16:30 horas a conferencia de Daniel Catalán baixo o título "Desinformación, redes sociales y salud: ¿Una problemática sin solución?", organizada pola Cátedra Vegalsa Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa en colaboración coa Facultade de Fisioterapia dentro do programa de actividades de VIII Outubro Saudable.
O prazo de inscrición atópase aberto desde o 1 de outubro de 2022 para o Curso de Nutrición Básica, impartido 100% online. Está dirixido a todas a aquelas persoas interesadas en iniciarse nos coñecementos fundamentais da ciencia da nutrición.
A profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación María Josefa Formoso coordina o proxecto I+P INCUBA que conta coa financiación do Instituto de Cinematografía y Artes Visuales (ICAA) do Ministerio de Cultura y Deporte. O proxecto posto en marcha en setembro ten como obxectivo a incubación e mellora de proxectos audiovisuais en fase de desenvolvemento a través de titorías, webinarios e consultoría. Nesta primeira edición forman parte de I+P INCUBA seis proxectos. Os produtores e guionistas de cada un dos proxectos contarán co asesoramento en tres ámbitos: guión, produción e distribución entre os meses de setembro, outubro e novembro.
O coordinador do Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente (GEAMA) da UDC dirixe un proxecto de mostraxe e execución de perfís e análises químicos impulsado por Cobre San Rafael. Os traballos teñen unha duración de dous meses e conta cun orzamento que ascende a 3.450 euros.
A Cátedra impulsada polo Grupo Rodonita, convoca o I Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo, dedicado ao fundador do Grupo Rodonita e un pioneiro no ámbito da xestión medioambiental. Os estudantes poderán presentar en grupo ou en solitario antes do 14 de outubro de 2022 ás 14:00 h un máximo de dúas propostas de imaxe, infografía, ilustración, vídeo ou animación con enfoque didáctico, para optar a un premio de 1.200 euros ou os tres accésits de 300 euros cada un.
O acto, que terá lugar ás 13 horas na Aula Magna, será presidido polo vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya; o decano da Facultade, Manuel Gómez; e a directora da Cátedra de Empresa Familiar, Berta Rivera.
O alumnado da Facultade de Economía e Empresa da UDC que, gracias as axudas impulsadas pola Cátedra Luis Fernández Somoza, tivo a oportunidade de formarse na University of South Wales del Reino Unido durante o curso 2021/2022, comparte alguns detalles da sua estancia internacional.
O CEO de MERLIN Properties, Ismael Clemente, que participou esta mañá nun encontro cos alumnos da Facultade de Economía e Empresa da UDC organizado pola Cátedra Luis Fernández Somoza, subliña que “la clave de cualquier sociedad es la formación y la excelencia”.
Poderán optar a él todas aquelas persoas tituladas que defendesen o seu Traballo Fin de Mestrado en calquera das universidades galegas durante os anos 2021/2022 coa calificación de sobresaínte. Outorgaránse dous premios, un de 1.500 euros para o gañador, e un segundo de 500 euros. O fallo do xurado farase público durante o primeiro cuatrismestre de 2023.
Ismael Clemente abordará ademais, entrevistado polo director da Cátedra Luis Fernández Somoza, a súa visión sobre o tecido empresarial no ámbito europeo.
A compañia produtora de enerxías renovables, con sede na Coruña, Greenalia e a Universidade da Coruña impulsan a posta en marcha da Cátedra de Transición Enerxética.
Julio Abalde, reitor da Universidade da Coruña, e Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, asinan a renovación do convenio da Cátedra Aldaba Wib: Women, ICT & Business co responsable da empresa, Enrique Fernández. A Cátedra ten como obxectivo organizar actividades divulgativas nos centros de Secundaria para fomentar as vocacións TIC, sobre todo no ámbito da enxeñaría informática.
A colaboración do Instituto Universitario de Estudios Marítimos con autoridades portuarias galegas durante o ano 2022, entre as que se atopa a Autoridade Portuaria da Coruña, de Vilagarcía, de Vigo, de Ferrol e de Marín e Ría de Pontevedra, está liderada polo investigador Fernando González Laxe, profesor da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.
Na actualidade está inmerso nun proxecto de Análise-diagnóstico da realidade e posicionamento portuario de Marín respecto a Galicia e ao norte de Portugal por un período de 6 meses. Os traballos que comezaron en xuño céntranse no estudo da competitivade do Porto de Vilagarcía, concluíndo coa presentación de propostas de cooperación entre os sistemas portuarios que permitan mellorar a súa eficiencia.
As profesoras Iria Caamaño Franco e Antonia Pérez García da Facultade de Turismo da Universidade da Coruña, reciben un encargo para levar a cabo un estudo demoscópico sobre a demanda turística no Camiño Inglés. Os traballos, que comezaron en xuño, incluen a análise do perfil, motivacións e grao de satisfacción dos turistas e peregrinos no Camiño Inglés no ano 2022. O proxecto ten unha duración de 6 meses e conta cun orzamento que ascende a 12.000 euros.
Os investigadores Ramón Doallo e Juan Touriño, do grupo de arquitectura de computadores da FIC da UDC veñen de renovar ata maio de 2024 a colaboración coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento do sistema de información de apoio na xestión do Banco de Terras de Galicia (SITEGAL). Os traballos inclúen o deseño de novas estratexias de explotación de datos, mediante a utilización de tecnoloxías contribuindo a mellorar a dispoñibilidade e escalabilidade da plataforma.
A investigadora Mª Teresa Rodríguez Blas da Facultade de Ciencias da UDC dirixe un estudo sobre a potencialidade funcional de diferentes péptidos funcionais, a partir de cereais e pseudocereais no marco do proxecto Hi-Bio 4.0, liderado por Hijos de Rivera S.A.U.. Os traballos que comezaron en xuño teñen unha duración de 6 meses e conta cun orzamento de 19.000 euros.
O profesor de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade da Coruña, Fernando Ruiz Lamas, recibe encargos para a realización do asesoramento no ámbito contable. Desde o mes de abril e ata decembro de 2022 é o responsable do proxecto sobre asesoramento na aplicación do resultado en sociedades de capital para Audiesa.
A profesora e investigadora Pilar Álvarez Barbeito do Departamento de Dereito Público da UDC dirixe un proxecto sobre asesoramento e asistencia técnica sobre fiscalidade nacional e internacional, máis concretamente en materia sobre tendencias nacionais e internacionais. Os traballos que comezaron en xuño de 2022 teñen unha duración de 12 meses e o importe do proxecto ascende a 35.000 euros.
A investigadora Marta Rey García, da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, dirixe un proxecto sobre a investigación interactiva sobre o terceiro sector de acción social en España para a plataforma da ONG de acción social, impulsado por Fresno Servicios Sociales. O prazo durante o que se desenvolverán as actividades será de 9 meses, concluíndo en febreiro de 2023 coa presentación dun informe que recolla os resultados da análise e unha base de traballo para asumir os retos nos próximos anos.
Orde CIN/373/2022, de 26 de abril, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas públicas, por parte do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial, E.P.E., a proxectos de I+D e novos proxectos do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2021-2023, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Ana Ares Pernas, investigadora do Grupo de Polímeros e profesora da Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol, pon en marcha xunto ao Concello de Narón un programa de asesoramento e formación no tratamento e valorizacion de plásticos enmarcado no Proxecto Ártabro Inclusivo. A formación impartirase por un período de 7 meses e ten como finalidade contribuir á erradicación e valorización de residuos da zona costeira achegando o coñecemento a entidades que traballan con persoas con necesidades especiais. Con esta formación, estas persoas, serán capaces de revalorizar os residuos recollidos na zona costeira.
A UDC asina coa sociedade Galiciaplaya 3 un proxecto por 6.600 euros co obxectivo de asesorar en materia de dereito administrativo e urbanístico por un período de dous meses. A investigadora e doutora en Dereito, Almudena Fernández Carballal, encárgase de levar a cabo os traballos en materia de asesoramento legal sobre o réxime xurídico da finca denominada antiga Fábrica de Gres Burela que inclúen o estudo da súa vixente ordenación urbanística, a legalidade e oportunidade da súa descatalogación urbana e posibles actuacións na relación porto-cidade do municipio de Burela.
O profesor José Antonio Seoane Rodríguez de Filosofía do Dereito da UDC e coordinador do grupo de investigación Filosofía, Constitución e Racionalidade lidera un proxecto sobre o plan de formación e asesoramento sobre a ética no traballo social. Intervención social e toma de decisións para unha entidade local por un período de 4 meses.
Os profesores da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, Ángel Fernández Castro e Gustavo Rego Veiga, reciben un encargo para o desenvolvemento dun proxecto de colaboración sobre asesoramento financeiro no ámbito económico da modificación puntual do PXOM da Coruña no ámbito del API S35 Ría do Burgo, concluindo coa presentación dun informe sobre a viabilidade económico-financeira do proxecto. Os traballos teñen unha duración de 8 meses, a contar desde maio de 2022 e conta cun orzamento que ascende a 14.500 euros.
Juan José Pernas, profesor de Dereito adminitrativo da Universidade da Coruña e membro activo do Grupo de Investigación "Dereito Público Global" recibe encargos de varias entidades para dirixir proxectos en materia de réxime xurídico de residuos e de servizos públicos vinculados a súa xestión e outros aspectos xurídico-administrativos e ambientais. O desenvolvemento dos proxectos de investigación conleva a realización por parte do profesor de actividades formativas sobre a nova lei de residuos e chans contaminados para unha economía circular e as súas normas de desenvolvemento, así como asesoramento xurídico en materia de residuos e economía circular por un período de dous anos.
Jose Antonio Vázquez Rodríguez é arquitecto e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. No desenvolvemento da súa profesión participa como director de obra de rehabilitación da cuberta da piscina municipal do Concello de Sada. As actuacións céntranse na realización dos traballos de documentación e asistencia técnica por un período de 8 meses.
O investigador e docente do departamento de dereito privado Eduardo Cebreiros Álvarez é o encargado do proxecto de investigación, cuxo obxectivo é poñer en valor e dar a coñecer o papel da Deputación de Ourense como institución e o seu papel nos últimos 200 anos de historia. A duración do proxecto denominado "asesoramento na organización do bicentenario da Deputación de Ourense" é de 8 meses e medio. O investigador na súa calidade de experto en historia do dereito e das institucións centrará os seus esforzos no asesoramento científico técnico xeral para todas as actividades programadas para conmemorar os 200 anos da institución desde a súa constitución no ano 1822.
O grupo de investigación Imaxe Médica e Diagnóstico Radiolóxico RNASA-IMEDIR participa nun proxecto de asesoramento de aplicacións na nube para a xestión de EPIs. Os traballos dirixidos polo profesor Julián Dorado de la Calle da facultade de informática teñen unha duración de 6 meses e conta cun orzamento estimado de 4.200 euros.
O profesor Antón Álvarez Sousa dirixe un proxecto sobre "As familias acolledoras en Galicia: Novas problemáticas e demandas na era post-covid". Os traballos inclúen unha análise e valoración da imaxe percibida que posúen as familias acolledoras sobre o Programa de Acollemento Familiar. O prazo durante o que se desenvolverán as actividades será de dous meses e medio e conta cun orzamento estimado de 7.000 euros.
A Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro, SEO Fisterra Ría de Muros-Noia, e a Asociación Adisbismur promoven o proxecto medioambiental de asesoramento e formación en materiais plásticos no marco do proxecto centro para a transformación do lixo marítimo. O equipo de traballo dirixido pola investigadora e profesora de Física e Ciencias da Terra da Universidade da Coruña, Ana Isabel Ares Pernas, encárgase de levar a cabo as actuacións de: formación, identificación e separación de plásticos, recomendacións de uso do material reciclado e asesoramento durante todo o proceso de transformación dos resudios mariños. O prazo durante o que se desenvolverán as actividades é de 7 meses.
O profesor Alberto de Vega de Enxeñaría Quimica participa no programa de mostraxe de alimentos de Castela e León en 2022. Así desde febreiro ata agosto de 2022 analizaranse 45 mostras, coa finalidade de dispoñer das determinacións por parte dos datos relativos de contaminantes nos produtos alimenticios, e así poder avaliar os sistemas de control, produción e comercialización. O orzamento do proxecto ascende a 17.000 euros.
O equipo de investigación composto por membros do Grupo de Arquitectura de Computadores baixo a dirección dos profesores Dr. Juan Touriño Domínguez e Dr. Ramón Doallo Biempica desenvolven actuacións para varios proxectos no campo dos Sistemas de Información Xeográfica (SIG), un proxecto para a adaptación a Apache Spark dun algoritmo xenético de agrupación de parcelas mediante permutas e un proxecto para o desenvolvemento dunha aplicacion SIG-WEB para a consulta de estadísticas de parcelarios. O prazo durante o que se desenvolven os traballos será de 6 meses, a contar desde marzo de 2022, cun orzamento que ascende a 43.000 euros.
O investigador Miguel Rodríguez Bugarín de Enxeñaría Civil dirixe os traballos obxecto do estudio da conectividade ferroviaria á terminal de Bouzas. Encargarase de analizar os aspectos que resulten máis importantes e decisivos relacionados coa conexión arredor do porto de Vigo e a rede ferroviaria da Unión Europea, tanto desde o punto de vista das infraestruturas como dos servizos ferroviarios de mercancías a desenvolver. Concluindo os traballos coa presentación dun informe no que se expoñan e desenvolvan argumentos técnicos que promovan a contrución dun acceso ferroviario á zona portuaria de Bouzas, en particular para conectar a terminal portuaria de transbordadores coa rede ferroviaria de interese xeral (RFIG).
A UDC asina contratos con varias entidades locais por un importe de 24.000 euros ata xuño de 2022 co obxectivo do asesoramento xurídico-administrativo no proceso de elaboración das súas relacións de Postos de Traballo (RPT). O encargado de levalos a cabo é o investigador Carlos Aymerich Cano, especializado en Dereito Administrativo e membro activo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da UDC; grupo coordinado polo Dr. Jaime Rodríguez-Arana Muñoz. Unha vez concluido o proxecto ten que elaborar un informe sobre as conclusións as que chegue para as entidades solicitantes dos servizos.
A ONG enviará os ordenadores á ciudade de Truskavets para a posta en marcha dunha aula de informática para menores desprazados.
Como resultado da colaboración da FUAC coa Revista Pocomaco, lanzamos un novo artigo baixo o título "Innovación tecnologica para la industria". Artigo dispoñible aquí.
O investigador Ricardo Juncosa Rivera, coordinador do Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente, adscrito ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (Citeec) dirixe un proxecto de caracterización química e microbolóxica de augas. Os traballos inclúen un estudo de control de augas nas zonas máis afastadas da contorna da mina de Touro, co fin de ter ben caracterizados os tramos baixos do rio Brandelos e Lañas (ata a súa confluencia co rio Ulla). O prazo de execución dos traballos é de 11 meses e conta cun orzamento que ascende a 50.000 euros.
A investigadora Emma López Bahut, adscrita ao Departamento de Proxectos arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Universidade da Coruña e creadora de Arquitecturas Procesadas, promove proxectos arquitectónicos. O equipo investigador encárgase de realizar unha análise técnica dos procesos creativos do proxecto nas súas diferentes fases de desenvolvemento e a través da plataforma web arquitecturasprocesadas.com difunde os resultados de proxectos que destacan no seu proceso de deseño en diferentes formatos, dando así visibilidade ao traballo de grandes figuras e estudantes da arquitectura. O proxecto, que deu comezo en febreiro ten unha duración de dous anos.
O investigador e membro do Grupo de Investigación BIOCOST, Jaime Fagundez Díaz, atópase inmerso nun proxecto sobre o estudo da biodiversidade do norte da provincia de Lugo. Os traballos incluen a avaliación dos hátitats incluidos na Directiva 92/43/CEE e do seu estado de convservación durante dous meses, cos que elaborar a cartografía da zona e presentación de propostas de medidas para a conservación e restablecemento dos hábitats naturais, da fauna e flora silvestres de interese comunitario.
O profesor da Facultade de Ciencias da Saúde e médico especializado en otorrinolaringoloxía, Óscar Álvarez-Calderón Iglesias, recibe encargos para a realización dun estudio de "Valoración do impacto da patoloxia na área ORL en calidade de vida e funcionalidade dos pacientes" que a padecen e un "Proxecto de actividades para a promoción da saúde no ámbito da otorrinolaringoloxía". O prazo durante o que desenvolverá os traballos será dun ano.
O investigador do grupo de investigación AQUATERRA, Javier Samper, dirixirá o proxecto de Actualización do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa. Un equipo de investigadores da Universidade da Coruña están levando a cabo as diversas actuación que inclúen: o estudo do humedal da Laguna de Sobrado dos Monxes, a avaliación de recursos subterráneos na demarcación Galicia-Costa e a elaboración e definición de propostas para a optimización da xestión integral da auga ante os retos do cambio climático. O proxecto que leva en marcha desde febreiro ten unha duración de 10 meses.
O profesor do departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Marítima e membro do grupo de investigación de Enerxía e propulsión, Feliciano Fraguela, dirixe un proxecto de prestación de servizos técnicos e científicos para Empresa Mantenimiento y Servicios, TECMAN S.L..
O profesor realizará un estudo sobre a optimización do mantemento naval e industrial mediante a análise de indicadores e parámetros co obxectivo da redución de custos, redución e mellor anticipación de avarías e incremento da vida útil dos equipos. Os traballos levaránse a cabo ao longo dun ano e conta cun orzamento que ascende a 21.000 euros.
AENOR e a UDC amplian a súa colaboación no ámbito da I+D+i. No primeiro semestre do ano 2022 participaron nunha decena de proxectos os profesores/as Javier Pereira de Ciencias da Saúde, Blanca Laffon de Educación, Mª José Abad da Escola de Deseño Industrial, Alfonso Loureiro e Luis Carral da Escola Politécnica Superior, Luis Esteban Romera da Escola Superior de Arquitectura e Juan Ramón Rabuñal da FIC.
O investigador Fernando González Laxe, profesor da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña e director do Instituto Universitario de Estudios Marítimos desenvolve proxectos de asesoramento técnico no ámbito marítimo para as Autoridades Portuarias da Coruña, Vilagarcía, Vigo e Ferrol. As actuacións están dirixidas ao estudo da competitividade e mellora da estratexia de crecemento e consolidación da Comunidade Autónoma galega. Para a execución dos traballos conta cun orzamento estimado de 50.000 euros.
Artigo do Dr. Rafael Arriaza na Voz de Galicia sobre algún dos principais interrogantes que plantexa a noticia sobre o tratamento proposto a Rafa Nadal no seu pé.
A conferencia, organizada polo Grupo de Neurociencia e Control Motor, a Facultade de Ciencias da Saúde, o INIBIC, o CICA, o Grupo MODES e a Cátedra HM-UDC, terá lugar o 14 de xuño ás 13.00 horas.
A Cátedra NTT Data en Diversidade e Tecnoloxía patrocina un dos premios á “Mellor experiencia docente 2022”. A entrega de premios celebraráse o 20 de maio no marco das "VI Xornadas de Innovación Docente na UDC".
Durante o mes de abril e maio estudantes do Máster de Enxeñaría Industrial e Enxeñaría Naval recibiron formación no desenvolvemento de Xemelgo Dixital. Este curso forma parte do plan formativo da Cátedra Ghenova de Industria 4.0 que ten como obxectivo formar aos profesionais do futuro.
Volve a Feira de Emprego, a Cámara organiza a XI Edición da Feria de Emprego o vindeiro 31 de maio de 2022. Un ano máis a FUAC participará como en anteriores edicións ¡¡Esperámosvos!!
Consulta aquí máis información
#FeriaEmpleo #Cámara #practicasfuac #Empleo #Carballo #CámaraComercioACoruña
Carlos Amoedo e Moisés Canle repasarán os principais desafíos da nova lei do ciclo integral da auga nos concellos durante a xornada técnica o vindeiro 27 de maio na Facultade de Dereito da UDC.
Continúan as colaboracións con Espazo Compartido. O vindeiro luns 23 de maio achegámonos co alumnado a ún dos supermercados de Vegalsa-Eroski.
A sesión tivo lugar o 11 de maio, ás 18.30 horas. Acompañando a José Ignacio Prada estivo o decano da Facultade de Economía e Empresa, Manuel Gómez, e a directora da Cátedra de Empresa Familiar da UDC, Berta Rivera.
O profesor de Dereito Francisco Javier Sanz Larruga leva a cabo a elaboración dun informe sobre a viabilidade xurídica de crear unha organización interprofesional láctea galega. Os traballos incluen o estudo da viabilidade xurídica con base na normativa comunitaria e nacional. O orzamento do proxecto ascende a 6.000 euros.
O profesor de enxeñaría civil José Ramón Salgueiro dirixe o proxecto de "Nuevos conceptos de mobiliario urbano corporativo (GAMA) para el Ayuntamiento de Arteixo". As diversas actuacións que levarán a cabo 11 investigadores incluen o estudo de conceptos baseados nos requisitos do ecodeseño, produtos sustentables que incorporen criterios medioambientais e biofílicos en todas as súas fases: concepción, desenvolvemento, transporte e reciclaxe. A duración estimada do proxecto é de 5 meses e conta cun orzamento que ascende a 18.000 euros.
NTT DATA organiza a NTT DATA PADEL TECH CUP, un torneo mixto de pádel para estudantes de IT por toda España.
Os estudantes de primeiro Ciclo Superior de Xestión da Auga impartido en Galicia, no CIFP Universidade Laboral de Culleredo comezaron a súa formación práctica en Emalcsa a través do plan de estudos do Sistema de Formación Profesional dual, pioneiro na comunidade galega.
Tras un primeiro semestre de formación teórica nas aulas, o alumnado pasa ás instalacións da empresa encargada da xestión directa do ciclo integral da auga en Coruña e a súa área metropolitana, onde continuará a súa aprendizaxe durante cinco meses.
Para a xestión administrativa e económica da estancia dos alumnos en Emalcsa, tanto a compañia como o CIFP contaron con servizo de asistencia técnica da Fundación Universidade da Coruña (FUAC).
A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación corporativa patrocinará un dos premios á "Mellor experiencia docente 2022" celebrados no marco das VI Xornadas de Innovación Docente.
Carlos Amoedo, director da Cátedra de Dereito Local da UDC ofrecerá un relatorio enmarcado no programa "A voltas co Baile" na xornada "A memoria do Baile: o dereito aos arquivos para unha práctica cultural". No seu relatorio "O dereito de acceso á cultura no baile" falará sobre o desafío xurídico que supón a protección e conservación do baile. A xornada terá lugar o vindeiro 30 de abril ás 10:30 h. no Museo do Pobo Galego.
O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presidiu este sábado a homenaxe da Facultade de Economía e Empresa a Luis Fernández Somoza, nun acto no que estaba o decano, Manuel Gómez e o director da Cátedra de Internacionalización Luis Fernández Somoza, Carlos Estevez Mengotti.
Carlos Amoedo director da Cátedra de Dereito Local da UDC, e Alba Nogueira catedrática de Dereito Administrativo da USC, formarán parte da Comisión Técnica constituida para a posta en marcha dun operador enerxético municipal.
O reitor da UDC presidirá o 16 de abril, un recoñecemento pola gran contribución do presidente de Cartesón ás actividades académicas desenvolvidas no marco da Cátedra.
Estos premios recoñecen os mellores traballos de fin de grao (TFG) presentados no curso 2020/2021. A presentación dos traballos dos mellores TFG presentados á convocatoria e o fallo do xurado, formado polas entidades Aldaba, Corunet e NTT DATA das cátedras institucionais Aldaba-WIB, Corunet e NTT Data, tivo lugar o martes 5 de abril na celebración da Feira de Emprego e Prácticas da Facultade de Informática da UDC.
A entrega de premios tivo lugar durante a Feira de Prácticas e de Emprego, celebrada o 5 de abril na Facultade de Informática da UDC.
“A actividade do CITEEC responde aos tres piares da investigación universitaria: de base, aplicada e con capacidade de transferencia”
A Universidade da Coruña conta co único centro de investigación en España que alberga, nas mesmas instalacións, as infraestruturas necesarias para desenvolver os principais ensaios experimentais en enxeñería civil e edificación. Trátase do CITEEC, que conta, tal e como explica o seu director, o catedrático Juan Ramón Rabuñal, cun sistema de visita virtual aos diferentes laboratorios que permite ao usuario descubrir tanto a actividade como as capacidades do equipo de investigadores do Centro.
Máis dun centenar de alumnos asistiron ao segundo encontro do Ciclo COMversación, celebrado o 4 de abril, que permitiu visualizar as grandes oportunidades e os retos que supón a súa aplicación corporativa no ámbito comunicativo.
O investigador da Universidade da Coruña Javier Muñiz coordina o equipo de traballo, formado por investigadores da UDC e a USC, encargado do asesoramento do Sistema de Vixilancia das Enfermidades Crónicas de Galicia (SVEC-G), co obxectivo de mellorar a investigación clínica e a docencia. O proxecto que arrancou a súa sexta fase en xaneiro conta cun orzamento estimado de 15.000 euros e ten un prazo de execución de tres meses.
O profesor da Facultade de Economía e Empresa da UDC Félix Puime Guillén desenvolve varios proxectos na área de economía para as entidades Argentina Barbados, un proxecto consistente na revisión das contas contables do grupo e para Millenium Group, no proxecto de elaboración dun cadro de mando integral.
A sesión terá lugar o 5 de abril ás 12 horas na Aula Magna da Facultade de Economía e Empresa.
Continuan as COMversaciones, Susana Ladra, coordinadora do Campus Innova participa na segunda sesión do Ciclo de conversacións sobre COMUNICACIÓN, que se celebra o día 4 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC.
A entrega de premios terá lugar durante celebración da Feira de Prácticas e de Emprego, terá lugar o vindeiro 5 de abril na Facultade de Informática da UDC.
A entrega de premios da sétima edición terá lugar durante a Feira de Prácticas e de Emprego, que se celebrará o 5 de abril na Facultade de Informática.
Xa se poden visualizar as ponencias dos relatores participantes na Xornada da Cátedra SXD Galicia Activa.
Continuan as COMversaciones, Cristina Aced, directora de Comunicación de UPF Barcelona School of Management participa na segunda sesión do Ciclo de conversacións sobre COMUNICACIÓN, que se celébra o día 4 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC.
Na actualidade o equipo de traballo leva a cabo un proxecto cun orzamento estimado de 28.000 euros sobre asesoramento na aplicación de técnicas de optimización de visualización de imaxe médica que está liderado polo profesor da Facultade de Informática Julián Dorado de la Calle. O prazo durante o que se desenvolveran os traballos de asesoramento é de 6 meses.
O investigador Ricardo Juncosa Rivera, coordinador do Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente, adscrito ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (Citeec) dirixe o proxecto de aproveitamento e informe xustificativo dos perímetros de protección do Balneario de Arteixo. O prazo de execución dos traballos é de tres meses e medio e conta cun orzamento de 18.000 euros.
Os profesores da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, América Álvarez Domínguez e Ángel Fernández Castro levan a cabo traballos de asesoramento en materia de contabilidade e valoración de empresas. A duración inicial do proxecto é de dous meses e conta cun orzamento que ascende a 14.500 euros.
Carmen Costa, profesora de Comunicación e directora da Cátedra Vegalsa-Eroski de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa ve necesario que empresas e institucións centren o seu esforzo na "transparencia" para facer fronte a un contexto de desconfianza e desinformación. Na entrevista realizada polo colaborador da Cátedra, Quincemil, Costa afirma "El Big Data es uno se los retos futuros de la comunicación".
O programa consta de catro relatorios e un debate posterior, que terán lugar o 2 de abril no Auditorio de Galicia.
A Cátedra impulsa o traballo dos doutores enxeñeiros de camiños, canais e portos Carlos Nárdiz e Gael Sánchez Rivas que leva por título “Soluciones Sostenibles para Caminos de Trabajo en Fincas y Montes”. O proxecto ten como obxectivo a definición de solucións sostibles para a construción de camiños de traballo en leiras e montes asegurando a súa funcionalidade baixo un enfoque que busca reducir o seu impacto e a necesidade de mantemento. Algunhas das recomendacións deste traballo son o emprego de pasos de auga de pedra ou a adaptación á topografía e a integración da sinalización.
Comezan as COMversaciones. Jessica Rey de Casa Grande Xanceda participa na primeira xornada do Ciclo de conversas sobre COMUNICACIÓN, que se celebra o día 7 de marzo na Facultade de Ciencias de Comunicación da UDC.
Comezan as COMversaciones. María Sande, xefa de Comunicación da Rexión Noroeste de Coca-Cola Europacific Partners participa na primeira xornada do Ciclo de conversas sobre COMUNICACIÓN, que se celebra o 7 de marzo na Facultade de Ciencias de Comunicación da UDC.
Tras o encontro celebrado en A Coruña, a Cátedra ALDABA WIB organiza unha xornada entre estudantes na Escola Superior de Enxeñaría Informática da UVigo previsto para o vindeiro 8 de marzo.
Entrevista en La Opinión de A Coruña á traballadora de NTT DATA e unha das creadoras do programa UniQa, Sandra Conde, quen impartiu a primeira sesión do programa impulsado pola Cátedra NTT DATA en Diversidade e Tecnoloxía.
No primeiro dos encontros, que se celebrará o 7 de marzo, debullamos a relación entre Comunicación, Sustentabilidade e Confianza.
Esta Cátedra permitirá, entre outras cousas, traballar no impulso de vocacións tecnolóxicas femininas. Preme aquí para ver máis información.
Durante 18 meses a Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sustentable e a Fundación Galicia Sustentable levaron a cabo un traballo experimental na rexeneración dos solos de máis de 100 micro parcelas nunha finca situada na Laracha.
O profesor Fernando Agrasar Quiroga dirixe o proxecto para o Acondicionamento para a Biblioteca das Cabalerizas do Pazo de Lóngora. por 17.000 euros.
A xornada, que terá lugar o 18 de febreiro ás 19.45 horas, será retransmitida en directo a través da canle en YouTube de HM Hospitales.
Coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro) a facultade de Informática de A Coruña e o MUNCYT organizan unhas charlas online impartidas por mulleres que dedicadas a profesións tecnolóxicas. Desde a Cátedra participamos cunha charla dunha das profesionais de ALDABA, Gema Vázquez.
O vindeiro venres 11 de febreiro ás 11:00 h o Salón de Actos da Facultade de Economía e Empresa da UDC acolleu unha conferencia do Vicepresidente Segundo da Xunta Francisco Conde sobre “Galicia: crecendo sobre a base da innovación, o talento e a sustentabilidade”.
A Cátedra NTT DATA presenta UniQA, un seminario feminino para potenciar as habilidades directivas e a marca persoal das estudantes de máster e dos últimos cursos dos graos en titulacións TIC da UDC.
Carlos Amoedo ofreceu un relatorio sobre “A quebra do Dereito Administrativo” no marco da relación entre a biodiversidade e a pandemia ocasionada pola covid-19.
A consultora tecnolóxica e a UDC apostan por fomentar o intercambio de experiencias na docencia, a investigación e a cultura continuando o traballo realizado os catro últimos anos na Cátedra de Transformación Dixital. No marco desta colaboración xorde UniQA, un seminario feminino orientado as novas tecnoloxías e traballos de futuro.
Unha veintena de usuarios do programa formativo da UDC participaron nun obradoiro de empregabilidde organizado pola Cátedra Vegalsa-Eroski UDC nas instalacións da empresa en A Grela.
O 14 de febreiro abrse o prazo de presentación de solicitudes da cuarta convocatoria de bolsas de formación para o curso académico 2022-2023.
A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC e Espazo Compartido organizan unha actividade conxunta o xoves 27 de xaneiro. A iniciativa inclúe coñecer o funcionamento da empresa Vegalsa-Eroski, tamén dun obradoiro de empregabilidade.
O proxecto inclúe unha axuda económica de formación na materia que, nesta primeira edición, foi concedida ao estudante Alberto Irigoyen Mallo.
O investigador Vicente Díaz Casás dirixe un proxecto no ámbito da Enxeñaría Naval e Industrial, os traballos incluen a realización de informes técnicos relativos a paneles H1417 e sensores 10A. Para o desenvolvemento dos traballos conta con 14 meses e un orzamento que ascende a 11.000 euros.
A Universidade da Coruña e a empresa GHENOVA asinan un convenio para a creación da Cátedra Ghenova-UDC de Industria 4.0.
A Cátedra participa na una mesa online en La Voz de Galicia sobre Las acciones como motor del cambio social. O 19 de xaneiro, a directora da Cátedra, Carmen Costa Sánchez, explicará neste encontro a filosofía e liñas de actividade do proxecto para os próximos meses.
O investigador Alberto de Vega dirixe desde o mes de novembro un proxecto de análise de isotopos estable de mostras recollidas nas campañas ecosistemáticas para Fundación AZTI. Os traballos levaránse a cabo ao longo de 18 meses cun orzamento que ascende a 10.890 euros.
O investigador Vicente Díaz Casás da Escola Politécnica Superior e membro do Grupo de Investigación GII da UDC, dirixe un proxecto de asistencia técnica para a simulación e validación experimental no deseño dun dispositivo para a contención de plásticos en ríos. Os traballos deron comezo en outubro e levanse a cabo empleando o modelado e ensaio experimental de barreiras para a súa contención. O proxecto estímase dure 5 meses e para o seu desenvolvemento cóntase cunha achega económica de 45.000 euros.
A directora da Cátedra Vegalsa-Eroski, Carmen Costa, concedeu o 9 de xaneiro unha entrevista a La Opinión de A Coruña para falar sobre as actividades da cátedra e a labor que desenvolve no campo do compromiso social.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez e os reitores das universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e de Vigo asinason o 27 de decembro o convenio de colaboración para o desenvolvemento de análise da incidencia do cambio climático na costa galega. No que participan o Grupo de Enxeñaría e Medio Ambiente (GEAMA) da UDC, O Grupo de Investigación REDE da Universidade de Vigo e o Grupo de Investigación ECO-IURIS da USC.
O proxecto, que ten vocación de continuidade, identifica áreas susceptibles de mellora e propón medidas de restauración, tanto mediante a potenciación da rexeneración natural como mediante a reforestación. A investigación foi desenvolvida polos doutores da UDC María José Servia e Jaime Fagúndez, coa coordinación da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e o financiamento da Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible.
O convenio inclue a realización de xornadas formativas e divulgativas, así como estancias en outras universidades, para impulsar a internacionalización de estudos de Economía e Empresa; iniciadas en 2017 coa posta en marcha da Cátedra impulsada pola UDC e Cartesón.
O profesor Jose Ramón Méndez da E.U. de Deseño Industrial dirixe proxectos no ámbito da Enxeñaría por importe de 12.000 euros.
A entidade Estructuras y Equipamiento Submarinos de Galicia e o Grupo de Enxeñaría Mixto da UDC asinaron o 20 de novembro de 2021 a continuación dos traballos do “PROYECTO INVESTIGACIÓN PROARR3 – NUEVAS FORMAS Y TAMAÑO DE MÓDULOS A PARTIR DE LA OPTIMIZACIÓN, MEDIANTE TÉCNICAS DE SIMULACIÓN, DE LA LOGÍSTICA DE PRODUCCIÓN Y DE SUMINISTRO”. As diversas actuacións desenvolveranse por sete investigadores. Os traballos levaranse a cabo ao longo de 18 meses cun orzamento que ascende a 10.000 euros.
O profesor Fernando Peña da Facultade de Dereito, cun importe de 3.000 euros recibe un encargo de Moneo Jurídica para a elaboración dun informe sobre enriquecimento inxusto, xestión de negocios alleos e pago de honorarios por membro de comunidade de bens. O prazo de execución dos traballos é de dous meses.
O profesor Alberto Varela, da Escola de Camiños, dirixe un proxecto de deseño e implementación dunha metodoloxía de análise mediante o procesamento masivo de datos LiDAR para a identificación e caracterización de defectos no pavimento, sendo obxecto do estudo un tramo da rede viaria autonómica da Xunta de Galicia. Para o deselvolvemento dos traballos conta coa colaboración de técnicos do Grupo de Investigación Avanzada e Cartográfica (Cartolab) da UDC e do Grupo de Arquitectura de Computadores do Centro Singular de Investigación de Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC. Estímase un prazo de execución dos traballos de 9 meses. O orzamento para este estudo ascende a 18.000 euros.
A entidade Vales, Abogados & Asesores Tributarios encarga ao investigador Fernando Peña un proxecto de asesoramento e asistencias técnicas en materia de asesoramento xurídico empresarial, seguros, contratación nacional e internacional e arbitraxe. O importe do proxecto ascene a 36.000 euros. Dirixirá durante os vindeiros 12 meses o estudo en materias xurídicas propias do presente encargo.
O investigador Miguel Rodríguez Bugarín coordinará os traballos obxecto do estudo dos elementos para a definición dunha estratexia ferroviaria para a Autoridade Portuaria de A Coruña. Desde finais de outubro de 2021 e ata febreiro de 2022 o investigador encargarase de analizar os aspectos que, nos próximos anos, resulten máis importantes e decisivos relacionados coa conexión do Porto de A Coruña e á rede ferroviaria nacional e europea. O orzamento do proxecto ascence 14.000 euros.
O profesor Jordi Delgado dirixe unha investigación sobre a caracterización xeral e extracción secuencial de metais en mostras de sedimento fluvial da contorna da Mina Landoi (Cariño, A Coruña). O obxectivo do proxecto é avaliar a posibilidade de realizar unha caracterización dos sedimentos fluviais da contorna desde o punto de vista do seu contido en metais seleccionados. O orzamento do proxecto ascende a 6.000 euros.
O profesor Jaime Rodriguez-Arana responsable do asesoramento xurídico para unha gandería local. Desenvolverá a súa liña de traballo por un periódo inicialde tres meses, conta cun orzamento que ascende a 3.600 euros.
A investigadora e Doutora en Enxeñaría Civil na Universidade de A Coruña Carolina Martínez García gañadora da primeira edición do Premio da Cátedra Hijos de Rivera UDC á Melllor Tese Doutoral en Desenvolvemento Sostible.
Como resultado da colaboración da FUAC coa Revista Pocomaco, lanzamos un novo artigo baixo o título "El tejido productivo gallego cuenta con las infraestructuras de la UDC para incrementar su competitividad analítica". Artigo dispoñible aquí.
Estudantes da Facultade de Economía e Empresa da UDC disfrutaron de becas para participar no 2021 Fall l Fall Global Leadership concedidas pola Cátedra Luis Fernández Somoza.
A Facultade de Dereito da Universidade da Coruña acollerá o vindeiro venres 10 de decembro unha xornada sobre "O dereito da instalación de parques eólicos a debate" organizada pola Cátedra de Dereito Local".
Publícase a obra colectiva «Derecho y Dinamización e Innovación rural», dirixida polo Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña, Francisco Javier Sanz Larruga e o Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago, Luis Míguez Macho.
O investigador da Universidade da Coruña, Marcos Lado Liñares, coordinará os traballos obxecto do estudo da monitorización dos xacementos arqueolóxicos costeiros de Galicia afectados polo cambio climático. Durante 3 meses o equipo investigador encargaráse da elaboración de modelos da superficie do solo nos xacementos arqueolóxicos costeiros de Castro de Baroña (Porto do Son), Adro Vello (O Grove), Guidoiro Areoso (A Illa) e Igrexa Vella (Mañón), empregando tecnoloxía Lidar aeroportada en drons.
Os profesores Anxo Calvo Silvosa e Angel Fernández Castro dirixen un proxecto sobre a análise da industria cárnica en Galicia, España e a Unión Europa. Para o seu deselvolvemento levarán a cabo a análise económica de empresas galegas en termos comparativos coa industria cárnica española e das principais Comunidades Autónomas produtoras. O proxecto ten unha duración de 3 meses.
O profesor Francisco Taibo Pena de Enxeñaría Civil, xestiona un proxecto na área de multimedia en rede para a empresa CINFO. Os traballos céntranse no desenvolvemento de tecnoloxía para o render e procesamento de vídeo na nube. A duración inicial do proxecto é de 10 meses e o orzamento ascende a 40.000 euros.
O investigador e coordinador do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (LIM), Javier Cuadrado, dirixe un estudo ergonómico dun posto de traballo para ZEN Business Solutions S.L. Os traballos deselvolvidos procuran reducir as lesións dos operarios na realización das súas tarefas laborais. O estudo desenvolverase no prazo de 6 meses.
O investigador Federico Pomar do Departamento de Bioloxía dirixirá o Proxecto Algaterra, impulsado pola entidade Porto Muiños. El proxecto analizará a presenza de fitohormonas en mostras liofilizadas de algas mariñas de Galicia, co fin de elaborar novos insumos agrícolas para a mellora de cultivos ecolóxicos. Os traballos que deron comezo en outubro de 2021 rematarán en setembro de 2023.
O investigador e membro do Grupo de Investigación BIOCOST, Jaime Fagundez Diaz atópase inmerso nun proxecto sobre a avaliación da presenza de hábitats e vexetación en dúas áreas de estudo no norte de Lugo desde o mes de setembro. Durante 3 meses realizará traballos de campo co obxectivo de estudar os hábitats detectados, flora de interese ou ameazada e recomendación de actuación na zona.
O investigador Bruno Casal está levando a cabo unha asistencia técnica para o deseño e a implantación de novos modelos de negocio, centrándose inicialmente na análise en detalle da entidade e procura de novos nichos de mercado, co obxectivo final de deseñar novos modelos de negocio. O orzamento para o desenvolvemento do proxecto ascende a 67.000 euros e ten una duración de dous anos.
A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC organiza a I Xornada de Divulgación Social o xoves 2 de decembro con inscrición gratuita.
Os profesores María Carreiro e Cándido López presentarán ao alumnado o proxecto de construcións de traballo sustentables durante a sesión do 26 de novembro, dedicada á innovación social.
O profesor Manuel Romero de Ciencias da Saúde desenvolve tarefas de asesoramento e apoio a investigación clínica na especialidade de podoloxía para Assistens, será durante o ano 2021 e ata setembro de 2023. O orzamento ascende a 7.200 euros.
Nomeado como investigador principal o profesor Alberto de Vega de Enxeñaría Quimica nun proxecto sobre a análise de produtos químicos en alimentos. Así durante o ano 2021 e ata decembro de 2022 analizaránse maís de 100 mostras. A finalidade é dispoñer das determinacións por parte da Comunidade Autónoma de Galicia dos datos relativos de contaminantes nos alimentos, e así poder avaliar os sistemas de control, produción e comercialización. A achega económica ascende a 47.000 euros.
Os profesores da Universidade da Coruña, Carlos Carro e Antonia Pérez, dirixen o Estudo demoscópico sobre a demanda turística no Camiño Inglés. Os traballos levados a cabo polo equipo de investigación céntranse na identificación do perfil, as motivacións e o grao de satisfacción do turista/peregrino no último trimestre do ano 2021. O orzamento do proxecto ascende a 9.600 euros.
Desde o mes de novembro e durante o vindeiros 12, meses Carlos Aymerich da Facultad de Dereito da UDC aborda traballos de asesoramento centrados na valoración técnica e económica de postos de traballo; utilizando como instrumento obxectivo de ordenación a RPT. O orzamento do encargo ascende 6.000 euros.
A Cátedra Luis Fernández Somoza para a Internacionalización dos Estudos de Economía e Empresa da UDC organiza o 28 de outubro, ás 12:30 horas no paraninfo da Facultade de Economía e Empresa a conferencia de apertura do curso a cargo do director xeral de Ipasa / SanBrandan, Carlos Martínez Rubinos.
O vindeiro 16 de decembro de 2021 e en horario de 17:00 a 20:00 horas, terá lugar a III Xornada da Cátedra SXD Galicia Activa que leva por título "Exercicio físico en poblacións con necesidades específicas: embarazo, enfermidade crónica e discapacidade".
O vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC e o director de Relacións Institucionais de HM en Galicia asinaron na Reitoría o acordo anual ao abeiro do cal está aberta a convocatoria da terceira edición do Premio á mellor tese doutoral na materia.
O proxecto de I+D do ámbito internacional BIRDS, Bioinformatics and Information Retrieval Data Structures Analysis and Design, está financiado pola Comisión Europea a través do Programa H2020, MSCA-RISE-UE. No mes de xuño Susana Ladra comezou a dirixir os traballos, para o cal estímase unha duración dun ano e conta cun orzamento que ascende a 66.900 euros.
O desenvolvemento dunha aplicación móbil para a recollida e visualización de maneira georreferenciada de manifestacións de interese en iniciativas de xestión forestal asociativa corre a cargo do Grupo de Arquitectura de Computadores da UDC, baixo a dirección de Juan Touriño e Ramón Doallo da Facultade de Informática.
A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento sostible impulsa o desenvolvemento de construccións de traballo sostibles para explotacións agropecuarias, centrando o proxecto nas contrucións de pequena escala que acompañan o traballo nunha parcela agrícola.
O investigador José Manuel Sánchez Santos é o responsable de levar a cabo traballos de asesoramento sobre o sector do xogo público e privado en Galicia. O obxectivo deste proxecto é realizar unha análise da situación actual e dos potenciais escenarios do sector. O proxecto conta cun orzamento de preto de 7.000 euros financiado pola entidade Loterias y Apuestas Deportivas de Galicia S.L., cun tempo estimado de realización dos traballos de 5 meses.
AENOR e a UDC amplian a súa colaboación no ámbito da I+D+i. No ano 2021 participaron en 6 proxectos os profesores/as Blanca Laffon da Facultade de Educación, Mª José Abad da Escola de Deseño Industrial, Alfonso Loureiro da Escola Politécnica Superior, Concepción Herrero da Facultade de Ciencias e Juan Ramón Rabuñal da Facultade de Informática.
O proxecto sobre novos conceptos de mandos para equipos de apriete de pernos está desenvolvido por un equipo investigador dirixido por José Ramón Méndez da Área de Proxectos de Enxeñaría e Alvaro Deibe da Área de Matemática Aplicada. Os traballos comezaron en xuño ten prevista a súa finalización a finais de outubro de 2021.
O investigador Richard Duro da área de Ciencas da Computación e Intelixencia Artificial leva a cabo un proxecto de mellora do proceso de negocio, cuxo orzamento ascende a 3.600 euros e cunha duración de dous meses. Os traballos centránse no desenvolvemento dunha ferramenta que dixitalice e automatice o proceso de negocio existente entre BLUE QUALITY cos seus clientes e proveedores de servizo.
Os investigadores Jose Luis Barriada e Mª Teresa Rodríguez dirixen o equipo de traballo encargado de levar a cabo o proxecto de I+D baixo o título de LION-HD (investigación industrial de materiais estratéxicos para baterías de ion-litio de alta densidade enerxética e custo optimizado en electro mobilidade). O proxecto posto en marcha en xuño de 2021 conta cun prazo de realización de 3 anos e un orzamento estimado de 16.900 euros.
O proxecto conta cunha duración máxima de 7 meses e un orzamento de 46.000 euros para a súa elaboración. O equipo que está levando a cabo o proxecto está dirixido por Laura Oso, Catedrática da Universidade na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e coordinadora do ESOMI, cuxa entrega está prevista a finais do mes de decembro do ano 2021.
O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu o xoves 7 e venres 8 de outubro de 2021 a cuarta edición do Congreso XoveTIC, destinado a persoal investigador junior para presentar as súas comunicacións no ámbito das tecnoloxías da Información e as Comunicacións (as TIC).
Durante o 2021 firmáronse 10 contratos con diversas entidades por un importe de 21.000 euros co obxectivo de asesorar sobre a estabilidade estrutural en edificios. O investigador encargado de levalos a cabo é Juan Pérez Valcárcel, profesor de Estruturas da Escola Técnica Superior de Arquitectura e membro activo do Grupo de Estructuras Arquitectónicas (GEA).
A Cátedra Luis Fernández Somoza recolle a experiencia do alumnado tras as súas estancias internacionais en Wales e Rennes.
A investigadora María Sobrido dirixe un proxecto de xestión de documentación científica centrada na información xenética relacionada con cardiopatias familiares. O proxecto púxose en marcha en maio e conta cun orzamento de 11.000 euros, cunha duración inicial de 12 meses.
Os experimentos céntranse na rexeneración do chan de monocultivo de eucalipto con biomasa de proximidade para plantexar nel unha sucesión de cultivos. Os resultados preliminares dos ensaios, que se extenderán ata finais do 2021, indican que é compatible o cultivo de determinados alimentos nas plantacións de eucalipto.
Durante o primeiro semestre de 2021 firmáronse contratos con varias entidades locais por un importe de 28.000 euros co obxectivo de asesorar no proceso de elaboración das súas Relacións de Postos de Traballo (RPT). O investigador encargado de levalos a cabo é Carlos Aymerich, do Departamento de Dereito Público e membro activo do Grupo de Investigación "Derecho Público Global" da UDC.
O investigador da Universidade da Coruña Javier Muñiz coordina o equipo de traballo encargado do asesoramento do Sistema de Vixilancia das Enfermidades Crónicas de Galicia (SVEC-G), co obxectivo de mellorar a investigación clínica e a docencia. O proxecto, que comezou a súa quinta fase en xullo, conta cun orzamento estimado de 15.000 euros e ten un prazo de execución de 6 meses.
A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sustentable patrocina os II Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da Universidade da Coruña na súa modalidade de Sustentabilidade.
O investigador e profesor da Escola Universitaria Politécnica da UDC Jose Luis Calvo Rolle dirixe un proxecto de desenvolvemento e asesoramento para a medición de radiación ambiental entre o Laboratorio de Radioactividade Ambiental e a Universidade de Castilla-La Mancha (UCLM). As investigacións deron comezo en novembro do ano 2020 e estímase que teña unha duración inicial de 24 meses.
O Campus Industrial da UDC e a Fundación Universidade da Coruña asinaron un acordo de colaboración para as actuacións do plan de actividades do ano 2021 no ámbito da I+D+i nos Campus de Especialización por un importe de 21.500 euros.
O profesor da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña Juan Jesús Raposo Arceo recibe encargos da Asociación Eólica de Galicia e de Vento Verde S.L.
O traballo coa Asociación Eólica de Galicia (EGA) deu comezo en xullo do presente ano, sendo a finalidade do encargo a asistencia xurídica en materia de ordenación do territorio, urbanismo, medio ambiente, montes e normativa sectorial de dereito público e a súa incidencia no sector eólico.
Por outra banda, o encargo de Vento Verde S.L., que comezou en xuño, céntrase na asistencia xurídica e urbanística para a instalación de fibra óptica en concellos de Galicia.
Conta para cada encargo cun orzamento estimado de 17.000 euros e un prazo inicial de execución dun ano.
A profesora da Facultade de Economía e Empresa María Jesús Freire Seoane nomeada encargada do equipo que leva a cabo a recompilación de datos para a elaboración do Barómetro de Economía. O proxecto arrancou a finais de abril do presente ano e ten un prazo de execución de 12 meses, para o que conta cun orzamento estimado de 7.000 euros. O BAROMETRO DE ECONOMÍA recolle periódicamente a opinión do colectivo de economistas galegos sobre parámetros clave da situación actual da nosa contorna; resultando de gran utilidade as conclusións obtidas para os responsable públicos e privados na súa toma de decisións.
Aberta a terceira convocatoria de Premios da Cátedra HM Traumatoloxía do Deporte. Nesta ocasión haberá premios para a mellor Tese Doutoral e para o mellor TFM.
O director da Cátedra SXD Galicia Activa, Eliseo Iglesias Soler, participou o pasado 26 de agosto nas Mesas saudables Vegalsa Eroski de La Voz de Galicia para falar sobre os beneficios do exercicio e a actividade física en todas as idades.
As mulleres integran un equipo que combina a práctica de remo en Dragon Boat coa sensación de superación persoal
A entidade ANDERSEN TAX&LEGAL encarga a UDC a realización dun proxecto sobre asesoramento en materia de Dereito Patrimonial, o importe do proxecto ascende a 60.000 euros. A investigadora e especialista en Dereito Contractual e de Consumo e en Responsabilidade Civil Natalia Alvarez Lata, dirixe actualmente desde febreiro o proxecto do estudo en materia propia da contratación, así como o asesoramento á entidade durante os dous anos de duración da encomenda.
A Axencia Nacional da Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) encarga a Matilde Massó e Montserrat Golías Pérez da UDC a realización dun informe sobre a fenda salarial nas universidades públicas españolas. Os traballos levados a cabo por ambas investigadoras facilitarán unha primeira visión sobre a situación actual a partir dunha mostra representativa das universidades públicas españolas.
O profesor Javier Luis Fernández Fernández da Facultade de Filoloxía da UDC participa na actualidade en proxectos con entidades da área da publicidade como Yago's Publicidad e Zercana no asesoramento en estudo sobre a publicidade exterior en Galicia.
Na actualidade o equipo de traballo leva a cabo un proxecto para unha entidade do ámbito tecnolóxico cun orzamento estimado de 31.000 euros sobre asesoramento na aplicación de técnicas de intelixencia artificial e computación na nube para a xestión de imaxe médica dixital, que está liderado polo profesor da Facultade de Informática Julián Dorado de la Calle. O seu obxectivo é agregar maior valor a entidade asesosando no desenvolvemento dun sistema integral de xestión de imaxe médica na nube que incorpore técnicas avanzadas de Intelixencia Artificial.
O profesor de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade da Coruña Fernando Ruiz Lamas recibe encargos para a realización de asesoramento no ámbito contable. Desde o mes de setembro de 2020 e ata setembro de 2021 é o responsable da análise da contabilidade para unha entidade local.
O Máster propio da UDC en Criminoloxía, dirixido polo profesor José Ángel Brandariz, conta coa experiencia docente e investigadora de catedráticos como Patricia Faraldo e Miguel Clemente.
Encomenda ao profesor da Facultade de Ciencias da UDC Manuel Soto Castiñeira a dirección do proxecto sobre o tratamento de residuos de A Coruña encamiñado a súa xestión eficiente e sustentable. O proxecto, que ten unha duración de 10 meses inclúe un estudo do potencial de material residual e como reciclalo e reutilizalo. Conta cun presuposto de 15.600 euros.
A compañía galega de distribución alimentaria afronta así o reto de trasladar á sociedade unha visión integral sobre a importancia da comunicación para o coidado da saúde e da contorna.
A investigadora Mª Teresa Rodríguez Blas da Facultade de Ciencias da UDC dirixe un estudio sobre a potencialidade funcional de diferentes péptidos funcionais, que poden estar presentes en cereais e pseudocereais. O proxecto ten unha duración inicial dun ano e está financiado por Hijos de Rivera S.A.U. por un importe de 10.000 euros.
O profesor José Antonio Seoane Rodríguez de Filosofía do Dereito da UDC e coordinador do Grupo de Investigación "Filosofía, Constitución e Racionalidade" recibe o encargo dunha entidade local de asesoramento no ámbito da ética no traballo social, intervención social e toma de decisións.
En maio de 2021 deu comezo a terceira fase da monitorización do virus SARS-CoV-2 nas instalacións xestionadas por Edar Bens. O proxecto COVIDBENS III dirixido pola investigadora Margarita Poza Domínguez cunha duración prevista de 6 meses conta cun orzamento de 50.000 euros.
O convenio que regula A Cátedra SXD Galicia Activa prorrógase un ano máis. Esta cátedra púxoa en marcha a Secretaría Xeral para o Deporte a través da Fundación Deporte Galego e a Universidade da Coruña.
A Cátedra Luis Fernández Somoza concede a 17 estudantes matriculados na Facultade de Economía e Empresa da UDC becas para a participación no 2021 Fall l Fall Global Leadership.
José A. Brandariz, membro de Ecrim Udc e Director do Máster Propio da UDC en Criminoloxía acaba de publicar un novo artigo sobre Criminoloxía Teórica.
A sinatura do convenio fíxose o luns 5 de xullo nun acto simbólico a bordo do balandro Joaquín Vieta, o veleiro máis antigo de Galicia, construído entre 1915 e 1916 nunha carpintería de Ribeira do Freixo (Outes). A conselleria do Mar, Rosa Quintana firmou o convenio de colaboración co reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente do padroado da Fundación Universidade da Coruña (FUAC), José María Barja, para a elaboración do Plan da cultura marítima de Galicia-Horizonte 2030. Este acordo, que foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o pasado 2 de xuño, permitirá deseñar un plan de accións para protexer o patrimonio e a cultura marítima de Galicia e blindar o seu futuro.
A colaboración ,que estará vixente ata o 31 de decembro de 2023 con opción de prórroga, tradúcese nunha investigación dirixida polo profesor e experto na materia Óscar Fuertes e conta con preto de 200.000 euros de financiamento da Consellería do Mar.
Xa temos novo número da revista Pocomaco publicada en xullo de 2021 (Nº 31). A Fundación Universidade da Coruña colabora coa revista Pocomaco, polo que vos presentamos o novo artigo sobre "I+D al servicio de las personas gracias a la transferencia de conocimiento"
Lanzamos o Máster Propio da Universidade da Coruña en Criminoloxía (MCrim): primeira oferta formativa de posgrao en materia criminolóxica do Sistema Universitario Galego.
O Doutor Rafael Arriaza móstrase moi satisfeito co resultado do Curso de Videotécnicas en Artroscopia de Cadeira organizado polo Instituto Médido Arriaza en A Coruña e a Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte.
O martes 6 de xullo Luis Carral presentou no Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT) do Campus de Ferrrol un prototipo a pequena escala dun arrecife artificial, cita á que acuiu a vicereitora do Campus de Ferrol, María Jesús Movilla, e o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Indalecio Seijo e outras autoridades.
A Cátedra Luis Fernández Somoza para a Internacionalización dos Estudos de Economía e Empresa da UDC financia dez artigos de investigación entre profesorado da Facultade de Economía e Empresa da UDC e Universidades Estranxeiras.
Os responsables de levar a cabo o proxecto son os profesores María Teresa Rodríguez Blas e Andrés Manuel de Blas Varela do Grupo de Investigación Metais en Medio Ambiente e Medicina (METMED) adscritos ao Departamento de Química da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña. A duración inicial do proxecto é de 24 meses. Durante o desenvolvemento do proxecto os investigadores centraránse principalmente en analizar as transformacións de fase que se producen durante o tempo de cocido, así como a estrutura porosa do material.
#investigacionudc #innovacion
O programa de Avaliación e tratamento terapeútico de menores en situación de risco e desamparo é froito dun convenio entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña foi prorrogado para o ano 2021 por un total de 235.019 euros, o que da a oportunidade aos menores que se atopan no contexto de Protección a Infancia a recibir atención terapéutica especializada.
O confinamento pola COVID-19 no programa supuxo un descenso das derivacións ao programa no segundo trimestre que se recuperou no terceiro trimestre ata saturar os 290 casos do convenio. No cuarto trimestre houbo unha enorme e inesperada cantidade de casos novos derivados ao programa que recibiron tratamento anticipado grazas a prórroga do programa.
O profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC Manuel José Freire Tellado dirixe a obra de restauración da Igrexa, Claustro e áreas de Visita Pública no Colexio do Cardeal de Monforte de Lemos (Lugo), para a súa realización contará con 6 meses desde a sinatura do encargo o 30 de abril de 2021 e contará cun importe de 12.600 euros.
O proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 que promove a restauración e mellora das condicións de conservación dos elementos singulares do patrimonio cultural da Ribeira Sacra para a súa difusión e posta en valor.
O profesor Ricardo Juncosa do grupo GEAMA lidera proxectos de investigación no campo da Hidroloxía que supoñen unha inversión preto de 42.000 euros. As entidades coas que participa son Termas do Prexigueiro S.L. e Ibernisha participando na adaptación dos espazos termais de Outariz e A Chavasqueira e As Termas do Prexigueiro, e Cobre San Rafael traballando no Informe do plan hidrolóxico de Galicia.
O profesor José Manuel Andrade Garda Catedrático de Química Analítica da UDC e membro do Grupo de Investigación QANAP lidera o equipo de traballo encargado de levar a cabo a investigación no ámbito científico acordada no acordo asinado entre a Universidade da Coruña e Repsol. A duración do proxecto é dun ano desde a sinatura o 20 de decembro de 2020 e conta cun orzamento de 84.700 euros.
#investigacionudc #innovacion
Bolboretas Rosas é un grupo de remo en Dragon Boat formado por mulleres supervivintes do cancro de mama posto en marcha pola Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte e o Instituto Médico Arriaza en maio de 2021.
O Hotel Attica 21 acollerá o vindeiro 2 de xullo o VII Curso de Videotécnicas en Artroscopia de Cadeira organizado pola Cátedra HM de Traumatoloxía del Deporte e o Instituto Médido Arriaza.
A Cátedra Luis Fernández Somoza convoca 17 prazas para a participación no 2021 Fall l Fall Global Leadership para estudantes matriculados na Facultade de Economía e Empresa da UDC.
A Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte pon en marcha o grupo "Bolboretas Rosass" de remo en Dragon Boat para mulleres superviventes do cancro de mama.
Roche Farma e a Fundación Universidade da Coruña asinan un convenio de colaboración que promove a investigación biomédica, e que están levando a cabo o
"PROXECTO DE FORMACIÓN REUMATOLÓXICA DO CHUAC" no Hospital Universitario de A Coruña baixo a coordinación do Dr. Javier de Toro Santos a fin de facilitar a difusión de coñecemento sobre artritis reumatoide.
Desde o ano 2015 desde o servizo de reumatoloxía do Hospital Clínico Universitario e baixo a denominación de Proxecto de Formación Dixital, lévanse realizando unha batería de actividades de divulgación orientadas tanto a clínicos como a pacientes en distintos ámbitos e canles, ao que se une como colaborador ROCHE FARMA para os años 2020 e 2021 cunha aportación que ascende a 8.000 euros, continuando así este ambicioso e exitoso proxecto. Este proxecto obtivo o recoñecemento da Sociedade Española de Reumatoloxía.
O investigador e docente no Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas Ramón Fernández Cervantes, é o encargado do proxecto de investigación, cuxo obxectivo é mellorar o ámbito sociosanitario. A duración do proxecto denominado "Asesoramento en coordinación asistencial, docente investigadora en procesos de fisioterapia" é de 12 meses nos cales centrará os seus esforzos en avaliar os procecementos fisioterapeuticos actuais, proporcionar asesoramento técnico á empresa e promover unha formación continua no ámbito clínico asistencial óptimo.
Volve a Feria de Emprego, a Cámara organiza a IX Edición virtual da Feria de Emprego o vindeiro 17 de xuño de 2021. A FUAC contará cun STAND VIRTUAL e realizaremos entrevistas ¡¡Esperámosvos!!
#practicasfuac #FeriaEmpleoCoruna #practicasfuac #Empleo #coruña #coruna #camaradecomercio
O Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 9 de xuño de 2021 unha xornada “Dereito contra cultura?” organizada pola Cátedra de Dereito Local e financiada pola Deputación da Coruña.
O reitor, encargado de clausurar o evento organizado pola Cátedra Luis Fernández Somoza, destacou a necesidade de atraer e reter talento como garantía de futuro nunha sociedade xusta, igualitaria e sostible.
A Cátedra HR-UDC de Desenvolvemento Sostible presenta a súas actividades nunha xuntanza entre municipios organizado polo Concello de A Coruña no marco do evento Del huerto a la Ciudad.
Moisés Canle López nomeado investigador responsable do equipo de traballo que leva a cabo o proxecto BENS_REWAPO_2 a través do Grupo de Reactividad Química e Fotorreactividade_React! da UDC , onde se aborda a problemática da presenza de contaminantes orgánicos emerxentes (COEs) nos efluentes que recibe a planta de tratamento de augas residuais, mediante a monitorización e sensorización dos COEs. Dando comezo a segunda fase do xa abordado con anterioridade BENS_REWAPO, investigación que ten prevista unha duración de 12 meses.
Paralelamente, a investigadora Margarita Poza está inmersa na dirección do equipo de traballo de investigación na segunda fase do proxecto COVIDBENSII na área metropolitana de A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros. A UDC leva a cabo esta investigación a través do Grupo de Microbioloxía do Instituto de Investigación Biomédica (INIBIC) e da Profesora Asociada de Microbioloxía da Universidade da Coruña, do Grupo de Investigación Microbioma e Saúde.
Os recursos económicos destinados a ambos proxectos financiados por Edar Bens rondan os 110.000 euros. Nesta segunda fase de seguemento os investigadores centran o su traballo na análise de datos para minimizar os efectos da epidemia da COVID-19 .
A empresa Taxus Gestión Ambiental Ecología y Calidad S.L. encarga un estudo da Análise Territorial da Conca do Río Eume e diagnóstico inicial da influencia de ENDESA na mesma á UDC. O estudo levarao a cabo un equipo do GEAMA dirixido polo profesor Joaquín Suárez López.
Comprometidos cos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) da Axenda 2030 e particularmente co obxectivo nº6: "Garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sostible e o saneamento para todos" o equipo de investigación durante os 6 meses de duración do contrato tratará de ter na primeira fase de recompilación a valoración de toda a información dispoñible da conca e do medio natural que explota ENDESA, o Parque Natual das Fragas do Eume.
O vindeiro venres 14 de maio as 13:30 horas terá lugar unha charla-coloquio coa Vicepresidenta Terceira do Goberno e Ministra de Traballo e Economía Social Dª Yolanda Diaz Pérez.
A Fundación Deporte Galego encarga ao Grupo de aprendizaxe e control do movemento humano en actividade física e deporte (ACoM) da UDC o asesoramento e análise no proceso metodolóxico para a identificación e o control da situación de contaxio do coronavirus SARS-CoV-2 no deporte galego. O responsable do proxecto é D. Rafael Martín Acero e é o encargado de transmitir os resultados obtidos á entidade.
Traballan para identificar os riscos de transmisión do virus. Fundamental para o fomento da práctica deportiva de base e de alto nivel, xa que permitirá establecer medidas de seguridade que evite a transmisión e incrementa a seguridade dos participantes.
#investigacionudc #deportegalego
A Fundación Paideia Galiza, o Grupo de Investigación NEUROcom-UDC-INIBIC e o Grupo de Investigación Filosofía Constitución e Racionalidade-UDC organizan as Xornadas Neurociencia e Xustiza.
A Cátedra Luis Fernández Somoza convoca para o ano 2021 axudas económicas de financiación de proyectos de investigación e así potenciar a colaboración entre profesorado da Facultade de Economía e Empresa da UDC e de Universidades Estranxeiras.
Luis Cea Gómez é o coordinador do Grupo de Investigación de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA) lidera o equipo investigador no Proxecto de deseño e desenvolvemento dun modelo hidrodinámico 3D do embalse de Cecebre para aplicación de modelos de calidade de auga.
Este contrato ten como obxecto xeral o desenvolvemento dun modelo numérico tridimensional do embalse de Cecebre, que permita a correcta caracterización do seu funcionamento hidrodinámico, co fin de obter unha ferramenta numérica que poida servir de axuda para a súa xestión no marco dos traballos desenvolvidos dentro do denominado Plan Gleon.
El economista venezolano José Manuel Puente invitado pola Cátedra Luis Fernández Somoza ofreceu o 3 de maio na Universidade da Coruña a charla "Venezuela en etapa de colapso; un análisis histórico comparativo".
A Cátedra HR-UDC de Desenvolvemento Sostible dirixida por Angel S. Fernández Castro patrocina o curso “Sustentabilidade na era do Big Data (3ª edición).
O profesor e investigador Ahitor Regueiro Fernández, que imparte clases na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) da UDC, é un dos pioneiros na ensinanza da impresión 3D e durante os próximos dous anos encargarase de dirixir un proxecto no ámbito da enxeñaría civil. Encargaráse do deseño de novos conceptos de máquinas con tecnoloxía RFID, tecnoloxías de uso sinxelo do deseño de novos conceptos de máquinas na busca da solución que mellor se adapte ao seu negocio. O uso de tecnoloxías RFID axuda a mellorar procesos empleando máis eficientemente o tempo e a reducción de custos.
O investigador de Biomecánica no Campus de Ferrol presentou os resultados máis significativos do seu traballo nun acto presidido polo reitor da Universidade da Coruña e o director médico corporativo de HM Hospitales.
Membros do Grupo de Investigación “Reactividad Química e Fotorreactividade” (React!) da UDC traballan no proxecto piloto de GSJ Solutions asesorando sobre o control das condicións fisicoquímicas relacionadas coa reducción da néboa atmosférica na A8. O responsable do seu desenvolvemento é o Profesor Moisés Canle López, especializado en Química física. Este proxecto cunha duración de 6 meses e aborda aspectos fisicoquímicos relacionados coa problemática da presenza da néboa na autopista A8.
O profesor Jaime Fagúndez Díaz dirixe proxectos para varias entidades na área da botánica. Actualmente imparte docencia na Facultade de Ciencias da UDC e é membro do Grupo de investigación Biología Costera (BIOCOST). Os encargos consisten na realización de estudos da flora, vexetación e hábitats en Galicia; para a elaboración de cartografía específica con localización de hábitats, flora de interese ou ameazada e recomendacións de actuación.
A profesora e investigadora María Sobrido Prieto renova ata febreiro do ano 2021 como investigadora principal no proxecto de asesoramento en xestión de documentación científica sobre información xenética relacionada con cardiopatías familiares para unha entidade do sector sanitario por un importe de 11.616 euros.
A entidade Process Improvement Academy LLC conta asesoramento na área de economía por parte da UDC a través do Profesor Félix Puime Guillén renovando ata o 31 de maio a súa colaboración no proxecto de Asistencia Técnica en Asesoramento financeiro. Entre as tarefas levadas a cabo polo investigador atópanse: a elaboración do protocolo financeiro comercial, deseño do sistema de análise do risco de crédito e a elaboración do modelo para a concesión de crédito comercial.
A Aula de Nutraceútica e Ciencias Biomédicas organiza o Curso de Nutrición Básica ONLINE. Desde hoxe e ata o 31 de agosto de 2021 todas aquelas persoas interesadas en iniciarse nos coñecementos fundamentais da ciencia da nutrición poden inscribirse.
A entidade Process Improvement Academy LLC conta asesoramento na área de economía por parte da UDC a través do Profesor Félix Puime Guillén renovando ata o 31 de maio a súa colaboración no proxecto de Asistencia Técnica en
Asesoramento financeiro. Entre as tarefas levadas a cabo polo investigador atópanse: a elaboración do protocolo financeiro comercial, deseño do sistema de análise do risco de crédito e a elaboración do modelo para a concesión de crédito comercial.
O investigador de Biomecánica no Campus de Ferrol Florian Michaud, gañador do certame, presentará os resultados máis significativos do seu traballo durante o acto, que terá lugar no salón de graos do Campus de Oza.
Na actualidade Santiago López Piñeiro da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da UDC colabora con varias entidades realizando ensaios de materiais no eido da construcción por un período de 4 anos, co obxectivo de proporcionar ás entidades información servizos de valor engadido en materia de transferencia e innovación que permiten mellorar a súa eficiencia.
O Concello de A Coruña encarga a investigadora e especialista en Urbanismo Cristina García Fontan da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC a redacción do Proxecto de Acondicionamento do Espazo de O Vixia de Monte Alto en A Coruña. A proposta inclúe o estudo e análise do entorno para xerar un espazo verde de calidade contribuindo a mellora da habitabilidade e uso dos espazos públicos do barrio de Monte Alto dando á súa vez visibilidade ao proxecto.
Trátase da VI Edición do Premio ao Mellor TFG Aplicado da FIC, na que participaron propostas de diversas disciplinas.
A Universidade da Coruña e a sociedade Colegio Sagrado Corazón Deza asinan un contrato sobre "Acompañamento no concurso de acreedores dun plan de reestruturación económico financeiro da sociedade Colegio Sagrado Corazón Deza" nomeando como investigador principal ao Profesor Félix Puime Guillén. Encárgase do acompañamento no proceso de concurso de acreeedores, contribuindo a elaboración dun plan de reestruturación económico-financiera da Sociedade entre xaneiro e abril de 2021 .
A VI edición do PREMIO TFG DA FIC está patrocinado por Aldaba, Everis, Imatia e Inycom. Co propósito de premiar os mellores traballos de fin de Grao, a Facultade de Informática convoca o sexto premio ao mellor traballo fin de grao defendido no curso 2019/20, nos que colaboran Citic e FUAC.
Os premios son de 1.500€ para o gañador e dous accésit de 500€. Sendo cantidatos nesta edición:
Mañá 9 de abril de 2021 as 10:00 retransmitirase a sesión a través de teams
Máis información sobre o premio e finalistas
#ptfgFIC #talentoFIC
Javier Samper Calvete, investigador da Escola de Camiños lidera o proxecto EURAD dotado dunha financiación de preto dos 280.000 euros. O proxecto de investigación é realizado coa Empresa Nacional de Residuos, S.A. (ENRESA), entidade coa que o investigador ven colaborando dende hai máis de 30 anos.
O proxecto EURAD trata do desenvolvemento de métodos e modelos numéricos para a predicción das condicións hidrolóxicas e xeoquímicas dun almacenamento xeolóxico profundo de residuos radiactivos de alta actividade (como os que se producen nas centrais nucleares).
Javier Samper inicia a colaboración con ENRESA en 1987 dende a Escola de Camiños de Barcelona, mantendo dita colaboración ininterrumpidamente a través de convenios marco coa UDC, coa FIC e coa FUAC.
Ocucando a tarde é un programa de Ocio Saludabe con Cans de Terapia desenvolvido pola Fundación María José Jove e dirixido desde fai varios anos pola doutora en Psicoloxía e Terapeuta ocupacional e coordinadora da Unidade de Investigación de terapia ocupacional en intervencións non farmacolóxicas (INTOINFA) da UDC Adriana Ávila Álvarez. O equipo de traballo investigan sobre o desenvolvemento das terapias non farmacolóxicas para os colectivos con/ou en risco de discapacidade, adaptadas a cada neno e a súa situaicón na que utilizará o ocio, a música, o exercicio de psicomotricidade e a relación cos cans como elementos motivacionais.
#perrosdeterapia #perrosdeasistencia #terapiaocupacional #terapiaconperros #Coruña
Nomeado investigador responsable do estudo ao profesor da ETSI Caminos Canais e Portos da UDC Jerónimo Puertas Agudo, que conta co apoio e os recursos do Grupo de Enxeñaria da Auga e Medio Ambiente (GEAMA) para levar a cabo o estudo e paralelamente interacturá co equipo encargado da análise. O obxecto de estudo consiste na calibración das normas técnicas polas que se especifican e desenvolven os procedementos de deseño das medidas, obras e instalacións para a xestión dos desbordamentos de sistemas de saneamento (DSS) e ten prevista unha duración dun ano.
O arquitecto Javier Estévez Cimadevila da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC redactou o proxecto básico e de execución de reparación e reforzo da estrutura correspondente a Lonxa Agropecuaria de Verín por 11.000 euros.
Fernando Agrasar Quiroga, arquitecto e membro do Grupo de Investigación Composicion Arquitectónica e Patrimonio da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC, elixido polo Museo de Belas Artes da Xunta de Galicia como Comisario da Exposición "Vestir Épocas, 1860-1960. A Colección González-Moro". A exposición, que está patrocinada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade poderá visitarse ata o 4 de abril de 2021 dirixida a todos os públicos.
O sistema de vixilancia de enfermidades crónicas de Galicia (Svec-G) integra información sobre indicacións que resumen a frecuencia e o impacto na mortalidade que teñen as enfermidades crónicas máis relavantes.Tamén sobre os seus factores de risco e as intervencións e prácticas orientadas a reducir a súa incidencia e impacto na saúde da poboación.
O proxecto está financiado por unha entidade local e foi elixido como responsable ao investigador e coordinador do Grupo de Investigación Cardiovascular (GRINCAR) da UDC Javier Muñiz García. Consiste en realizar tarefas de asesoramento e formación no ámbito da medicina preventiva. O obxecto da investigación é recoller información ao redor dun conxunto relevante de indicadores asociados, orientados a reducir a súa incidencia e impacto na saúde da poboación e por que o seu dinamismo require incorporar información de forma continua. O importe destinado á investigación nesta fase do proxecto ascende a 46.827 euros.
É a primeira vez que unha institución galega é financiada por fondos da convocatoria europea #MSCA-COFUND. O programa que terá unha duración de cinco anos e permitirá contratar a oito investigadores/ predoutorais, os cales desenvolverán as súas teses doutorais interdisciplinarias coas liñas de investigación principais do CITIC: Intelixencia Artificial, Ciencia e Enxeñería de Datos, Computación de Altas prestacións, Servizos e Redes intelixentes, así como a área de investigacións transversal, a Ciberseguridade.
#MSCA-COFUND #talento #investigacionudc
Reserva a túa praza no International Symposium on Co-Simulation and Solver Coupling in Dynamics - COSIM 2021 antes do 10 de maio de 2021.
Congreso online para científicos da comunidade internacional de investigación.
Celebraráse o 24 e 25 de maio que reunirá a expertos no campo da co-simulación de relevancia internacional e conta co respaldo da IUTAM (Asociación Internacional para Dinámica de Multicuerpos) e IMSD (Unión Internacional de Mecánica Teórica y Aplicada).
Interesada/o? Podes inscribirte aquí.
Esperámosvos!
A Fundación Universidade da Coruña presenta a Memoria de actividades 2019, que recoller as principais actividades e resultados de 2018 e 2019
Descobre máis na seguinte ligazón -->Memoria de actividades 2019
O luns 15 de marzo celebrouse o acto simbólico por parte do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presidiu esta mañá no salón de actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol, ao reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso, da acreditación ao Campus Industrial de Ferrol como Campus de Especialización, converténdose así no primeiro de Galicia en posuír este recoñecemento, e o primeiro en España en especializarse en industria naval.
O Campus Industrial de Ferrol púxose en marcha en 2015, e neste tempo, entre outros resultados, a Universidade asinou máis de 103 convenios con empresas, captou tres millóns de euros en colaboración con empresas, rexistrou 56 patentes e aumentou a nova matrícula nas titulacións de Ferrol nun 40%.
A acreditación recibida será definitiva dentro de tres anos. Neste período, o Campus de Ferrol será un axente de transferencia de coñecemento ao sector produtivo e industrial do contorno.
#I+D+i #IndustriaIntelixente #fabricaciónavanzada #Industria4.0
Seguindo os principios de publicidade e transparencia da actividade institucional da FUAC na nova sección de Sede Electrónica poderá poderás consultar os procedementos xerais de contratación, así como os convenios con entidades coas que mantén liñas de colaboración e encargos da UDC.
Para máis información preme no botón
#universidade-empresafuac #sede-electrónica-fuac
A iniciativa pretente impulsar a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos a través de duas estancias turorizadas que melloran a empregabilidade dos/as beneficiarios/as.
Esta nova iniciativa súmase á colaboraicón pioneira establecida coa UDC na impartición do primeiro grao dual en Galicia onde se acollen a tres estudantes de enxeñaría eléctrica de Ferrol.
Para o deselvolmento de ambos programas, Navantia contou coa experiencia da Fundación da Universidade da Coruña (FUAC) a través do seu departamento de orientación e emprego entre os seus diferentes recursos, destaca polos seus índices de inserción das prácticas empresariais.
#practicasfuac
A UDC asina contratos con varias entidades locais por un importe de 10.000 euros co obxectivo de asesorar no proceso de elaboración das súas Relacións de Postos de Traballo (RPT). O encargado de levalos a cabo é o investigador Carlos Aymerich Cano, especializado en Dereito Administrativo e membro activo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da UDC; grupo coordinado polo Dr. Jaime Rodríguez-Arana Muñoz.
Os profesores Juan Jesús Raposo Arceo e Rafael García Perez do Departamento de Dereito Privado da UDC centran os seus proxectos na realización de estudos documentados froito da análise da lexislación e da xurisprudencia. Mentres que os profesores José Pernas García e Francisco Javier Sanz Larruga do Grupo de Investigación de Dereito Público Global céntranse no estudo actual regulación de contratación pública e sobre a regulación de transportes públicos terrestre. O importe dos contratos ascende a 38.580,45 euros.
A empresa tecnolóxica Next Limit S.L. encarga a UDC a execución do proxecto sobre asesoramento na realización e presentación dun informe pericial sobre desenvolvemento de software por un período dun ano inicialmente.
O proxecto conta cunha financiación de 10.890 euros e será o profesor Julían Dorado de la Calle o investigador responsable de dirixir o equipo de traballo.
O Grupo de Investigación Redes de Neuronas Artificiales y Sistemas Adaptativos - Imagen Médica y Diagnóstico Radiológico (RNASA-IMEDIR) levan anos colaborando con M3M en varios proxectos. Na actualidade o equipo de traballo leva a cabo un proxecto cun orzamento estimado de 64.000 euros sobre asesoramento e asistencia técnica sobre investigación e desenvolvemento para a xestión de imaxe médica dixital liderado polo profefor da Facultade de Informática Julián Dorado de la Calle. O seu obxectivo e a mellora da eficiencia do traballo de profesionais clínicos e facerlles chegar as ferramentas necesarias dunha forma amigable.
A UDC asina cunha entidade un contrato por 3.600 euros cunha duración inicial dun ano para a execución dun proxecto relativo ao asesoramento sobre a modificación da RPT. O investigador Carlos Aymerich Cano será o encargado da execución co proxecto realizando entre outras as seguintes tarefas: emisión de informes, redacción e revisión de contratos e outros documentos e colaborando na atención aos clientes nos asuntos obxecto del contrato.
O investigador Javier Samper Calvete da Escola de Camiños realiza tarefas de asesoramento en materia de Hidroxeoloxía e modelos de balance hidrolóxico, e modelos de fluxo subterráneo e transporte de contaminantes nos emplazamentos afectados por INQUINOSA, en particular na terceira fase do servizo de seguimento hidroxeolóxico Sardás, Sabiñamigo (Huesca), durante o período de dous anos e por un importe de 35.695 euros.
Os profesores da Escola Técnica Superior de Arquitectura Manuel Jose Freire Tellado, José Antonio Vazquez Rodríguez e Juan Perez Valcarcel impulsan proxectos de arquitectura para diversas entidades por un importe de 4.584 euros. O traballo do Grupo de Estruturas Arquitectónicas (GEA) céntrase na elaboración de informes onde levan a cabo a avaliación, entre outros de estruturas de edificios, estruturas de reforzo incluindo posibles solucións de reparación.
Os profesores de Dereito civil da UDC Fernando Peña López e José Manuel Lago Busto serán os responsables de levar a cabo o asesoramento xurídico e as asistencias técnicas en materia de resolución de litixios privados.
A FUAC participa na Feria de Emprego do 4 de marzo organizada pola Cámara de Comercio na que 40 mozos e mozas recibiron orientación sobre o mercado laboral.
A Feria de Emprego pretende fomentar a inserción dos máis xoves ofrecendo a oportunidade ás empresas e xoves de participar en seminarios e obradoiros para mellorar a súa empregabilidade, obter orientación laboral personalizada con expertas na materia e ter contacto con empresas a través da realización de entrevistas.
A #VIIIFeriaEmpleoCoruna celebrada o día 4 de marzo en formato virtual tivo unha gran acollida, na que a FUAC recibiu máis de 3.000 visitas.
#FeriaEmpleoCoruna #practicasfuac #Empleo #coruña #inserciónlaboral #camaradecomercio
A profesora e investigadora Pilar Alvarez Barbeito do Departamento de Dereito Público da UDC encárgase de asesosar a Gómez Acebo & Pombo S.L.P. nun proxecto sobre Asesoramento e asistencia técnica sobre fiscalidade nacional e internacional, máis concretamente en materia sobre tendencias fiscais nacionais e internacionais por un período de 11 meses e o importe do proxecto ascende a 35.000 euros.
Os profesores da Facultade de Socioloxía e membros do Grupo de Análise e Prospectiva Sociopolítica (LAPSO) Alberto Cotillo Pereira, Juan de Dios Ruano Gomez e Elvira Santiago Gomez participan en varios proxectos no asesoramento sobre datos sociais a petición da empresa Simple Lógica Investigación por un importe de 44.165 euros. Máis en particular o Grupo de Análise e Prospectiva Sociopolítica conta con experiencia na análise e interpretación de enquisas sociolóxicas, na análise de datos secundarios e análise de programas informativos audiovisuais.
Os profesores da Facultade de Economía e Empresa da UDC (FEE), Anxo Calvo Silvosa e Angel Santiago Fernández Castro responsables do asesoramento económico a empresas. O Grupo de investigación Regulacion, Economia e Finanzas (GREFIN), coordinado por Anxo Calvo Silvosa, recibiu o encargo de elaborar plans de viabilidade e análise económicos e financeiro de diversos proxectos societarios pertencentes ao sector do seguro.
A Cámara reunirá a 50 empresas na oitava edición da súa Feria de Empleo, que se celebrará en formato virtual o próximo xoves 4 de marzo. Temos o pracer de contar cun STAND VIRTUAL e realizaremos entrevistas en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.
Podes visionar a charla que se mantivo o pasado mes de decembro da II Xornada da Cátedra Galicia Activa: Exercicio Físico e Envellecemento, evidencias sobre a efectividade de programas de intervención.
O encontro, que terá lugar do 2 ao 4 xuño na Facultade de Economía e Empresa, aspira a convertirse nunha cita anual obrigada para académicos e profesionais do ámbito da xestión e da economía do deporte.
A investigadora do Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio da UDC Luz Paz Agras colabora nun proxecto co obxecto de rehabilitar unha vivenda en Lugo. Por outra banda o investigador do Grupo de investigación Sistemas Construtivos e Rehabilitación Joaquin Fernandez Madrid, está inmerso na rehabilitación e ampliación dunda vivenda en Toledo. O orzamento para ambas actuacións ascence a 11.881 euros.
O profesor de Estruturas da Escola Técnica Superior de Arquitectura, Juan Pérez Valcárcel, dirixe na actualidade dez proxectos de investigación cuxo importe total ascende a 20.509,5 euros. O traballo do Departamento de Construcións e Estruturas Arquitectónicas Civil e Aeronáuticas céntrase, no eido destas iniciativas, na elaboración de informes para a avaliación estrutural de edificios, estruturas de reforzo, repercusión estrutural de modificacións, estado de muros de contención e incluso no cálculo das estruturas de aceiro de diversos carteis de sinalización.
O investigador do Grupo de Ferrocarris e Transporte, Miguel Rodriguez Bugarín, estudará as actuacións a levar a cabo na rede ferroviaria galega dentro do proxecto Eixo Atlántico financiado pola Unión Europea a través de fondos POPTEP.
Os investigadores do grupo de arquitectura de computadores da FIC da UDC veñen de renovar a colaboración coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento do Sistema de Información de Apoio na Xestión do Banco de Terras de Galicia (SITEGAL) en colaboración co grupo LaboraTe da USC. Asimesmo, desenvolven actuacións en colaboración co grupo LaboraTe da USC e a empresa iCarto na aplicacion dun algoritmo para a agrupación de parcelas mediante permutas en zonas piloto.
Miguel Rodriguez Bugarín desenvolve varias actuacións para a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia na rede ferroviaria galega, en particular, sobre a “Saída Sur” ferrroviaria de Vigo. Levará a coordinación técnica dos traballos que consisten en realizar un informe técnico sobre a conexión ferroviaria entre a estación de Vigo–Urzáiz e a a fronteira portuguesa.
No mes de xaneiro de 2021 a Cátedra Luis Fernández Somoza concedeu catro bolsas a estudantes da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña que no curso académico 2020-2021 están a cursar os seus estudos nas universidades de South Wales e ESC Rennes.
A entrega do galardón, que ascende a 5.000 euros, terá lugar nun acto público no que o premiado compartirá cos asistentes os resultados mais significativos do seu traballo.
Ambas investigadoras desenvolven o seu traballo dentro da iniciativa EPICOVIGAL financiada polo FONDO SUPERA do Banco de Santander. Os proxectos liderados dende a Universidade da Coruña teñen por obxectivo a monitorizaciòn en tempo real do virus en Galicia e contan, dentro da área da epidemioloxía xenómica, coa especial participación de Germán Bou Arévalo, xefe do Servizo de Microbioloxía do CHUAC. Margatita Poza dirixe en paralelo una liña de traballo en colaboración coa EDAR Bens para monitorización do virus nestas instalacións.
As Consellerías do Mar e Medioambiente da Xunta de Galicia impulsan o proxecto PROARR para o deseño dun arrecife artificial de aplicación nas rias galegas. O proxecto será dirixido polo investigador Luis Carral do Grupo de Enxeñeria Mixta da EPS e contará cunha financiación de 100.000 euros.
As consellerías de Medio Ambiente e do Mar financian a iniciativa coordinada polo profesor Luis Carral, que fará fincapé na sustentabilidade desde a protección e rehabilitación dos ecosistemas costeiros da comunidade galega.
O Concello da Coruña, a Asociación de Concellos do Camiño Inglés e as asociacións de desenvolvemento rural Mariñas-Betanzos e Ría de Muros-Noia asinan coa UDC proxectos específicos para os seus territorios, que inclúen un total de 39 municipios coruñeses.
Os profesores Carlos Carro da Escola de Turismo e José Pablo Abeal da Facultade de Economía e Empresa dirixen diversos estudos entorno á situación turística dos concellos así como as posibilidades de diversificación e relanzamento cunha inversión superior aos 60.000 euros.
A situación xerada pola COVID-19 ven a plantexar un novo escenario que esixe a renovación das estratexias de xestión turística, sector cunha ampla implantación na nosa comunidade e, polo tanto, dun enorme impacto económico e en termos de emprego. Participan, entre outros, o Concello de A Coruña e concellos da área metropolitana, Consorcio Muros-Noia, Consorcio Mariñas-Betanzos ou Asociación de Concellos do Camiño Inglés.
As conclusións particularizadas avaliarán o impacto que a COVID-19 tivo sobre as infrestruturas e axentes turísticos, os efectos a medio e longo prazo, a perspectiva das diferentes partes interesadas (admon local, empresa, cidadanía, intermediarios ou os propios turistas) e posibles liñas específicas de actuación.
A Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business inicia a súa colaboración con Captioma no proxecto “Eres STEM” creado a iniciativa de Captioma. Ao longo do proxecto colaborará nas diversas actividades do programa educativo, entre elas encontranse a impartición de charlas ou a avaliación de proxectos.
A Cátedra SXD Galicia Activa acaba de publicar na revista Frontiers in Psychology o artigo "Percentiles and principal component analysis of physical fitness from a big sample of children an adolescents aged 6-18 years: the DAFIS project".
Francisco Alberto Varela García dirixirá proxectos de investigación realizados polo Grupo de Investigación VAC sobre visualización gráfica de datos e análise cartográfico a través dos seus laboratorios #videaLAB e #cartoLAB.
Dirixidas a alumnos que estean estudando actualmente programas de dobre titulación (graos ou mestrados universitarios) internacionais durante o curso académico 2020-2021 en universidades internacionais.
O investigador Jordi Delgado dirixe desde o mes de novembro un proxecto sobre a viabilidade de desenvolvemento de ensaios de resistencia a cortante de materiais geosintéticos para GEYSER HPC. O prazo para levar a cabo as diversas actuacións é de 6 meses. O orzamento do proxecto ascende a 23.000 euros.
A FUAC pechou con éxito este ano o seu ciclo de conferencias online sobre a Covid19 baixo un enfoque participativo, multidisciplinar e independiente.
A Cátedra de Dereito Local organizou o 11 de decembro de 2020 a xornada sobre sobre Un novo modelo de residencias para a terceira idade? Propostas de sustentabilidade asistencial.
Tratase dunha xornada organizada pola Cátedra de Dereito Local, onde se debatirá sobre a sustentabilidade do noso actual modelo de residencias para maiores.
O Real Club Deportivo da Coruña conta coa asistencía técnica do profesor da Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física Manuel José Pombo como asesor de adestramento.
Gefico renova a colaboración co investigador Alvaro Baaliña do grupo de Enxeñería Enerxética da ETS de Naútica e Máquinas para innovación en novo equipamento e tecnoloxía máis eficiente e versátil na xeración de agua doce, depuración de fluidos e procesos de transferencia de calor.
O vindeiro 26 de novembro ás 13:00 horas celebrarase a Mesa Redonda que estará formada por ex alumnos da Facultade e que actualmente son profesionais de éxito.
A Cátedra de Empresa Familiar da Universidade da Coruña promoveu este xoves 19 de Novembro un relatorio impartido por Miguel Barroso, socio director de Deloitte para Galicia e Castilla-León.
Celebrarase o 17 de decembro de 2020 en horario de 17:00 a 20:00 horas e en formato virtual. As prazas son limitadas, requierese inscrición previa.
Juan Raposo Santiago, Manuel Álvarez Díaz e Paula Montoto Castelao do Departamento de Ciencias da Computación da Facultade de Informática (FIC) da UDC reciben diversos encargos da empresa DENODO, S.L. no eido da Ciencia de Datos. Dunha parte no deseño dunha interface de consultas GraphQL para unha plataforma de virtualización de datos. Doutra parte levarán a cabo desenvolvementos relativos á Analítica Avanzada e Machine Learning así como aos sitemas de virtualizacón de datos. Por último, procederán ao deseño de técnicas de recomendación aplicables á creación de modelos de datos en arquitecturas de virtualización.
DENODO Technologies, S.L. naceu en 1999 como un proxecto de investigación na Universidade da Coruña impulsada polo profesor Ángel Viña. A liña de investigación do grupo trataba de resolver un problema que creía que cobraría cada vez máis relevancia cos avances tecnolóxicos: cómo podemos integrar mellor e entender de verdade os volúmes de datos cada vez máis grandes dos que dispoñemos? Noutras palabras, cómo podemos liberar datos?. A resposta foi a virtualización de datos. Naceu así Denodo, un grupo multinacional con sede central en Silicon Valley, Palo Alto (California) onde hoxe en día traballan moitas das persoas que inciaron a súa andaina no grupo de investigación.
Ver máis en: https://www.denodo.com/es
Enrique Peña, investigador do CITEEC encargado pola Xunta de Galicia para o desenvolvemento de ferramentas de prediccción e toma de decisións na operatividade portuaria. Os traballos, con especial aplicación ao Porto da Coruña, terán diferentes fases iniciando en primeiro lugar unha campaña de campo que permita abordar as actuacións, clave tecnolóxica do encargo recibido, en materia de modelización. O equipo de investigación levará a cabo, como fin dos traballos, diversas actuacións para transferencia tecnolóxica.
A aula de Nutracéutica colabora co IES Eduardo Blanco Amor de Ourense na organización o 12 de outubro de 2020 da charla-coloquio "COVID19, Alimentación e hábitos de vida. Cómo mellorar o noso sistema inmunolóxico".
A pandemia provocada pola COVID19 está a agravar a situación dos menores, xerando ademáis novas necesidades por parte das familias y dos profesionais vinculados ao programa, por este motivo a Xunta de Galicia fortalece, con un convenio específico ata final de ano, o programa dirixido por Valentín Escudero, coordinador da Unidade de Investigación en Intervención e coidado Familiar, en materia de asesoramiento para a atención psicolóxica a profesionais, menores e familias.
A colaboración de Navantia co Observatorio para o Deseño e Innovación en Mobilidade, Medios de Transporte e Automoción estará liderada polos investigadores José Ramón Méndez Salgueiro e Álvaro Deibe da Escola de Deseño Industrial de Ferrol, que centrará o traballo no deseño de novos conceptos de Nodos Máster e Nodos Básicos.
Presentación do proxecto Inspira STEAM 2020-2021 organizado pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria da Universidade de Vigo.
O profesor Javier Samper da E.T.S.I Camiños, Canais e Portos leva a cabo diversas actuacións no ámbito da hidroloxía coa empresa Recursos Minerales de Galicia, S.A.
A Cátedra ALDABA WIB cambia de dirección, o encargado de dirixila a partir do mes de novembro será Juan Francisco Gálvez Gálvez, catedrático da escola universitaria da Área de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Escola Superior de Enxeñeria Informática da Universidade de Vigo.
O programa dirixido polo profesor Valentín Escudero viu incrementado o seu convenio anual coa Xunta de Galicia a raíz das necesidades xeradas pola COVID19 en familias e profesionais no contexto de protección á infancia
O grupo CARTOLAB, dirixido polo profesor da Escola de Camiños, Alberto Varela, desenvolveu dous proxectos de investigación no ámbito do tratamento de imaxes e xeoposicionamento, tecnoloxía na que o grupo de investigación da UDC mantén un liderado tecnolóxico.
O profesor Ricardo Juncosa do grupo GEAMA lidera 7 proxectos de investigación no campo da hidroloxía que supoñen unha inversión de preto de 32.000 euros. As entidades coas que participa son Zifra Ingeniería, S.L., Cobre San Rafael, S.L., Termas do Prexigueiro e Grupo Minero Santa Comba.
AENOR e a UDC amplian a súa colaboración no ámbito de I+D+i. Os profesores/as Alejandro Pazos, Juan Rabuñal, Juan Lamas e Javier Pereira da Facultade de Informática (FIC), Blanca Laffon da Facultade de Educación e Mª José Abad da Escola de Deseño Industrial participan en 8 proyectos.
Richard Duro, coordinador do Grupo de Ingeniería Integrada (GII), elexido pola empresa Blue Quality para dirixir o seu Plan Anual de Innovación.
O profesor da Facultade de Dereito, Carlos Aymerich recibe o encargo dos Concellos de Melide e A Estrada para a redacción e asesoramento no proceso de elaboración das súas Relacións de Postos de Traballo (RPT) por un importe de 35.000 euros.
O profesor Carlos Amoedo, nombrado director da Cátedra de Dereito Local impulsada pola Deputación da Coruña. A Cátedra está a desenvolver un conxunto de actividades de formación e divulgación como a actual edición dun compendio de coñecemento experto no ámbito local, que conta coa participación de 17 investigadores/as de diferentes universidades públicas
O departamento de Enerxía Eléctrica da Escola Universitaria Politécnica da UDC, en colaboración coas empresas Navantia e Fridama, pioneiro en Galicia en poñer en marcha o Grao Dual en Enxeñería Eléctrica.
Trátase da V Edición do Premio ao Mellor TFG Aplicado da FIC, na que participaron propostas de diversas disciplinas.
O proxecto será co-dirixido polos profesores Francisco Javier Sanz Larruga da UDC, e Luis Míguez Macho da USC .
A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvovemento Sostible e coa colaboración de Ecoembes impulsan o curso sobre a Economía Circular no marco da axenda mundial 2030 e o cumprimento do obxectivo de desenvolvemento sostible nº 12 (3ª edición).
Os estudantes de cuarto do Grado Dual de Enxeñaría Eléctrica realizarán toda a formación correspondente ao último ano nas instalacións de Navantia e Fridama.
O Conselleiro Delegado de Corporación Hijos de Rivera, Ignacio Rivera, impartiu a conferencia inaugural deste curso da Facultade de Economía e Empresa.
Tras as medidas adoptadas con motivo da crise sanitaria da COVID-19 e como medida de seguridade a Aula de Nutracéutica retoma a súa actividade online en outubro de 2020. A Coruña, Vigo, Oporto e Asturias acolleu a primeira sesión presencial antes da declaración do estado de alarma.
A sede da Deputación acolleu hoxe a reunión da Comisión de Seguimento, onde se presentaron as accións que se han realizar durante este ano, entre eles algún dos temas que se abordarán son os efectos da pandemia na xestión local e sustentabilidade dos modelos residenciais de atención a terceira idade.
O proxecto ASAMEC (Agricultura Sintrópica Aplicada a Modelos de Economía Circular) concentra gran parte dos seus esforzos na xeración de chan e cultivos valorizando residuos leñosos procedentes de silvicultura e viticultura.
A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvento Sostible, impulsada pola Corporación Hijos de Rivera e a Universidade de A Coruña, convoca a primeira edición do premio Cátedra Hijos de Rivera-UDC á mellor Tese Doutoral en Desenvolvemento Sostible.
O Consello Social da Universidade da Coruña organiza os próximos 5 e 6 de outubro as xornadas formativas Finanzas para Mortais en formato seminario web.
O Consello Social da Universidade da Coruña organiza os próximos 5 e 6 de outubro de forma ONLINE as xornadas formativas Finanzas para Mortais.
Os 5 estudantes da Facultade de Economía e Empresa da Universidade de A Coruña da convocatoria de 2020 tiveron que adiantar o seu regreso debido á extensión da pandemia COVID-19. A pesar diso o balance que realizan é moi satisfatorio.
A Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business concederá un dos cinco premios do III Congreso XoveTIC.
Aberta a segunda convocatoria de Premios da Cátedra HM Traumatoloxía do Deporte. Nesta ocasión haberá premios para a mellor Tese Doutoral e para o mellor TFM.
Javier Cudeiro Mazaira, catedrático de Fisioloxía da UDC, Director do Centro de Estimulación Cerebral de Galicia y Director daCátedra de HM de Traumatoloxía do Deporte, fai unha reflexión sobre a situación vivida nos últimos meses pola COVID-19.
A conferencia "A reforma dos tipos de interese Euribor e Libor e as súas implicacións financieiras" tivo lugar o pasado venres no salón de graos da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.
A Cátedra ALDABA WIB, colabora co Grupo TALIONIS da UDC e ASPACE en fomentar o desenvolvemento de contidos de intervención, rehabilitación e domótica en persoas con discapacidade.
A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible patrocinará íntegramente os certificados dos 100 primeiros usuarios do dominio @udc.es que rematen o curso online "Sostenibilidade na era do Big Data (2ª edición)".
O Director da empresa do sector tecnolóxico Aldaba, Enrique Fernández Pérez concede unha entrevista onde analiza o panorama actual no sector tecnolóxico. Mostra a súa opinión sobre os estereotipos nas ramas de estudo polos que se decantan as mozas ao comezo de Secundaria e o Bacharelato.
Afirma que "Las estudiantes que apuestan por Ciencias prefieren las de salud a la tecnología".
A conferencia celebrarase o vindeiro venres 6 de marzo de 11:00 a 13:00 horas na Facultade de Economía e Empresa.
O próximo 17 de febreiro abrese a nova convocatoria de bolsas de formación para o curso académico 2019-2020.
A Cátedra Luis Fernández Somoza abre tres novas convocatorias dirixidas a proferosres/investigadores.
No desenvolvemento das actividades previstas dentro da Aula de Nutraceútica e Ciencias Biomédicas ao longo do ano 2020 preveese realizar unha serie de conferencias.
Aberto o prazo de inscrición do Curso Actualización en inflamación e resposta inmunolóxica que comezará en febreiro de 2020.
A Cátedra ALDABA WIB, colabora co Grupo TALIONIS da UDC e o CITIC en fomentar o desenvolvemento de contidos de intervención, rehabilitación e domótica en persoas con discapacidade.
Celebrada o pasado 28 de novembro, supuxo unha experiencia enriquecedora.
Celebrarase o 14 e 15 de novembro na Facultade de Dereito
1 Decembro 2019
Dirixidas a alumnos que estean estudando actualmente programas de dobre titulación en universidades internacionais.
A OMS publica os resultados do maior estudo realizado sobre o exercicio en mozos e mozas.
Celebrarase o próximo xoves 28 de novembro de 2019 no salón de actos da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da UDC.
A Cátedra SXD Galicia Activa participou no Congreso Internacional CAPAS celebrado en Huesca.
A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible e Ecoembes grazas a súa colaboración levouse a cabo o Curso sobre a Economía Circular no marco da axenda mundial 2030 e o cumprimiento do obxectivo de desenvolvemento sostible nº 12 (2ª edición).
O pasado 25 de outubro de 2019 creouse a Aula de Nutraceútica e Ciencias Biomédicas.
Celebrarase o venres 11 de outubro ás 12:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa.
Os estudantes beneficiarios das axudas á internacionalización concedidas pola Cátedra Luis Fernández Somoza xa regresaron tralas súas estancias no estranxeiro.
En outubro de 2019 crease a Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business
A docente asegura que parte do galardón corresponde á Cátedra Luís Fernández Somoza polo seu apoio á internacionalización de estudos.
Terán lugar no salón de graos da Facultade de Dereito e son de entrada libre e gratuíta.
A Facultade de Economía e Empresa da UDC é a sede do encontro para o fomento do avance do coñecemento sobre a Economía e a Dirección da Empresa a través do debate e a crítica construtiva.
A Cátedra Luis Fernández Somoza vén de resolver a primeira convocatoria de axudas a estudantes e mantén aberto o programa para docentes e investigadores.
Durante o encontro tratáronse os retos actuais en materia de gobernanza e xestión universitaria que inciden directamente na actividade de transferencia dos resultados da investigación universitaria ao sector produtivo.
Baixo o título The new approach to cleaning up the internet, o relatorio do director executivo da organización CleanApps.org tivo lugar na Facultade de Economía e Empresa o 21 de marzo.
A xornada, que pretende promover a interacción entre axentes públicos e privados en torno á colaboración Universidade-Empresa, terá lugar o 9 de maio na Sede Afundación A Coruña.
A Universidade da Coruña e Estrella Galicia presentan hoxe a cátedra Hijos de Rivera de Desenvolvemento Sostible.
As convocatorias da Cátedra Luis Fernández Somoza dirixidas á mobilidade de profesorado estranxeiro permiten traer á UDC a docentes de Portugal, Irlanda, Austria, Alemania, Suecia e Venezuela.
A Cátedra de Dereito Local desenvolveu unhas xornadas nas que tratou as relacións xurídicas e os sistemas penal e administrativo de control da Administración Local. As actividades, desenvolvidas os días 4 e 5, na Facultade de Dereito, abordaron o control da actuación administrativa das entidades locais.
O acto inaugural, enmarcado no Día das Universidades Saudables, tivo lugar na sede da Fundación ONCE na Coruña, que cedeu o seu salón de actos á Cátedra de Traumatoloxía do Deporte.
Ofrecerá a conferencia “Resiliencia da economía española nunha contorna de desaceleración global”, que terá lugar o 8 de outubro ás 10.00 horas no Salón de Graos da FEE
As sesións académicas terán lugar na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña entre o 20 de setembro e o 21 de decembro.
Xornada sobre “A protección de datos persoais no Regulamento UE 2016/679 e no Proxecto de Lei Orgánica de Protección de Datos: dereitos e obrigas para as entidades locais”.
O novo réxime do benestar en Galicia a debate nunha xornada de estudo da lei e a súa incidencia sobre as Administracións Locais.
O expresidente do Parlamento Europeo, Josep Borrell, describiu na Facultade de Economía e Empresa “un panorama bastante incerto” con respecto ao futuro da Unión Europea.
A conferencia, organizada pola Cátedra Luis Fernández Somoza, terá lugar o 16 de abril ás 19 horas no Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa.
O director da Cátedra Luis Fernández Somoza, Carlos Estévez Mengotti, fala sobre a internacionalización das universidades neste artículo.
A Facultade de Socioloxía da UDC acolleu a xornada da cátedra de Dereito Local "Cando a lei vai de festas", en torno ao marco legal das verbenas en Galicia.
A Cátedra Luis Fernández Somoza publica as bases para a solicitude de bolsas destinadas tanto a profesorado e persoal investigador como a alumnado da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.
Enmarcada na pata divulgativa da Cátedra Luis Fernández Somoza, o relatorio terá lugar o venres 23 de febreiro, ás 13.00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa da UDC.
Desde a Universidade da Coruña, a Cátedra Luis Fernández Somoza impulsa a mobilidade de docentes e estudantes para favorecer a internacionalización dos estudos de Economía e Empresa.
Os representantes da UDC presentaron en Cardiff os programas de mobilidade para profesorado financiados pola Cátedra Luis Fernández Somoza.
O salón de actos da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña acolleu os pasados 9 e 10 de novembro de 2017 as xornadas en torno a publicación da Lei 9/2017 de contratos do sector público que ven de publicarse no BOE o mesmo día 9, e que entrará en vigor o vindeiro mes de febreiro. Esta lexislación incorporou algunhas novidades en materia de contratación pública que inciden sobre dúas institucións laborais: as contratas ou subcontratas de obras e servizos e a sucesión de empresas.
As dez empresas de acollida ofrecerán prácticas profesionais a dez mozos e mozas que veñen de recibir formación en materia de innovación na Fundación Universidade da Coruña.
A deputación acolleu a reunión constitutiva da Cátedra de Dereito Local da Universidade. Centrarase en actividades de formación, investigación e difusión en temas relacionados coa administración municipal.
A Cátedra Luis Fernández Somoza celebra o venres 6 de outubro ás 12.30 horas esta conferencia a cargo de Antonio Carrascosa, Xefe de Planificación e Decisión do Single Resolution Board.
Os beneficiarios das primeiras axudas da Cátedra Luis Fernández Somoza botan a vista atrás para realizar un balance das súas estadías en diferentes universidades estranxeiras.
A Cátedra Luis Fernández Somoza vén de resolver a concesión de dez bolsas á internacionalización dos estudos de Economía e Empresa. O listado pode consultarse aquí.
Os interesados nas axudas económicas deberán cumprir unha serie de requisitos e seguir os trámites indicados nas bases da convocatoria, publicadas nesta mesma páxina web.
6 febreiro de 2017
A Universidade da Coruña e Luis Fernández asinaron un convenio de colaboración.
O Programa de avaliación e tratamento de menores en situación de risco e desamparo foi deseñado pola Unidade de Investigación sobre Intervención e Coidado Familiar (UIICF) e posto en marcha mediante un convenio asinado en 2012 pola Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña a través da Fundación da Universidade da Coruña (FUAC).
A transferencia de coñecemento e a innovación no entorno industrial son a esencia do Grupo Integrado de Ingeniería (GII), un grupo interdisciplinar de investigación aplicada en enxeñaría que, desde a súa creación en 1999, emprázase no Campus de Ferrol da Universidade da Coruña.
O viveiro municipal de empresas Accede Papagaio acolleu o acto de peche do Programa de Axentes de Innovación 2016.
De entre os titulados que permanecen vinculados ás entidades colaboradoras, un 72% vén de comezar prácticas remuneradas e un 28% ten asinado un contrato laboral.
O convenio entre Concello da Coruña e FUAC fomentará tanto a mellora da competitividade das empresas como a inserción laboral de mozos e mozas universitarios.
Na FUAC estamos a investigar o patrimonio marítimo-pesqueiro vinculado aos Camiños do Mar a Santiago de Compostela. Se en decembro identificamos cales son os principais vestixios construídos da industria tradicional dos oficios do mar a través do estudo do patrimonio marítimo do borde litoral, nos próximos eventos participativos "Conversas de onte e hoxe" centrarémonos na súa transferencia e valorización a través da involucración da poboación local que poderán contarnos historias, anécdotas, lembranzas, impresións e emocións vinculadas ao patrimonio do mar a nivel local. Aquí podedes ver as datas e localizacións de ditos eventos.
Estades todas/os convidadas/os!
#OteuXacobeo #Xacobeo2021 #traslatio #patrimoniomaritimo #arquitecturasdomar
Arrincamos os eventos participativos "Conversas de onte e hoxe" do proxecto "#TRASLATIO: O Patrimonio Marítimo dos Camiños do mar a Santiago" en Noia. Alí instalaremos un punto móbil onde conversaremos con todos os que esteades interesados/as en coñecer o proxecto e sobre o #patrimoniomarítimo desa zona vinculado aos Camiños do Mar. Estaremos o día 10 de febreiro diante do Mercado Municipal entre as 10:30 e as 13:00.
Estades todas/os convidadas/os!
#OteuXacobeo #Xacobeo2021 #traslatio #patrimoniomaritimo #arquitecturasdomar
Boiro, lugar con extensa tradición e Cultura Mariñeira, forma parte do estudo realizado dentro do proxecto "#TRASLATIO: O Patrimonio Marítimo dos Camiños do mar a Santiago", alí tamén estaremos co noso punto móvil participativo "Conversas de onte e hoxe" onde conversaremos con todos os que esteades interesados/as en coñecer o proxecto e sobre o #patrimoniomarítimo desa zona vinculado aos Camiños do Mar. Estaremos o día 11 de febreiro diante do edificio da Lonxa de Boiro entre as 16:00 e as 17:30 e a partir das 18:00 estaremos diante da Casa de Cultura de Dodro.
Estades todas/os convidadas/os!
#OteuXacobeo #Xacobeo2021 #traslatio #patrimoniomaritimo #arquitecturasdomar
Na FUAC estamos a investigar o patrimonio marítimo-pesqueiro vinculado aos Camiños do Mar a Santiago de Compostela. Se en decembro identificamos cales son os principais vestixios construídos da industria tradicional dos oficios do mar a través do estudo do patrimonio marítimo do borde litoral, nos próximos eventos participativos "Conversas de onte e hoxe" centrarémonos na súa transferencia e valorización a través da involucración da poboación local que poderán contarnos historias, anécdotas, lembranzas, impresións e emocións vinculadas ao patrimonio do mar a nivel local. Aquí podedes ver as datas e localizacións de ditos eventos.
Estades todas/os convidadas/os!
#OteuXacobeo #Xacobeo2021 #traslatio #patrimoniomaritimo #arquitecturasdomar
No seguinte vídeo mulleres con éxito no ámbito das TIC contánnos a súas experiencias nas súas carreiras profesionais animando a todas as rapazas que o desexen a estudar Enxeñaría Informática e deixar a un lado os estereotipos de xénero que rondan ás carreras STEM.
Cátedra ALDABA wib (Women, ICT & Business)
Un equipo do GEAMA desenvolve o proxecto de "Elaboración de manual de drenaje sostenible de aguas pluviales en infraestructuras viarias de Bizkaia". Os traballos dirixidos por Joaquín Suárez López e José Anta Álvarez, profesores do departamento de Enxeñaria Civil da UDC están enfocados ao deseño de técnicas que permitan xestionar as escorrentías e os seus impactos nas vías de comunicación. De forma complementaria, o proxecto pretende o desenvolvemento dunha ferramenta estocástica de apoio para avaliar o índice de impacto e a vulnerabilidade do medio receptor para tomar medidas correctivas. O prazo durante o que se desenvolverán as actividades será de 12 meses e conta cun orzamento que ascende a 48.000 euros.
Os profesores da Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña e membros do grupo de investigación interpretación psicosocial e rehabilitación funcional, Ramón Fernández Cervantes y Antonio Souto Gestal participan nun proxecto co obxectivo de mellorar a coordinación asistencial, docente e investigadora de fisioterapia. O proxecto, liderado por Ramón Fernández Cervantes, ten unha duración de dous anos e conta un investimento aproximado de 12.000 euros. Os traballos incluen a coordinación dos recursos metodolóxicos, técnicos e humanos destinados á prestación da atenión asistencial; a avaliación, diagnóstico e prescrición de procedementos fisioterapéuticos de asesoramento en proxectos do ámbito sociosanitario e colaboración en actividades de formación.
Como resultado do proxecto europeo Atlantic Power Cluster presentamos o informe baixo o título "Análisis de la situación de las energías renovables marinas en Galicia". O proxecto está financiado pola Unión Europea dentro del programa Operativo transnacional para el Espacio Atlántico (FEDER), no que participan 17 socios provenientes das rexións del Arco Atlántico.
Consulta aquí o informe "Análisis de la situación de las energías renovables marinas en Galicia".
Co obxectivo de potenciar as relacións docentes-internacionais no ámbito da internacionalización a Cátedra Luís Fernández Somoza convoca axudas para profesorado, de proxectos de investigación e de mobilidade para impartir docencia en universidades estranxeiras, e para estudantado da Facultade de Economía e Empresa da UDC que participe en programas de mobilidade Erasmus ou internacional durante curso académico 2023-2024, co fin de potenciar a colaboración entre a Facultade de Economía e Empresa da UDC e universidades estranxeiras.
A Axencia de Turismo de Galicia, a UDC e a FUAC asinaron en marzo de 2024 un convenio para o desenvolvemento das acción do proxecto Traslatio: O patrimonio marítimo dos camiños do mar a Santiago, co obxectivo de dar continuidade ao proxecto Traslatio.
A Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense da UVigo acolleu o 3 de febreiro de 2024 a celebración da Olimpíada Informática Galega 2024 (OIG 2024), organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas (UVigo, UDC e USC) e máis o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC, e que contou coa colaboración de empresas tecnolóxicas, entre ellas, la Cátedra NTT Data.
A Cátedra NTT Data colaborou no certame de programación Adabyron, celebrado o 12 de abril de 2024 nos tres centros do Sistema Universitario Galego que imparten Graos en Enxeñería Informática (Facultade de Informática da UDC, Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC e Escola Superior de Enxeñaría Informática de UVIGO) e no que participaron equipos das tres universidades galegas.
O grupo de investigación de Enxeñería Enerxética (INGEN), baixo a dirección do profesor Álvaro Baaliña Insua, leva a cabo labores de asesoramento en investigación e innovación de equipos e tecnoloxías máis eficientes e versátiles en xeración de auga doce, depuración de fluídos e en procesos de fluxo e transferencia de calor combinados, por un período de 4 anos.