Actualidade

Categorías

Grupos de investigación

Buscador

A Universidade e Estrella Galicia impulsan a Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible

14/02/2019

 

Baixo o patrocinio financeiro da empresa cervecera coruñesa, desenvolveránse actividades de formación, divulgación, transferencia de coñecemento e de investigación nestes temas de interese para ambas partes. O reitor Julio Abalde e o conselleiro de Hijos de Rivera, Ignacio Rivera serán os encargados de asinar o convenio.

 

A posta en marcha desta iniciativa responde o compromiso da compañia co seu entorno e a súa forte vinculación coa agricultura, orixe do 100% das materias primas dos seus produtos. Dirixida polo profesor de economía aplicada e experto en economía circular, Guillermo Iglesias, estará adscrita á Facultade de Economía e Empresa da UDC e o Campus de Sustentabilidade.

 

O principal obxectivo da Cátedra é explotar modelos innovadores e disruptivos que garantan o equilibrio entre a competitividade económica, o respeto ao medio ambiente e o avance social. Todo esto levarase a cabo a través de actividades de investigación, encontros entre diferentes actores interesados, seminarios sobre experiencias e modelos de transformación socioeconómica, así como propostas de formación e divulgación relacionadas co desenvolvemento sostible.

 

Noticia completa

Fonte: Revista corporativa nº 33 (Corporación Hijos de Rivera S.L.)