Actualidade

Investigadoras da UDC traballan en proxectos de I+D+i para o desenvolvemento novas aplicacións de polímeros máis sostibles

04/02/2025

A Universidade da Coruña e Tetra Pak reforzan a súa colaboración co desenvolvemento de novas aplicacións de produtos, mediante a revalorización de residuos e outros produtos poliméricos, co obxectivo de contribuír á construción dun futuro máis sostible e aliñado cos obxectivos de desenvolvemento sostible establecidos pola comunidade internacional. Os traballos, desenvolvidos baixo a dirección de Ana Isabel Ares Pernas, docente da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e membro activo do grupo de Polimeros, céntranse no desenvolvemento de formulacións para inxección a partir de polyal. Os traballos teñen unha duración de 3 meses, a desenvolver entre decembro de 2024 e marzo de 2025.