Os investigadores Ramón Doallo e Juan Touriño, do grupo de investigación de arquitectura de computadores (GAC) da FIC da UDC veñen de renovar por 2 anos máis, ata xullo de 2026 a colaboración coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento do sistema de información de apoio na xestión do Banco de Terras de Galicia (SITEGAL). Os traballos inclúen o desenvolvemento de novas funcionalidades na plataforma SITEGAL, con especial atención ao deseño de novas estratexias de explotación de datos, mediante a utilización de tecnoloxías que melloren a dispoñibilidade e escalabilidade da plataforma.