Actualidade

Curso de Nutrición Básica organizado pola Aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas

15/04/2021

 

A Aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas creouse no ano 2019 pola empresa Hausmann Galénica e a Universidad de A Coruña. Entre os seus obxectivos atópase difundir coñecemento sobre nutrición, algo fundamental no mantemento da saúde.

 

Colaboran no Curso de Nutrición Básica: Beatriz Buelta, Experta Universitaria en Nutrición Clínica, Núria Guiu, Asesora Nutricional, dietista e dedicada a docencia de profesionais da saúde, Sandra Onieva, Dietista clínica en centro Epidermos de Barcelona  e Sari Arponen, Doutora en Medicina e experta en enfermidades infecciosas e microbiota.

 

Todas as persoas intersadas en iniciarse nos coñecementos fundamentais da ciencia da nutrición poden inscribirse  o día 15 de abril ata o 31 de agosto de 2021 e terán ata o 15 de setembro de 2021 para enviar o cuestionario tipo test e poder así acceder ao diploma acretidativo.

 

Máis información e inscricións