Actualidade

Categorías

Grupos de investigación

Buscador

A Cátedra de Dereito Local sobre a contratación pública e a nova lei de contratos do sector público e boa administración.

09/11/2017

O salón de actos da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña acolleu os pasados 9 e 10 de novembro de 2017 as xornadas en torno a publicación da Lei 9/2017 de contratos do sector público que ven de publicarse no BOE o mesmo día 9, e que entrará en vigor o vindeiro mes de febreiro. Esta lexislación incorporou algunhas novidades en materia de contratación pública que inciden sobre dúas institucións laborais: as contratas ou subcontratas de obras e servizos e a sucesión de empresas. 
Na xornada da Cátedra de Dereito Local participaron destacados especialistas nesta materia xurídica que tiveron entre os asistentes a empregados públicos, avogados, arquitectos, enxeñeiros, investigadores e estudantes. Deste xeito a xornada buscaba achegar a todos estes asistentes as principais claves para comprender a nova lexislación a través dos relatorios de especialistas que enfocaron as novidades desde un punto de vista legal e ao tempo trataron de achegar a nova situación a sociedade analizando as súas repercusións no mundo da administración local e autonómica. 

 

A visión dos expertos

O encontro comezou o 9 de novembro co Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, como responsable da inauguración. Tras el Jaime Rodríguez- Arana presentou a "Boa administración e contratación pública: un balance preliminar tras a LCSP", un relatorio no que o catedrático de Dereito Administrativo, José Luis Meilan Gil, deu unha visión xeral. Mentres que, a perspectiva comunitaria, correu a cargo de Javier Vázque Matilla, membro do grupo de expertos en materia de contratación pública da Comisión Europea entre outros postos legais. O catedrático de Dereito Administrativo, da Universidade de Castilla La Mancha,  José Antonio Moreno Molina deu a perspectiva interna desta lexislación.

Posteriormente debateuse a "Contratación pública estratéxica: en qué punto estamos", presentada por Juan José Pernas García. Neste punto interviñeron Manuel Cutrín Domínguez, letrado do Consello Consultivo de Galicia, falando das cláusulas sociais; das ambientais falou Iñigo Sanz Rubiales, Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Valladolid. A situación do novo contrato de concesión de servizo e o seu impacto no ámbito local foi exposta por Luis Miguel Macho, Catedrático de Dereito Administrativo da USC.
A primeira xornada rematou co encontro moderado por Francisco Javier Sanz Larruga, tratando as ferramentas de integridade na nova LCSP, e no que participaron Carlos Aymerich e Felio Bauzá, profesores titulares de Dereito Administrativo das Universidades de A Coruña e as Illes Balears, respectivamente.

 

Ferramentas lexislativas

A segunda xornada desta cátedra de Dereito Local comezou co debate en torno a novas ferramentas de xestión, e coa participación de Carlos Amoedo Souto e Patricia Valcarcel Catedráticos de Dereito Administrativo na UDC e a UVigo respectivamente. Xunto con Rubén Martínez, profesor na Universitat de Alacant. Profesionais que falaron da autoprovisión administrativa e formas de cooperación dentro do sector público; e trataron as ferramentas existentes ao servizo da innovación e os desafíos que supón a contratación electrónica. 

A xornada rematou coa mesa en torno á aplicación da Lei de contratos do Sector Público moderada por Carlos Amoedo Souto. Nesta interviñeron Elena Barba Pan, secretaria da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, da consellería de Facenda da Xunta de Galicia;  Marta García Pérez, Directora da asesoría xurídica do Concello de A Coruña; e Luis Jaime Rodríguez,  Xefe do Servizo de Contratación da Deputación.

 

PROGRAMA COMPLETO