Actualidade

A Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte pon en marcha o grupo Volvoretas Rosas

31/05/2021

 

A Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte pon en marcha o grupo "Volvoretas Rosas" de remo en Dragon Boat para mulleres superviventes do cancro de mama. É unha iniciativa dirixida a promover a práctica de actividade física grupal, en equipo e cun nivel de esixencia moderado en membros superiores con múltiples beneficios físicos e emocionais, e conta co apoio do Club de Oza, sede do equipo de remo, o CSC e profesionais do ámbito sanitario e do INEF.

 

Resultados de investigacións revelan que a actividade física grupal moderada axúdalles a combatir a rixidez e o linfedema do membro superior ipsilateral á mama intervida, aumenta a supervivencia e mellora a autoestima e o estado psicofísico das mulleres tras o tratamento.

 

Grazas ao traballo de investigación do médico deportivo canadiense Don McKencie, e a o seu traballo, "Volvoretas Rosas" inicia a súa navegación en Dragon Boat. Con esta iniciativa búscase dar visibiliadade frente a sociedade das posibilidades da práctica deportiva lúdica e incluso de competición tras o tratamento de cancro de mama.