FUAC. Comunicación. Actualidade

A Universidade da Coruña e a FUAC asinaron un convenio no veleiro maís antigo de Galicia coa Consellería de Mar para elaborar o Plan da cultura marítima de Galicia-Horizonte 2030

14/07/2021

A sinatura do convenio fíxose o luns 5 de xullo nun acto simbólico a bordo do balandro Joaquín Vieta, o veleiro máis antigo de Galicia, construído entre 1915 e 1916  nunha carpintería de Ribeira do Freixo (Outes).  A conselleria do Mar, Rosa Quintana firmou o convenio de colaboración co reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente do padroado da Fundación  Universidade da Coruña (FUAC), José María Barja, para a elaboración do Plan da cultura marítima de Galicia-Horizonte 2030. Este acordo, que foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o pasado 2 de xuño, permitirá deseñar un plan de accións para protexer o patrimonio e a cultura marítima de Galicia e blindar o seu futuro.

 

A colaboración -que estará vixente ata o 31 de decembro de 2023 con opción de prórroga- tradúcese nunha investigación dirixida polo profesor e experto na materia Óscar Fuertes e conta con preto de 200.000 euros de financiamento da Consellería do Mar.

 

Máis información