Actualidade

Categorías

Grupos de investigación

Buscador

Denodo, S.L. e a FIC da UDC desenvolverán traballos no eido da Ciencia de Datos

12/11/2020

 

Juan Raposo Santiago, Manuel Álvarez Díaz e Paula Montoto Castelao do Departamento de Ciencias da Computación da Facultade de Informática (FIC) da UDC reciben diversos encargos da empresa DENODO, S.L. no eido da Ciencia de Datos. Dunha parte no deseño dunha interface de consultas GraphQL para unha plataforma de virtualización de datos. Doutra parte levarán a cabo desenvolvementos relativos á Analítica Avanzada e Machine Learning así como aos sitemas de virtualizacón de datos. Por último, procederán ao deseño de técnicas de recomendación aplicables á creación de modelos de datos en arquitecturas de virtualización.

 

DENODO Technologies, S.L. naceu en 1999 como un proxecto de investigación na Universidade da Coruña impulsada polo profesor Ángel Viña. A liña de investigación do grupo trataba de resolver un problema que creía que cobraría cada vez máis relevancia cos avances tecnolóxicos: cómo podemos integrar mellor e entender de verdade os volúmes de datos cada vez máis grandes dos que dispoñemos? Noutras palabras, cómo podemos liberar datos?. A resposta foi a virtualización de datos. Naceu así Denodo, un grupo multinacional con sede central en Silicon Valley, Palo Alto (California) onde hoxe en día traballan moitas das persoas que inciaron a súa andaina no grupo de investigación. 

Ver máis en: https://www.denodo.com/es