Actualidade

A UDC colabora nun proxecto de I+D+i no ámbito das TICs aplicada á saúde

07/05/2025

Investigadores do Grupo de Investigación Redes de Neuronas Artificiais e Sistemas Adaptativos - Imaxe Médica e Diagnóstico Radiolóxico (RNASA-IMEDIR) abordan desde marzo de 2025 e baixo a dirección de profesor da Facultade de Informática Julián Dorado de la Calle, un proxecto para a mellora do acceso a datos críticos para pacientes como para médicos, mediante a integración intelixente de sistemas médicos PACS (Picture Archiving and Communication System) –RIS (Radiology Information System) con sistemas avanzados na nube. Os traballos teñen unha duración de catro meses e medio e contan cun orzamento de con un orzamento estimado de 24.000 euros.