Actualidade

Categorías

Grupos de investigación

Buscador

A Cátedra de Dereito Local organiza dúas xornadas no mes de xuño

21/06/2019

 

O salón de graos da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña acollerá o vindeiro mes de xuño dúas xornadas organizadas pola Cátedra de Dereito Local.

 

A primeira delas leva por título “As entidades locais perante a entrada en vigor da Lei 1/2019, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbana de Galicia” e celebrarase o venres, 7 de xuño.

 

Nesta sesión analizarase a Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbana de Galicia, publicada o xoves 2 de maio. Esta é a primeira lei galega que afronta un desenvolvemento da estratexia común europea en materia de rehabilitación e desenvolvemento sustentable e entrou en vigor o pasado día 22 achegando importantes novidades, polo que resulta fundamental proporcionar aos operadores xurídicos locais unha análise sobre as oportunidades e problemas que vai supor a aplicación desta normativa no ámbito local.

 

Podes consultar o programa completo aquí.

 

O venres 21 de xuño celebrarase a xornada “Os Concellos galegos ante o desafío da sustentabilidade ambiental”, coa que se tratará de poñer de relevo algúns dos asuntos máis comúns na xestión ambiental das entidades locais e, de ser o caso, debater posibles actuacións para a súa solución ou mellora.

 

Podes consultar o programa completo aquí.