Actualidade

Categorías

Grupos de investigación

Buscador

Cinco mobilidades financiadas pola Cátedra Luis Fernández Somoza regresan de Widener University (US) e de University of South Wales (UK)

22/07/2020

 

Acollida dos centros de destino

A acollida que recibiron as persoas apoiadas desde a Cátedra Somoza foi moi ben valorada destacando a información que dispuxeron, o trato e acollida persoal e  acogida que han recibido las personas apoyadas desde la Cátedra Somoza ha sido muy bien valorada destacando la información que dispusieron, el trato y acogida personal e os recursos que dispuxeron á chegada.

“Desde o primeiro día todo o persoal do centro preocupáronse pola nosa adaptación" (Javier Eduardo Afonso Arévalo).

“Deume tempo a practicar deporte todos os días e fun a varias competicións” (Lucas Fernández Eiroa).

“Coa axuda da directora e do persoal de Relacións Internacionais, visitamos o campus enteiro, a biblioteca, as aulas e os arrededores” (Luis Afonso Rodríguez Orol).

“Recibida por un taxi gratuito, comida instantánea, tarxeta SIM, descontos para establecementos e un mapa do campus" (Laura García García).

“Unhas instalacións brillantes que maximizan o benestar dos seus alumnos” (Pablo González Voces).

 

Os estudios, no centro do programa

O balance realizado desde a Cátedra Luis Fernández Somoza é moi positivo ao observar o enorme avance profesional que as personas desprazadas ao Reino Unido e aos Estados Unidos experimentaron. Novos modelos de aprendizaxe, diferente enfoque aos problemas e solucións e outra forma de levar adiante as relacións marcaron o campo que nosas/os estudantes experimentaron. 

“A maneira de dar materia é baixo o meu punto de vista moito máis efectiva xa que aplicábamos os coñecementos á vida real, algo que boto de menos en Coruña" (Lucas Fernández Eiroa).

“Aprendemos novas cousas, en especial, con relación do funcionamiento do sistema xurídico estadounidense, a base do dereito americano, as distintas cortes e as súas funcións, características e tipos de contratos, distintas clases de sociedades, o seu proceso de creación e os seus dereitos e obligacións como persoas xurídicas" (Luis Alfonso Rodriguez Orol).

“Serviume para adquirir novas habilidades: redactar contratos, procura en BDD de xurisprudencia. Sen dúbida o gran nivel do profesorado marcou a diferenza.  -Paralegal Certificate- da un carácter polivalente a miña formación” (Javier Eduardo Afonso Arévalo).

“Decanteime por Marketing onde cursei: Servizo de excelencia ao consumidor, temas emerxentes en marketing, ética e sostenibilidade, estratexias de marketing internacional, interacción Local-Global e relacións Públicas e xestión da reputación. É diferente método de avaliación basado en flexibilidade dos temas, predominancia de ensaios e ausencia de probas obxectivas esixiume un tempo de adaptación, superado con apoio do profesorado” (Laura García García).

“Cursar os estudios legais de -Paralegal Certificate- foiha unha decisión excepcional. O enriquecimiento persoal e profesional que me aportaron marcou un antes e un despois no meu enfoque vital e na miña motivación profesional"  (Pablo González Voces).

 

E unha experiencia vital excepcional

Algo clave desde a Cátedra Luis Fernández Somoza é considerar a integridade profesional e social como base do desenvolvemento da persoa. Así, a experiencia destes estudantes non sería completa se non contribuise a ampliar a súa visión e consolidar valores. 

“Sigo en contacto cos meus amigos de alí e estou satisfeito co que puiden realizar" (Lucas Fernández Eiroa).

“Esta experiencia fixome vivir novas sensacións, aprender leccións de vida, resolver problemas sen máis axuda que eu mesmo e os meus dous compañeiros, visitamos lugares que nos cambiaron a forma de pensar e de ser, e sen dúbida xeramos unha amizade que durará toda a vida” (Luis Alfonso Rodriguez Orol).

“Realizar esta viaxe de estudos é unah dass experiencias que sei que recordarei o resto da miña vida con gran agrado. Nel puiden coñecer a un montón de persoas de diferentes partes do mundo, visitar gran cantidade de lugares, aprender novas disciplinas e sair da miña zona de confort” (Javier Eduardo Afonso Arévalo).

"É algo único imposible de explicar a alguen que non estivera na mesma situación, polo que recomendo encarecidamente a participación en programas como estes ou similares. Non só se gaña en formación académica, senón que se gaña cultura, experiencia e vivencias irrepetibles"  (Laura García García).

“O enriquecimento persoal e profesional que me aportaron marcou un antes e un despois no meu enfoque vital e a miña motivación profesional"  (Pablo González Voces).