Actualidade

Categorías

Grupos de investigación

Buscador

Resultados xornada “O exercicio e a condición física como marcadores integrais de saúde en idade escolar”

16/12/2019

 

O pasado 28 de novembro celebrouse a xornada “O exercicio e a condición física como marcadores integrais de saúde en idade escolar”.

Para a presentación do evento contamos coa presencia de Salvador Naya Fernández, Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña, e de José Rubén Sampedro Grande, Subdirector Xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

O nivel de calidade dos relatorios dos Doutores Iván Clavel, Jose Mora, Mario Guimarães e Francisco Carreiro da Costa e o  carácter participativo dos asistentes na fase de rolda aberta de intervención, fixo da actividade unha experiencia moi positiva que esperamos poder repetir en vindeiros anos dende a Cátedra.