Actualidade

Categorías


Buscador

O Canal de Isabel II financia un estudo sobre a xestión dos desbordamentos dos sistemas de saneamento

24/03/2021

 

Nomeado investigador responsable do estudo ao profesor da ETSI Caminos Canais e Portos da UDC Jerónimo Puertas Agudo, que conta co apoio e os recursos do Grupo de Enxeñaria da Auga e Medio Ambiente (GEAMA) para levar a cabo o estudo e paralelamente interacturá co equipo encargado da análise. O obxecto de estudo consiste na calibración das normas técnicas polas que se especifican e desenvolven os procedementos de deseño das medidas, obras e instalacións para a xestión dos desbordamentos de sistemas de saneamento (DSS) e ten prevista unha duración dun ano. 

Modelización portuaria, encargo da Xunta de Galicia ao investigador do CITEEC Enrique Peña

12/11/2020

Enrique Peña, investigador do CITEEC encargado pola Xunta de Galicia para o desenvolvemento de ferramentas de prediccción e toma de decisións na operatividade portuaria. Os traballos, con especial aplicación ao Porto da Coruña, terán diferentes fases iniciando en primeiro lugar unha campaña de campo que permita abordar as actuacións, clave tecnolóxica do encargo recibido, en materia de modelización. O equipo de investigación levará a cabo, como fin dos traballos, diversas actuacións para transferencia tecnolóxica. 

GEAMA lidera sete proxectos de investigación no eido da hidroloxía

04/11/2020

O profesor Ricardo Juncosa do grupo GEAMA lidera 7 proxectos de investigación no campo da hidroloxía que supoñen unha inversión de preto de 32.000 euros. As entidades coas que participa son Zifra Ingeniería, S.L., Cobre San Rafael, S.L., Termas do Prexigueiro e Grupo Minero Santa Comba.