Actualidade

Presentación dun prototipo a pequena escala dun arrecife artificial no Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT) do campus de Ferrol

06/07/2021

 

O martes 6 de xullo o investigador Luis Carral presentou no  Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT) do campus de Ferrol un prototipo a pequena escala dun arrecife artificial, con forma de cubo, salpicado de cavidades e construido cun tipo especial de «hormigón verde», no que parte dos áridos foron sustituidos por refugallos da industria conserveira -como conchas de mexillón e outros moluscos-, nun claro exemplo de boas praxis da nomeada economía circular, á que acudiu a vicereitora do Campus de Ferrol, María Jesús Movilla, e o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Indalecio Seijo e outras autoridades.

 

 

O desenvolvemento deste deseño enmárcase dentro dunha colaboración iniciada no año 2020 entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Consellería do Mar e a UDC. Nesta labor, a Xunta de Galicia destinou 100.000 euros. Con este invento a Xunta pretende preservar a biodiversidade dos fondos mariños e, consecuentemente, incrementar os recursos pesqueiros e marisqueiros do litoral galego. O proxecto de investigación da Universidade da Coruña, no que tamén colaborara a USC e a Universidade de Minho, está dirixido por Luis Carral, profesor da Escola Politécnica Superior de Ferrol.

 

 

Desde a Consellería do Mar destacaron a importancia dos arrecifes artificiais, xa que ofrecen refuxio a numerosas especies de moluscos, crustáceos ou peixes de roca. Neste sentido, Carral explicou que o bloque deseñado no campus ferrolá trata de imitar o comportamiento dun arrecife natural, «ya que está demostrado que los fondos rocosos son más productivos que los arenosos», E desta forma poderíase mellorar a súa biodiversidade. Para logralo, no proxecto non só participaron investigadores do campo da hidromecánica, senón tamén expertos en bioloxía, ecoloxía, ciendas dos materiais, medio ambiente e loxística.

 

Descubre máis aquí