Actualidade

Categorías

Grupos de investigación

Buscador

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible patrocina o curso online

17/02/2020

 

Esta formación, que se leva a cabo de forma online, está desenvolvida por profesorado da Facultade de Economía e Empresa.

 

Poderán optar ao patrocinio os 100 primeiros usuarios do dominio @udc.es que rematen o curso. Aos alumnos seleccionados facilitaráselles por correo electrónico o código que patrocina íntegramente o custo de emisión do certificado.

 

Este curso ten como obxectivo analizar o desenvolvemento sostible na era do Big Data.
Para iso, desenvolvense os tres eixes fundamentais na consecución deste desenvolvemento: a sostenibilidade ambiental, social e económica.
O módulo 1 céntrase na cuestión ambiental, analizando que son os servizos ecosistémicos, a súa valoración económica e a utilidade do Big Data neste ámbito.
O módulo 2 dedícase a área social, distinguindo os distintos modos nos que o Big Data pódese utilizar para que as políticas de desenvolvemento social sexan máis eficientes e sostibles.
O módulo 3 céntrase no ámbito económico, abordando o desenvolvemento e a desigualdade económica, e os modelos de producción e consumo.

Enlace de acceso ao curso