Actualidade

Categorías

Grupos de investigación

Buscador

A Cátedra de Dereito Local achegase á Lei de Protección dos Datos Persoais no entorno das entidades locais

13/07/2018

 

A Cátedra de Dereito Local realizou o pasado 13 de xullo, unha xornada e torno á regulación sobre a protección de datos, unha normativa na que se recollen entre outras ordes os dereitos e deberes das entidades locais.

 

Durante o acto, realizado na facultade de Dereito da UDC púxose sobre a mesa as implicacións da Regulación UE 2016/679, que está en vigor desde o 25 de maio deste ano e, que afecta as entidades privadas e públicas da Unión Europea. Esta norma comunitaria de aplicación directa recolle as obrigas de relevancia e cun amplo impacto en todas as Administracións Públicas e en todo o sector público, así como no ámbito local.

 

Doutra banda as Cortes Xerais están a tramitar a futura Lei Orgánica de Protección de Datos que complementará e aclarará á citada normativa europea. A constante modernización dos sistemas en todos os ámbitos laborais e sociais facían necesaria esta actualización normativa. Con esta lei queda regulada a protección aos cidadáns e ás administracións en todo aquilo relacionado coa protección dos dereitos e co control dos seus datos persoais.

 

Ao redor de todo isto desenvolveuse a xornada que comezou coa intervención de Victor Salgado Seguín, avogado especialista en TIC, que expuxo o “Dereito á privacidade e principios do novo RXDP”.

 

A seguinte conferencia versou sobre os dereitos dos interesados, medidas de seguridade e a avaliación do impacto da nova regulación. Un tema que foi desenvolto polo socio fundador do despacho Pintos&Salgado Avogados, Iñigo Pintos Fraile. E a avogada señor deste mesmo grupo, Teresa Regueiro López falou do delegado de protección de datos, os códigos de conduta e as competencias da AEPD no novo RXDP.

 

O encontro rematou cunha mesa redonda na que se expuso a situación dos concellos ante o novo escenario en materia de protección de datos. Un encontro moderado por Javier Sanz Larruga e no que interviñeron o os participantes dos anteriores relatorios xunto co técnico responsable do Concello da Coruña, Ramón Álvarez Veiras.

 

PROGRAMA COMPLETO