Actualidade

Primeira oferta formativa de posgrao en materia criminolóxica do Sistema Universitario Galego

12/07/2021

 

Lanzamos o Máster Propio da Universidade da Coruña en Criminoloxía (MCrim): primeira oferta formativa de posgrao en materia criminolóxica do Sistema Universitario Galego.


O MCrim ten unha marcada orientación interdisciplinaria, o que o fai axeitado para estudantes con formación en eidos diversos, como o Dereito, a Psicoloxía, a Socioloxía ou o Traballo Social, entre outros. Tamén é especialmente apropiado para persoas que teñan comezado, ou queiran comezar, unha carreira profesional nos eidos do sistema penal –policía, tribunais, execución de penas- ou da asistencia e os servizos sociais.

 

O MCrim susténtase no elevado nivel de coñecementos en materia criminolóxica acumulados por parte de diversos equipos de investigación da UDC, que gozan dun significado recoñecemento internacional.

 

Impartirase en modalidade semipresencial entre o 15/09/2021 e o 17/06/2022. A preinscrición está aberta ata o 03/09/2021. Se tes dúbidas, escríbenos a master.criminoloxia@udc.gal

 

Máis información e inscrición en: https://www.fundacion.udc.es/master-criminoloxia/

 

Nota de prensa remitida aos medios