No mes de setembro de 2018 a Secretaría Xeral para o Deporte a través da Fundación Deporte Galego e a Universidade da Coruña, poñen en marcha a Cátedra SXD Galicia Activa, co fin de fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura xeral.
A Cátedra SXD Galicia Activa ten como obxecto fundamental:
1. Favorecer a divulgación dos beneficios da adopción de estilos de vida físicamente activos entre a poboación galega.
2. Contribuir á formación de profesionais cualificados para incrementar os estilos de vida físicamente activos.
3. Fomentar a investigación e transmision de coñecementos en materia de actividade física como instrumento para a prevención das enfermidades crónicas non transmisibles e dos seus factores de risco.
4. Asesorar na implementación, o seguimento e a avaliación das medidas do Plan Galicia Saudable (PGS) e no establecemento de prioridades de intervención.
5. Levar a cabo tarefas de investigación relacionadas coas medidas de PGS e de observación das conductas sobre actividade física e sedentarismo da poboación galega.

O próximo 22 de novembro de 2025 e en horario de 9:45 a 18:30 horas, terá lugar a VI Xornada da Cátedra SXD Galicia Activa que leva por título "Exercicio Físico e Cancro" no Hotel NH Collection Santiago de Compostela en Santiago de Compostela.

O próximo 18 de outubro de 2025 e en horario de 9:00 a 14:30 horas, terá lugar a V Xornada da Cátedra SXD Galicia Activa que leva por título "A saúde no deporte de alto nivel" no Hotel Oca Porta do Camiño en Santiago de Compostela.

Os profesores da Facultade de Educación Física e Deportiva da Universidade da Coruña e codirectores da Cátedra SXD Galicia Activa, Eliseo Iglesias Soler e Manuel Avelino Giráldez García, falan sobre os beneficios dos adestramentos de pesas para o crecemento en mozos sempre que se fagan baixo a supervisión dun profesional da saúde e individualícense as sesións, no artigo publicado por Quincemil o 24 de setembro de 2024. Le aquí a noticia completa

O acordo entre a Universidade da Coruña e Fundación Deporte Galego ten unha duracion inicial de 3 anos.