A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa organiza o curso “Estratexias de Comunicación Dixital para o Desenvolvemento Sostible e o Impacto Social”, unha actividade formativa orientada a capacitar ao alumnado e ás persoas interesadas na aplicación da comunicación dixital como ferramenta de transformación social e impulso dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) o 23 e 24 de abril de 16:00 a 21:00h na Facultade de Comunicación da UDC. Máis información e inscricion no seguinte enlace [pica aquí].
A publicación forma parte dunha colección editorial que estará composta por 17 títulos centrados na contribución da comunicación a cada un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), dirixida pola directora da Cátedra e investigadora da UDC, Carmen Costa, e publicado pola Editorial UOC. A obra está dedicada ao ODS número 3, saúde e benestar, baixo a autoría de Daniel Catalán, catedrático de Xornalismo na Universidade Carlos III de Madrid. Esta mañá tivo lugar a presentación pública do libro no marco da xornada ‘Comunicar + Saúde’, na que tamén se abordou o uso das redes sociais entre adolescentes e o seu vínculo coa saúde mental.
Onte, Alberto Fernández, director de Plataformas e Servizos Dixitais de Radio Televisión Española e fundador de PlayZ, foi entrevistado por El Ideal Gallego durante a súa participación no evento dixital organizado pola Cátedra Vegalsa-Eroski UDC. Na entrevista, Fernández reflexionou sobre o futuro da televisión pública nun mercado audiovisual cada vez máis fragmentado.
O evento terá lugar o 24 de marzo de 15.00 a 17.00 h en Teams e contará coa participación de Alberto Fernández, director de Plataformas e Servizos Dixitais de RTVE.
O acto de entrega de premios, que teñen a finalidade de contribuír á dinamización, difusión e uso da lingua galega, tivo lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña.
A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC participa como impulsora da monografía 'Governance Models in Public Service Media. Participation, Reputation, and Sustainability in the Era of Platformization', editada polos profesores Ana López-Cepeda (Universidade de Castela a Mancha), Carmen Costa-Sánchez (Universidade da Coruña) e Marius Dragomir (Central European University).
Una veintena de persoas participaron no seminario “Empoderamiento en salud mental y hábitos saludables después de la jubilación”, impartido por Mercedes Seoane Bouza, organizado pola Cátedra Vegalsa-Eroski de compromiso social, comunicación e reputación corporativa e Alimentación Saludable en colaboración coa Universidade Sénior de la Universidade da Coruña (UDC).
Como broche final ás actividades de Outubro Saudable, tivo lugar un Almorzo Saudable patrocinado pola Cátedra Vegalsa-Eroski UDC. Celebrouse o pasado 24 de outubro na Universidade Sénior de Ferrol.
A profesora da Facultade de Ciencias da Saúde, Mercedes Seoane Bouzas, impartirá o seminario "Empoderamento en saúde mental e hábitos saudables despois da xubilación", organizado pola Universidade Sénior en colaboración coa Cátedra Vegalsa Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa.
• Poderán optar a el todas aquelas persoas tituladas que defendesen o seu Traballo Fin de Máster en calquera das universidades galegas durante os cursos 2024 e 2025, cunha cualificación de sobresaínte.
• Concederanse dous galardóns, un primeiro premio de 1.500 euros e un segundo de 500 euros.
• Tamén está activa a inscrición ao premio ao mellor Traballo Fin de Grao de temática galega, dirixido aos graos de Comunicación Audiovisual e Creación Dixital, Animación e Videoxogos.y Creación Digital, Animación e Videoxogos.
“As habilidades de pensamento crítico nun proxecto infantil sobre sostibilidade” e “Estrategias de marketing para el fortalecimiento de fundaciones: plan de marketing de ASPANSOR” foron as propostas gañadoras desta terceira edición. Os TFM foron galardoados cunha dotación económica total de 2.000 euros. Nesta convocatoria participaron máis dunha vintena de traballos das tres universidades públicas galegas.
Así o ratificaron o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao Abad, a directora de Sostibilidade e Comunicación Corporativa de Vegalsa-Eroski, Gabriela González Márquez e o director da Fundación Eroski, Alejandro Martínez Berriochoa, tras a renovación do convenio de colaboración que materializa esta alianza. O obxectivo é sumar forzas para continuar traballando a favor dunha comunicación nas organizacións comprometida e con conciencia a través de dúas liñas fundamentais: a comunicación para a promoción de hábitos de vida saudables e a comunicación a favor do coidado da contorna.
A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa fixo entrega, na Facultade de Comunicación da Universidade da Coruña (UDC), dos premios aos mellores Traballos de Fin de Grao (TFG) de Temática Galega do curso 2023/2024 nas carreiras de Comunicación Audiovisual e Creación Dixital, Animación e Videoxogos. Os dous Traballos de Fin Grao foron galardoados con 250 euros cada un son "Arraigo e Larapegas". Estes recoñecementos poñen de relevancia a vinculación da Cátedra Vegalsa-Eroski con Galicia.
A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa convocou a terceira edición do premio ao mellor Traballo Fin de Máster con temática relacionada con criterios ASG (ambientais, sociais e de gobernanza) e propósito corporativo, á que se presentaron un total de 24 traballos defendidos por estudantes das tres universidades galegas nos anos 2023 e 2024 que obtiveron unha cualificación de sobresaliente.
Neste primeiro libro, dedicado ao ODS número 5 e baixo a autoría de Inmaculada Postigo Gómez e Malely Linares Sánchez (coordinadoras.), reúne as miradas de investigadoras de España e Latinoamérica, poñendo o foco en diferentes perspectivas metodolóxicas en materia de xénero e nunha pluralidade de experiencias situadas desde a comunicación feminista. A colección Comunicación e Axenda 2030 estará composta por un total de 17 títulos nos que se poñerá o foco na contribución da Comunicación a cada un dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030 de Nacións Unidas (ONU), todo iso dirixido pola doutora e directora da Cátedra, Carmen Costa e publicado pola Editorial UOC. Esta mañá tivo lugar a presentación institucional deste primeiro libro colectivo, celebrada no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña (UDC).
A proposta de “Integración de estándares de reportes “ESG” para empresas europeas” e a unidade didáctica “¿Es el suelo un ecosistema?” foron as propostas gañadoras desta segunda edición. Nesta convocatoria participaron máis dunha vintena de traballos das tres universidades públicas galegas. A entrega de premios tivo lugar esta mañá no Reitorado da UDC. Os traballos recoñecidos contan cunha dotación económica de 2.000 euros.
"Todo Comunica" é un novo espazo da Catedra adicado a divulgar a importancia da xestión da comunicación e o xornalismo na nosa sociedade.
"Todo Comunica" é un novo espazo da Catedra adicado a divulgar a importancia da xestión da comunicación e o xornalismo na nosa sociedade.
"Todo Comunica" é un novo espazo da Catedra adicado a divulgar a importancia da xestión da comunicación e o xornalismo na nosa sociedade.
A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa organizou a xornada “O cinema dende o compromiso” na Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC. Jaione Camborda é a primeira directora española en gañar a Cuncha de Ouro do Festival de San Sebastián, que recibiu pola película de produción galega O Corno.
Faino promovendo a xornada “O cinema dende o compromiso”, un encontro con Jaione Camborda, directora e gañadora da Cuncha Douro do Festival de San Sebastián pola película de produción galega “O Corno”. A xornada, que está aberta ao público de forma gratuíta previa inscrición, terá lugar o xoves 22 de febreiro ás 17:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC. Esta acción enmárcase no obxectivo que promove a Cátedra ao redor da comunicación con conciencia, responsable e con valores que axude á creación dunha contorna máis sostible e dunha sociedade máis comprometida.
Os alumnos do programa Espazo Compartido da Universidade da Coruña visitaron onte o Eroski Center de Vioño no marco de actividades que ambas as entidades poñen en marcha anualmente a favor da inserción laboral das persoas con discapacidade. Nesta primeira cita, os alumnos puideron coñecer Vegalsa-Eroski e os seus valores corporativos, así como achegarse ao sector da distribución alimentaria. O programa complementarase ao longo do ano con actividades para comprender a realidade do sector desde a práctica empresarial e como afrontar un proceso de selección.
A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa convocou a segunda edición do premio ao mellor Traballo Fin de Máster con temática relacionada con criterios ASG (ambientais, sociais e de gobernanza) e propósito corporativo, á que se presentaron un total de 23 traballos defendidos por estudantes das tres universidades galegas nos anos 2022 e 2023 que obtiveron unha cualificación de sobresaliente.
A Universidade da Coruña acollerá o vindeiro 8 de maio ás 11:00h a conferencia de Juan Manuel Cúellar baixo o título "Propuestas de innovación en Comunicación El LAB de RTVE", organizada pola Cátedra Vegalsa Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa en colaboración coa Cátedra RTVE-USC dentro do Ciclo COMversaCIÓNS.
A visita terá lugar mañá xoves 9 de febreiro ás 12:30 horas no Reitorado da Universidade da Coruña.
Á convocatoria ao Mellor Traballo de Fin de Máster relacionados cos criterios ASG (ambientais, sociais e de gobernanza) e o propósito corporativo presentáronse 26 traballos, sendo todos presentados validados e admitidos por cumprir as condicións da convocatoria.
Terá lugar o 8 de abril ás 13.00 horas no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Saúde. Pronunciarase unha conferencia sobre saúde mental e redes sociais na adolescencia. Para participar será necesaria inscrición previa a través do seguinte enlace [pica aquí].