FUAC. Comunicación. Actualidade

A Cátedra Epifanio Campo galardoa as mellores propostas do seu Segundo Premio de Investigación para impulsar a investigación e valorización dos residuos industriais

01/12/2023

O acto contou coa presenza do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey; a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana; o reitor da UDC, Julio Abalde; o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo; e a directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo; ademais do director xeral do grupo Rodonita Medio Ambiente, Antonio Roncero; e distintos representantes de institucións, empresa e eido universitario. O primeiro premio foi para o traballo desenvolvido polo Grupo de investigación de Estradas, Xeotecnia e Materiais, liderado polo doutor Ignacio Pérez, e o segundo premio para o grupo de investigación Bioenxeñaría Ambiental e Control de Calidade, dirixido pola profesora María Carmen Veiga.

A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC convoca a segunda edición do premio ao mellor Traballo de Fin de Mestrado

03/10/2023

Arrinca o terceiro curso da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa e faino coa convocatoria da súa segunda edición do premio ao mellor Traballo Fin de Máster en base a criterios ASG (ambientais, sociais e de gobernanza) e propósito corporativo. Poderán optar a el todas aquelas persoas tituladas que defendesen o seu Traballo Fin de Máster en calquera das universidades galegas durante os anos 2022-2023 cunha cualificación de sobresaliente. Outorgaranse dous premios, un dotado con 1.500 euros para a persoa autora do Traballo Fin de Máster que resulte gañador, e un segundo premio, dotado con 500 euros.

A Cátedra R convoca unha nova edición dos premios aos mellores traballos en ciberseguridade

25/09/2023

A Cátedra R en Ciberseguridade, dirixida na UDC polo investigador do CITIC Carlos Dafonte, convoca os V Premios aos Mellores Traballos Académicos e de Investigación en Ciberseguridade Dixital. O obxectivo principal destes premios é “a promoción e difusión da actividade docente e investigadora no ámbito da ciberseguridade”.

A sala de prensa da Universidade da Coruña, na Reitoría, acolleu o 26 de xullo o acto de entrega dos III Premios da Cátedra Emalcsa - UDC aos mellores Traballos de Fin de Máster

26/07/2023

A sala de prensa da Universidade da Coruña, na Reitoría, acolleu o 26 de xullo ás 10:00h o acto de entrega dos  III Premios da Cátedra Emalcsa - UDC aos mellores Traballos de Fin de Máster defendidos polo alumnado da UDC no curso 2021-2022, relacionados coa xestión sustentable da auga urbanaO acto foi presentado polo vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, contou coa asistencia da alcaldesa da Coruña e presidenta de Emalcsa, Inés Rey, o director Xeral de Emalcsa, Jaime Castiñeira de la Torre; e o director da Cátedra Emalcsa-UDC, o profesor Moisés Canle.

A Cátedra Epifanio Campo UDC convoca uns premios aos mellores proxectos de investigación que avancen na xestión de residuos industriais

15/06/2023

A Cátedra Epifanio Campo convoca os II Premios de Investigación Epifanio Campo, inspirados na figura do empresario e seguindo o seu legado de responsabilidade ambiental e compromiso coa economía circular. A finalidade dos Premios é a de impulsar e premiar a investigación relacionada coa xestión e valorización dos residuos xerados pola actividade industrial, como parte dunha economía circular que axude á protección do medio ambiente.

Os gañadores do Premio Cátedra Vegalsa-Eroski presentan os seus traballos centrados na sustentabilidade

05/06/2023

A plataforma dixital para un consumo responsable, KAPURA, e un traballo sobre a transparencia en sustentabilidade en Galicia foron os dous gañadores desta primeira edición, na que participaron un total de 26 traballos das tres universidades públicas galegas. A entrega de premios tivo lugar esta mañá no Reitorado da UDC, coincidindo co Día Internacional do Medio Ambiente. Os traballos recoñecidos contan cunha dotación económica de 2.000 euros.

A Cátedra Greenalia-UDC convoca os premios 'Galicia Renovable' para a alumnado do Sistema Universitario Galego

24/05/2023

A convocatoria está dirixida ao alumnado do Sistema Universitario Galego (SUG) que presenten o seu traballo de fin de Grao (TFG) ou traballo de fin de mestrado (TFM) durante o actual curso académico 22/23 ou os dous anos anteriores. O prazo de candidaturas está aberto ata o próximo 31 de xullo. As persoas interesadas poderán presentar os seus traballos a través da web da cátedra.

O proxecto KAPURA gaña o Premio Cátedra Vegalsa- Eroski

11/05/2023

A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso social, Comunicación e Reputación corporativa anunciou o gañador da primeira edición do "Premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo Fin de Mestrado (TFM)”, que  recaeu no proxecto KAPURA da Universidade da Coruña, de Daniel Alejandro Castrillón Cano, Alejandra Ceballos, Francisca Pacheco e Sara Silvar). O segundo premio foi outorgado ao traballo “Rendición de contas e transparencia en materia de sustentabilidade en Galicia. Tendencias e perspectivas. Ano 2022” da Universidade de Vigo, de Anahi Iglesias Gualati.

A Cátedra HM-UDC convoca a sexta edición de bolsas de formación en Traumatoloxía do Deporte e premio á mellor publicación do ano 2022

02/03/2023

A Cátedra HM-UDC lanza unha nova convocatoria de bolsas de formación para licenciados en medicina especializada en traumatoloxía do deporte e convoca o premio á mellor publicación científica do ano 2022 en Traumatoloxía do Deporte. O prazo de recepción de solicitudes da bolsa de formación está aberto ata o 15 de maio de 2023 e para presentarse ao premio á mellor publicación ata o 30 de maio de 2023.

A Cátedra Epifanio Campo galardoa as mellores propostas multimedia para divulgar os valores da economía circular no seu Primeiro Premio de Divulgación Científica

24/02/2023

A Cátedra Epifanio Campo celebrou o acto de entrega do Primeiro Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo no Salón de Actos do Campus de Ferrol. O acto contou coa presenza do alcalde de Ferrol, Ángel Mato; o reitor da UDC, Julio Abalde; o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo, e a directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo. O obxectivo principal deste galardón é promover a investigación e o coñecemento no ámbito da economía circular dentro do colectivo universitario.

III Convocatoria Premios Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte

26/08/2021

Aberta a terceira convocatoria de Premios da Cátedra HM Traumatoloxía do Deporte. Nesta ocasión haberá premios para a mellor Tese Doutoral e para o mellor TFM.