FUAC. Comunicación. Actualidade

A FUAC impulsa a conexión entre talento e empresa na Feira de Emprego e Prácticas da FIC, que se estende ata o venres

15/04/2026

Facultade de Informática da Universidade da Coruña deu hoxe comezo á súa Feira de Emprego e Prácticas, un evento que durante tres xornadas reunirá a algunhas das principais empresas do sector tecnolóxico xunto a estudantes e recentemente titulados. Nesta primeira xornada, a Fundación Universidade da Coruña (FUAC) participou activamente, reafirmando o seu compromiso coa empregabilidade e a incorporación do talento novo ao mundo laboral.

A Facultade de Informática acolle a International Software Product Line Conference (SPLC 2025)

01/09/2025

A Facultade de Informática da UDC[link a noticia] acolle durante toda esta semana a International Software Product Line Conference (SPLC 2025), congreso internacional no que máis de 60 especialistas de diferentes países analizarán as diferentes liñas de software e as súas aplicacións baixo diferentes perspectivas, promovendo así a investigación e aplicación industrial das liñas de produto software, un enfoque clave para o desenvolvemento de sistemas complexos. 

A Cátedra Epifanio Campo da UDC premiará as mellores propostas multimedia do estudantado centradas na divulgación da economía circular

08/08/2025

Un estudante da UDC, entre os tres mellores de España nos Premios CREAIMPACTO 2025

01/07/2025

AENOR e a UDC reforzan a súa colaboración en proxectos de prosprección tecnolóxica

12/05/2025

AENOR e a UDC colaboran no ano 2025 no desenvolvemento de 9 proxectos no ámbito de I+D+i. Os profesores Aitor Baldomir García, da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, Juan Ramón Rabuñal Dopico, da Facultade de Informática e Alfonso Loureiro Montero e Jose Manuel Reinosa Prado, da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF), participan en varios proxectos postos en marcha entre xaneiro e marzo de 2025. 

Éxito de participación no Día da Ciencia na Rúa 2025

12/05/2025

A nova edición do Día da Ciencia na Rúa da Coruña celebrada o 10 de maio de 2025 no Parque de Santa Margarita, reuniu a máis de 1.000 participantes, entre alumnado, profesorado, familias e coruñeses varios e 54 centros educativos de toda Galicia con talleres de robótica, intelixencia artificial e sustentabilidade. O evento, organizado polo Concello de Coruña, A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e a Cátedra Emalcsa-UDC, contou co apoio da FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) e a Deputación da Coruña. Ademais do alumnado de todos os niveis educativos, participaron investigadores e divulgadores de institucións como a Cátedra Emalcsa-UDC, a Facultade de Ciencias da UDC, a Escola de Enxeñeiros de Camiños, o CICA, o CITIC, o CITEEC, o INIBIC, o Centro Oceanográfico da Coruña, a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC, a Axencia Galega de Órganos e Sangue, e o CITMAga, entre outros. Fonte: Blog UDC e Quincemil.

 

#UDCCiencia #CiencianaRúa #Ciencia #DivulgaciónCientífica #UDC #DCR2025 #cienciarua2025

Carlota Vázquez e Pablo Páramo reciben o Décimo Premio ao mellor TFG aplicado 2023/24 durante a FepeFIC

25/04/2025

A Cátedra ALDABA-WIB colabora un ano máis na Feira de Prácticas e de Emprego que organiza a Facultade de Informática da UDC

22/04/2025

A Cátedra ALDABA-WIB colabora un ano máis na VI Feira de Prácticas e de Emprego que organiza a Facultade de Informática da UDC, un evento destinado ao alumnado para que coñeza de primeira man as empresas onde o próximo curso académico realizarán prácticas curriculares. A Cátedra contará cun stand que se poderá visitar o venres 25 de abril de 9:30 a 15:00h.

A Cátedra CICAS patrocina a Feira de Prácticas e de Emprego e o X Premio ao Mellor TFG Aplicado da FIC

22/04/2025

A Cátedra CICAS patrocina a VI Feira de Prácticas e de Emprego que organiza a Facultade de Informática da UDC, os días 23, 24 e 25 de abril. Un evento destinado ao alumnado que o próximo curso académico realizarán prácticas curriculares nunha das trinta empresas adheridas ao programa.

A Facultade de Informática da UDC fallará o seu Premio ao mellor TFG aplicado 2024/25 durante a FePEfic

11/04/2025

Os próximos días 23, 24 e 25 de abril celebrarase unha nova edición da Feira de Prácticas e Emprego (FepeFIC), na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC). Un punto de encontro para que os estudantes coñezan de primeira man como traballan as entidades do sector TIC que operan na Coruña e nas que poderán realizar prácticas durante os seus estudos e, para que estas descubran as inquietudes do estudantado do centro.

Marzo Tecnolóxico na FIC: Xornadas Ficskills

21/03/2025

A Facultade de Informática deu a coñecer ao gañador do Noveno Premio ao Mellor TFG no marco da FePEfic

26/04/2024

A Facultade de Informática da UDC deu a coñecer este xoves 25 de abril, durante a Feira de Prácticas e Emprego (FepeFIC), ao gañador do Noveno Premio ao Mellor Traballo Fin de Grao Aplicado da FIC, que foi Jesús Mosteiro pola súa TFG ‘Paralelización dun algoritmo de aprendizaxe automática multi-vista baseado en grafos’.

O 25 de abril outorgarase o Noveno Premio ao Mellor Traballo Fin de Grao Aplicado da FIC

22/04/2024

A Cátedra ALDABA-WIB colabora un ano máis na Feira de Prácticas e de Emprego (FePEfic 2024), que organiza a Facultade de Informática da UDC durante os días 23, 24 e 25 de abril e na que colaboran unha vintena de empresas do sector TIC.

A Facultade de Informática da UDC fallará o seu Premio ao mellor TFG aplicado 2023/24 durante a FePEfic

22/04/2024

Os próximos días 23, 24 e 25 de abril celebrarase unha nova edición da Feira de Prácticas e Emprego (FepeFIC), na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC). Un punto de encontro para que os estudantes coñezan de primeira man como traballan as entidades do sector TIC, que operan na Coruña, nas que poderán realizar prácticas durante os seus estudos e estas descubran as inquietudes do estudantado do centro.

A Facultade de Informática da UDC anunciará o 25 de abril cal é o mellor TFG aplicado 2023/24

22/04/2024

A Cátedra NTT Data participará na Feira de Prácticas e de Emprego (FePEfic 2024), que organiza a Facultade de Informática da UDC, os días 23,24 e 25 de abril. Un evento destinado ao alumnado que o próximo curso académico realizarán prácticas curriculares en empresas como vía para iniciar o seu camiño profesional nun mercado altamente dinámico e demandante de perfís cualificados.

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña acolle o VI Congreso XoveTIC

05/10/2023

O VI Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC da Universidade da Coruña, celebrarase os días 5 e 6 de outubro de 2023 no CITIC e na Facultade de Informática da UDC. O evento ten a finalidade de dar visibilidade ao talento das novas xeracións de investigadoras e investigadores da área das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. 

Un traballo sobre a monitorización da calidade ambiental, premio ao mellor TFG da Facultade de Informática

20/04/2023

A Cátedra NTT Data participou na Feira de Prácticas e de Emprego que organiza a Facultade de Informática da UDC, un evento destinado ao alumnado que o próximo curso académico realizarán prácticas curriculares en empresas como vía para iniciar o seu camiño profesional nun mercado altamente dinámico e demandante de perfís cualificados.

A Feira de Prácticas e de Emprego da Facultade de Informática facilita ao alumnado o contacto directo coas empresas

19/04/2023

As cátedras ALDABA WIB, CICAS (Sngular-CoruNet) e NTT Data deron a coñecer o Premio ao mellor Traballo Fin de Grao do curso 2021-22, que recaeu en Pablo Mariño Boga polo seu TFG “Desarrollo de un dispositivo para la monitorización de marcadores de calidad ambiental”.

Un traballo sobre a monitorización da calidade ambiental, premio ao mellor TFG da Facultade de Informática

19/04/2023

A Cátedra ALDABA-WIB colaborou un ano máis na Feira de Prácticas e de Emprego que organiza a Facultade de Informática da UDC, un evento destinado ao alumnado que o próximo curso académico realizarán prácticas curriculares en empresas.

Entrega do Premio ao Mellor Traballo Fin de Grao Aplicado da Facultade de Informática da Universidade da Coruña

18/04/2023

A Facultade de Informática da Universidade da Coruña, acollerá o mércores 19 de abril, a partir das 11:30 horas, a VIII edición do Premio ao Mellor Traballo de Fin de Grao (TFG) Aplicado do Grao en Enxeñaría Informática. O CITIC, xunto coa Fundación Universidade da Coruña, colaboran nestes premios, que contan ademais co patrocinio das cátedras institucionais, Aldaba WIB (Women, ICT & Business) , NTTData e SNGULAR.

A Cátedra Epifanio Campo galardoa as mellores propostas multimedia para divulgar os valores da economía circular no seu Primeiro Premio de Divulgación Científica

24/02/2023

A Cátedra Epifanio Campo celebrou o acto de entrega do Primeiro Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo no Salón de Actos do Campus de Ferrol. O acto contou coa presenza do alcalde de Ferrol, Ángel Mato; o reitor da UDC, Julio Abalde; o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo, e a directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo. O obxectivo principal deste galardón é promover a investigación e o coñecemento no ámbito da economía circular dentro do colectivo universitario.

Un traballo sobre o ciberacoso, premio ao mellor TFG da Facultade de Informática da Coruña

07/04/2022

Estos premios recoñecen os mellores traballos de fin de grao (TFG) presentados no curso 2020/2021. A presentación dos traballos dos mellores TFG presentados á convocatoria e o fallo do xurado, formado polas entidades Aldaba, Corunet e NTT DATA das cátedras institucionais Aldaba-WIB, Corunet e NTT Data, tivo lugar o martes 5 de abril na celebración da Feira de Emprego e Prácticas da Facultade de Informática da UDC. 

A Facultade de Informática da UDC fallou o seu Premio ao mellor TFG aplicado durante a FePEfic o martes 5 de abril

07/04/2022

A entrega de premios tivo lugar durante a Feira de Prácticas e de Emprego, celebrada o 5 de abril na Facultade de Informática da UDC.

A Facultade de Informática da UDC entrega o seu Premio ao mellor TFG aplicado

28/03/2022

A entrega de premios terá lugar durante celebración da Feira de Prácticas e de Emprego, terá lugar o vindeiro 5 de abril na Facultade de Informática da UDC. 

A Facultade de Informática da UDC fallará o seu Premio ao mellor TFG aplicado durante a FePEfic o martes 5 de abril

28/03/2022

A entrega de premios da sétima edición terá lugar durante a Feira de Prácticas e de Emprego, que se celebrará o 5 de abril na Facultade de Informática.