As investigadoras Rebeca Bouza Padín da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e María José Abad López da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e coordinadora do Grupo de Polímeros da UDC lideran proxectos para o desenvolvemento de solucións de materiais poliméricos máis sostibles. O equipo de traballo liderado pola investigadora Rebeca Bouza Padín leva a cabo un estudo de Materiales Biopolimericos, por período de dous anos, ata novembro de 2024 e o equipo de traballo liderado pola investigadora María José Abad López desenvolve un estudo na área de ensaios clínicos con materiais poliméricos por un período de catro anos, ata xuño de 2027.
A investigadora María José Abad López da Escola Universitaria de Deseño Industrial e coordinadora do Grupo de Polímeros da UDC recibe encargos para liderar proxectos financiados con cargo ao programa “Deseña Peme” de LEDISSON LIGHTING, relacionado co proxecto LUMI-NON-Ao, cuxo obxectivo é o deseño de deseño dunha nova luminaria inspirado na iconografía da contorna e da cultura do Camiño de Santiago e de ADIDRON, relacionado co proxecto ADIDRON, cuxo obxectivo é o deseño dunha embarcación non tripulada fabricada por impresión 3D.
O equipo de traballo, dirixido pola investigadora e profesora de Física e Ciencias da Terra da Universidade da Coruña Ana Ares Pernas, encargaráse de levar a cabo as actuacións de: formacion, identificación e separación de plásticos, recomendacións de uso do material reciclado e asesoramento durante todo o proceso de transformación dos residuos mariños. As actividades teñen prevista unha duración de 4 meses e medio.
Ana Ares Pernas, investigadora do Grupo de Polímeros e profesora da Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol, pon en marcha xunto ao Concello de Narón un programa de asesoramento e formación no tratamento e valorizacion de plásticos enmarcado no Proxecto Ártabro Inclusivo. A formación impartirase por un período de 7 meses e ten como finalidade contribuir á erradicación e valorización de residuos da zona costeira achegando o coñecemento a entidades que traballan con persoas con necesidades especiais. Con esta formación, estas persoas, serán capaces de revalorizar os residuos recollidos na zona costeira.
A Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro, SEO Fisterra Ría de Muros-Noia, e a Asociación Adisbismur promoven o proxecto medioambiental de asesoramento e formación en materiais plásticos no marco do proxecto centro para a transformación do lixo marítimo. O equipo de traballo dirixido pola investigadora e profesora de Física e Ciencias da Terra da Universidade da Coruña, Ana Isabel Ares Pernas, encárgase de levar a cabo as actuacións de: formación, identificación e separación de plásticos, recomendacións de uso do material reciclado e asesoramento durante todo o proceso de transformación dos resudios mariños. O prazo durante o que se desenvolverán as actividades é de 7 meses.