FUAC. Comunicación. Actualidade

Ampliado o prazo de presentación nos Premios da cátedra Epifanio Campo de divulgación e investigación científica

17/09/2025

A Cátedra Epifanio Campo conta con duas convocatorias de premios, por un lado os III Premios de Investigación, dirixidos a investigadores que fomen parte do Catálogo de Investigación da Universidade da Coruña ou es estudante de doutoramento, fin de grao ou máster do curso 24-25 na UDC e os III Premio de Divulgación Científica nos que poden participar estudantes da UDC matriculados nos cursos 24-25 ou 25-26, presentando ata dúas propostas por alumno. 

A Cátedra Epifanio Campo da UDC premiará as mellores propostas multimedia do estudantado centradas na divulgación da economía circular

08/08/2025

O Campus Industrial de Ferrol da UDC acolle unha nova edición do curso sobre xestión de residuos industriais da Cátedra Epifanio Campo

12/06/2025

A Cátedra Epifanio Campo amplia o prazo de presentación dos III Premios de Investigación Epifanio Campo ata o venres, 24 de outubro

08/06/2025

Tras o éxito de edicións anteriores, a Cátedra Epifanio Campo da Universidade da Coruña convoca os III Premios de Investigación Epifanio Campo, en homenaxe a un pioneiro no ámbito da economía circular e a xestión ambiental. Os participantes nesta convocatoria deberán estar incluídos no Catálogo de Investigación da Universidade da Coruña, como membros dalgún grupo de investigación ou como investigadores individuais, na data en que acaba o prazo de recepción de solicitudes da presente convocatoria, o domingo 21 de setembro de 2025 (ampliado ata o 24 de outubro de 2025). Tamén poderán participar os estudantes matriculados no curso 2024-2025 en programas de doutoramento ou en traballos fin de grao ou máster da Universidade da Coruña que realizasen tarefas de investigación asociadas a ese proxecto, sempre que vaian acompañados de polo menos outro solicitante que estea incluído no Catálogo de Investigación da Universidade da Coruña, na data en que acaba o prazo de recepción de solicitudes da presente convocatoria [Enlace ao formulario de inscrición].

A Cátedra Epifanio Campo achega a economía circular a estudantes sénior

23/04/2025

Entrevista a Maripaz Mateo, directora da Cátedra Epifanio Campo sobre as principais liñas de actuación que marcan o funcionamiento da cátedra

02/03/2025

Maripaz Mateo Orenes, doutora en Química pola Universidade de Málaga e profesora titular da Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Ferrol da UDC, é a directora da Cátedra Epifanio Campo. Compartiu na entrevista de La Voz de Galicia, o 26 de novembro de 2023, as principais liñas de actuación que marcaron o funcionamento da Cátedra Epifanio Campo desde o seu nacemento e os seus proxectos de futuro. Na entrevista destacou que «El emplo verde tiene muy buena perspectiva de futuro».

O alumnado da UDC completa a súa formación coas visitas da Cátedra Epifanio Campo

18/10/2024

A Cátedra Epifanio Campo premiará as mellores propostas multimedia de estudantado da UDC centradas na divulgación da economía circular

27/06/2024

A Cátedra Epifanio Campo organiza unha nova edición do curso de xestor de residuos

06/05/2024

A Cátedra Epifanio Campo reafirma a súa aposta pola divulgación e a formación coa participación de máis de 180 persoas nas súas actividades o pasado ano

13/03/2024

A Cátedra Epifanio Campo, adscrita á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, situada no Campus Industrial da Ferrol da Universidade da Coruña,  reafirma un ano máis o seu compromiso co fomento da divulgación e a formación no ámbito da economía circular e a xestión de residuos industriais. No balance anual de actividades destacan fitos tan reseñables como o acto de entrega do I Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo, a convocatoria e entrega dos II Premios de Investigación Epifanio Campo ou a participación na I Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente.

Entrevista a Maripaz Mateo, directora da Cátedra Epifanio Campo con motivo dá entrega dúas II Premios Epifanio Campo de Investigación

26/12/2023

Maripaz Mateo Orenes, doutora en Química pola Universidade de Málaga e profesora titular da Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Ferrol da UDC, é a directora da Cátedra Epifanio Campo. Compartiu na entrevista de La Voz de Galicia, o 26 de novembro de 2023, as principais liñas de actuación que marcaron o funcionamento da Cátedra Epifanio Campo desde o seu nacemento e os seus proxectos de futuro. Na entrevista destacou que «Vamos a poner en marcha un centro de interpretación de residuos industriales».

A Cátedra Epifanio Campo galardoa as mellores propostas do seu Segundo Premio de Investigación para impulsar a investigación e valorización dos residuos industriais

01/12/2023

O acto contou coa presenza do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey; a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana; o reitor da UDC, Julio Abalde; o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo; e a directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo; ademais do director xeral do grupo Rodonita Medio Ambiente, Antonio Roncero; e distintos representantes de institucións, empresa e eido universitario. O primeiro premio foi para o traballo desenvolvido polo Grupo de investigación de Estradas, Xeotecnia e Materiais, liderado polo doutor Ignacio Pérez, e o segundo premio para o grupo de investigación Bioenxeñaría Ambiental e Control de Calidade, dirixido pola profesora María Carmen Veiga.

O alumnado dos Graos de Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais da UDC visita as instalacións da planta de tratamento de residuos industriais de Sogarisa nas Somozas

03/11/2023

O alumnado de Enxeñaría Medioambitental da EPEF (Graos en Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais) visitou a semana pasada a planta de tratamento de residuos industriais de Sogarisa (As Somozas). A visita foi promovida pola Cátedra Epifanio Campo. 

 

A Cátedra Epifanio Campo premia a valorización de residuos industriais para obter materiais para pavimentar estradas e bioplásticos na segunda edición do seu certame de investigación

29/10/2023

O tribunal destaca a calidade dos traballos presentados, nos que participaron preto de 40 investigadores da Universidade da Coruña con interesantes propostas sobre intelixencia artificial, enxeñaría química, física ou bioloxía costeira. O primeiro premio foi para o traballo desenvolvido polo equipo de investigación CGM e liderado polo doutor Ignacio Pérez, que plantexa a obtención de materias primas para a pavimentación de estradas e outras infraestruturas a partir de diversos residuos industriais e o segundo premio foi para o equipo BIOENGIN, co proxecto dirixido pola profesora Mª Carmen Veiga, consistente no emprego de bacterias para producir plásticos biodegradables a partir de diferentes tipos de residuos como o soro de leite, o bagazo de cervexa, lodos de depuradora ou algas, dotado dun total de 10.000 euros. 

A Cátedra Epifanio Campo UDC clausura a primeira edición do seu curso formativo sobre a xestión de residuos industriais

21/07/2023

O acto contou coa presenza do alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo; o director xeral de Rodonita Medio Ambiente, Antonio Roncero e a directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo. O obxectivo fundamental desta formación é introducir ao alumno nos coñecementos e competencias básicas necesarias no ámbito da xestión de residuos industriais. O claustro de profesores estivo composto por profesionais altamente cualificados, cunha longa traxectoria nos distintos aspectos da materia.

A Cátedra Epifanio Campo UDC convoca uns premios aos mellores proxectos de investigación que avancen na xestión de residuos industriais

15/06/2023

A Cátedra Epifanio Campo convoca os II Premios de Investigación Epifanio Campo, inspirados na figura do empresario e seguindo o seu legado de responsabilidade ambiental e compromiso coa economía circular. A finalidade dos Premios é a de impulsar e premiar a investigación relacionada coa xestión e valorización dos residuos xerados pola actividade industrial, como parte dunha economía circular que axude á protección do medio ambiente.

A Cátedra Epifanio Campo galardoa as mellores propostas multimedia para divulgar os valores da economía circular no seu Primeiro Premio de Divulgación Científica

24/02/2023

A Cátedra Epifanio Campo celebrou o acto de entrega do Primeiro Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo no Salón de Actos do Campus de Ferrol. O acto contou coa presenza do alcalde de Ferrol, Ángel Mato; o reitor da UDC, Julio Abalde; o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo, e a directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo. O obxectivo principal deste galardón é promover a investigación e o coñecemento no ámbito da economía circular dentro do colectivo universitario.

A Cátedra Epifanio Campo emite o fallo para premiar as mellores propostas multimedia para divulgar os valores da economía circular

22/11/2022

O tribunal destacou a calidade dos traballos presentados, nos que participaron 60 estudantes de grao, máster e programa de doutoramento da Universidade da Coruña con interesantes propostas. Concedéndolle o Primeiro Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo ao traballo desenvolvido por Adela Ríos Gómez, da Universidade da Coruña, e recoñeceu con tres accésits a orixinalidade, a capacidade de divulgación e a calidade técnica doutras tres propostas.

A Cátedra Epifanio Campo premiará as mellores propostas multimedia do estudantado da UDC centradas na divulgación da economía circular

28/09/2022

Cátedra impulsada polo Grupo Rodonita, convoca o I Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo, dedicado ao fundador do Grupo Rodonita e un pioneiro no ámbito da xestión medioambiental. Os estudantes poderán presentar en grupo ou en solitario antes do 14 de outubro de 2022 ás 14:00 h un máximo de dúas propostas de imaxe, infografía, ilustración, vídeo ou animación con enfoque didáctico, para optar a un premio de 1.200 euros ou os tres accésits de 300 euros cada un.