FUAC. Comunicación. Actualidade

A Cátedra Epifanio Campo organiza unha nova edición do curso de xestor de residuos

06/05/2024

A Cátedra Epifanio Campo reafirma a súa aposta pola divulgación e a formación coa participación de máis de 180 persoas nas súas actividades o pasado ano

13/03/2024

A Cátedra Epifanio Campo, adscrita á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, situada no Campus Industrial da Ferrol da Universidade da Coruña,  reafirma un ano máis o seu compromiso co fomento da divulgación e a formación no ámbito da economía circular e a xestión de residuos industriais. No balance anual de actividades destacan fitos tan reseñables como o acto de entrega do I Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo, a convocatoria e entrega dos II Premios de Investigación Epifanio Campo ou a participación na I Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente.

A Cátedra Epifanio Campo galardoa as mellores propostas do seu Segundo Premio de Investigación para impulsar a investigación e valorización dos residuos industriais

01/12/2023

O acto contou coa presenza do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey; a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana; o reitor da UDC, Julio Abalde; o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo; e a directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo; ademais do director xeral do grupo Rodonita Medio Ambiente, Antonio Roncero; e distintos representantes de institucións, empresa e eido universitario. O primeiro premio foi para o traballo desenvolvido polo Grupo de investigación de Estradas, Xeotecnia e Materiais, liderado polo doutor Ignacio Pérez, e o segundo premio para o grupo de investigación Bioenxeñaría Ambiental e Control de Calidade, dirixido pola profesora María Carmen Veiga.

A Cátedra Epifanio Campo UDC clausura a primeira edición do seu curso formativo sobre a xestión de residuos industriais

21/07/2023

O acto contou coa presenza do alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo; o director xeral de Rodonita Medio Ambiente, Antonio Roncero e a directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo. O obxectivo fundamental desta formación é introducir ao alumno nos coñecementos e competencias básicas necesarias no ámbito da xestión de residuos industriais. O claustro de profesores estivo composto por profesionais altamente cualificados, cunha longa traxectoria nos distintos aspectos da materia.

A Cátedra Epifanio Campo UDC convoca uns premios aos mellores proxectos de investigación que avancen na xestión de residuos industriais

15/06/2023

A Cátedra Epifanio Campo convoca os II Premios de Investigación Epifanio Campo, inspirados na figura do empresario e seguindo o seu legado de responsabilidade ambiental e compromiso coa economía circular. A finalidade dos Premios é a de impulsar e premiar a investigación relacionada coa xestión e valorización dos residuos xerados pola actividade industrial, como parte dunha economía circular que axude á protección do medio ambiente.

O Dr. Manuel Becerra será o director da recentemente creada Cátedra Juan Luque de Economía Circular da Fundación Olidís

18/04/2023

A Cátedra Epifanio Campo galardoa as mellores propostas multimedia para divulgar os valores da economía circular no seu Primeiro Premio de Divulgación Científica

24/02/2023

A Cátedra Epifanio Campo celebrou o acto de entrega do Primeiro Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo no Salón de Actos do Campus de Ferrol. O acto contou coa presenza do alcalde de Ferrol, Ángel Mato; o reitor da UDC, Julio Abalde; o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo, e a directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo. O obxectivo principal deste galardón é promover a investigación e o coñecemento no ámbito da economía circular dentro do colectivo universitario.

A Cátedra Epifanio Campo emite o fallo para premiar as mellores propostas multimedia para divulgar os valores da economía circular

22/11/2022

O tribunal destacou a calidade dos traballos presentados, nos que participaron 60 estudantes de grao, máster e programa de doutoramento da Universidade da Coruña con interesantes propostas. Concedéndolle o Primeiro Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo ao traballo desenvolvido por Adela Ríos Gómez, da Universidade da Coruña, e recoñeceu con tres accésits a orixinalidade, a capacidade de divulgación e a calidade técnica doutras tres propostas.

A Cátedra Epifanio Campo premiará as mellores propostas multimedia do estudantado da UDC centradas na divulgación da economía circular

28/09/2022

Cátedra impulsada polo Grupo Rodonita, convoca o I Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo, dedicado ao fundador do Grupo Rodonita e un pioneiro no ámbito da xestión medioambiental. Os estudantes poderán presentar en grupo ou en solitario antes do 14 de outubro de 2022 ás 14:00 h un máximo de dúas propostas de imaxe, infografía, ilustración, vídeo ou animación con enfoque didáctico, para optar a un premio de 1.200 euros ou os tres accésits de 300 euros cada un.