A Cátedra AECC-UDC: Exercicio contra o Cancro, en colaboración co Grupo de Rendemento e Saúde (PHG) da Universidade da Coruña, ten entre os seus obxectivos a formación continua de profesionais da saúde e do exercicio. Neste marco, creouse o "Seminario: Exercicio e Cancro", un programa de formación de 16 semanas dirixido a estudantes do Grao en Actividade Física e Ciencias do Deporte (CCAFYD).
O próximo 22 de novembro de 2025 e en horario de 9:45 a 18:30 horas, terá lugar a VI Xornada da Cátedra SXD Galicia Activa que leva por título "Exercicio Físico e Cancro" no Hotel NH Collection Santiago de Compostela en Santiago de Compostela.
O próximo 22 de novembro de 2025 e en horario de 9:45 a 18:30 horas, terá lugar a VI Xornada da Cátedra AECC-UDC exercicio contra o cancro que leva por título "Exercicio Físico e Cancro" no Hotel NH Collection Santiago de Compostela en Santiago de Compostela.
O 21 de outubro de 2025, a Cátedra AECC-UDC: Exercicio contra o Cancro desprazouse a Teixeiro-Curtis para compartir unha tarde de información e conversación sobre exercicio físico e cancro. A charla foi impartida pola fisioterapeuta Sonia Rivera, auxiliar de investigación da Cátedra, quen explicou de maneira sinxela como moverse de forma regular pode axudar a controlar a fatiga, manter a forza e a mobilidade, protexer a saúde cardiovascular e coidar o ánimo durante as distintas fases da enfermidade e os tratamentos. As persoas asistentes puideron expresar as súas dúbidas, comentar os seus medos e compartir experiencias, creando un clima próximo e de confianza.
O 16 de outubro de 2025, a Cátedra AECC-UDC: Exercicio contra o Cancro visitou Betanzos para ofrecer unha charla dedicada aos beneficios do exercicio físico en persoas con cancro. O relatorio foi impartida por Manuel Giráldez, director da Cátedra, quen expuxo de forma clara e próxima como manterse activo pode axudar a combater a fatiga, preservar a autonomía, coidar a saúde do corazón, axudar a combater o propio cancro e favorecer o benestar psicolóxico durante e tras os tratamentos oncolóxicos. Ao longo da sesión, as persoas asistentes puideron formular preguntas, comentar as súas inquietudes e compartir vivencias, creando un ambiente participativo e de acompañamento mutuo.
O pasado 13 de outubro de 2025, a Cátedra AECC-UDC: Exercicio contra o Cancro desprazouse a Mugardos para ofrecer unha charla sobre os beneficios do exercicio físico en persoas con cancro. A sesión foi impartida por Manuel Giráldez, director da Cátedra, quen explicou de forma próxima como a actividade física pode axudar a mellorar a capacidade funcional, reducir a fatiga, coidar o ánimo e favorecer a calidade de vida durante e despois dos tratamentos oncolóxicos. As persoas asistentes tiveron tamén a oportunidade de compartir as súas experiencias, dúbidas e barreiras á hora de manterse activas no seu día a día, creando un espazo de confianza e apoio mutuo.
O pasado 29 de abril de 2025, a Cátedra AECC-UDC “Exercicio contra o Cancro” en colaboración coa sede local da AECC. levou a cabo en Arteixo (A Coruña) unha charla dirixida a pacientes e familiares vinculados coa Asociación Española contra o Cancro.
O ciclo de actividades da Cátedra AECC-UDC “Exercicio contra o Cancro” chegou tamén a Ribeira (A Coruña), onde se repetiu con gran acollida o formato de charla divulgativa e taller práctico sobre os beneficios do exercicio físico en persoas con cancro.
«El ejercicio físico y los hábitos de vida saludable son esenciales para la prevención del cáncer y para potenciar el bienestar de los pacientes oncológicos», é o principio que inspira a creación da Cátedra AECC-UDC Exercicio Contra o Cancro. Unha iniciativa que dará forma a unha «red de exercicio» contra esa enfermidade, cuxa base é «la humanización de la atención a pacientes y sus familiares», resalta o doutor Manuel Giráldez, profesor da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña (UDC) e coordinador do proxecto, que acaba de recibir da Fundación Científica da Asociación Española contra o Cancro (AECC) unha axuda de 150.000 euros en tres anos.
O grupo de investigación Performance and Health Group da UDC está desenvolvendo un proxecto para a creación dun curso de formación específica en programas de actividade e exercicio físico saudables para o colectivo de educadores físicos e deportivos, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, coa finalidade de ampliar a oferta formativa de cursos propios da UDC. No proxecto, liderado polo investigador e director da Cátedra SXD Galicia Activa, Eliseo Iglesias Soler, participan os investigadores Manuel Giráldez García, Xurxo Dopico Calvo, María Rúa Alonso, Juan Fariñas Rodríguez, Jessica Rial Vázquez e Ivan Nine, da UDC; Javier Rico Díaz, da USC e Roberto Barcala Furelos, da UVigo.