FUAC. Comunicación. Actualidade

A RAGC premia o proxecto de investigación de arrecife artificial coordinado polo profesor da EPEF da UDC, Luis Carral

07/02/2023

A Real Academia Galega de Ciencias falla os premios de Investigación Ernesto Vieitez Cortizo 2022, que recoñecen o labor de investigadores sénior e mozos da nosa comunidade. Están destinados a promover e recoñecer a investigación no eido das matemáticas, física e ciencias de computación; química e xeoloxía; bioloxía e ciencias da saúde; ciencias técnicas; e ciencias económicas e sociais. A academia concedeu na 32ª edición unha mencion honorífica na modalidade de traballo de investigación a un proxecto centrado na aplicación dos residuos de depuración de bibalvos en Galicia para a recuperación dos ecosistemas mariños mediante a creación de arrecifes artificiais. É un proxecto multidisciplinar coordinado polo profesor da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol da Universidade da Coruña, Luis Carral. Enlace a noticia da RAGC.

Luis Carral do Grupo Mixto dirixe o proxecto PROARR3

30/12/2021

A entidade Estructuras y Equipamiento Submarinos de Galicia e o Grupo de Enxeñaría Mixto da UDC asinaron o 20 de novembro de 2021 a continuación dos traballos do “PROYECTO INVESTIGACIÓN PROARR3 – NUEVAS FORMAS Y TAMAÑO DE MÓDULOS A PARTIR DE LA OPTIMIZACIÓN, MEDIANTE TÉCNICAS DE SIMULACIÓN, DE LA LOGÍSTICA DE PRODUCCIÓN Y DE SUMINISTRO”. As diversas actuacións  desenvolveranse por sete investigadores. Os traballos levaranse a cabo ao longo de 18 meses cun orzamento que ascende a 10.000 euros.

Presentación dun prototipo a pequena escala dun arrecife artificial no Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT) do campus de Ferrol

06/07/2021

O martes 6 de xullo Luis Carral presentou no Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT) do Campus de Ferrrol un prototipo a pequena escala dun arrecife artificial, cita á que acuiu a vicereitora do Campus de Ferrol, María Jesús Movilla, e o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Indalecio Seijo e outras autoridades.

A UDC aborda a segunda fase do proxecto de investigación de arrecife artificial cun orzamento de 100.000 euros

02/02/2021

 

As consellerías de Medio Ambiente e do Mar financian a iniciativa coordinada polo profesor Luis Carral, que fará fincapé na sustentabilidade desde a protección e rehabilitación dos ecosistemas costeiros da comunidade galega.

Luis Carral, coordinador do Grupo de Enxeñaria Mixta dirixe un proxecto coa Xunta de Galicia para o deseño dun arrecife artificial.

02/02/2021

 

As Consellerías do Mar e Medioambiente da Xunta de Galicia impulsan o proxecto PROARR para o deseño dun arrecife artificial de aplicación nas rias galegas. O proxecto será dirixido polo investigador Luis Carral do Grupo de Enxeñeria Mixta da EPS e contará cunha financiación de 100.000 euros.

 

Descubre máis aquí