A Universidade da Coruña, a través do grupo de investigación AQUATERRA da UDC, recibe no primeiro trimestre do ano 2025 encargos de proxectos no ámbito da hidroloxía, de UTE Acceso Ferroviario Langosteira e de Sea Sole Acuicultura, co obxectivo de promover iniciativas máis sostibles e cun impacto positivo na contorna ambiental.
O grupo de investigación AQUATERRA avanza nos traballos da quinta fase do estudo de Hidroxeoloxía e modelos de balance hidrolóxico, modelos de fluxo subterráneo e transporte de contaminantes nos emprazamentos afectados por INQUINOSA, en Sabiñánigo (Huesca), co obxectivo de mellorar a xestión de contaminantes e protexer os recursos hídricos na zona afectada.
Os Investigadores Alba Mon, Acacia Naves, Bruno Pisani e Brais Sobral, baixo a dirección de Javier Samper, membros do grupo de investigación Aquaterra, adscrito ao Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da UDC, traballan desde setembro de 2024 nun estudo hidroxeolóxico do terreo en que se construirán os túneles polos que discorrerá o Porto Exterior de Coruña en Punta Langosteira. A duración do proxecto é de 3 meses e conta cun orzamento de case 24.000 euros.
Durante estes días, reúnense na UDC preto de 50 participantes do proxecto, procedentes de cinco países mediterráneos. O proxecto terá un orzamento total de 8,6 millóns de euros, cunha contribución da Unión Europea que acada os 8,4 dos que a UDC recibirá 915.000 €.
O grupo de investigación AQUATERRA colabora no desenvolvemento de proxectos no ámbito de I+D+i. O investigador Javier Samper Calvete da Escola de Camiños lidera un proxecto en materia de hidroloxía. Os traballos, que comezaron en outubro de 2023, inclúen a realización da actualización dos modelos 2D de fluxo e transporte de HCH a través de grávalas do aluvial do Rio Gállego e cálculo dos fluxos másicos de descarga dos sedimentos de colmatación cara ao Encoro de Sabiñanigo. O proxecto ten unha duración de 12 meses e conta cun orzamento de 14.000 euros.
O grupo de investigación Aquaterra (Xestión Sostible dos Recursos Hídricos e do Solo) está a realizar unha monitorización dunha serie de xacementos arqueolóxicos costeiros de Galicia afectados polo cambio climático, coa finalidade de levar a cabo un control da erosión litoral que afecta negativamente as súas estruturas arqueolóxicas. O traballo foi encargado polo Servizo de Arqueoloxía da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.
O grupo de investigación AQUATERRA desenvolve a cuarta fase do estudo de Hidroxeoloxía e modelos de balance hidrolóxico, e modelos de fluxo subterránero e transporte de contaminantes nos emprazamentos afectados por INQUINOSA, en Sabiñánigo (Huesca). O catedrático de Hidráulica e Hidroloxía da área de Enxeñaría do terreo, Francisco Javier Samper Calvete, será o responsable de dirixir os traballos levados a cabo polo equipo de investigación. Os traballos, iniciados no mes de xaneiro, incluen: a actualización dos modelos de fluxo e transporte realizados na fase anterior, cuantificación do fluxo dos contaminantes e a realización de modelos numéricos dos ensaios hidráulicos e de trazadores. O proxecto ten unha duración de 20 meses e conta cun financiamento de 35.000 euros.
O investigador do grupo de investigación AQUATERRA, Javier Samper, dirixirá o proxecto de Actualización do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa. Un equipo de investigadores da Universidade da Coruña están levando a cabo as diversas actuación que inclúen: o estudo do humedal da Laguna de Sobrado dos Monxes, a avaliación de recursos subterráneos na demarcación Galicia-Costa e a elaboración e definición de propostas para a optimización da xestión integral da auga ante os retos do cambio climático. O proxecto que leva en marcha desde febreiro ten unha duración de 10 meses.
O investigador da Universidade da Coruña, Marcos Lado Liñares, coordinará os traballos obxecto do estudo da monitorización dos xacementos arqueolóxicos costeiros de Galicia afectados polo cambio climático. Durante 3 meses o equipo investigador encargaráse da elaboración de modelos da superficie do solo nos xacementos arqueolóxicos costeiros de Castro de Baroña (Porto do Son), Adro Vello (O Grove), Guidoiro Areoso (A Illa) e Igrexa Vella (Mañón), empregando tecnoloxía Lidar aeroportada en drons.
Javier Samper Calvete, investigador da Escola de Camiños lidera o proxecto EURAD dotado dunha financiación de preto dos 280.000 euros. O proxecto de investigación é realizado coa Empresa Nacional de Residuos, S.A. (ENRESA), entidade coa que o investigador ven colaborando dende hai máis de 30 anos.
O proxecto EURAD trata do desenvolvemento de métodos e modelos numéricos para a predicción das condicións hidrolóxicas e xeoquímicas dun almacenamento xeolóxico profundo de residuos radiactivos de alta actividade (como os que se producen nas centrais nucleares).
Javier Samper inicia a colaboración con ENRESA en 1987 dende a Escola de Camiños de Barcelona, mantendo dita colaboración ininterrumpidamente a través de convenios marco coa UDC, coa FIC e coa FUAC.
O investigador Javier Samper Calvete da Escola de Camiños realiza tarefas de asesoramento en materia de Hidroxeoloxía e modelos de balance hidrolóxico, e modelos de fluxo subterráneo e transporte de contaminantes nos emplazamentos afectados por INQUINOSA, en particular na terceira fase do servizo de seguimento hidroxeolóxico Sardás, Sabiñamigo (Huesca), durante o período de dous anos e por un importe de 35.695 euros.