Actualidade

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña acolle o VI Congreso XoveTIC

05/10/2023

 
O VI Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC da Universidade da Coruña, celebrarase os días 5 e 6 de outubro de 2023 no CITIC e na Facultade de Informática da UDC. O evento ten a finalidade de dar visibilidade ao talento das novas xeracións de investigadoras e investigadores da área das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. 
 
O congreso, cuxa inscrición é gratuíta, supón unha oportunidade ideal para que as persoas participantes compartan as súas investigacións nun ambiente colaborativo e distendido. Durante o congreso terán lugar dúas sesións plenarias, a cargo do director da Cidade das TIC, campus tecnolóxico científico-empresarial, Alfonso Martínez Martínez: «La ciudad de las TIC. Una oportunidad de crecimiento» e a directora en Sector Público NTT DATA Galicia e Asturias, Marianne Blanco Martiño: «Centro de Excelencia Citizen: transformando la experiencia ciudadana».
 
Todos os traballos presentados no XoveTIC, tanto en formato comunicación oral como en póster, serán publicados nun libro de actas. Ademais, concederanse oito premios económicos ás comunicacións orais mellor valoradas por parte do Comité Científico, atendendo á súa calidade, excelencia e orixinalidade. 
 
Os premios están financiados por diferentes entidades do sector tecnolóxico e cátedras institucionais vinculadas á Facultade de Informática da UDC; son os seguintes: 
Máis información: https://xovetic.citic.udc.es/