FUAC. Comunicación. Actualidade

A Cátedra Epifanio Campo galardoa as mellores propostas do seu Segundo Premio de Investigación para impulsar a investigación e valorización dos residuos industriais

01/12/2023

O acto contou coa presenza do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey; a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana; o reitor da UDC, Julio Abalde; o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo; e a directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo; ademais do director xeral do grupo Rodonita Medio Ambiente, Antonio Roncero; e distintos representantes de institucións, empresa e eido universitario. O primeiro premio foi para o traballo desenvolvido polo Grupo de investigación de Estradas, Xeotecnia e Materiais, liderado polo doutor Ignacio Pérez, e o segundo premio para o grupo de investigación Bioenxeñaría Ambiental e Control de Calidade, dirixido pola profesora María Carmen Veiga.

A Cátedra Epifanio Campo UDC convoca uns premios aos mellores proxectos de investigación que avancen na xestión de residuos industriais

15/06/2023

A Cátedra Epifanio Campo convoca os II Premios de Investigación Epifanio Campo, inspirados na figura do empresario e seguindo o seu legado de responsabilidade ambiental e compromiso coa economía circular. A finalidade dos Premios é a de impulsar e premiar a investigación relacionada coa xestión e valorización dos residuos xerados pola actividade industrial, como parte dunha economía circular que axude á protección do medio ambiente.

A Fundación Universidade da Coruña publica a memoria de actividades 2021

02/12/2022

É o resultado das actividades da FUAC desenvolvidas durante os anos 2020 e 2021 pola Fundación Universidade da Coruña. Consulta aquí a memoria de actividades 2021.