FUAC. Comunicación. Actualidade

Éxito rotundo na segunda edición do HackUDC, celebrado a pasada fin de semana na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (FIC)

23/02/2024

A Facultade de Informática da Universidade da Coruña acollía do 16 ao 18 de febreiro a segunda edición de HackUDC, o maior hackathon de Galicia, que reuniu a preto de 150 estudantes para desenvolver proxectos tecnolóxicos baixo un límite de tempo, achegando ideas e tamén desenvolvendo os prototipos funcionais para demostralas. A participación global superou mesmo asa 200 persoas, inluíndo a voluntarios e patrocinadores do evento, triplicando así a asistencia con respecto á edición do ano 2023. Así o confirman os datos facilitados polos organizadores do encontro, o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) da FIC, quen amosan a súa inmensa satisfacción co resultado do evento. Entre os patrocinadores do evento atópanse Codee, Bizaway, Gradiant, Disashop, Denodo, Igalia, InditexTech, a Cátedra Cicas, a Cátedra NTT Data, Roommatik, Duacode e Bahía.

 

Máis información no seguinte enlace: https://www.udc.es/gl/novas/Exito-rotundo-na-segunda-edicion-do-HackUDC-celebrado-a-pasada-fin-de-semana-na-Facultade-de-Informatica-da-Universidade-da-Coruna-FIC/

A Cátedra NTT Data patrocina o hackathon HackUDC

15/02/2024

Cátedra NTT DATA patrocina a segunda edición do hackathon estudantil HackUDC, que se celebrará na Facultade de Informática da UDC do 16 ao 18 de febreiro. Nesta competición participarán máis de 130 estudantes de todos os niveis coa finalidade de mellorar e aprender novas habilidades no ámbito da tecnoloxía.

A Cátedra NTT DATA participou, como patrocinador ouro, no HackUDC 2023

26/02/2023

HackUDC é o primeiro hackathon ("Hack" + "Marathon") universitario da Universidade da Coruña, celebrado os días 24 e 25 de febreiro na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Esta é a primeira edición e o obxectivo deste evento é proporcionar un espazo para que os estudantes de todos os niveis poidan mellorar e aprender novas habilidades, coñecer xente incrible e pasalo en grande creando un proxecto Open source cos seus compañeiros de equipo.