FUAC. Comunicación. Actualidade

Continúan as COMversacións

01/05/2024

Aquí unha nova edición das nosas COMversacións,  conversando no cuardo dos encontros con Cristina García de Esmerarte Industrias Creativas (etiquetar) sobre os eventos como ferramenta de comunicación e a importancia das estratexias de comunicación e marketing para os festivais de música.

Manuel Cúellar de RTVE desvelará as claves da 'Innovación en Comunicación' no programa COMversacións, impulsado pola Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social

03/05/2023

O subdirector do Laboratorio de Innovación e Novas Narrativas de RTVE falará sobre o labor levado a cabo por esta entidade e o papel que xoga na investigación e desenvolvemento de novos formatos en materia de comunicación. Terá lugar o próximo 8 de maio ás 11:00h no salón de actos da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. Os interesados poden inscribirse de forma gratuíta ata completar aforo no sitio web: https://www.fundacion.udc.es/vegalsa-eroski/. A iniciativa enmárcase no programa da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa, creada para contribuír ao benestar da nosa sociedade a través de accións educativas, divulgativas e de investigación