FUAC. Comunicación. Actualidade

O grupo de investigación Dereito Público Global participa nunha vintena de proxectos do ámbito xurídico con diversas entidades no 2024

22/01/2025

O grupo de investigación Dereito Público Global colabora con diversas entidades no desenvolvemento dunha vintena de proxectos do ámbito xurídico durante o ano 2024. Os traballos, coordinados por Juan José Pernas García, Carlos Ignacio Aymerich Cano, José Antonio Blanco Moa, Pilar Álvarez Barbeito, Almudena Fernández Carballal, Carlos Alberto Amoedo Souto, Francisco Javier Sanz Larruga, profesores da facultade de dereito e membros do grupo de investigación, supoñen un investimento próximo aos 400.000 euros.

O grupo de investigación Dereito Público Global da UDC lidera proxectos no ámbito xurídico

16/01/2025

O grupo de investigación Dereito Público Global, liderado por Jaime Rodriguez-Arana Muñoz, participa durante o cuarto trimestre de 2024 en proxectos con varias entidades, coordinados por Juan José Pernas García, Carlos Amoedo Souto e Carlos Ignacio Aymerich Cano. José Pernas participa na elaboración dun anteproxecto de Lei de transición climática de Galicia, entre outubro e decembro de 2024; Carlos Amoedo leva a cabo labores de asesoramento en materia de formalización dunha comunidade enerxética local, vinculada ao proxecto CELRURAL, entre outubro e decembro de 2024 e Carlos Aymerich participa na elaboración dun informe xurídico sobre a internacionalización completa do servizo de biblioteca do Concello da Coruña, entre decembro de 2024 e xaneiro de 2025, así como labores de asesoramento e asistencia xurídica no ámbito xurídico administrativo, por un período de 12 meses.

A Universidade da Coruña colabora con diversas entidades en proxectos no ámbito xurídico

12/12/2024

O profesor Carlos Aymerich Cano, especializado en Dereito Administrativo e membro activo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da UDC, colabora desde marzo ata decembro de 2024 con varias entidades locais en proxectos do ámbito xurídico, cun investimento de 60.000 euros. Entre os proxectos coordinados figuran traballos de asesoramento xurídico-administrativo no proceso de elaboración, negociación e aprobación da nova Relación de Postos de Traballo (RPT), a elaboración dun informe xurídico e económico sobre o rescate da autoestrada AP-9, a elaboración dun informe acerca da legalidade do decreto 30/2024, do 15 de febreiro, sobre subministración de medicamentos de uso exclusivo hospitalario a profesionais de veterinaria e diversas consultas do ámbito xurídico.

Galicia avanza cara a unha Administración Ambiental Simplificada

13/11/2024

A Facultade de Dereito da Universidade da Coruña tomou un paso decisivo na modernización da normativa ambiental en Galicia. Baixo a dirección do catedrático Francisco Javier Sanz Larruga, un equipo de expertos en Dereito Público atópase na fase de elaboración do borrador do anteproxecto da Lei de Administración Ambiental Simplificada de Galicia, unha lei que busca proporcionar maior seguridade xurídica aos operadores e promotores de actividades que requiren avaliación e control ambiental, facilitando o desenvolvemento de proxectos da rexión. Este proxecto, que levará entre os meses de novembro a decembro de 2024, está coordinado polo profesor titular de Dereito Administrativo, Juan José Pernas García e ten como obxectivo principal previr e minimizar os conflitos xudiciais interpretativos que emerxen na aplicación de normas ambientais. 

A Universidade da Coruña participa en proxectos de asesoramento en materia xurídica e políticas de aforro enerxético e autoconsumo

13/11/2024

O investigador do grupo de Dereito Público Global e coordinador da Cátedra de Dereito Local, Carlos Amoedo, lidera varios proxectos no eido local no ano 2024 por un importe de 18.000 euros. Durante o ano 2024 colaborou co Concello de Xermade, ofrecendo asesoramento en materia xurídica nun proxecto pioneiro en Galicia, para a formalización e posta en funcionamento dunha comunidade enerxética localtraballos que iniciaron en xuño, por un período de 4 meses e que facilitarán así a veciñanza un acceso máis barato e máis eficiente a estas fontes de enerxía, e un segundo proxecto para a elaboración nun borrador da convivencia na cidade de Santiago de Compostela e análise do seu impacto normativo, no que se atopa traballando desde outubro. 

A Universidade da Coruña renova a súa colaboración con CCS Avogados na área do dereito administrativo e dereito urbanístico

29/10/2024

A docente da Facultade de Dereito da UDC e membro activo do grupo de Dereito Público Global, Almudena Fernández Carballal, desenvolve traballos de asesoramento e colaboración xurídica no ámbito do Dereito Administrativo e Dereito Urbanístico. Os traballos incluen a realización de informes, así como a asistencia xurídica que sexa requirida pola entidade por un período de 12 meses. 

O grupo de investigación Dereito Público Global traballa en proxectos para entidades locais de asesoramento xurídico

24/10/2024

O grupo de investigación Dereito Público Global, liderado por Jaime Rodriguez-Arana Muñoz colabora con varias entidades desde abril e ata agosto de 2024 para o desenvolvemento de proxectos en materia xurídico-administrativa. Os traballos foron coordinados polos profesores Carlos Ignacio Aymerich Cano, Juan José Pernas García, Pilar Alvarez Barbeito, Carlos Alberto Amoedo Souto, e supoñen un investimento de 96.000 euros.

Profesores da Universidade da Coruña elaboran un estudo xurídico e económico acerca do rescate da AP-9

24/10/2024

Os profesores Carlos Aymerich Cano e José Antonio Blanco Moa, membros do grupo de investigación Dereito Público Global, participan no desenvolvemento dun proxecto no ámbito xurídico. Os traballos, iniciados en xullo, teñen por obxecto a elaboración dun informe xurídico e económico sobre o rescate da autoestrada AP-9. 

O investigador Juan José Pernas García desenvolve un intenso labor no ámbito xurídico e da economía circular

14/10/2024

O investigador Juan José Pernas García, profesor da Facultade de Dereito e membro activo do grupo de investigación Dereito Público Global da UDC colabora con varias entidades en proxectos para o desenvolvemento dunha labor no ámbito xurídico. De abril a xuño de 2024, colaborou no desenvolvemento dun proxecto sobre o cuarto informe sobre a situación  da economía circular en España: "Novidades regulamentarias en materia de residuos na UE, España e as Comunidades Autónomas en 2022 e 2023", para a revisión e actualización da ordenanza reguladora do servizo de recollida de residuos  da Mancomunidade de Servizos de Valle Norte de Lozoya e elaboración de ordenanzas tipo para os concellos que integran a mesma, e desde o mes de setembro, colabora nun segundo proxecto coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), para a elaboración, tramitación e aprobación de ordenanzas fiscais en materia de residuos de acordo con a lei 7/2022 de residuos e chans contaminados para unha economía circular.

O grupo de investigación Dereito Público Global traballa en proxectos para entidades locais de asesoramento xurídico

27/03/2024

O grupo de investigación Dereito Público Global, liderado por Jaime Rodriguez-Arana Muñoz, participou durante o primeiro trimestre de 2024 no desenvolvemento de 5 proxectos en materia xurídico-administrativa. Os traballos foron coordinados polos profesores Carlos Ignacio Aymerich Cano, Juan Jose Pernas Garcia e Jose Antonio Blanco Moa e supoñen un investimento de 27.000 euros.

A Universidade da Coruña recibe encargos de entidades locais para o desenvolvemento de proxectos de asistencia xurídica

26/03/2024

Os traballos, liderados polo investigador Carlos Aymerich Cano, especializado en Dereito Administrativo e membro activo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da UDC desde febreiro de 2024, teñen por obxectivo o asesoramento xurídico-administrativo no proceso de elaboración, negociación e aprobación da nova Relación de Postos de Traballo (RPT) para unha entidade local. Os traballos, iniciados en febreiro de 2024, teñen unha duración de 12 meses e contan cun orzamento que ascende a 18.000 euros. 

A Universidade da Coruña participa nun proxecto europeo para o desenvolvemento de comunidades enerxéticas baseadas en biomasa nas aldeas

22/03/2024

O profesor da Facultade de dereito e membro do grupo de investigación Dereito Público Global, Jose Antonio Moa, participa no proxecto POCTEC Aldealix, levando a cabo labores de asesoramento xurídico para a constitución e posta en marcha de Comunidades Enerxéticas de ámbito rural. Os traballos, iniciados en febreiro de 2024, teñen prevista a súa finalización en xuño de 2024. 

O grupo de investigación Dereito Público Global traballa en proxectos de asesoramento xurídico

05/03/2024

O investigador Juan José Pernas García, profesor da Facultade de Dereito e membro activo do grupo de investigación Dereito Público Global da Universidade da Coruña, lidera proxectos en materia de Dereito Ambiental. Durante os meses de xaneiro e febreiro de 2024 abordou tres proxectos, un sobre asesoramento xurídico sobre o método de cálculo de custo de emisión dos gases de efecto invernadoiro , un segundo proxecto de asesoramento xurídico sobre o uso de envases e residuos de envases e un terceiro en materia xurídica sobre a consideración dun dosificador como envase aos efectos do Real Decreto 1055/2022, do 27 de decembro, de envases e residuos de envases. 

O grupo de investigación Dereito Público Global traballa en proxectos para entidades locais de asesoramento xurídico

03/01/2024

O grupo de investigación Dereito Público Global, liderado por Jaime Rodriguez-Arana Muñoz, participou durante o último semestre, ata decembro de 2023 no desenvolvemento de proxectos en materia xurídico-administrativa. Os traballos foron coordinados polos profesores Carlos Ignacio Aymerich Cano e Carlos Amoedo Souto e supoñen un investimento de 30.000 euros.

O grupo de investigación Dereito Público Global colabora no asesoramento xurídico de Ordenación do Litoral

14/08/2023

O investigador e membro do grupo de investigación Dereito Público Global, Francisco Javier Sanz Larruga, coordina os traballos para a realización dun informe sobre a relevancia da ordenación e xestión integrada do litoral como política autonómica de Galicia, levados a cabo entre xuño e xullo de 2023.

A UDC e Reserva da Biosfera Mariñas e Terras de Mandeo impulsan proxectos para favorecer o desenvolvemento do rural

14/08/2023

O investigador Jose Antonio Blanco Moa, membro do grupo de investigación Dereito Público Global, dirixe varios proxectos de asesoramento xurídico co obxectivo de favorecer a súa aplicación práctica polos concellos do territorio da Reserva de Biosfera Mariñas. Os traballos, levados a cabo por membros do grupo de investigación, iniciáronse en xuño e teñen prevista a súa finalización en novembro de 2023.

O grupo de investigación Dereito Público Global traballa en proxectos para entidades locais de asesoramento xurídico

14/08/2023

O grupo de investigación Dereito Público Global, liderado por Jaime Rodriguez-Arana Muñoz, participou ata xuño de 2023 no desenvolvemento dunha decena proxectos no ámbito xurídico, réxime xurídico do litoral e dereito ambiental. Os traballos foron realizados polos profesores/as Francisco Javier Sanz Larruga, Juan Jose Pernas García, Carlos Ignacio Aymerich Cano, María del Carmen Rodríguez Martín-Retortillo, Carlos Amoedo Souto e Jose Antonio Blanco Moa da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña e supoñen un investimento de 92.000 euros.

O profesor Carlos Aymerich Cano da Facultade de Dereito da UDC, nomeado investigador principal en varios proxectos para entidades locais

07/08/2023

O profesor Carlos Aymerich da Facultade de Dereito e membro activo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da UDC, cun importe 7.800 euros recibe dous encargos para o asesoramento e asistencia técnica no ámbito xurídico-administrativo no primeiro semestre do ano 2023, un deles cunha duración de 6 meses, ata setembro de 2023 e outro de 12 meses de duración, ata xullo de 2024.

O grupo de investigación Dereito Público Global colabora no asesoramento xurídico do anteproxecto de Lei de Ordenación Litoral de Galicia

22/03/2023

O investigador e membro do grupo de investigación Dereito Público Global, Francisco Javier Sanz Larruga, coordina os traballos sobre a tramitación, transferencia e divulgación do anteproxecto de Lei de Ordenación do Litoral de Galicia. Os traballos para desenvolver inclúen un servizo de apoio no asesoramento xurídico durante o procedemento de tramitación, actividades de transferencia e divulgación con colectivos interesados no anteproxecto de lei,  e celebración dun simposio de expertos e expertas no Litoral. O proxecto ten unha duración de 4 meses e conta cun orzamento de 18.000 euros.

Pilar Álvarez Barbeito recibe encargos para prestar servizos de asesoramento e asistencia técnica sobre fiscalidade

12/08/2022

A profesora e investigadora Pilar Álvarez Barbeito do Departamento de Dereito Público da UDC dirixe un proxecto sobre asesoramento e asistencia técnica sobre fiscalidade nacional e internacional, máis concretamente en materia sobre tendencias nacionais e internacionais. Os traballos que comezaron en xuño de 2022 teñen unha duración de 12 meses e o importe do proxecto ascende a 35.000 euros.

Traballos de asesoramento en dereito administrativo e urbanístico con Almudena Fernández Carballal

09/08/2022

A UDC asina coa sociedade Galiciaplaya 3 un proxecto por 6.600 euros co obxectivo de asesorar en materia de dereito administrativo e urbanístico por un período de dous meses. A investigadora e doutora en Dereito, Almudena Fernández Carballal, encárgase de levar a cabo os traballos en materia de asesoramento legal sobre o réxime xurídico da finca denominada antiga Fábrica de Gres Burela que inclúen o estudo da súa vixente ordenación urbanística, a legalidade e oportunidade da súa descatalogación urbana e posibles actuacións na relación porto-cidade do municipio de Burela. 

Juan José Pernas dirixe varios proxectos en materia de medio ambiente e economía circular

08/08/2022

Juan José Pernas, profesor de Dereito adminitrativo da Universidade da Coruña e membro activo do Grupo de Investigación "Dereito Público Global" recibe encargos de varias entidades para dirixir proxectos en materia de réxime xurídico de residuos e de servizos públicos vinculados a súa xestión e outros aspectos xurídico-administrativos e ambientais. O desenvolvemento dos proxectos de investigación conleva a realización por parte do profesor de actividades formativas sobre a nova lei de residuos e chans contaminados para unha economía circular e as súas normas de desenvolvemento, así como asesoramento xurídico en materia de residuos e economía circular por un período de dous anos. 

O profesor Carlos Aymerich Cano da Facultade de Dereito da UDC, nomeado investigador principal en varios proxectos para entidades locais

11/07/2022

A UDC asina contratos con varias entidades locais por un importe de 24.000 euros ata xuño de 2022 co obxectivo do asesoramento xurídico-administrativo no proceso de elaboración das súas relacións de Postos de Traballo (RPT). O encargado de levalos a cabo é o investigador Carlos Aymerich Cano, especializado en Dereito Administrativo e membro activo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da UDC; grupo coordinado polo Dr. Jaime Rodríguez-Arana Muñoz. Unha vez concluido o proxecto ten que elaborar un informe sobre as conclusións as que chegue para as entidades solicitantes dos servizos.