A Universidade da Coruña, a través do grupo investigación de Estudos Territoriais (GET) traballa na elaboración dun inventario de recursos turísticos para a comarca do Eume, iniciativa impulsada por Green Drop Global Consulting. O equipo de traballo, liderado por Iria Caamaño Franco, da Facultade de Turismo e membro activo do grupo investigación, leva a cabo entre setembro e decembro de 2024 un amplo estudo dos recursos turísticos da comarca e clasificación para a súa posta en valor do patrimonio natural e cultural.
A profesora Estefanía Calo García da Facultade de Socioloxía, e membro activo do Grupo de investigación de Estudos Territoriais da UDC, recibe un encargo do Concello de Santiago de Compostela para desenvolver un estudo da situación do mercado residencial no municipio de Santiago de Compostela. O proxecto ten entre os seus obxectivos a análise da situación e problemáticas residenciais da cidade. Os traballos, que comenzaron en xullo de 2024, teñen unha duración de 6 meses e conta cun orzamento de 12.100 euros.
Os profesores María Jesús Andrade Suárez, Manuel Docampo e Maria Elvira Lezcano Gonzalez e Antonia Perez Garcia da UDC colaboran en proxectos de urbanismo e socioloxía, cun investimento de 29.000 euros durante o ano 2023. A profesora María Jesús Andrade Suárez da Facultade de Socioloxía, coordina un proxecto para o desenvolvemento dun estudo da dimensión territorial e turística do Camiño a Fisterrra-Muxía, co obxectivo de realizar un estudo do peregrino; Manuel Docampo García da Facultade de Socioloxía coordina un proxecto para o desenvolvemento dun estudo socieconómico de parques eólicos e Maria Elvira Lezcano Gonzalez e Antonia Perez Garcia da Facultade de Turismo coordinan un proxecto para o desenvolvemento dunha plataforma de comunicación de datos turísticos na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas.
As profesoras Iria Caamaño Franco e Antonia Perez García da Facultade de Turismo da Universidade da Coruña, reciben encargos para levar a cabo un estudo demoscópico sobre a demanda turística no Camiño Inglés. Os traballos, que comezaron en xuño, inclúen a análise do perfil, motivacións e grao de satisfacción dos turistas e peregrinos Sigüeiro e Santiago de Compostela do Camiño Inglés no ano 2023. O proxecto ten unha duración de 6 meses e conta cun orzamento que ascende a 12.000 euros.
O profesor da Facultade de Socioloxía e membro do grupo de investigación interdisciplinar de Estudos Territoriais (GET), Manuel Docampo García, é o encargado de liderar un estudo sobre o Impacto Social das plantas de enerxía eólica na área da Costa da Morte. Os traballos desenvolvidos entre febreiro e marzo de 2023 céntranse na medición do impacto sociodemográfico e económico dos polígonos eólicos da poboación da zona.
No día de onte a coordinadora do Grupo de Estudos Territoriais da UDC, María Andrade xunto con Maite Parga e Xaime Díaz guiaron pola localidade de Carballo(A Coruña) unha visita turístico-urbanística que se enmarcaba dentro das actividades do ciclo de percorridos pola provincia pertencentes ao I Seminario Galaico-Brasileiro “Pontes que unen patrimonios”, encontro entre o Centro de Ensino Unificado de Brasília (CEUB) e a UDC, que se celebrou durante esta semana na Facultade de Socioloxía e na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. No roteiro por Carballo participaron unha vintena de participantes, á que tamén asistiron o profesor da Facultade de Socioloxía da UDC, Manuel Docampo; o director da ETSAC da UDC, Plácido Lizancos; ou a coordinadora de paisaxe, Cristina García. Na programación de hoxe está programada unha conferencia impartida por Plácido Lizancos sobre "A Escola de Arquitectura de Galiza. Unha escola para construir un país". Enlace á noticia.
As profesoras dos departamentos de Socioloxía e Humanidades dirixen un proxecto, en colaboración coa Asociación Rural de Desenvolvemento Ría de Muros Noia. O proxecto ten entre os seus obxectivos o deseño e a implantación dun modelo de xestión integral das oficinas de turismo do Xeodestino Ría de Muros-Noia. O orzamento para a súa realización ascende a 5.000 euros.
As profesoras Iria Caamaño Franco e Antonia Pérez García da Facultade de Turismo da Universidade da Coruña, reciben un encargo para levar a cabo un estudo demoscópico sobre a demanda turística no Camiño Inglés. Os traballos, que comezaron en xuño, incluen a análise do perfil, motivacións e grao de satisfacción dos turistas e peregrinos no Camiño Inglés no ano 2022. O proxecto ten unha duración de 6 meses e conta cun orzamento que ascende a 12.000 euros.
O profesor Antón Álvarez Sousa dirixe un proxecto sobre "As familias acolledoras en Galicia: Novas problemáticas e demandas na era post-covid". Os traballos inclúen unha análise e valoración da imaxe percibida que posúen as familias acolledoras sobre o Programa de Acollemento Familiar. O prazo durante o que se desenvolverán as actividades será de dous meses e medio e conta cun orzamento estimado de 7.000 euros.
A Cátedra impulsa o traballo dos doutores enxeñeiros de camiños, canais e portos Carlos Nárdiz e Gael Sánchez Rivas que leva por título “Soluciones Sostenibles para Caminos de Trabajo en Fincas y Montes”. O proxecto ten como obxectivo a definición de solucións sostibles para a construción de camiños de traballo en leiras e montes asegurando a súa funcionalidade baixo un enfoque que busca reducir o seu impacto e a necesidade de mantemento. Algunhas das recomendacións deste traballo son o emprego de pasos de auga de pedra ou a adaptación á topografía e a integración da sinalización.
Os profesores da Universidade da Coruña, Carlos Carro e Antonia Pérez, dirixen o Estudo demoscópico sobre a demanda turística no Camiño Inglés. Os traballos levados a cabo polo equipo de investigación céntranse na identificación do perfil, as motivacións e o grao de satisfacción do turista/peregrino no último trimestre do ano 2021. O orzamento do proxecto ascende a 9.600 euros.