Actualidade

El CITIC premia la excelencia tecnológica en la VII edición del XoveTIC

22/10/2024

 

 

O VII Congreso XoveTIC, organizado polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña finalizou este venres coa entrega de premios,  tras dúas xornadas de intensa actividade.

 

Este ano, o evento contou coa participación de 120 investigadores júnior, consolidando o congreso como un foro crave para o intercambio de ideas e a presentación de avances no ámbito das TIC, e presentáronse un total de 74 traballos, entre comunicacións orais e pósteres, que reflicten o carácter interdisciplinar das TIC e o seu impacto en sectores tan diversos como o deporte, a saúde, a educación e a preservación cultural, destacando o potencial destas tecnoloxías para transformar e mellorar diversos aspectos da sociedade. 

 

As investigacións premiadas no ámbito das TIC dentro da VII Edición do XoveTIC son:

  • Mellor Comunicación Oral para Lara Pallas Quintela, Ángel Regueiro, Carlos Dafonte, Minia Manteiga, Raúl Santoveña e Daniel Garabato por “Removing Reddening to Enhance Gaia's XP Spectra Clustering”.
  • Mellor Póster para Santiago Fernández-Noriega Balseiro, Iago Fernández Garrido, Jerónimo José Pardo Rodríguez, Laura Nieto Riveiro, Ángel Gómez e María Martínez Pérez por “CuidaconTIC: Captura y utilización de datos de wearables para la calidad de vida en los cuidados”.
  • Premio Fundación CITIC para a investigación de María González e Hiram Varela sobre “Simulation of fluid flow through composite materials”.
  • Premio CICAS-Sngular para Eliseo Bao, Anxo Pérez e Javier Parapar polo seu traballo titulado “Adapting Large Language Models for Underrepresented Languages” (Cabuxa, o ChatGpt galego).
  • Premio ITG ao traballo “Implementation of a User Anonymity Application using a Privacy-Preserving Entropy-as-a-Service with Quantum Security” dos autores Iván Cillero Seijas, David Soler García, Francisco Javier Nóvoa Manuel, José Carlos Dafonte Vázquez, Ana Fernández Vilas e Manuel Fernández-Veiga.
  • Premio Cátedra R para Pedro García Cereijo, Paula Fraga Lamas e Tiago M. Fernández Caramés pola súa investigación titulada “Sistema de almacenamento seguro mediante IPFS e oráculos para aplicacións descentralizadas baseadas en blockchain”.
  • Premio Cátedra ALDABA-WIB (Women, ICT & Business) ao traballo “Effectiveness of Virtual Reality in Reducing Public Speaking Anxiety: A Pilot Study” de María Oliveira, Raquel Simões de Almeida, Paulo Veloso Gomes, João Donga, Bruno Teixeira, António Marques e Javier Pereira.
  • Premio Cátedra NTT Data a Lucas Alonso de San Segundo e Adriana Dapena polo seu traballo titulado “Aplicación para tablet para traballar as rutinas, o sentido do humor e a comprensión dos sentimentos a través de diferentes xogos en persoas con TEA”.
  • Premio CPEIG  a Jorge Paz Ruza, Alex A. Freitas, Amparo Alonso Betanzos e Bertha Guijarro Berdiñas por "Aprendizaje Positivo sin Etiquetas para Identificar Nuevos Genes Relacionados con la Restricción Dietética".

 

Le aquí a noticia completa