Actualidade

O galego Alfonso Gómez, alcalde de Xenebra, explica a xestión dunha gran cidade europea desde unha visión social e ambiental

27/10/2023

 

O alcalde de Xenebra, Alfonso Gómez, impartiu este venres 27 de outubro a charla inaugural do ciclo de conferencias sobre Economía e Internacionalización da Cátedra Luis Fernández Somoza. A sesión levou por título“La gestión de una gran ciudad europea: una visión social y ambiental” e tivo lugar na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña. 

 

Ante un auditorio cheo, deron a benvida o reitor da UDC, Julio Abalde Alonso; o director da Cátedra de Internacionalización de Estudos Luis Fernández Somoza, Carlos Estévez Mengotti; e a decana da Facultade de Economía e Empresa da UDC, Carmen Socorro Lema Fernández.


Alfonso Gómez, galego emigrado en Suíza, presentou a estrutura política e económica de Xenebra, abordando como unha gran cidade europea pode levar a cabo unha serie de transformacións importantes da man da participación cidadá. Gómez declarou que “cuando fui elegido alcalde, establecí dos ejes de trabajo fundamentales: los derechos humanos y la justicia climática". Explicou o sistema político suízo e as súas particularidades, no que hai unha “importante participación de las minorías y del mundo asociativo”, nunha cidade na que “alrededor del 45 % de la población es extranjera, principalmente trabajadores de organizaciones de ayuda internacional, las cuales tienen un gran peso en la ciudad, así como trabajadores de sectores punteros como la economía financiera y el comercio internacional”. 

 

Segundo indicou o alcalde,  “el gobierno de Ginebra ha establecido una estrategia para hacer frente al cambio climático, compuesta por tres partes: la reducción de gases de efecto invernadero, la adaptación de la ciudad a las consecuencias del cambio climático y la transversalidad, teniendo en cuenta la participación ciudadana”. 

 

 

 

 

Vídeo da conferencia

 

Currículo Vitae
Alfonso Gómez naceu en 1960 en Corme (Ponteceso), e o pasado mes de xuño tomou posesión como alcalde da cidade suíza de Xenebra, sendo o primeiro español no cargo. Fillo de emigrantes que abandonaron Galicia nos anos 60, pasou os seus primeiros anos de vida cos seus avós, ata que aos cinco anos reuniuse cos seus pais en Xenebra. Entre 1969 e 1974 viviu en Galicia e en 1974 trasladouse definitivamente a Suíza. 


Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Xenebra, traballou como auditor bancario ao finalizar os seus estudos antes de unirse ao Comité Internacional da Cruz Vermella como administrador delegado de 1989 a 2004, estando destinado en zonas de conflito como Sudán, Irán, o Corno de África e o Cáucaso Meridional. 


Completou a súa formación cun Certificado en Xestión de Institucións Sociais e un Máster en Administración e Empresas. Foi director administrativo e financeiro do Departamento de Instrución Pública e posteriormente subdirector do Conservatorio Popular de Música, Danza e Teatro, ata que foi elixido para o Consello Administrativo da cidade de Xenebra.


Será alcalde da cidade suíza ata maio de 2024, centrando o seu mandato no cambio climático e os dereitos humanos. O goberno de Xenebra componse de cinco conselleiros que presiden os correspondentes departamentos. Entre estes representantes rota a función de alcaldía, mantendo os seus cargos durante os cinco anos de mandato. 

 

Sobre a Cátedra Luis Fernández Somoza 
A Cátedra de Internacionalización de Estudos Luis Fernández Somoza, froito do convenio entre a Universidade da Coruña e Cartesón S.L., ten como fins proxectar aos estudantes e profesores de Economía e Empresa internacionalmente, así como acoller a personalidades académicas de prestixio que acheguen unha visión ampla na realidade complexa da globalización económica.


A formación dos economistas, tanto profesores como estudantes, esixe unha adecuación á competencia internacional e á flexibilidade na adaptación a novos mercados e novos produtos, nunha economía cada vez máis transnacional. A planificación estratéxica da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña contempla este feito e a Cátedra pretende proxectalo como un elemento máis do programa.