Actualidade

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC convoca a segunda edición de premios á mellor Tese Doutoral en Desenvolvemento Sostible

06/10/2022

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible, impulsada pola Corporación Hijos de Rivera e a Universidade da Coruña, ten entre os seus obxectivos fundamentais realizar actividades de investigación desde o ámbito universitario que contribuan ao desenvolvemento sostible da nosa sociedade, e, en particular, pretende fomentar modelos disruptivos que garanten o equilibrio entre a competitividade, o respecto ao medio ambiente e o avance social. 

 

Por iso, a cátedra convoca a segunda edición do premio á mellor Tese Doutoral realizada por doutores que defendesen o seu título na UDC durante os anos 2021-2022, mediante a realización dunha tese doutoral nalgunha temática relacionada directamente co desenvolvemento sostible, e que supoña un avance significativo no coñecemento neste campo, dotado dun premio de 5.000 euros para o/a autor/a da tese que resulte gañadora.

 

As solicitudes poderánse presentar ata o 30 de outubro de 2022 a través da seguinte ligazón:

 

->Inscrición e bases da convocatoria.

 

A autora da tese doutoral gañadora da primeira edición foi a investigadora e Doutora en Enxeñaría Civil na Universidade da Coruña Carolina Martínez García. Carolina presentou o seu traballo baixo o título: "Evaluación de las conchas de mejillón para el desarrollo de diferentes biomateriales de construcción", tese dirixida por Belén González Fonteboa e Diego Carro López.