Os estudantes de primeiro Ciclo Superior de Xestión da Auga impartido en Galicia, no CIFP Universidade Laboral de Culleredo comezaron a súa formación práctica en Emalcsa a través do plan de estudos do Sistema de Formación Profesional dual, pioneiro na comunidade galega.
Tras un primeiro semestre de formación teórica nas aulas, o alumnado pasa ás instalacións da empresa encargada da xestión directa do ciclo integral da auga en Coruña e a súa área metropolitana, onde continuará a súa aprendizaxe durante cinco meses.
Para a xestión administrativa e económica da estancia dos alumnos en Emalcsa, tanto a compañia como o CIFP contaron con servizo de asistencia técnica da Fundación Universidade da Coruña (FUAC).