A Facultade de Informática da Universidade da Coruña deu hoxe comezo á súa Feira de Emprego e Prácticas, un evento que durante tres xornadas reunirá a algunhas das principais empresas do sector tecnolóxico xunto a estudantes e recentemente titulados. Nesta primeira xornada, a Fundación Universidade da Coruña (FUAC) participou activamente, reafirmando o seu compromiso coa empregabilidade e a incorporación do talento novo ao mundo laboral.
A iniciativa organizada pola Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade, en colaboración coa Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da Universidade da Coruña, conta co apoio da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, contará con máis de 90 stands, nos que empresas e entidades contactarán co alumnado da UDC. O evento desenvolverase o mércores, 29 de outubro no Pavillón de Deportes do Campus de Elviña, na Coruña das 10 as 18 horas, e o xoves, 30 de outubro será a quenda do Campus Industrial de Ferrol [enlace á noticia completa da UDC].
A Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña acollerá o 19 e 20 de outubro de 2023 as VII Xornadas de Orientación Profesional en Ciencias Sociais. As xornadas desenvolveranse no Salón de Graos da Facultade.
Volve a Feira de Emprego, a Cámara organiza a XIII Edición da Feira de Emprego que terá lugar o próximo 30 de maio de 2023 no Fórum Carballo. Un ano máis a FUAC participará como en anteriores edicións. Esperámosvos!!