FUAC. Comunicación. Actualidade

O CITEEC colabora con Drenatges do Besòs nun estudo pioneiro no ámbito do saneamento urbano

09/10/2025

Esta colaboración levase a cabo no contexto do proxecto PAITIDA, co obxectivo de desenvolver unha metodoloxía innovadora para a medición de caudais, co obxectivo de mellorar a precisión das medicións hidráulicas e apoiándose en técnicas estatísticas avanzadas e modelos de machine learning e intelixencia artificial.

A UDC participa no proxecto europeo AOFFTECH para impulsar a eólica mariña flotante no Atlántico

10/09/2025

Persoal investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) participa no proxecto AOFFTECH: Atlantic Offshore Tech, financiado polo programa Interreg Espazo Atlántico e coordinado polo Galician Offshore Energy Group (GOE-Asime). O equipo da Universidade da Coruña (UDC) lidera o estudo das necesidades tecnolóxicas para a implantación de parques experimentais de eólica mariña flotante no Arco Atlántico, que conta cun orzamento total de 2,4 millóns de euros, dos cales 1,8 millóns están cofinanciados polo programa Interreg Espazo Atlántico a través do fondo europeo de desenvolvemento rexional (FEDER). [Link á noticia completa da UDC]

A Universidade da Coruña desenvolve ferramentas de axuda na toma de decisións nos portos da Coruña, Ferrol e Malpica

10/09/2025

Nun contexto no que o transporte marítimo é a vía pola que circula case o 80% do comercio mundial, resulta esencial contar con portos seguros e ben xestionados. Con este obxectivo, o Grupo de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA), o Grupo de Redes Neuronais Artificiais e Sistemas Adaptativos (RNASA-IMEDIR) e o Grupo de Investigación Laboratorio de Enxeñaría do Software (ISLA) están a desenvolver un proxecto innovador nos portos da Coruña, Ferrol e de Malpica. O proxecto, liderado por Enrique Peña González e Juan R. Rabuñal Dopico, aposta por combinar monitorización avanzada, análise dinámica de datos e intelixencia artificial para anticipar riscos e mellorar a xestión diaria dos portos. O estudo comezou en setembro de 2024 e espérase que finalice en agosto de 202 [Ligazón a noticia completa da UDC].

O CITEEC da Universidade da Coruña aposta pola Paleontoloxía dixital

10/09/2025

A dixitalización de fósiles permite aos investigadores da UDC estudar especies extintas con precisión milimétrica e divulgar o seu valor científico a nivel internacional. O pasado mes de xuño dous científicos galegos, viaxaron desde Galicia ata Australia para reconstruír o pasado e comprender a evolución. Blanca Moncunill-Solé e Alejandro Blanco, membros do grupo BIOpast da Universidade da Coruña e adscritos ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) estudan as características morfolóxicas que fan única a cada especie e traballan nun campo cada vez máis demandando na Paleontoloxía: a dixitalización e a creación de modelos tridimensionais de fósiles. Ademais, durante a súa estadía en Australia, participaron no 7º Simposio Internacional en Paleohistoloxía (ISPH) celebrado en Brisbane, que reuniu a expertos de distintas nacionalidades especializados [Ligazón a noticia completa da UDC].

Éxito de participación no Día da Ciencia na Rúa 2025

12/05/2025

A nova edición do Día da Ciencia na Rúa da Coruña celebrada o 10 de maio de 2025 no Parque de Santa Margarita, reuniu a máis de 1.000 participantes, entre alumnado, profesorado, familias e coruñeses varios e 54 centros educativos de toda Galicia con talleres de robótica, intelixencia artificial e sustentabilidade. O evento, organizado polo Concello de Coruña, A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e a Cátedra Emalcsa-UDC, contou co apoio da FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) e a Deputación da Coruña. Ademais do alumnado de todos os niveis educativos, participaron investigadores e divulgadores de institucións como a Cátedra Emalcsa-UDC, a Facultade de Ciencias da UDC, a Escola de Enxeñeiros de Camiños, o CICA, o CITIC, o CITEEC, o INIBIC, o Centro Oceanográfico da Coruña, a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC, a Axencia Galega de Órganos e Sangue, e o CITMAga, entre outros. Fonte: Blog UDC e Quincemil.

 

#UDCCiencia #CiencianaRúa #Ciencia #DivulgaciónCientífica #UDC #DCR2025 #cienciarua2025