FUAC. Comunicación. Actualidade

A Universidade da Coruña reforza o seu liderado na divulgación científica cun podcast dirixido a pacientes con enfermidades reumatolóxicas

13/05/2025

A UDC colabora con Roche Farma no proxecto "CONECTANDO UN PODCAST DIRIXIDO A PACIENTES CON ENFERMIDADES REUMATOLÓXICAS". Baixo a coordinación do Dr. Francisco Javier De Toro Sánchez, especialista en Reumatoloxía, esta proposta nace co obxectivo de apoiar avances biomédicos e mellorar a calidade de vida dos pacientes con enfermidades reumatolóxicas. Os traballos para a implementación deste proxecto comezaron en febreiro e están programados para desenvolverse durante un período de 18 meses.

A UDC participa nun estudo clínico sobre medicina termal de augas mineiro-medicinais e termais en Galicia

13/01/2025

O grupo de investigación Terapia celular e medicina rexenerativa (Tcmr) da UDC participa nun estudo clínico sobre a incidencia do COVID-19 nas persoas que realizaron tratamento termal nos Balnearios de Galicia e no deseño de programas preventivos con augas mineromedicinales. Os traballos, dirixidos pola investigadora da Facultade de Ciencias da Saúde e directora da aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas, Rosa Meijide Failde, desenvolvéronse no marco do Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal de xuño a decembro de 2024.

Investigadores das universidades da Coruña e Santiago de Compostela participan nun estudio de medicina termal das augas minero-medicinais e termais en Galicia

05/01/2023

O proxecto, dirixido pola investigadora da Facultade de Ciencias da Saúde e directora da Aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas, Rosa Meijide, céntrase no estudio das caracterísicas termihidroxeoquímicas e terapéuticas das augas mineromedicinais e termais en Galicia. O obxectivo de dito estudio é elaborar unha proposta de recomendacións en relación aos usos das augas. O prazo durante o que se desenvolveron os traballos é de 4 meses, cun orzamento de 10.769 euros.

Roche Farma e Fundación Universidade de A Coruña colaboran no desenvolvemento da investigación biomédica

25/05/2021

Roche Farma e a Fundación Universidade da Coruña asinan un convenio de colaboración que promove a investigación biomédica, e que están levando a cabo o "PROXECTO DE FORMACIÓN REUMATOLÓXICA DO CHUAC" no Hospital Universitario de A Coruña baixo a coordinación do Dr. Javier de Toro Santos a fin de facilitar a difusión de coñecemento sobre artritis reumatoide.

 

Desde o ano 2015 desde o servizo de reumatoloxía do Hospital Clínico Universitario e baixo a denominación de Proxecto de Formación Dixital, lévanse realizando unha batería de actividades de divulgación orientadas tanto a clínicos como a pacientes en distintos ámbitos e canles, ao que se une como colaborador ROCHE FARMA para os años 2020 e 2021 cunha aportación que ascende a 8.000 euros, continuando así este ambicioso e exitoso proxecto. Este proxecto obtivo o recoñecemento da Sociedade Española de Reumatoloxía.