O grupo de investigación Experiencia Turística (Exper.Turs) recibe un encargo en outubro de 2024 para a realización dunha formación en técnicas de xestión sostible de aloxamentos turísticos. A actividade formativa titulada “Sostenibilidad Turística aplicada al sector del Ecoturismo” está dirixida polo profesor Manuel Martínez Carballo, pertencente ao Departamento de Empresa da Facultade de turismo, e experto en calidade e sustentabilidade turística.
O profesor Ángel Rodríguez Pallas, da Facultade de Turismo da UDC, está realizando o deseño e implementación da estratexia comercial da empresa B travel en Galicia e Asturias.
O encargado do proxecto para a realización do curso de formación sobre Creación de Plans de Xestión de Crise, dirixido ás Administracións de Turismo de Belize, Guatemala e Honduras é o investigador Jakson Renner Rodrigues Soares, coordinador do grupo de investigación en Experiencia Turística da Universidade da Coruña. O equipo docente, formado polo Dr. Jakson Renner, o Dr. Ángel Rodríguez Pallas, a Dra. María Sánchez e o Dr. Javier Fernández, levará a cabo as diversas actuacións para a organización e realización do curso. O proxecto ten unha duración de 8 meses, ata o 31 de decembro de 2023, e conta cun un orzamento de 8.200 euros.