FUAC. Comunicación. Actualidade

A UDC e a Asociación Eólica de Galicia reforzan a súa colaboración a través do asesoramento xurídico para a implantación de proxectos enerxéticos

24/04/2025

O profesor da Facultade de Dereito da UDC, Juan Jesús Raposo Arceo lidera un proxecto de asesoramento no ámbito xurídico en materias de ordenación do territorio, urbanismo, medio ambiente, montes e normativa sectorial de Dereito público con incidencia especial no sector eólico. Os traballos, iniciados en xaneiro de 2025, teñen prevista unha duración de 12 meses.

O profesor Juan Jesús Raposo Arceo lidera proxectos de asistencia xurídica e urbanística

14/08/2023

O profesor Juan Jesús Raposo Arceo, da Facultade de Dereito da UDC traballa nun proxecto de asesoramento en ambito urbanistico e profesional, co obxectivo de levar a cabo un estudo en materia urbanística, lexislación e informes. Os traballos, que comezaron en maio de 2023, teñen prevista a súa finalización en decembro de 2026 e conta cun orzamento anual de 15.000 euros.

A Universidade da Coruña recibe encargos de entidades locais para o desenvolvemento de proxectos de asistencia xurídica e urbanística

10/08/2023

O profesor Juan Jesús Raposo Arceo, da Facultade de Dereito da UDC renova como director de proxectos para a Asociación Eólica de Galicia e de Vento Verde S.L.O encargo da Asociación Eólica de Galicia (EGA) ten por finalidade a asistencia xurídica en materia de ordenación do territorio, urbanismo, medio ambiente, montes e normativa sectorial de dereito público e a súa incidencia no sector eólica, e doutra banda, o encargo de Vento Verde S.L.céntrase na asistencia xurídica e urbanística para a instalación de fibra óptica en concellos de Galicia. Os traballos desenvolveranse durante 12 meses, desde outubro do 2022 a setembro de 2023.

Traballos de asistencia xurídica e urbanística polo profesor de Dereito Juan Jesús Raposo Arceo

02/09/2021

O profesor da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña Juan Jesús Raposo Arceo recibe encargos da Asociación Eólica de Galicia e de Vento Verde S.L.. O traballo coa Asociación Eólica de Galicia (EGA) deu comezo en xullo do presente ano, sendo a finalidade do encargo a asistencia xurídica en materia de ordenación do territorio, urbanismo, medio ambiente, montes e normativa sectorial de dereito público e a súa incidencia no sector eólico.  Por outra banda, o encargo de Vento Verde S.L., que comezou en xuño, céntrase na asistencia xurídica e urbanística para a instalación de fibra óptica en concellos de Galicia. Conta para cada encargo cun orzamento estimado de 17.000 euros e un prazo inicial de execución dun ano.