Persoal do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) do Campus Industrial de Ferrol e do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) desenvolve un novo modelo de optimización para a planificación en estaleiros que inclúe, por primeira vez, a estratexia real de construción en bancada. A investigación, publicada baixo o título “A constraint programming-based decomposition strategy for the block assembly scheduling problem in shipbuilding” na prestixiosa revista International Journal of Production Research, presenta unha metodoloxía que permite un uso moito máis eficiente dos recursos dun estaleiro, á vez que reduce os tempos de montaxe dos buques [Ligazón á noticia da UDC].
O Grupo Integrado de Enxeñería do Campus de Ferrol participa en tres proxectos enerxéticos internacionais. Aowinde, Flores e Shorewinner son as tres iniciativas nas que está implicado o GII, unha unidade de investigadores con 25 anos de experiencia e 43 profesionais que foi fundada no Campus Industrial de Ferrol e que coordina o catedrático do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información Richard Duro. A eólica mariña é unha das ramas ás que se agarra a transición enerxética, un campo de actividade que en Galicia captou a atención dunha vintena de proxectos promovidos por compañías nacionais e internacionais, en distintas fases de tramitación. Le aquí a noticia completa de Quincemil.
O investigador Diego Crespo Pereira, Doutor en Enxeñería Industrial e membro do Grupo Integrado de Enxeñería da UDC, lidera varios proxectos de xemelgo dixital no ámbito da enxeñaría e no ámbito hospitalario. Os traballos, iniciados en decembro de 2024, contan cun orzamento próximo aos 10.000 euros.
A Universidade da Coruña, a través do Grupo Integrado de Enxeñería (GII), colabora con varias entidades para o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas en sectores como o Naval, Off-Shore, Enerxía, Servizos Avanzados, Industria ou Loxística. Os traballos promovidos desde o mes de marzo de 2024 inclúen o asesoramento técnico na instalación de eólica flotante cazalote, proxecto liderado por Vicente Díaz Casás, profesor da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF), actividades formativas en flexim e de asistencia técnica en modelado e o desenvolvemento de xemelgo dixital en melaninas, proxectos liderados por Diego Crespo Pereira, profesor da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF). As 3 iniciativas, sumadas ás postas en marcha desde principios de ano e ata marzo do presente ano, supoñen un investimento que rolda os 140.000 euros.
O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol acolleu o venres 10 de maio o acto conmemorativo do 25 aniversario do Grupo Integrado de Enxeñería da Universidade da Coruña, un evento no que as empresas, as institucións así como as persoas que o integran tiveron un especial protagonismo e que culminou coa entrega de máis de 30 galardóns. O reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, e a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, foron os encargados de abrir un acto que reuniu a máis de 100 persoas no campus ferrolán.
Os investigadores Richard Duro Fernández e Diego Crespo Pereira do Grupo Integrado de Enxeñaría da UDC lideran proxectos de I+D+i. Richard Duro, Doutor en Física e Coordinador do Grupo Integrado de Enxeñería, colabora desde xaneiro de 2024 nun proxecto promovido por Navantia Australia, para o deseño de vehículos aéreos de superficie autónomos. Pola súa banda Diego Crespo, Doutor en Enxeñería Industrial e membro do Grupo Integrado de Enxeñería, participa nun proxecto para o estudo do impacto económico social e ambiental da rede de tranvía de Metrotenerife, cuxos traballos se iniciaron en xaneiro de 2024. Os traballos teñen unha duración de 15 e 4 meses respectivamente e contan cun orzamento de 130.000 euros.
CoreMarine e o Grupo Integrado de Enxeñería (GII) da UDC colaboran no asesoramento dun proxecto de enerxía eólica offshore. Os traballos, levados a cabo polo equipo investigador ata decembro de 2024, inclúen traballar na simulación de plataformas flotantes destinadas a enerxía renovable mariña axustadas con código para a dinámica de liñas de fondeo. O proxecto ten unha duración de 12 meses e está liderado por Vicente Díaz Casás, profesor da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) e membro activo do Grupo de Investigación GII da UDC e ten por obxectivo a elaboración de informes relativos aos resultados de simulación e validación de códigos axustados tipo CFD co código de dinámica de liñas de fondeo MOORDYN.
O investigador Diego Crespo Pereira, Doutor en Enxeñaría Industrial e membro do Grupo Integrado de Enxeñería da UDC lidera proxectos de I+D+i para unha entidade local en materia simulacións e optimización de procesos industriais. Os traballos inclúen o desenvolvemento dun modelo de simulación en Flexsim que sexa capaz de simular o funcionamento dunha planta e do sistema de picking integrado nun almacén, co obxectivo de optimizar o seu funcionamento e mellorar a súa taxa de produción, diminuír tempos mortos, minimizar custos, mellorar a distribución en planta, etc. Os traballos levarán a cabo ata marzo de 2024.
Investigadores do Grupo Integrado de Enxeñaría da UDC participan no proxecto REPERA 2. Os traballos, liderados polo investigador Vicente Díaz Casás, inclúen a realización de simulacións no ámbito da Enxeñaría. Os traballos, levados a cabo entre novembro de 2022 e xuño de 2023, contan cun orzamento de 62.000 euros.
Seaplace o Grupo Integrado de Enxeñaría –GII da UDC colaboran no asesoramento do proxecto Portwind sobre a implementación en FlexSim do proceso produtivo de eólica flotante en Porto. Os traballos, liderados polo investigador Diego Crespo Pereira, inclúen o desenvolvemento do modelo conceptual, o deseño parametrizado do modelo, e a programación do xemelgo dixital de procesos e actualización dos parámetros de rendemento dos diferentes elementos produtivos. Os traballos levaranse a cabo ao longo de 12 meses, ata abril de 2023, e conta cun orzamento de 85.000 euros.
O investigador Vicente Díaz Casás dirixe un proxecto no ámbito da Enxeñaría Naval e Industrial, os traballos incluen a realización de informes técnicos relativos a paneles H1417 e sensores 10A. Para o desenvolvemento dos traballos conta con 14 meses e un orzamento que ascende a 11.000 euros.
O investigador Vicente Díaz Casás da Escola Politécnica Superior e membro do Grupo de Investigación GII da UDC, dirixe un proxecto de asistencia técnica para a simulación e validación experimental no deseño dun dispositivo para a contención de plásticos en ríos. Os traballos deron comezo en outubro e levanse a cabo empleando o modelado e ensaio experimental de barreiras para a súa contención. O proxecto estímase dure 5 meses e para o seu desenvolvemento cóntase cunha achega económica de 45.000 euros.
O investigador Richard Duro da área de Ciencas da Computación e Intelixencia Artificial leva a cabo un proxecto de mellora do proceso de negocio, cuxo orzamento ascende a 3.600 euros e cunha duración de dous meses. Os traballos centránse no desenvolvemento dunha ferramenta que dixitalice e automatice o proceso de negocio existente entre BLUE QUALITY cos seus clientes e proveedores de servizo.
Richard Duro, coordinador do Grupo de Ingeniería Integrada (GII), elexido pola empresa Blue Quality para dirixir o seu Plan Anual de Innovación.
A transferencia de coñecemento e a innovación no entorno industrial son a esencia do Grupo Integrado de Ingeniería (GII), un grupo interdisciplinar de investigación aplicada en enxeñaría que, desde a súa creación en 1999, emprázase no Campus de Ferrol da Universidade da Coruña.