Os profesores da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC, Fernando Agrasar Quiroga e Antonio Santiago Rio Vázquez, reciben un encargo da Autoridade Portuaria de Coruña para a elaboración dun informe patrimonial sobre os edificios e elementos propiedade da Autoridade Portuaria. O estudo de categorización, desenvolto entre xaneiro e xullo de 2025, inclúe o estudo de categorización dos diversos edificios e elementos que compoñen a arquitectura industrial do conxunto portuario.
A investigadora Luz Paz Agras, do Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica y Patrimonio (GICAP), lidera o proxecto “Arquitectura e oficios en Galicia. Unha ollada contemporánea”, a través do cal se elaborará un informe técnico sobre o estado actual dos oficios na arquitectura galega.
O Museo Centro Gaiás da Cidade de Cultura de Galicia en Santiago de Compostela acolleu o 6 de outubro de 2023 a cuarta entrega da edición do Premio de Rehabilitación da Xunta de Galicia, onde once proxectos destacaron sobre o resto de participantes. Entre eles destacan varios proxectos nos que participaron profesores da Universidade da Coruña: un proxecto do Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio (GICAP), realizado por Fernando Agrasar Quiroga (UDC), Luz Paz Agras (UDC) e Marta Marcos Maroño, confeccionaron a rehabilitación do Pazo de Lóngora, no concello de Oleiros, A Coruña; un proxecto realizado polos arquitectos Juan José Creus Andrade (UDC) e Covadonga Carrasco López, realizaron unha rehabilitación dunha das casas máis antigas do Centro histórico de Corcubión e un proxecto realizado por Óscar Fortes Dopico (UDC) e Iago Fernández, idearon a rehabilitación do estaleiro tradicional Ciprián para convertelo nun espazo museístico da carpintería no Concello de Outes.
O profesor Fernando Agrasar Quiroga dirixe o proxecto para o Acondicionamento para a Biblioteca das Cabalerizas do Pazo de Lóngora. por 17.000 euros.