Actualidade

O CITEEC colabora con Drenatges do Besòs nun estudo pioneiro no ámbito do saneamento urbano

09/10/2025

 

Esta colaboración levase a cabo no contexto do proxecto PAITIDA, co obxectivo de desenvolver unha metodoloxía innovadora para a medición de caudais, co obxectivo de mellorar a precisión das medicións hidráulicas e apoiándose en técnicas estatísticas avanzadas e modelos de machine learning e intelixencia artificial.


Esta actuación está promovido polo Consorci Besòs Tordera e financiado polo PERTE de Dixitalización do Ciclo da auga do MITECO. O proxecto ten como obxectivo mellorar a planificación, operación e mantemento dos sistemas de saneamento dos municipios de Granollers, La Llagosta e Montornès del Vallès.


Para alcanzar estes obxectivos, implementaranse diversas ferramentas e tecnoloxías, a desenvolver entre os meses de marzo e decembro de 2025. Deseñaranse plantas de tratamento de auga e establecerase unha rede de colectores completamente dixitalizados. Ademais, levarán a cabo plans de xestión do sistema de saneamento que incluirán un "xemelgo dixital" das instalacións. Esta tecnoloxía permitirá recompilar e analizar datos en tempo real, asegurando unha operatividade máis eficiente.


Un enfoque pioneiro na medición de caudais


Recentemente, os investigadores Jose Anta, Silvia Felpete e Juan Naves do Grupo de Investigación en Enxeñería da auga e do Medio Ambiente (GEAMA), adscrito ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) da UDC, en colaboración con técnicos de Drenatges do Besòs, traballaron na instalación de equipos de medición de caudal e nivel nun modelo físico de 100 m2 que representa un sistema de saneamento, aproveitando as capacidades do gran simulador de choiva do centro tecnolóxico da UDC.


O obxectivo deste enfoque é non só prever inundacións urbanas, senón tamén mellorar a calidade ambiental do río Besòs. Para logralo, instaláronse equipos de medición de caudal e nivel, que facilitarán simulacións detalladas e análises rigorosas do comportamento das infraestruturas de drenaxe.