Actualidade

Investigadores da Universidade da Coruña participan en varias iniciativas en colaboración con diversas entidades no ámbito da enxeñaría hidráulica

12/12/2024

 

Investigadores do Grupo de Enxeñería da auga e Medio Ambiente (GEAMA), adscrito ao CITEEC da UDC, participan en iniciativas en colaboración con varias entidades no ámbito da enxeñería hidraúlica, cun enfoque na sustentabilidade e mellora da xestión de recurso hídricos. Nos proxectos, iniciados entre febreiro e decembro de 2024, participan os profesores Joaquín Suárez López,  Juan Alfredo Jácome Burgos, José Anta Álvarez, Luis Cea Gómez e Ricardo Juncosa Rivera, cun investimento de 96.000 euros.


Entre os proxectos desenvolvidos destacan, unha asistencia técnica na elaboración dunha guía de selección de tecnoloxías de tratamento de augas residuais para Panamá, da man dos profesores Joaquín Suárez López e Juan Alfredo Jácome Burgos e membros activos do grupo de investigación GEAMA, co obxectivo de desenvolver unha normativa para a depuración de augas residuais urbanas do país, traballos levados a cabo entre xuño de 2024 e xuño de 2025; un estudo da eficiencia das técnicas de drenaxe urbana sostibles (TDUS) na planta piloto de MECO da Canle de Isabel II, S.A., da man dos profesores Joaquín Suárez López e José Anta Álvarez e membros activos do grupo de investigación GEAMA, co obxectivo de avaliar a efectividade de diversas técnicas de drenaxe urbana, a súa aplicabilidade e beneficios en contornas urbanas, o que pode levar a unha mellora na xestión de augas pluviais, traballos levados a cabo entre decembro de 2024 e novembro de 2026.

 

O profesor Luis Cea Gómez e membro activo do grupo de investigación GEAMA, está inmerso entre febreiro de 2024 e decembro de 2025 no proxecto Flubiogenil, cuxo obxectivo é promover a recuperación sostible del Río Genil, considerando tanto aspectos ecolóxicos como sociais. 

 

O profesor Ricardo Juncosa Rivera e coordinador do grupo de investigación GEAMA, aborda varios proxectos entre os que se atopan a análise do acuífero do manto eólico de Doñana con distintos escenarios climáticos, traballos levados a cabo entre xuño e xullo de 2024, co obxectivo de avaliar o impacto de diferentes escenarios climáticos do acuífero de Doñana, proporcionando datos cruciais para a xestión hídrica nesta reserva natural; un estudo hidroxeolóxico dos recursos hídricos da zona de San Blas, co obxectivo de achegar información relevante para a súa xestión e conservación, traballos levados a cabo entre agosto e setembro de 2024; a elaboración dun informe atendendo a requirimentos regulatorios e plan de autocontrol para garantir a sustentabilidade das actividades de Termas de Prexigueiro, entre decembro de 2024 e febreiro de 2025 así como a súa participación no Congreso Ibérico das Augas Subterráneas. CIAS 2024, congreso que reúne a expertos en hidroxeoloxía e proporciona un espazo para o intercambio de coñecemento e experiencias en temas relacionados coa auga. 

 

Os proxectos desenvolvidos polo CITEEC en colaboración con diversas entidades reflicten un compromiso coa sustentabilidade e a innovación na xestión da auga. A través da investigación aplicada e a cooperación interdisciplinaria, procúrase non só mellorar as infraestruturas hídricas, senón tamén contribuír ao benestar social e ambiental das comunidades implicadas.