Actualidade

A Cátedra SXD Galicia Activa e a Xunta de Galicia apostan polo fomento da actividade física entre a poboación feminina e a promoción das deportistas galegas

24/11/2024

 

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolleu o sábado, 23 de novembro de 2024 a xornada 'Muller, exercicio e deporte nas diferentes etapas do ciclo vital', organizada pola Xunta de Galicia e a Cátedra SXD Galicia Activa da UDC, no marco do proxecto PID2021-124277OB-I00, financiado por MICIU/ AEI/10.13039/501100011033 e por FEDER (UE). 

 

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, inaugurou a xornada, un encontro que busca promover a práctica deportiva entre as mulleres e fomentar o exercicio físico ao longo de toda a vida. Durante a súa intervención, Calvo destacou as múltiples medidas impulsadas pola Xunta para visibilizar ás deportistas e fomentar o deporte como unha ferramenta esencial para a saúde. No encontro, o conselleiro acentuou as diferentes medidas impulsadas polo Goberno galego, tanto para dar visibilidade aos deportistas como para favorecer a práctica do deporte polo ben da saúde.

 

Pola súa banda, o director da Cátedra destacou o gran nivel dos relatorios presentados, o grao de participación e o alto nivel de satisfacción transmitido polos asistentes. Durante a xornada Eliseo Iglesias como director da Cátedra, destacou a función da mesma como un instrumento que permite á Fundación Deporte Galego contar cun asesoramento científico-técnico por parte da Universidade, para as súas iniciativas no ámbito do exercicio e a actividade física para a mellora da calidade de vida dos cidadáns. Ao mesmo tempo sinalouse a configuración da Cátedra como unha ferramenta moi eficaz para o desenvolvemento de accións de transferencia e divulgación do coñecemento desde a UDC. Finalmente, agradeceuse  ao Xerente da Fundación Deporte Galego, Iván Clavel, o apoio continuado á Cátedra SXD Galicia Activa desde a súa constitución en 2018.

 

RECOÑECEMENTO AS DEPORTISTAS GALEGAS
A xornada incluíu unha mesa redonda protagonizada por deportistas olímpicas e paralímpicas galegas, como Marta Bobo, primeira muller galega en participar nuns Xogos Olímpicos (Los Ángeles 1984); Sofía Toro, campioa olímpica de vela en Londres 2012; e Adi Iglesias, campioa paralímpica en atletismo en Tokio 2020. A directora xeral de Promoción de Igualdade, María Quintiana, tamén asistiu ao evento.

 


Durante o encontro, abordáronse temas como os aspectos hormonais e o perfil lesional da muller deportista, o exercicio durante o embarazo e a actividade física na postmenopausia. Pola tarde, analizáronse os motivos detrás do abandono do deporte en mulleres e ofrecerase un taller sobre liderado deportivo feminino.

 

Diego Calvo afirmou que este tipo de iniciativas reflicten o compromiso da Xunta coa promoción do deporte feminino e a súa relevancia na sociedade. “Visibilizar la práctica deportiva y la labor de las deportistas gallegas es esencial para avanzar en igualdad y mejorar la calidad de vida de nuestras mujeres en todas las etapas de su vida”, concluíu o conselleiro.

 

Consulta aquí máis noticias da xornada: