Actualidade

A FUAC participa na XVI edición da Feria de Emprego da Cámara de Comercio

29/10/2024

 

Volve a Feira de Emprego, a Cámara organizou a XVI Edición da Feira de Emprego que tivo lugar o 29 de outubro de 2024 no Palexco. Un ano máis a FUAC participou como en anteriores edicións. 

 

A Cámara reuniu a 70 empresas na #XVI Feira de Emprego en Coruña, na que participaron 600 mozos e 70 empresas, que tivo lugar en formato presencial de 9:30h a 14:00h, e tivemos o pracer de contar cun STAND onde realizar breves entrevistas aos novos asistentes a fin presentar a súa candidatura aos diferentes procesos de selección acordes co seu perfil en horario de 10:00 a 14:00h.

 

Ao longo da mañá, achegáronse os mozos menores de 30 anos interesados en conectar coas empresas participantes, descubrir novas oportunidades e aprender as claves para mellorar o seu perfil profesional, mozos que tamén puideron asistir tamén a talleres nos que se abordaron estratexias útiles para participar en procesos de selección.

 

Unha participación récord

Este ano, por primeira vez, pecharon as inscricións o xoves pasado, dado o alto volume de inscritos. 

 

Consulta aquí máis información

 

#practicasfuac #FeriaEmpleoCoruna  #Empleo #Coruña #camaradecomercio