Actualidade

A Escola Universitaria Politécnica da UDC, pioneira na implantación do grado dual en Galicia

26/10/2020

 

Tres cursos académicos na universidade e o último de formación específica na empresa. O itinerario formativo dual permite ao alumnado desenvolver o 25% da súa carreira no entorno de traballo e en contacto directo coas firmas do sector, incrementando así a adquisición de competencias profesionais do alumnado e aumentando as súas posibilidades de inserción laboral.


A Escola Universitaria Politécnica de Serantes, primeira en implantar a formación dual na Universidade da Coruña, convertese así no primeiro centro universitario de Galicia en implantar un modelo de formación dual, que combina formación na aula e na empresa. Deste modo, tras desenvolver os tres primeiros cursos do grado nas aulas do campus de Ferrol, durante o curso 2020/2021, o alumnado formarase íntegramente nas instalacións de Navantia en Ferrol e da compañía Fridama en Oleiros. 


Colaboración do tecido productivo


Además da factoría de construcción naval e da compañía especializada en instalacións técnicas de climatización, electricidade e xestión enerxética, outras firmas mostraron á escola dirigida polo profesor Andrés Piñón Pazos o seu interese en colaborar co programa. Deste modo, en próximos cursos, os estudantes de último ano poderán finalizar a súa formación en entidades como Reganosa, Tecsoled ou Integration.